Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta CAMPAMENTOS DE VERÁN. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CAMPAMENTOS DE VERÁN. Mostrar todas las entradas

26 de marzo de 2019

A DEPUTACIÓN ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA OS CAMPAMENTOS POLIDEPORTIVOS

Este martes 26 de marzo a Deputación de Pontevedra abriu o prazo de inscrición dos campamentos polideportivos Príncipe Felipe. Este programa ofrece a posibilidade de que 300 nenas e nenos gocen do seu tempo libre no verán, participando en actividades de carácter lúdico e deportivo que contribúan ao seu enriquecemento persoal. O campamento incorpora saídas ao medio natural, tiro con arco, actividades acuáticas e obradoiros.
As persoas interesadas poderán formalizar a súa inscrición ata o 15 de abril. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado, dispoñible na sede electrónica da institución provincial (https://sede.depo.gal).
Os campamentos polideportivos están destinados a persoas nacidas entre os anos 2005 e 2012, ambos os dous incluídos, que teñan o seu domicilio habitual na provincia de Pontevedra. O número de prazas ofertadas é de 50 por quenda, é dicir, un total de 300 prazas. O prezo é de 125 euros por nena ou neno, habendo un desconto do 20% para familias numerosas con tres fillos ou fillas e dun 30% para familias numerosas con máis de 3 fillos ou fillas.
As prazas adxudicaranse mediante un sorteo. A súa data e o resultado publicaranse na web e notificaránselles ás e aos participantes seleccionados por mensaxe de móbil ou correo electrónico.
A primeira das quendas comezará o 8 de xullo e alongarase ata o 13 de xullo. A segunda arrancará o 15 e rematará o 20 de xullo; a terceira terá lugar do 22 ao 27 de xullo; a cuarta, do 5 de agosto ao 10 do mesmo mes; a quinta, do 12 ao 17 de agosto, e a sexta do 19 ao 24 de agosto.


9 de junio de 2017

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O CAMPAMENTO URBANO DA PASTORA









Xa está aberto o prazo de inscricións para o XV Campamento Urbano “A Pastora”, que este ano ten por lema “co galego, encontro c@s amig@s”
O prazo de inscrición estará aberto do 8 ao 22 de xuño, ou ata esgotar as prazas (serán cubertas por orde de inscrición) e poderán participar nenos e nenas de primaria (a partir de 1º rematado)
Este campamento celebrarase de luns a venres da última semana de xuño (do 26 ao 30) na Pastora, en horario de 10 a 14:30 horas e contará con diversas actividades como xogos, contos, búsqueda do tesouro, etc. Tamén se realizará unha saída ata a Siradella.
Para máis información e inscripcións, poden acudir á OMIX (centro sociocultural “A Merced”, 1ª planta (av. da Coruña s/n)) ou chamar aos teléfonos 986542663/673533331 de luns a venres entre as 10 e as 14 horas.




27 de abril de 2017

PUBLICADA A LISTA PROVISIONAL DE ADNITIDOS E EXCLUÍDOS NOS CAMPAMENTOS DA LANZADA










A Deputación de Pontevedra ven de publicar a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos para o sorteo de plazas nos campamentos "Depo Aventura A Lanzada" 2017


A institución provincial, co obxecto de promover e fomentar o desenvolvemento persoal e social das rapazas e rapaces e favorecer a comunicación e o dinamismo multicultural, organiza o programa "Depo Aventura A Lanzada" 2017 e oferta 2.200 prazas nos campamentos de verán para menores da provincia de Pontevedra.
Este programa ofrece a posibilidade de que 2.200 nenas e nenos gocen do seu tempo libre no verán participando en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo, que contribúan ao seu enriquecemento persoal e lles faciliten coñecer outros lugares fóra da súa contorna habitual.
OBXECTIVOS
  1. Fomentar o contacto coa natureza
  2. Ensinar a desenvolverse nun medio non habitual
  3. Potenciar a motricidade e a maduración persoal
  4. Ensinar a ocupar o tempo libre dunha forma construtiva
  5. Desenvolver a sociabilidade entre as e os menores
  6. Inculcar hábitos hixiénicos, alimentarios e de exercicio físico
  7. Fomentar o respecto polo medio e a conservación da natureza
  8. Darlles a oportunidade de participar a menores pertencentes a familias con escasos recursos económicos.

