Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta EMERXENCIAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta EMERXENCIAS. Mostrar todas las entradas

3 de marzo de 2020

TRES FERIDOS EN DOUS ACCIDENTES EN CAMBADOS


Dous accidentes acaecidos este mediodía en Cambados remataron con tres feridos.
O primeiro dos accidentes tiña lugar na Bouza, en Castrelo ao fío das 12:30 hrs. Como resultado resultou ferido J. M. P.I. de 67 anos que conducía un ciclomotor e que foi evacuado ao Hospital do Salnés polo 061 con fractura de nocello esquerdo. A garda Civil de Tráfico instrúe as dilixencias deste suceso.



O segundo ccidente de tráfico producíase sobre as 13:50 hrs na Avenida de Galicia s altura do cruzamento coa rúa Os Olmos. Neste choque frontolateral entre un turismo e unha furgoneta resultaron feridas duas persoas, ambas ocupantes do turismo.
O condutor E.T. con dor en clavícula esquerda e a copiloto F. T. con dor en costado esquerdo e dor cervical, polo que foron trasladados tamén ao Hospital do Salnés. Instrúe dilixencias neste caso a Policia Local de Cambados.



26 de agosto de 2019

UN ACCIDENTE NA AVENIDA DE CASTRELO SÁLDASE CUNHA MULLER FERIDA E CUANTIOSOS DANOS



Esta pasada madrugada tiña lugar un accidente de tráfico na avenida de Castrelo, en Cambados. A conductora J.M. rexeitou ser trasladada a un centro sanitario.
Unha saída de vía que causou danos a un vehiculo aparcado, unha farola e un contedor do lixo.




25 de agosto de 2019

UN FERIDO NUN ACCIDENTE NA AUTOVÍA DO SALNÉS

Accidente de tráfico na rotonda da Autovía do Salnés.
O condutor V. F. T. de 57 anos e veciño de Vilanova de Arousa rexeitou asistencia sanitaria.
A Garda Civil de Tráfico, Ambulancia do 061, Protección Civil de Ribadumia e Emerxencias Cambados asistiron no operativo.
O veciño de Vilanova de 57 anos protagonizou un aparatoso accidente de tráfico na rotonda que da acceso á Autovía do Salnés. O individuo incorporábase á estrada de alta capacidade, procedente de Cambados, cando perdeu o control do seu vehículo e encaixouse contra unha dos valos laterais do vial. As testemuñas do ocorrido apuntan a que o home conducía a toda velocidade e que este factor resultou fundamental para que non puidese controlar o automóbil. Pero hai algo máis, posto que a Garda Civil de Tráfico someteuno a un test de alcoholemia que resultou positivo, polo que ao inxesta de alcol tampouco contribuíu á súa boa pilotaxe.



7 de agosto de 2019

TRES ACCIDENTES EN APENAS 500 METROS EN CAMBADOS

Tarde axetreada para os servicios de Emerxencias e as Forzas de Seguridade en Cambados.
Tres accidentes toveron lugar durante esta tarde e apenas distantes 500 metros entre eles.

O primeiro deles tivo lugar as 13:27. Un atropelo na rua os Olmos. Un menor J. B. A. de 7 anos foi atropelado por un turismo. O rapaz foi trasladado ao Hospital do Salnés, con feridad de pouca gravidade.
Participaron no operativo a Policia Local de Cambados, Ambulancia do 061 e o Servicio de Emerxencias de Cambados. O segundo accidente cronolóxicamente falando, sucedeu as 16:16 Un accidente de tráfico na Avenida de Castrelo, con 4 vehículos implicados. O condutor do Audi D. C. P. de 33 anos e veciño de Sanxenxo, foi trasladado ao Hospital do Salnés con dor cervical. A condutora do Golf A. R. G. de 22 anos e veciña de Cambados, trasladada tamén ao Hospital do Salnés con dor cervical. A Policia Local de Cambados, Ambulancia do 061, o Servicio de Emerxencias de Cambados e Bombeiros do Salnés interviron no suceso.

