Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

12 de marzo de 2019

VARIOS CONCELLOS DO SALNÉS E CALDAS RECIBEN AXUDAS DA DEPUTACIÓN

O Servizo de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra está procedendo a comunicar a resolución das axudas para dinamización lingüística aos 35 concellos que presentaron solicitudes ao abeiro desta liña. Hai que lembrar que esta liña de subvencións foi creada no presente mandato co obxecto de propiciar que os concellos da provincia poidan contar con apoio ou ben para a creación ou mantemento dun servizo de normalización municipal, ou ben para o desenvolvemento de programas de dinamización da lingua.
Con respecto ás solicitudes aprobadas cabe salientar que, con respecto á convocatoria do pasado ano, se mantén o número de concellos que apostan pola opción de creación e mantemento do servizo municipal de normalización. Trátase dos concellos de Bueu, A Cañiza, O Grove, Nigrán, Moaña, Redondela e Vilagarcía de Arousa.
En canto á modalidade de promoción de programas de dinamización da lingua galega, esta liña esixe que as entidades solicitantes desenvolvan accións transversais en ao menos tres eidos dun total de oito: ensino, comercio, tecnoloxías da información, turismo, premios e distincións, urbanismo e medio natural, e benestar social. Así, aprobáronse programas que inclúen actividades de narración oral, campañas da man do comercio local, certames de creación en lingua galega, obradoiros de regueifa, roteiros lingüísticos, teatro na rúa ou proxectos de recuperación da toponimia.
Distribución polas duas comarcas
Na comarca do Salnés o conxunto das axudas ascende a 45.237,3 euros, para un total de 4 solicitudes. Os concellos de Vilagarcía de Arousa e O Grove solicitaron para mantemento do servizo de normalización lingüística; e os concellos de Cambados e Ribadumia solicitaron para programas de dinamización.
Na comarca de Caldas o importe total das solicitudes concedidas suma 30.625,29 euros. As solicitudes, todas para programas de dinamización, corresponden aos concellos de Catoira, Cuntis, Moraña, Portas, Pontecesures e Valga. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.