Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta COMARCA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta COMARCA. Mostrar todas las entradas

12 de marzo de 2019

VARIOS CONCELLOS DO SALNÉS E CALDAS RECIBEN AXUDAS DA DEPUTACIÓN

O Servizo de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra está procedendo a comunicar a resolución das axudas para dinamización lingüística aos 35 concellos que presentaron solicitudes ao abeiro desta liña. Hai que lembrar que esta liña de subvencións foi creada no presente mandato co obxecto de propiciar que os concellos da provincia poidan contar con apoio ou ben para a creación ou mantemento dun servizo de normalización municipal, ou ben para o desenvolvemento de programas de dinamización da lingua.
Con respecto ás solicitudes aprobadas cabe salientar que, con respecto á convocatoria do pasado ano, se mantén o número de concellos que apostan pola opción de creación e mantemento do servizo municipal de normalización. Trátase dos concellos de Bueu, A Cañiza, O Grove, Nigrán, Moaña, Redondela e Vilagarcía de Arousa.
En canto á modalidade de promoción de programas de dinamización da lingua galega, esta liña esixe que as entidades solicitantes desenvolvan accións transversais en ao menos tres eidos dun total de oito: ensino, comercio, tecnoloxías da información, turismo, premios e distincións, urbanismo e medio natural, e benestar social. Así, aprobáronse programas que inclúen actividades de narración oral, campañas da man do comercio local, certames de creación en lingua galega, obradoiros de regueifa, roteiros lingüísticos, teatro na rúa ou proxectos de recuperación da toponimia.
Distribución polas duas comarcas
Na comarca do Salnés o conxunto das axudas ascende a 45.237,3 euros, para un total de 4 solicitudes. Os concellos de Vilagarcía de Arousa e O Grove solicitaron para mantemento do servizo de normalización lingüística; e os concellos de Cambados e Ribadumia solicitaron para programas de dinamización.
Na comarca de Caldas o importe total das solicitudes concedidas suma 30.625,29 euros. As solicitudes, todas para programas de dinamización, corresponden aos concellos de Catoira, Cuntis, Moraña, Portas, Pontecesures e Valga. 


23 de marzo de 2018

TURISMO RÍAS BAIXAS CALCULA UNA OCUPACIÓN HOTELERA DEL 62% EN SEMANA SANTA



Turismo Rías Baixas calcula unha ocupación hostaleira media na provincia de Pontevedra do 62%, condicionada pola previsión de malas condicións climatolóxicas para as próximas xornadas. A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, sinalou en rolda de prensa que se trata dunha previsión "moi prudente" tanto pola inestabilidade climatolóxica anunciada como porque as reservas aínda se están producindo estes días. Por comarcas, a previsión de ocupación para o Salnés é do 61%, para Pontevedra, do 65%, para O Morrazo, do 45%, para Caldas, de 80%, para a comarca de Vigo, do 50%, para o Baixo Miño, do 55%, para Condado- Paradanta, do 40%, e para Deza-Tabeirós, do 60%. En canto ao turismo rural, Turismo Rías Baixas fai unha estimación do 65% de ocupación, aínda que nas comarcas do interior como o Deza e O Condado, esa cifra a rebaixa a un 55%. Silva considéraos "uns datos positivos" tendo en conta dos condicionantes climatolóxicos, e tamén ten en conta que o ano pasado rexistráronse cifras récord, ao "superarse con fartura" as previsións "prudentes" feitas entón, algo que espera que volva suceder. Sete de cada dez persoas que realizaron reservas para esta semana Santa son familias e grupos de amigos, e a maioría concéntranse entre o xoves 29 de marzo e o domingo 1 de abril.




4 de abril de 2017

BAIXA O PARO EN ESPAÑA, GALICIA E PONTEVEDRA, SUBE NO SALNÉS











Baixa o paro en 1.868 persoas no mes de marzo en Galicia. No conxunto de España rexistráronse 48.559 desempregados menos en marzo con respecto do mes anterior.