21 de abril de 2017

CURSOS, CAMPAMENTOS... TODA A INFORMACIÓN NA OMIX DE CAMBADOS















Está aberto o prazo de inscrición para solicitar praza nos campamentos da Xunta de Galicia
Poden participar mozos e mozas con idades comprendidas entre 9 e 17 anos.
O prazo de presentación de solicitudes remata o día 2 de maio.
Poden consultar tamén toda a información no enlace da páxina de Xuventude da Xunta de Galicia:http://xuventude.xunta.es/ en ACCIÓN DE VERÁN 2017.


CONVOCATORIA CAMPAMENTOS 2017

PRESENTACIÓN ELECTRÓNICA:



 Tamén  avisar que para a próxima semana remata o prazo de inscrición para o curso de primeiros auxilios de Cruz Vermella, que está previsto para o mes de maio no centro “La Merced”.










27 de marzo de 2017

INFORMACIÓN SOBRE CURSOS, BECAS E CAMPAMENTO NO PRÍNCIPE FELIPE











Mañá abre o prazo de inscrición para os campamentos da Deputación en Principe Felipe


Adxunto  a seguinte información por se fora do voso interese:
·         Bolsas CSIC
·         Bolsas de Eurolingua para Irlanda
·         Bolsas Avenir para estudar ou realizar prácticas en Francia
·         Bolsas internacionais para realizar cursos…
·         Programa intensivo de inmersión lingüística

100 Bolsas no CSIC

O Consello Superior de Investigacións Científicas, CSIC, convoca 100 bolsas para estancias de dous meses en Institutos e Centros do CSIC, propiciando unha aproximación ao coñecemento dos problemas científico-técnicos de actualidade e aos métodos utilizados para a súa resolución, dentro do Programa «Junta Ampliación de Estudios»
Requisitos:
Finalizar os estudos de licenciatura ou grao no curso 2014-2015 ou posterior cunha nota media, nunha escala decimal de 0-10 e con 2 decimais, igual ou superior a 8.00 para todas as ramas de coñecemento, excepto para Enxeñería e Arquitectura que será igual ou superior a 7.00 ou estar matriculados nun Máster Universitario Oficial no curso 2016-2017 ou ter feita a inscrición ou pre-inscrición nun Máster Universitario Oficial para o curso 2017-2018.
A dotación das bolsas será de 2.000 € en tres pagos.
Prazo de presentación de solicitudes: do 18 de abril de 2016 ao 9 de maio de 2017.
Máis información no BOE do 22 de marzo de 2017 e en https://sede.csic.gob.es/intro2017

5ª convocatoria de Bolsas de Eurolingua para Irlanda

Eurolingua é unha empresa privada dedicada a organizar cursos de idiomas en Irlanda, Reino Unido, Malta, Canadá, Francia, Italia, Alemaña e EEUU.
Eurolingua abre o prazo de solicitude da 5ª convocatoria de 20 bolsas para Irlanda.
Que inclúen as bolsas?
  • Cursos de 2 semanas en Irlanda.
  • 20 Clases semanais.
  • Aloxamento en residencia ou familia.
  • Actividades, excursións e visitas complementarias
Non inclue o prezo do billete de avión.
Requisitos:
  • Idade. Nacer con anterioridade ao 31 de decembro de 2002.
  • Nacionalidade. Ter nacionalidade de calquera país da UE.
  • Estudos. Estar matriculado/a no presente curso escolar 2016-17 nalgún destes estudos: Bacharelato, ESO, Formación Profesional ou Titulación Universitaria regulamentada (masters e doutorados incluidos) en calquera punto de España.
  • Media do expdediente académico de polo menos 6 puntos, aos que se aplicará o correspondente coeficiente corrector en función dos estudos.
O prazo de solicitude remata o día 12 de abril de 2017.
Máis información:

