Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta SACO DE FEFIÑÁNS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SACO DE FEFIÑÁNS. Mostrar todas las entradas
30 de enero de 2020
PERIGROSA PRAGA DE PROCESIONARIA NO MUÍÑO DA SECA
Segundo informan desde o Refugio de Animales de Cambados parece que hai procesionaria na zona do Muíño da Seca. Polo que hai que extramar as precaucións sobre todo con nenos e mascotas.
Coa subida xeneralizada das temperaturas, a oruga procesionaria prolifera en campos e parques, supoñendo un auténtico perigo para os nenos e os animais de compañía. Os expertos recomendan evitar o contacto con estes insectos custe o que custe, pois poden facer enfermar de gravidade a quen as toque. Perigosa para os nenos Expertos veterinarios e empresas de control de pragas coincidiron ademais en advertir sobre o risco "serio" que poden supoñer estas larvas para as persoas e animais. A inhalación dos finos pelos da oruga, onde oculta o seu veleno, pode producir desde urticarias ata reaccións alérxicas, especialmente nos nenos xa que eles son os máis vulnerables. A oruga adoita presentarse sempre en forma de procesión (ligadas unhas a outras) e situarse preto dos piñeiros onde instalan os " bolsones" nos que se desenvolve a larva e son precisamente esas procesións o que resulta moi rechamante para os pequenos, que tenden a tocalas para entender o que son. En canto aos bolsones, son tamén moi visibles pola súa cor branca e porque poden alcanzar dimensións de ao redor de 20 centímetros. Mortal para os cans Os problemas das orugas non se limitan á urticaria nas persoas pois, cans e gatos son especialmente vulnerables. Ás veces cómenas e tráganse todo o tóxico que contén o insecto, co que chegan a sufrir unha necrosis na garganta e na lingua.
En moitos casos os animais poden falecer polo contacto con estas orugas, polo que hai que tentar darse conta a tempo para evitar o rozamento das mascotas con estes insectos. Se os pelillos das orugas entran en contacto coas mucosas ou cos ollos dos animais, os síntomas adoitan ser picores, urticarias e sensación de quemazón e se a tocan adoitan comezar a babear e a rascarse a zona da boca. Ademais, nalgunhas ocasións a pel dánase e produce bochas. Ante este risco, o principal consello é acudir canto antes á clínica veterinaria e, se non é posible, lavar a zona con auga para diluír o tóxico. A calor favorece a colonización O incremento das temperaturas medias están a favorecer que as orugas procesionarias colonicen zonas cada vez máis altas de España, unha situación que tamén afecta a outros países da contorna, segundo técnicos do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente ( Magrama). Segundo estas fontes, o avance da oruga procesionaria no últimos corenta anos viuse favorecido grazas ao quecemento, xa que se trata dun insecto que foxe dos niveis elevados de humidade. De feito, as larvas aparecen durante o primeiro cuadrimestre do ano, entre xaneiro e abril, a medida que as temperaturas medias empezan a subir tras o inverno. Predominan despois do inverno, xusto cando empezan a subir as temperaturas, aínda que sempre depende da zona de España xa que en comunidades autónomas como Andalucía adoitan aparecer en xaneiro mentres que no caso de Madrid as primeiras presentáronse a finais de febreiro.
E agora xa a finais de xaneiro en Galicia.
30 de julio de 2019
O SACO DE FEFIÑÁNS SERÁ ZONA PARA O MARISQUEO EN SETEMBRO SEGUNDO A XUNTA
Destacan que actualmente estanse a executar obras por 14 millóns de euros no saneamento de Rianxo e se prevé un investimento de 17 millóns en Cambados, Vilanova, A Illa e Vilagarcía.