O número de parados rexistrados nos servizos públicos de emprego baixou en marzo en Galicia en 1.868 persoas respecto do mes anterior (-0,88%), segungo os datos publicados polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social. En comparación con fai un ano, hai 21.741 parados menos en Galicia (-9,38%), o que sitúa o total en 210.056 desempregados.

O Servizo Público de Emprego Estatal emitiu os datos do desemprego rexistrado durante o mes de marzo. As cifras sinalan que na provincia de Pontevedra rexístranse 84.394 parados, 344 menos que durante o mes de febreiro, un descenso do 0,41% segundo os datos relativos. Respecto ao mesmo mes de 2016, o descenso alcanza as 7.920 persoas (-8,58%), segundo os datos ofrecidos polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social.
Polo que respeta a Comarca do Salnés o paro subeu en 9 persoas.
A os descensos de Cambados, O Grove, Sanxenxo e Meis hai que engadir as subidas de Vilagarcía, Vilanova, A Illa, Ribadunia e Meaño para deixar en 9 os parados que ingresaron nas listas do SEPE. Un total de 106 persoas atoparon emprego por 115 que o perderon






4 de enero de 2017

SUBE O PARO NA COMARCA, EN GALICIA E BAIXA NO ESTADO ESPAÑOL










O paro en decembro aumentou en 2.360 persoas en Galicia. Os datos interanuais son algo positivos, e é que se comparamos con decembro de 2015, vemos que en Galicia temos 22.894 parados menos. Un 10 por cento menos. A cifra total de desempregados a finais de decembro era de 205.914.

Decembro tampouco foi un bo mes para as afiliacións na nosa comunidade malia que o balance anual é positivo. En 2016 a nosa comunidade gañou 16.613 afiliados. É un 1,86 por cento máis que en 2015. E o número total é de 966.258.

A nivel estatal o número de desempregados rexistrados nos servizos públicos de emprego caeu en decembro en 86.849 persoas respecto ao mes anterior, co que se pecha o ano cunha baixada respecto de 2015 de 390.534 persoas. O total de desempregados inscritos en 3.702.974.     
De acordo cos datos publicados hoxe polo Ministerio de Emprego, en comparación interanual a caída foi do 9,54 %, o que supón o descenso máis acusado desde 1999.

Polo que respecta a nosa comarca hai que sinalar que o paro aumentou en 432 persoas e todos os concellos viron aumentar o número de desempregados, destacando o aumento de O Grove, Cambados e Vilagarcía con 188, 72 e 58.










4 de diciembre de 2016

A DEPUTACIÓN CONCEDE AXUDAS A CLUBES E ASOCIACIÓNS DA NOSA COMARCA













A Xunta de Goberno aproba as subvencións por concorrencia competitiva dirixidas ás actividades deportivas de 179 asociacións e clubs

O programa "DE_D16" concede estas axudas por valor de case medio millón de euros, dobrando as cantidades dedicadas
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a concesión por concorrencia competitiva das subvencións dirixidas ás asociacións e clubs deportivos da provincia de Pontevedra sen ánimo de lucro para as actividades deportivas do ano 2016, o programa "DE_D16". Estas axudas, que teñen un investimento por parte da institución provincial situado en 489.890,36 €, beneficiarán a un total de 179 entidades de máis de 40 concellos da provincia de Pontevedra.
Esta é a primeira vez que as axudas ás actividades deportivas se aproban exclusivamente polo réxime de concorrencia competitiva, supondo un aumento de máis do dobre (un 103,4%) respecto ao ano anterior, cando se lle dedicaron 237.000 € fronte aos preto de 490.000 € aprobados este ano.
As 179 entidades deportivas beneficiarias da convocatoria de subvencións dirixidas ás actividades deportivas do ano 2016 pertencen aos concellos de Baiona (3), Barro (1), Bueu (2), Caldas de Reis (3), Cambados (3), Campo Lameiro (1), Cangas (5), Catoira (2), A Coruña (2), Cuntis (1), A Estrada (2), Gondomar (5), O Grove (8), A Guarda (3), A Illa de Arousa (3), Lalín (5), Marín (6), Moaña (5), Mondariz (2), Mos (1), As Neves (3), Nigrán (7), Oia (4), Poio (3), Ponteareas (2), Pontecesures (1), Pontevedra (16), O Porriño (2), Portas (1), Redondela (8), Ribadumia (1), O Rosal (1), Salceda de Caselas (2), Salvaterra do Miño (3), Sanxenxo (7), Silleda (1), Tomiño (1), Tui (4), Valga (1), Vigo (34), Vila de Cruces (1), Vilaboa (1), Vilagarcía de Arousa (9) e Vilanova de Arousa (3). No caso da Coruña, trátase de dúas subvencións concedidas directamente a dúas federacións con sede social nesta vila pero que contan con sedes na provincia de Pontevedra.