O terceiro e menos grave sucedeu entorno as 17:20.. Accidente de tráfico na Avenida de Galicia. Dous vehículos implicados. Nou houbo que lamentar feridos. Policia Local de Cambados i Emerxencias Cambados.






4 de febrero de 2019

AGRUPACIÓNS DE PROTECCIÓN CIVIL I EMERXENCIAS DO SALNÉS RECIBEN NOVO MATERIAL

Esta mañán foron entregados ás Agrupacións de Protección Civil galegas e aos grupos de emerxencias e supramunicipais (GES), 6 remolques de emerxencias, 2 motos de auga, 1 equipo de excarceración e 3 furgóns, seguindo así coa folla de ruta iniciada para dar unha mellora resposta ante as emerxencias en calquera punto da nosa comunidade, cunha inversión global que supera os 10 millóns de euros.

Desta volta, os concellos de Cambados, Marín, Moaña, Ponteareas, Ribadumia e Tomiño recibiron cada un deles, un remolque de emerxencias; a Valga, Ponteareas e Sanxenxo foille entregado un furgón; a Lalín un equipo de excarceración e a Sanxenxo e á mancomunidade do Val Miñor, unha moto acuática. Coa entrega de hoxe, o Goberno galego levou a cabo unha inversión de preto de 364.000 euros, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020.

Esta entrega da continuación ao camiño iniciado nos últimos anos por parte da Xunta de dotar de máis material e equipamento de emerxencias ás Agrupacións de Protección Civil aos Grupos de Emerxencias Supramunicipais. que co seu esforzo e dedicación contribúen decisivamente a ofrecer un mellor servizo aos cidadáns, dotándoos tamén de maior seguridade.




14 de marzo de 2018

ALERTA POR CRECIDAS EN VARIOS RIOS GALEGOS. VOLVE A ALERTA LARANXA ESTA NOITE





A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio a través do Organismo Augas de Galicia, informa, no último parte emitido, que segundo o sistema ARTEMIS de previsión de avenidas, espéranse un incremento dos caudais para hoxe mércores 14 de marzo nas concas dos ríos Xallas, Sar, Umia, Lérez e Verdugo, esperándose o enchido dos cauces e algún desbordamento puntual a partir do mediodía de hoxe, e nas concas dos ríos Tambre, Umia e Lérez (un segundo enchido) a partir das 6:00 do día 15.
En previsión deste fenómeno, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior activa o Plan Especial para o risco de inundacións en Galicia, en fase de ALERTA.
Lembren que deben adoptar as medidas preventivas necesarias e alertar ou mobilizar os medios e recursos dispoñibles.


ADVERSO COSTEIRO DE NIVEL LARANXA EN CORUÑA E PONTEVEDRA POR VENTOS DE FORZA 7-8 E MAR COMBINADA DE 5 M. A PARTIR DAS 14:00 H. DO 14/03/2018. BAIXA A NIVEL AMARELO VOLVENDO A NIVEL LARANXA A PARTIR DE PRIMEIRAS HORAS DO 15/03/2018