A Xunta de Galicia asegura que o plan de saneamento da ría de Arousa xa está executado ao 80% a través dun investimento de 56 millóns de euros que permitiron "mellorar a calidade das augas" grazas á construción de novas infraestruturas e a "erradicación" de 130 puntos de vertedura contaminantes. Diso informaron este martes as titulares de Infraestruturas, Ethel Vázquez, e de Mar, Rosa Quintana, nunha rolda de prensa celebrada en Vilagarcía na que deron conta do balance do plan de saneamento da ría que ten como orzamento total 87 millóns de euros. Así, segundo informa un comunicado da Xunta, as responsables do Goberno galego ha indicado que o saneamento integral da ría de Arousa é un obxectivo "irrenunciable" para a Administración autonómica que se desenvolve en tres liñas de actuación: control de verteduras, infraestruturas e depuración de augas. Neste sentido, Ethel Vázquez destacou que na última década actuouse en 130 verteduras contaminantes, á vez que instou aos concellos para "seguir traballando neste sentido" pois a local é a administración responsable de controlar as entradas na rede de sumidoiros. Entre as infraestruturas executadas, a conselleira do ramo resaltou os colectores xerais do Grove ou as depuradoras de Ribadumia, Corrubedo e Ribeira. Respecto a esta última, a única desenvolta polo Estado na ría, contou cun investimento total de 18 millóns, sete dos cales foron achegados pola Administración autonómica. Así mesmo, tamén se referiu ao saneamineto do Saco de Fefiñáns en Cambados que, a través dun investimento de 1,2 millóns de euros, presenta "unha evolución positiva na calidade das augas", segundo destacou Rosa Quintana, que avanzou que en setembro está prevista que a zona de "entre canos" consiga a clasificación como zona B de produción marisqueira.
23 de mayo de 2016
REMATADA A ENQUISA SOBRE A PRIA E AS COMPORTAS DO SACO DE FEFIÑÁNS
Rematamos a enquisa sobre a praia e as comportas do Saco de Fefiñáns.
O resultado reflexa unha gran igualdade entre os que queren as comportas e os que non.
Quedando claro que todos queremos unha praia quedaba por desvelar si era con ou sin comportas e o resultado indica que un 53% dos votantes quere a praia con comportas por un 46% que a quere sin comportas.
A pesares de repetir a enquisa tras a petición dos nosos lectores a participación aínda que máis ampla que a primeira non foi a que este blog agardaba.
Casi un cento de votos foron rexistrados, moi por debaixo da enquisa sobre a peonalización de Fefiñáns onde se rexistraron máis de 200 votos.
Con este resultado non se pode decantar por unha ou outra opción dun xeito contundente, pero agardamos que sirva de mostra.
Nuns dias empezaremos outra sobre o Cristo das Ruínas de Santa Mariña.
4 de mayo de 2016
REPETIMOS A ENQUISA SOBRE A PRAIA DO SACO
Parece ser que pouca xente se enterou da enquisa que CORES DE CAMBADOS propuxo sobre a praia no Saco de Fefiñáns e as comportas.
Dado que nos solicitaron que a volvéramos a facer imos facelo e agora agardamos que sexa máis sinxela.
Damos por suposto que todos queremos esa praia polo que a pregunta esta vez será si a queremos con ou sin comportas. Esta é a noso entender unha pregunta máis directa e clara.
Desde hoxe e ata o dia 20 podedes votar.
Como? Entrando no blog e na marxen esquerda parte superior alí tedes a enquisa.
Tamén podes votar aquí
Imaxe: Montadictos Monta Camba2
6 de abril de 2016
NOVA ENQUISA, "QUERES UNHA PRAIA NO SACO COAS COMPORTAS"?
Como prometemos tras facer a enquisa sobre a peonalización da Praza de Fefiñáns a partires de hoxe imos a realizar outra enquisa que nos demandaron desde sectores afíns ao PP de Cambados.A pregunta é sinxela "QUERES UNHA PRAIA NO SACO COAS COMPORTAS".
Tes duas posibles respostas SI ou NON.
