ANOVA DE CAMBADOS RECLAMA QUE A CONVOCATORIA PARA AS AXUDA O ESTUDIO MUNICIPAIS SE FAGA ANTES DE QUE REMATE O CURSO ESCOLAR E SE TEÑA EN CONTA OS ALUMNOS QUE QUEDARON EXCLUIDOS POLA REFORMA DAS BECAS DO MEC.
Din na sua nota: "Consideramos que é inxusto que os alumnos que non obteñan unha nota media superior o 6,5 non poidan obter a axuda de estudios xeral e que os alumnos que obteñan unha nota media entre o 5,5 e o 6,5 so se lles abone o custo da matricula, cando esta reforma foi aprobada no mes de Agosto, e no que a maioría de alumnos xa tiñan feitas as matriculas".
Para o Grupo Local de Anova – I.N de Cambados, as circunstancias actuais indican que o Concello debería facer unha aposta forte tanto na partida de Becas de Estudos como nas de fins benefico-asistenciais. Non pode ser que a pesares e chegar a un acordo no Pleno Municipal de Agosto do ano pasado coa oposición de modificar as bases das axudas municipais ao estudio, a dia de hoxe inda non se establecera a ordenanza municipal, e se espere o mes de Abril ou Maio, xa preto do remate do curso escolar para sacar este tipo de axudas. Isto ademais evidencia o xeito de funcionar actualmente a política municipal cambadesa, onde os acordos parecen ser sempre de cara a galería, sen que haxa un seguimento e unha intención posterior de facelos cumprir.
Sinalan que outros concellos tiveron en conta as suas propostas. "Este tipo de axudas, relativas os estudantes afectados polo decreto do señor Wert, saíron adiante no Concello de Ribadumia grazas a unha iniciativa do Concelleiro de Anova, Enrique Oubiña, e fixéronse publicas no mes de Setembro, a principio do curso académico, pero en Cambados en troques vemos que apesares das boas palabras do Partido Popular no pleno de Agosto, e de chegar a un acordo cos partidos da oposición de que se ían modificar a ordenanza municipal e ter en conta as actuais circunstancias, a dia de hoxe non se fixo nada do prometido".
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.