2 de marzo de 2018

A XUNTA ACTIVA A ALERTA POR TEMPORAL POR VENTO NAS PROVINCIAS DA CORUÑA E PONTEVEDRA









A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar a alerta laranxa por un temporal costeiro e de vento en mar que comezará esta mañá e que afectará ás provincias da Coruña e Pontevedra.
Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir do mediodía de hoxe agárdase vento en mar do sur rolando ao suroeste de forza 8-9, con refachos que poden ser ocasionalmente moi fortes. En terra, poderá haber refachos de vento que poden acadar os 100 km/h no noroeste e oeste da provincia da Coruña. O vento será do sureste rolando a suroeste e os refachos máis fortes espéranse entre Malpica e Fisterra.
Por mor do temporal costeiro de vento en mar que afectará ás costas das provincias da Coruña e Pontevedra, desde a Xunta aconséllase a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras como medida preventiva naquelas zonas máis perigosas. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.
Tamén os peiraos constitúen espazos de risco ante a alerta por fenómenos meteorolóxicos adversos. Nestes entornos, débense evitar os percorridos polas instalacións portuarias en especial en zonas de especial perigo como, diques de abrigo, espaldóns, escolleras, escaleiras de acceso aos diques e peiraos, entre outros. Do mesmo xeito, débense evitar percorridos en vehículos preto dos peiraos así como aparcar nos portos, na medida do posible.
É recomendable, ademais, non pasear preto dos bordos litorais, paseos marítimos e zonas próximas ao mar, sobre todo nas batidas polo vento. Tamén se recomenda non camiñar polas proximidades dos edificios portuarios, guindastres fixos ou automotor, así como, noutras edificacións que pola súas características construtivas poidan sufrir desprendementos nas súas estruturas exteriores tales como cubertas metálicas. Todos os medios do Servizo de Gardacostas de Galicia estarán en alerta para calquera incidencia que se poida producir a causa deste fenómeno meteorolóxico adverso.
Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.
 



21 de octubre de 2015

PROTECCIÓN CIVIL DE CAMBADOS RECIBE UN NOVO VEHÍCULO






A  Academia Galega de Seguridade Pública foi testemuña da entrega de 42 vehículos todo terreo tipo pick-up destinados ás Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil da nosa comunidade.


Mediante a Orde do 28 de xaneiro de 2015, para a adxudicación de equipamentos de emerxencia, en réxime de concorrencia competitiva, a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos, no marco de Programa Operativo Feder-Galicia 2007-2013, fixéronse entrega de 42 todo terreos tipo pick-up, logo de que foran xa entregados remolques para atención ás emerxencias, esparexadores de sal adaptados a remolques ou vehículos todoterreo, ademais de remolques con carpa presurizadas
O acto tivo lugar na Academia galega de Seguridade Pública, na Estrada e contou coa presenza de alcaldes e membros das Agrupacións, así como dos dos delegados territoriais da Xunta na Coruña, Pontevedra e Ourense e do director xeral de Emerxencias Interior, Luis Menor.
Distribución de todoterreos pick-up
Desta volta foron entregados para os concellos de Abegondo, Bergondo, Betanzos, Culleredo, Narón, As Pontes, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Santa Comba; na provincia da Coruña.
Para a provincia de Lugo foron entregados todoterreos para os concellos de Barreiros, Friol, Mondoñedo, Ourol, Ribadeo, Vilalba e Viveiro.
Á provincia de Ourense correspondéronlle aos concellos de Bande, Carballiño, Chandrexa de Queixa, Coles, A Gudiña, Manzaneda, Muíños, Piñor, Pobra de Trives, A Veiga, Verín, Xinzo de Limia e Laza.
E finalmente para a provincia de Pontevedra foron entregados aos concellos de Caldas de Reis, Cambados, Cangas, Lalín, Mos, Ponteareas, Porriño, Ribadumia, Tomiño, Valga, Vilagarcía de Arousa, e para a Mancomunidade de Val Miñor.




4 de agosto de 2015

RESUMO DE INCIDENCIAS DE PROTECCIÓN CIVIL





Nestes dias de Festa do Albariño Protección Civil aportou o seu gran de area para que todo marchase o mellor posible. A quí tedes o resumo das suas intervencións.





*47 traslados Sanitarios a través do 061
*Traslados Sanitarios a través das Forzas e Corpos de Seguridade, 32 servizos.
*2 accidentes sen feridos.
*1 accidente na Avda. da Coruña con 1 ferido.
*Colaboraron na extinción dun lume nun barco en Tragove.
*Incendio nun cadro eléctico na Praza de Abastos.
*Colaboración na limpeza e baldeo de varias rúas.
*Vixiancias e control durante os concertos en Fefiñáns, 4 dias.
*E colaboración na vixiancia e control durante a tirada de fogos de artificio do      Domingo.