18 de mayo de 2016

ENCONTRO POLA IGUALDADE E CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS









A Plataforma Feminista Galega e a asociación “O Soño de Lilith” organizan o vindeiro sábado 27, ás 20:00 en Exposalnés, un encontro pola igualdade e contra as violencias machistas.
Este encontro, que conta coa colaboración da área de igualdade do Concello de Cambados e o CIM da Mancomunidade do Salnés, ten por finalidade constituír un grupo de acción na comarca do Salnés que sume tanto a organizacións como a persoas individuais interesadas nesta loita pola igualdade e contra as violencias machistas.





29 de enero de 2013

O SAN BENITO DE CAMBADOS E COMARCA






Aínda que o pareza non imos a falar de santos. Colgarlle a alguén o San Benito ben sabedes todos o que significa. Imos a falar da fama que ten Cambados e que nunca, agardo que non sexa así, conseguiremos erradicar.
Todo isto ven por un comentario desafortunado dunha “forofa” o pasado domingo durante o partido que o Cambados disputaba en Burgáns. Cando o árbitro sinalou o primeiro penalti a favor do Cambados a señora, por chamarlle algo, empezou a insultar a o árbitro durante un minuto soltou pola boca adxetivos de todo tipo. Ata que nun arranque de estupidez preguntou ao “trencilla” si o Cambados lle pagara con un saco de “fariña”.

Como vemos, Cambados e por extensión a comarca de Arousa non se librará do San Benito de narcotraficantes. A xente parece non coñecer nada máis da nosa terra.
Recordo como fai uns meses lendo un xornal da nosa comarca ubicaban unha nova sobre drogas na sección de Cambados. A nova era sobre unha sentenza a unha xente de Sanxenxo (nadie de Cambados) tras un xuizo celebrado en Pontevedra. Máis recentemente o constructor da casa de outro narco foi condenado por facer a obra, o narco naceu en Cambados pero leva moitos anos fora do nos povo, concretamente a casa está en Vilagarcia, e constructor é de Vilanova. O xuizo tampouco se celebrou en Cambados pero a nova aparecía na sección Cambados.Resulta cando menos chocante que se ubiquen novas de este tipo en Cambados cando pouca ou ningunha relación teñen co noso fermoso Cambados.
Mención especial merece outro “periodista” que cando deteñen a alguén de Cambados éncheselle a boca para decir cambadés pero si o detido é de Vilagarcía usa o topónimo arousán.
Mentras nos, a xente da comarca non erradiquemos estes localismos i escondamos a nosa merda debaixo da alfombra pero saquemos a dos demáis a o aire non faremos que o San Benito que temos colgado desapareza.


O narcotráfico está aí e por moito que o queiramos agochar non seremos capaces de facelo. Nas nosas mans está que a inigualable Ría de Arousa sexa coñecida polo traballo e polo esforzo dos nosos homes e mulleres do mar, do campo, o noso viño e os productos do mar e o campo, a os nosos artistas recoñecidos mundialmente, escritores, pintores, escultores, cineastas, músicos etc. Toda esa xente que nada ten que ver co narcotráfico. A beleza da nosa ría, os nosos pazos todos os monumentos que percorren a comarca, eso é o que temos que exportar. Mentras non o fagamos así mal nos vai ir.