Ao igual que a anterior non é científica so indicativa. Se todas as maneiras ben é sabido que o proxecto das comportas xa foi desbotado polo que non habería esa posibilidade a curto plazo.
Para votar so tedes que ir ao lateral das entradas do blog e alí podes facelo.
15 de septiembre de 2015
O CONCELLO ENVÍA A PORTOS A SUA POSTURA EN CONTRA AS COMPORTAS
No día de hoxe o Concello de Cambados enviou unha certificación ao Ente Público Portos de Galicia, do acordo adoptado polo Pleno da Corporación de Cambados en contra do proxecto de construción das comportas no Saco de Fefiñáns.
Aclárase que xa foron moitas as voces, tanto de grupos políticos, como de mariscadoras ou, mesmo, grupos ecoloxistas que puxeron en cuestión as consecuencias medioambientais negativas que dito proxecto podería ter para a principal riqueza económica do lugar, o marisco. Razón pola que se levan anos insistindo na elaboración de estudios serios de impacto medioambiental que valorasen os pros e os contras deste proxecto e avaliasen a influencia da interrución do ciclo natural das mareas no desenvolvemento das especies marisqueiras.
En dita comunicación maniféstanse as seguintes consideracións:
- Que a opinión maioritaria do sector marisqueiro é contraria á construción dunha comporta no Saco de Fefiñáns.
- Que non se fixo ningún estudio de impacto medioambiental, nin económico, sobre as consecuencias desta obra, e
- Que a reanudación das obras sería un despilfarro económico.
Polo que desde o Concello se solicita que se suspenda definitivamente a execución das obras de construción da comporta para a regulación de mareas do Saco de Fefiñáns e, ao mesmo tempo, que se axilicen as obras de saneamento que se están a levar a cabo na zona, co fin de que o antes posible o marisco alí estraído estea nas condicións máis óptimas para o consumo.
Así mesmo, a Concellería de Medio Ambiente de Concello de Cambados, solicita unha proxima reunión con Portos de Galicia para tratar cuestións relacionadas con este proxecto.
24 de julio de 2015
O BNG PIDE A SUPRESIÓN DAS OBRAS DAS COMPORTAS DO SACO
O BNG de Cambados por medio da concelleira de Mar, María Xosé Cacabelos, presentou no Concello unha moción na que solicita o respaldo do pleno da corporación para esixirlle á Xunta a paralización definitiva da obra de instalación de comportas do Saco de Fefiñáns. Explica que esta obra sempre contou co rexeitamento de mariscadoras, ecoloxistas e da formación nacionalista, pois consideraban que tería importantes consecuencias ambientais.Di Cacabelos que todos os sectores críticos co proxecto pediron, en reiteradas ocasións, a elaboración de estudos serios sobre o impacto que tería esta. Solicitude que a Xunta ignorou. E recorda que Administración local e autonómica se empeñaron en sacar adiante un proxecto que, ao final, se converteu «nunha gran chapuza». Finalmente, a obra tivo que ser paralizada mentres non se realizaban os pertinentes estudos xeolóxicos.

O que reclama a concelleira e que se axilixen as onras de saneamento da zona que nestes momentos está declarada como "Zona C" para o marisqueo polo que non a poden traballar as mariscadoras.
23 de octubre de 2014
PORTOS DE GALICIA PRETENDE ENGANAR AOS CAMBADESES
A deputada do BNG, Montse Prado, preguntou sobre este tema e as explicacións dadas non foron suficientes para convencer ao grupo nacionalista.
Nin marcan plazos nin saben que facer. Empezan unha obra sin realmente saber o que queren facer?
"A obra está suspendida, non abandonada"
Durán explicou que desde o organismo portuario se traballará con rigor e seriedade “para que a solución que finalmente se execute conte con plenas garantías de seguridade, operatividade e estabilidade de cara ao futuro”. Ademais fixo fincapé en que desde a Consellería do Medio Rural e do Mar se mantén unha liña de traballo estratéxica baseada en procurar o máximo desenvolvemento portuario, a nivel de actividade e rendibilidade, sen xerar risco ambiental ou doutro tipo para o ámbito portuario.