4 de mayo de 2015

O TEMPORAL CAUSA PEQUENOS DANOS NO SALNÉS






Avd. Rosalía de Castro
Os refachos de vento causaron pequenas incidencias durante a tarde, sobre todo, en boa parte da comarca do Salnés onde a caída de árbores en estradas da rede viaria secundaria dificultou a circulación. 
No mar unha batea estivo á deriva esta mañán xunto a un barco.
En Vilagarcía os principais damnificados foron coches estacionados no barrio da Florida onde lles caeron enriba paneis publicitarios. E na Avenida de La Marina un vehículo estacionado foi golpeado por un colectores do lixo desprazado polo vento.
En Vilanova unha árbore do xardín de Umbrío rematou no medio da calzada, ao lado do concello, así como parte da iluminación da festa ou algún farol na estrada de Corón.
Avd. do Salnés
No Grove tivo que intervir Protección Civil para auxiliar unha embarcación á que se lle abriu unha vía de auga en Porto Meloxo.
En Cambados aparte dos contenedores do lixo, varias árbores caídas foron retiradas por membros de Protección Civil. Na avd. Rosalía de Castro(causando danos nun coche), moi preto de alí na Avenida do Salnés ou en Oubiña.
Oubiña
Emerxencias Cambados lembra os teléfonos aos que chamar para dar aviso dalgunha incidencia.
Emerxencias 986.52.49.50 Policía Local 986.52.40.92 Sos Galicia 112


Imaxes: Emerxencias Cambados



1 de octubre de 2014

O 112 NON PUIDO EVITAR A MORTE DUN MEISINO EN CAMBADOS







O veciño de Meis J. A. M. R., de 65 anos de idade, faleceu este mañá en Cambados vítima dun paro cardíaco. En primeira instancia foi atendido no centro de saúde de Cambados e mobilizouse ao helicóptero do 112 Galicia, que aterrou no porto de Tragove, para trasladalo a un centro hospitalario. Os médicos investiron hora e media en tratar de reanimarlo, pero non puideron salvarlle a vida.





31 de enero de 2013

25 GRUPOS DE URXENCIAS "PROTEXERÁN" TODA GALICIA






Villanueva con Tourís
O próximo mes de abril arrincará en toda Galicia a formación dos Grupos de Urxencia Supramunicipal, xurdidos dun acordo marco entre Xunta de Galicia, as 4 diputaciones provinciales, e a Federación Galega de Municipios e Provincias.

Trátase de proxecto que contempla crear en Galicia un total de 25 grupos de urxencia supramunicipal, atendidos por 300 efectivos, segundo explicou o director xeral de Urxencias, Santiago Villanueva,  esta mañá en Pontevedra.

No caso concreto da provincia de Pontevedra, crearanse sete grupos, situados na Garda, Pontecaldelas, A Estrada, Lalín, Redondela, Sanxenxo e Ponteareas, dotado cada un deles con 12 efectivos, persoal polivalente, capaz de atender funcións de emerxencia coma o seu propio nome indica. Cunha estrutura profesionalizada, permanente e máis eficaz, estes grupos de urxencia poderán intervir en incendios, forestales ou urbanos, en traballos forestales e de medioambiente, na rede de estradas ou en situacións de risco como inundacións, accidentes ou rescates.

A coordinación que se establecerá será técnica, cos servizos contra incendios e urxencias, e ordinaria, polos concellos onde se sitúen as súas instalacións, e estarán operativos 24 horas ao día os 365 días do ano.
Todos estes Grupos de Urxencia Supramunicipal financiaranse nun 60% pola Xunta; 20% diputaciones e o 20% restante polos concellos.

O orzamento destinado a financiar o servizo este ano, é de 8 millóns de euros.