Bolsas Avenir para estudar ou realizar prácticas en Francia

2.- ENTIDADE ORGANIZADORA/ CONVOCANTE
A Embaixada de Francia en España 
3.- DESTINATARIOS
Destinada a mozos españois que desexen estudar ou facer prácticas en Francia durante un ano. Requírese un nivel B2 do idioma francés no caso de que a formación se imparta neste idioma.
4.- DATA LÍMITE
15 de abril de 2017
5.- MÁIS INFORMACIÓN
A contía das bolsas pode alcanzar ata 10.000 euros.
6.- FONTE, PAGINA WEB Ou PERSOA DE CONTACTO
http://www.dialogo.es/es/practicas-y-becas/que-son-las-becas-avenir.html

Bolsas internacionais para realizar cursos de verán na Universidade de Durham

ENTIDADE ORGANIZADORA/ CONVOCANTE
A Universidade de Durham, Reino Unido
DESTINATARIOS
Para ser elegible, os participantes deben ser: un estudante actual de pregrado cunha media de 3.4 ou superior, ou equivalente.
Para ser elegible, os participantes deben ter un nivel de inglés de IELTS 6.5 ou equivalente.
DATA LÍMITE
30 de Marzo de 2017
MÁIS INFORMACIÓN
As bolsas cobren o 100% dos estudos que leven a cabo na escola internacional de verán da prestixiosa Universidade de Durham.
FONTE, PAGINA WEB OU PERSOA DE CONTACTO
https://sqore.com/opportunity/durham-university-2017-international-summer-school-challenge/prizes_rules

Programa intensivo de inmersión lingüística en inglés

O Ministerio de Educación convoca 2.400 bolsas para a estanza e participación nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España dunha semana de duración cada unha delas, en réxime de internado e pensión completa, durante o mes de xullo de 2017.
Requisitos:
a) Ter nacido entre o 1 de xaneiro de 1997 e o 31 de decembro de 2000 e estar matriculado no curso 2016-2017 en calquera curso dalgún dos seguintes estudos:
Bacharelato
Ensinanzas profesionais de música e danza
Grao medio de Formación Profesional
Grao medio de artes plásticas e deseño
Grao medio de ensinanzas deportivas
Ensinanzas de idiomas de nivel intermedio ou avanzado
b) Ter obtido no curso 2016-2017 a condición de bolseiro do Ministerio de Educación
c) Ter totalmente aprobado o curso inmediato anterior, cunha nota final mínima de 7,50 puntos na asignatura de inglés.

Contía da axuda.
A obtención da axuda comportará a cobertura de todos os gastos de participación no curso, con excepción de 100 € e os gastos de desprazamento ao Centro, que serán por conta do participante.
solicitude deberase cumprimentar mediante o formulario accesible por internet a través da sede electrónica do Ministerio de Educación na dirección https://sede.educacion.gob.es no apartado correspondente a Trámites e servizos.
prazo para a presentación de solicitudes está aberto ata o 20 de abril de 2017.
Máis información no BOE do 16 de marzo de 2017 e en http://educacion.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/idiomas.html