Agora preocúpanlle as xentes do mar e cando empezaron a facer a obra, boa parte da esa xente estaba en contra?
Casualidades da vida, a obra parou cando despois das eleccións a confraría outra directiva tomou as rendas de esta.
Señor Durán a outro can con ese óso!!
Durán explicou que desde o organismo portuario se traballará con rigor e seriedade “para que a solución que finalmente se execute conte con plenas garantías de seguridade, operatividade e estabilidade de cara ao futuro”. Ademais fixo fincapé en que desde a Consellería do Medio Rural e do Mar se mantén unha liña de traballo estratéxica baseada en procurar o máximo desenvolvemento portuario, a nivel de actividade e rendibilidade, sen xerar risco ambiental ou doutro tipo para o ámbito portuario.
Agora preocúpanlle as xentes do mar e cando empezaron a facer a obra, boa parte da esa xente estaba en contra?
Casualidades da vida, a obra parou cando despois das eleccións a confraría outra directiva tomou as rendas de esta.
Señor Durán a outro can con ese óso!!
18 de octubre de 2014
O BNG PREGUNTA NO PARLAMENTO POLAS OBRAS DO SACO
Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), formulan a seguinte Pregunta para a súa resposta oral en Comisión, relativa á paralización das obras de construción de comportas no Saco de Fefiñáns en Cambados.
O Partido Popular leva anos na Xunta de Galiza facendo unha política de
propaganda e de promesas incumpridas a respecto da eliminación de verquidos no Saco de Fefiñáns en Cambados, así como da súa necesaria rexeneración. Dentro destas actuacións está o proxecto de colocación de “comportas de regulación hidráulica no Porto de Tragove”, que Portos de Galiza, en connivencia cos responsábeis do Concello de Cambados e da Confraría co Patrón Maior a fronte, se empeñaron a levar adiante malia non ter informes que o xustificaran nin avalaran.
Este proxecto nunca foi para darlle prioridade á produción marisqueira, senón a
outros usos como son potenciar e desenvolver actividades náutico-deportivas. Este proxecto afecta directamente ao dominio público terrestre, á súa protección e utilización, alterando o réxime mareal e os outros usos establecidos. Nunca tivo garantido, nin moito menos, o non impacto desta infraestrutura no banco marisqueiro do Saco de Fefiñáns e o seu impacto ambiental.
Contra toda lóxica Portos de Galiza adxudicou a obra de construción das
comportas no mes de novembro por un importe de case 500.000€ e un prazo de
execución de 7 meses.
Despois da adxudicación, a empresa iniciou os traballos instalando as estruturas
denominadas “tableestacas”, que teñen como función deixar seca a zona onde debían traballar tanto maquinaria coma obreiros, mais a obra estivo practicamente paralizada durante meses, situación que Portos de Galiza xustifica inicialmente pola “grande complexidade técnica”e agora por xeotécnicos que provocaron a cesión do fondo coa colocación das estruturas, dificultades que nunca apareceron recollidas nin no proxecto nin en ningún informe.
Con grande sorpresa @s veciñ@s de Cambados viron como nos últimos días a
empresa adxudicataria, e despois de meses de inactividade, procedeu á retirada da maquinaria, das estruturas e incluso da caseta de obra que tiña na zona.
Todo parece indicar que estamos diante do abandono da obra, que o PP impuxo
malia non contar no expediente cos informes preceptivos e facendo caso omiso ás peticións de que a prioridade tiña que ser sanear o Saco de Fefiñáns e depurar as augas que se verten nesta zona, evitar a contaminación mariña neste banco marisqueiro para recuperalo para a produción marisqueira como sempre foi, e con isto contribuír a manter os máis de 200 postos de traballo que actualmente ten a agrupación de mariscador@s a pé de Cambados e a xerar máis.
