A Seguridade Social gañou en agosto en Galicia unha media de 7.126 afiliados respecto ao mes de xullo, o que representa un incremento do 0,71%, por encima da media española (+0,04%), o que situou o total de ocupados en 1.012.794, segundo os datos que publica o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións. Con todo, en comparación co mesmo mes de 2019, os cotizantes da comunidade galega son 24.106 menos, o que significa un descenso do 2,32%. O número de persoas incluídas en expediente de regulación de emprego temporal ( ERTE) ao peche do mes de agosto en Galicia era de 27.052, deles 22.150 de forza maior e 4.902 non.
O SALNÉS
O Salnés creou emprego no mes de agosto mentres que o paro aumentou no resto das comarcas da provincia e no cómputo xeral de Galicia, segundo os datos publicados pola Xunta.
En concreto, no Salnés atoparon traballo 117 persoas, a maior parte procedentes de Vilagarcía (-86), O Grove (-17), Ribadumia (-17), a Illa (12) e Cambados (-9)
Sen embargo, en Sanxenxo perderon os seus empregos tres persoas e Meis, Meaño e Vilanova con 7, 6, e 4 persoas respectivamente.
Sen embargo, en Sanxenxo perderon os seus empregos tres persoas e Meis, Meaño e Vilanova con 7, 6, e 4 persoas respectivamente.


No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.