1 de junio de 2016

SORTEADAS AS PRAZAS PARA OS CAMPAMENTOS NO PRÍNCIPE FELIPE















A Deputación de Pontevedra vén de realizar o sorteo público das prazas dos "Campamentos polideportivos Príncipe Felipe" mediante un algoritmo informático. Ao acto asistiu a deputada de Deportes, Chelo Besada.
Esta actuación, que se desenvolverá ao longo do verán neste centro situado na capital provincial, ten como finalidade a promoción e a organización de actividades con compoñentes deportivos e educativos destinadas ao lecer de 300 menores de idade –con 30 prazas reservadas aos nenos e nenas do Centro Príncipe Felipe– nacidos entre os anos 2002 e 2009 e residentes nos concellos da provincia de Pontevedra. Precisamente a deputada, Chelo Besada, quixo lembrar a importancia de que dende os concellos se promovan e se difundan iniciativas coma esta ou o "Depo Aventura A Lanzada", que este ano contou por primeira vez con prazas destinadas a rapaces e rapazas procedentes de familias en situación ou risco de exclusión grazas ao convenio firmado coa Fundación La Caixa.
A través dos "Campamentos Polideportivos Príncipe Felipe" a Deputación de Pontevedra ofrece a posibilidade de que as mozas e mozos empreguen as súas vacacións de verán para participar en actividades lúdicas, educativas e deportivas que contribúan ao seu enriquecemento e desenvolvemento persoal, así como ao coñecemento doutros lugares fóra da súa contorna. En concreto, desenvolveranse actividades relacionadas coa natureza, deportes, aire libre, xogos, xogos de sala, arte, parque multiaventura, tiro con arco, deportes en equipo, actividades acuáticas, obradoiros… Todas elas co obxectivo de ensinar ás mozas e mozos a desenvolverse nun medio non habitual, potenciando a súa maduración, desenvolvendo a sociabilidade e o dinamismo multicultural, inculcando hábitos hixiénicos, alimenticios e de exercicio físico e fomentando tamén o respecto polo medio ambiente e a conservación da natureza.


A lista definitiva da adxudicación das quendas pódese consultar dende hoxe mesmo na web da Deputación, a ás persoas seleccionadas tamén se lles avisará a través dunha mensaxe de texto ou por correo electrónico.



13 de mayo de 2016

XA PODES INSCRIBIR AOS TEUS RAPACES NA ESCOLA DE VERÁN DE FÚTBOL








A dirección da Escola Deportiva La Merced  informa de que xa está en marcha a IV Escola de Verán Cambados 2016, abrindo o prazo de inscrición, pódese formalizar a inscrición a través da súa web ou enchendo e entregando a folla de inscrición nos lugares indicados na devandita folla. Adiantar, que contan con moitas novidades nesta IV Edición da Escola de Verán.

https://escoladeportivaamerced.wordpress.com/inscripcion/

Nos próximos días darán máis información.

O Campus de Verán Cambados, dá resposta a unha recorrente demanda, nunha época vacacional con gran cantidade de tempo libre para os nenos e con grandes necesidades de actividade lúdica e formativa.

O enfoque deste campus, unha vez máis apóiase nos piares básicos de todos os proxectos da Escola Deportiva A Merced: Calidade, persoal altamente cualificado e educación en valores a través do deporte. Un cóctel plenamente contrastado que será a estrutura dun campus cargado de diversión, de fútbol e como sempre, de moito entretemento.

Este campus abre as súas portas a todos os nenos e nenas
, que desexen mellorar significativamente no coñecemento e a práctica do fútbol e introducirse na realidade doutros deportes a través do xogo e o traballo cooperativo.


Terá ademais a oportunidade de vivir unha experiencia de convivencia cos seus iguais nun ámbito natural, no que gozarán dunha variada oferta de actividades lúdico-deportivas.





8 de abril de 2016

CAMPAMENTOS DE VERÁN DA XUNTA PARA XÓVENES










Acción de Verán 2016
A Consellería de Política Social ofrece a posibilidade de que a xuventude galega empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal moi diversas: de carácter cultural, ambiental, deportivo, de tempo libre, de voluntariado... que sirvan non só para divertirse, senón tamén para o seu enriquecemento persoal e vital.
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado pretende facer realidade este obxectivo a través da Campaña de verán 2016.
Así mesmo, en aplicación do principio de  transversalidade das políticas en materia de discapacidade e co obxectivo de que a inclusión social sexa unha realidade ao tempo que se favorece a interacción e a convivencia entre toda a mocidade, na presente Campaña de verán, as mozas e mozos galegos con discapacidade, en función das limitacións que presenten, poderán decidir sobre a modalidade de participación á que desexan optar: polo procedemento xeral ou polo procedemento das prazas reservadas de inclusión.