Por estas razóns formulamos as seguintes preguntas para a súa resposta oral en
comisión:
-Cal é a razón pola que a empresa contratada desmontou a estrutura de
construción, retirou a maquinaria e ata a caseta das obras de “comportas de regulación hidraulica no Porto de Tragove” en Cambados ?
-Significa isto que non se van construír as comportas do Saco de Fefiñáns? Cal é
a razón?
-Si Portos de Galiza ten a intención de seguir co proxecto en que prazos o vai
facer? Vaise manter o orzamento?
-Canto se ten investido dos 500.000 € nos que se adxudicou a obra? , quen vai
correr con estes gastos, a empresa adxudicataria ou Portos de Galiza?
-Ténselle realizado algún pago a empresa adxudicataria?
-No prego de adxudicación hai establecida algunha cláusula por incumprimento
de contrato e non cumprimento de prazo de execución? En que consisten?
-A decisión de abandonar a obra foi tomada unilateralmente pola empresa ou foi
acordada con Portos de Galiza?
-Si foi unha decisión da empresa, dado que o prazo de execución das obras de 7
meses, establecido na adxudicación das mesmas, xa está superado, cales van ser as responsabilidades que se lle van esixir á empresa?
-Si foi acordada en que termos?
-Cales van a ser as consecuencias para as arcas públicas desta situación?
28 de julio de 2014
EMPEZAN AS OBRAS DE SANEAMENTO DO SACO DE FEFIÑÁNS
Trátase dos traballos incluídos na primeira fase e consisten en afrontar o saneamento da rúa Pombal, paralela á estrada autonómica PO-549 (Vilagarcía de Arousa- Cambados) e cuxo sistema de sumidoiros verte directamente sen tratamento sobre un dos dous regatos que chegan ao fondo do saco.
Con estes traballos mellorarase o saneamento cambiando 120 metros de colectores e instalando unha pequena estación de bombeo no punto baixo da zona no río Corvillón para recoller as augas residuais das vivendas desa rúa para impulsalas e poder conectalas á rede de saneamento actualmente existente.
Explicou que nestes puntos do concello de Cambados, no saco de Fefiñáns e na rúa Pombal, cómpre resolver verteduras directas e indirectas que hoxe en día se producen ao saco pola actual configuración da rede de saneamento.
14 de julio de 2014
A XUNTA CONFIRMA O INICIO DAS OBRAS DE SANEAMENTO DO SACO DE FEFIÑÁNS
Tamén se manterá unha consideración especial polo saneamento das rías, en particular polo desenvolvemento dos plans de saneamento das rías do Burgo e de Arousa, que xa contan cos fondos precisos para afrontar as previsións plurianuais, incluso –engadiu- nas próximas se iniciarán as obras como as do Saco de Fefiñáns en Cambados.
4 de julio de 2014
O BNG PREGUNTA POLA PARALIZACIÓN DAS OBRAS DAS COMPORTAS
O BNG de Cambados denuncia que ai uns días se desmantelaron as obras iniciadas para a construción das comportas do Saco de Fefiñáns e que, ademáis, ditas obras levaban meses paradas, dando a sensación de que se iniciaran con motivos máis propagandistas que reais. Que a imaxe que se está a dar actualmente co desmantelamento do iniciado, é a de abandonar esta obra que o PP impuxo e iniciou, en contra da opinión de moita xente do sector marisqueiro e a oposición do BNG. Ao BNG lle parecería moi ben que as comportas non se construíran pero que, a día de hoxe, unha vez licitadas e iniciadas é consciente de que a parte da obra que leva feita a empresa, pagousese con cartos públicos e, de ser certo o que semella (que non seguirá), parecería un “despilfarro” a operación de imaxe feita con este motivo ata o de agora.
