|
Villanueva con Tourís |
O próximo mes de abril arrincará en toda Galicia a formación dos Grupos de Urxencia Supramunicipal, xurdidos dun acordo marco entre Xunta de Galicia, as 4 diputaciones provinciales, e a Federación Galega de Municipios e Provincias.
Trátase de proxecto que contempla crear en Galicia un total de 25 grupos de urxencia supramunicipal, atendidos por 300 efectivos, segundo explicou o director xeral de Urxencias, Santiago Villanueva, esta mañá en Pontevedra.
No caso concreto da provincia de Pontevedra, crearanse sete grupos, situados na Garda, Pontecaldelas, A Estrada, Lalín, Redondela, Sanxenxo e Ponteareas, dotado cada un deles con 12 efectivos, persoal polivalente, capaz de atender funcións de emerxencia coma o seu propio nome indica. Cunha estrutura profesionalizada, permanente e máis eficaz, estes grupos de urxencia poderán intervir en incendios, forestales ou urbanos, en traballos forestales e de medioambiente, na rede de estradas ou en situacións de risco como inundacións, accidentes ou rescates.
A coordinación que se establecerá será técnica, cos servizos contra incendios e urxencias, e ordinaria, polos concellos onde se sitúen as súas instalacións, e estarán operativos 24 horas ao día os 365 días do ano.
Todos estes Grupos de Urxencia Supramunicipal financiaranse nun 60% pola Xunta; 20% diputaciones e o 20% restante polos concellos.
O orzamento destinado a financiar o servizo este ano, é de 8 millóns de euros.
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.