A Campaña de verán está composta por diferentes áreas de participación, que se desenvolven nos meses de xullo e agosto, tanto en Galicia coma noutras comunidades autónomas e no estranxeiro.



ÁREAS DE PARTICIPACIÓN
·       Campamentos
·       Campos de traballo
·       Oferta concertada

Toda a información en:

Omix - Cambados



OMIX - Concello de Cambados
Cristina Sánchez
La Merced- 1º piso
Tel. 986542663  // 673533331
Fax: 886090492





16 de marzo de 2016

AVENTURA A LANZADA 2016. ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES










Participantes                  
Nen@s  nacidos entre o 2003 e 2008, ambos os dous incluidos
Turnos :  Distribuiranse nas seguintes quendas:                            
  • Primer turno: del 19 al 25 de junio
  • Segundo turno: del 26 de junio al 2 de julio
  • Tercer turno: del 3 al 9 de julio
  • Cuarto turno: del 10 al 16 de julio
  • Quinto turno: del 17 al 23 de julio
  • Sexto turno: del 24 al 30 de julio
  • Séptimo turno: del 31 de julio al 6 de agosto
  • Octavo turno: del 7 al 13 de agosto
  • Noveno turno: del 14 al 20 de agosto
  • Décimo turno: del 21 al 27 de agosto
  • Undécimo turno: del 28 de agosto al 3 de septiembre
Lugar de realización:  nas instalación do Centro de Vacacións da Lanzada. Da Deùtación de Pontevedra, situado  en  San Vicente do Mar, A Lanzada, s/n, O Grove                                                                                     
 Presentación de solicitudes:
  1. Presentación mediante formulario web, a través da  páxina da Deputación de Pontevedra ( www.depo.es)
  2. Presentación  de solicitudes mediante formulario impreso
Lugar de recollida dos impresos:                                                                           
Os impresos estarán a disposición dos interesados na Oficina de Información ó  Cidadán da  Deputación e na súa páxina web www.depo.es


Lugar de presentación  
As solicitudes e a documentación requirida poden presentarse no Rexistro xeral do organismo provincial ou en calquera das oficinas de rexistro da Deputación que se detallan na seguinte táboa:
Denominación
Enderezo
Horario
Rexistro xeral da Deputación en Pontevedra
Avda. de Montero Ríos, s/n
Pazo provincial
De luns a venres, de 8:30 a 14:30 h e de 17:00 a 19 h Sábados, de 9 a 13 h
Rexistro do ORAL en Cambados
Rúa Ourense, núm. 8
De luns a venres, de 9:00 a 14:00 h


Prazo de presentación
O prazo para a presentación de solicitudes empezará a partir do día seguinte ao da publicación no boletín oficial da provincia de Pontevedra (BOPPO) e rematará o 8 de abril de 2016 .
Prezo: O prezo será de 83,60 euros por persoa.
Os membros de familia numerosa, coa correspondente acreditación terán un desconto do 20% no prezo.
Nel non se inclúe a excursión obrigatoria á Illa de Ons, que se aboará o primeiro día do campamento, cun importe que está previsto que non supere os 15 euros.
Documentación:  Xunto  co  impreso  debidamente  cuberto  deberase  presentar: 
  • Fotocopia do DNI  ou NIE do pai/nai ou titor 
  • Fotocopia do DNI do menor ou, no caso de que non o teña, do libro de 
           familia 
  • No  caso de menores estranxeiros/as  copia compulsada do permido legal de residencia
  • Volante de  empadroamento
  • Se é o caso, certificado acreditativo do grao de discapacidade e copia do ditame médico facultativo emitido polo equipo de valoración e orientación ( EVO) correspondente
  • No caso de contar cunha bolsa da Fundación La Caixa, informe da/o traballador/a social dos servizos sociais comunitarios municipais


Información:

       
                                                                                                 OMIX – Concello de Cambados                                                                        Centro La Merced – 1º piso.Teléfono 986542663