Polo tanto fixeron esta mañá entrega no rexistro do Concello de varias preguntas para que sexan respostas por parte da autoridade municipal:
Cal é a razón pola que a empresa contratada está a desmontar a estrutura de construción das comportas do Saco de Fefiñáns?
Non se van a construír as comportas do Saco de Fefiñáns?
Cal é a razón?
21 de junio de 2014
A XUNTA ADXUDICA AS OBRAS DA PRIMEIRA FASE DO SANEAMENTO DO SACO DE FEFIÑÁNS
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, vén de adxudicar á empresa Petrolama Veiga, S.L. as obras da Fase I de recollida de verteduras do Saco de Fefiñáns, no concello de Cambados, por un valor de 82.451,74 euros.
As obras da Fase I consistirán en afrontar o saneamento dunha rúa paralela á estrada autonómica PO-549 (Vilagarcía de Arousa- Cambados) e cuxo sistema de sumidoiros verte directamente sen tratamento sobre un dos dous regatos que chegan ao fondo do saco.
Trátase da rúa do Pombal onde se mellorará o saneamento cambiando 120 metros de colectores e instalando unha pequena estación de bombeo no punto baixo da zona no río Corvillón para recoller as augas residuais das vivendas desa rúa para impulsalas e poder conectalas á rede de saneamento actualmente existente.
Saneamento Integral do Saco de Fefiñáns: Fase II
O proxecto de Saneamento Integral do Saco de Fefiñáns, valorado en máis de 1 millón de euros, definiuse a partir do Plan de saneamento local da Ría de Arousa, que estudou co máximo detalle o funcionamento das redes de saneamento para atallar as súas problemáticas, especialmente en tempo de chuvia. No caso do saco de Fefiñáns, e ademais do saneamento da rúa Pombal que se inclúe na fase I, cómpre resolver verteduras directas e indirectas que hoxe en día se producen ao saco pola actual configuración da rede de saneamento.Na fase II recóllense as verteduras no contorno da avenida de Vilagarcía executando unha rede separativa de colectores de PVC e unha nova estación de bombeo integrada nun tanque de tormentas no Pombal. Este tanque, ou depósito de retención de augas unitarias, constará de canal de entrada, unha cámara principal de laminación e un pozo de bombeo. Finalmente, na Cabana proxéctase a execución dun novo colector que precisará da execución de varios treitos con perforación horizontal dirixida.
26 de febrero de 2014
AS RESPOSTAS DA XUNTA SOBRE AS COMPORTAS NON CONVENCEN
Non sabe, non contesta
A Consellería do medio Rural e do Mar ben de dar resposta á pregunta de Montse Prado no Parlamento Galego, sobre as medidas previstas pola Xunta para rexenerar o banco marisqueiro do Saco de Fefiñáns. Por certo, que unha vez lida a contestación da Consellería pode concluírse que realmente non se da resposta ao preguntado, o que a estas alturas xa non resulta ningunha novidade.
A resposta comeza cunha acumulación de mentiras no mesmo parágrafo, pois afirma, primeiro, que o Saco está conectado co mar unicamente pola canle do porto de Tragove (ou menten ou son uns ignorantes ou son as dúas cousas, que tamén é moi posible). Así mesmo argumentan que iso é a causa da baixa produtividade do banco marisqueiro (nova mentira, pois o banco é moi produtivo aínda que non se pode comercializar o produto por ser zona C) e, ademais, a resposta non fai mención ao decisivo problema do saneamento (nova mentira por omisión) que é a verdadeira causa da penosa situación do banco e que ten uns responsables nos representantes políticos do PP.
No segundo parágrafo din que o banco non está pechado, que simplemente é zona C; outra novidade (en Cambados xa o sabiamos). Afirman que é zona C coma se isto fose unha casualidade, coma se a Xunta non tivese ningunha responsabilidade no saneamento das rías. Iso si, anunciar millóns e millóns de euros en saneamento, o PP faino de marabilla cada poucos meses, pero despois a realidade demostra que todo se queda en publicidade.
E por último se desentenden do que realmente se lle estaba a preguntar que era sobre as medidas que tiñan pensado tomar para rexenerar o banco marisqueiro do Saco. Semella que non teñen pensado tomar ningunha, é dicir, que se desentenden deste asunto. Que as mariscadoras se busquen a vida. Por certo, isto tampouco é novidade, pois se o traballo das mariscadoras a pé en Cambados leva anos dando os seus froitos, non é precisamente pola implicación da Xunta, senón pola dedicación e compromiso das traballadoras do mar.
13 de febrero de 2014
A COMISIÓN SOBRE AS COMPORTAS DO SACO FAI CASO OMISO A MEDIO AMBIENTE SEGUNDO ANOVA
Dende Anova Cambados queren reiterar como o PP segue a realizar continuas irregularidades nas obras das Comportas do Saco de Fefiñans, así coma na súa xestión, non tendo en conta as recomendacións feitas polos distintos organismos nin os técnicos que realizaron o estudio medioambiental da obra, neste caso ponse de manifesto na recente comisión creada para a xestión das comportas, e nas que non se inclúen as recomendacións feitas na Resolución do 22 de Outubro de 2010, pola Secretaria Xeral de de Calidade e Avaliación Ambiental, dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
ADXUNTAN RESOLUCION DA SECRETARIA XERAL DE CALIDADE E AVALIACION AMBIENTAL, ONDE SE PON DE MANIFESTO A NECESIDADE DE CUMPRIR O PLAN DE SEGUIMENTO AMBIENTAL DAS OBRAS E AS CONDICIONS ESPECIFICAS INCLUIDAS NA RESOLUCIÓN, DE FORMA ESTRICTA, E QUE SE ESTAN A INCUMPRIR DENDE O CONCELLO E O ENTE PORTOS DE GALICIA.O B.N.G. TILDA DE PANTOMIMA A COMISIÓN SOBRE AS COMPORTAS
Esta mañán éramos coñecedores, polos medios de comunicación, que xa se constituira a chamada comisión de seguimento para as comportas de regulación do Saco de Fefiñáns. Polo tanto, volvemos a comprobar a “eficacia” do PP para impoñer as cousas que realmente lle interesan, mentres que as realmente importantes para a maioría, o saneamento do Saco, retrásase eternamente sen que mostren un mínimo interese.
A situación que se está a vivir con respecto ao Saco comeza a rozar o ridículo. Primeiro polo derroche de cartos públicos para facer unha obra que non beneficia máis ca o PP. Unha obra que ademais, segundo afirman, non entrará en funcionamento ata que o Saco sexa zona B; situación que vemos moi lonxe, de seguir a este ritmo o proxecto de sanemaneto. Porque xa hai comportas, xa hai comisión para as comportas, pero do sanemaneto nin se sabe. É dicir, para o que lle interesa ao PP, moita planificación, e para o que lle interesa á maioría, parálise total.
Ademais vemos que o PP segue a mentir, descaradamente, neste asunto ao afirmar que a prioridade das comportas vai ser o marisqueo na zona, pois se realmente pensaran isto, o prioritario sería o saneamento para que se puidera explotar o banco marisqueiro. Ademais o BNG lle recorda ao PP que a construción das comportas é unha proposta electoral para converter a zona do Saco nun lugar de teóricos “deportes náuticos” (iso dicía a súa propaganda electoral) e que empezaron a camuflar, esta proposta, baixo a escusa do marisqueo ante a presión creada polas esixencias das mariscadoras e ante as denuncias públicas do BNG.
Así mesmo, o PP impediu, desde o primeiro momento, que se realizara un estudio de impacto ambiental que demostrara os efectos que esta obra tería sobre o banco marisqueiro. Por iso non queremos que agora nos conten historias (“o importante é o marisqueo”) que pouco teñen que ver coa realidade (“o importante é o PP”).
En fin, a “película” do Saco segue o guión escrito e deseñado polo PP desde o principio; un guión que nada ten que ver coa defensa do marisqueo no Saco e cos postos de traballo directamente relacionados con este sector produtivo prioritario no concello de Cambados.
6 de febrero de 2014
HAI INFORMES EN CONTRA DAS COMPORTAS DO SACO SEGUNDO ANOVA
A Memoria Medioambiental do proxecto das obras das Comportas do Saco de Fefiñans alertan de que a permanencia da preamar na enseada durante un período maior ao réxime de mareas pode afectar a calidade das augas, e en consecuencia afectar aos bancos marisqueiros.
Así o fai público a agrupación local de ANOVA
Tratase dun Informe previo a licitación das obras, e adxudicado pola entidade Portos de Galicia a mercantil AQUATICA INGENIERIA, e na elaboración do mesmo participaron: Javier Sopelana Peralta (Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos), Sira López (Licenciada en Ciencias do Mar), José Ignacio Buján (Técnico superior en desenrolo de proxectos urbanísticos e operacións topográficas), Rosina Acuña Castroviejo (Bióloga) e Carlos Durán Neira (Biólogo) do CENTRO DE INVESTIGACIONES SUBMARINAS.
Esta memoria medioambiental foi remitida a Consellería de Medio Ambiente, para a evaluación da necesidade de realizar un informe de Impacto Ambiental da obra, e tido en consideración na resolución do mesmo, chegando a indicar o obrigatorio cumprimento do Plan de Seguimento Ambiental que se inclúen nesta memoria, pero que non se están a levar a cabo, xa que non se informa nin no pleno do Concello de Cambados, nin as propias mariscadoras nin da realización nin do resultado do mesmo, xa que inda non foi adxudicada a xestión das Comportas, que seria a empresa encargada de realizar este Plan de Seguimento Medioambiental, e nos que se requiren facer unha serie de traballos previos a instalación das comportas.
16 de enero de 2014
ANOVA CRITICA O CONSTANTE ENGANO DO PP SOBRE O SACO
A realidade sobre as comportas do Saco de Fefiñans denunciadas por Anova ratifícanse coas declaracións feitas polo Conselleiro de Medio Ambiente estes días na prensa, o Partido Popular incumpre o acordado en sede parlamentaria.
Dende Anova Cambados queremos reiterar como o PP segue sen priorizar as inversións feitas en Cambados, en concreto nas obras que se pretenden realizar no Saco de Fefiñans con respecto as recentes manifestacións polo Conselleiro de Medio Ambiente, en relación as obras de instalación das Comportas do Saco de Fefiñans e o saneamento da zona, e as continuas versións e falsas promesas que se están a dar aos veciños de Cambados en relación a este asunto, con continuas afirmacións por parte de distintos organismos nos que a cidadanía ve que na realidade non se cumpren, a pesares das falsas promesas e a insistencia do Partido Popular por agochar a realidade.
Nestes días podemos ver como o Conselleiro de Medio Ambiente recoñeceu publicamente que o obxectivo do seu departamento e que as obras de Saneamento da Zona do Saco de Fefiñans sexan contratadas antes do verán, cun prazo de execución de 12 meses, namentres que as comportas do Saco de Fefiñans xa comezaron dende o pasado mes de Novembro cun prazo de execución de 7 meses, polo que as obras de instalación destas comportas estarían rematadas, no mellor dos casos, xusto cando comecen as obras de saneamento, cun prazo de 12 meses de execución, iso si se cumpren desta vez os obxectivos nos prazos declarados polo Conselleiro de Medio Ambiente, pero que xa foron variados en continuas ocasións.







.jpg)




