Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

10 de enero de 2014

ANOVA FAISE ECO DUNHA INFORMACIÓN DE CORES DE CAMBADOS




Despois da publicación por parte de CORES DE CAMBADOS da reaparición dos restos arqueolóxicos na TORRE Anova Cambados pídelle ao Concello que protexa estes restos. 
A resposta do Concello por parte do seu voceiro oficioso é que para protexer este achádego van a tapalos. 
Por outro lado tanto A Voz de Galicia o Diario de Arousa publican que se van a protexer. Veremos quen ten razón


A Agrupación local de Anova IN de Cambados, demanda o Concello de Cambados e a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural que proceda a acometer a actuación precisa para protexer e a vez por en valor o entorno da Torre de San Sadurniño, unha vez que volveron a saír a luz os restos do que parece ser a muralla medieval que se atopaban soterrados.




Dende ANOVA IN de Cambados, consideramos que o patrimonio histórico cultural de Cambados, debe ser un referente moi a ter en conta na nosa vila, polo que é preciso protexer e por en valor este patrimonio. Neste senso, cremos que é urxente realizar traballos arqueolóxicos no entorno da Torre de San Saturniño, xa que poderían ter un alto interese histórico, cultural e a vez turístico para o noso Concello.

Cabe lembrar, como apunte histórico, que a Torre de San Saturniño  co descubrimento do sepulcro do apóstolo Santiago a principios do s. IX e o posterior levantamento da catedral, provocaron que xurdisen estas torres de vixía para defender a ría de Arousa e Compostela dos ataques de normandos e viquingos. Construída na antigamente coñecida como a illa da Figueira, en tempo do bispo compostelán Sisnando I, na Alta Idade Media e reparada posteriormente polo arcebispo Xelmírez. Por medio de fogueiras avisábase da chegada dos piratas á ría. A Torre da Lanzada enviaba o sinal de fume á Torre de San Sadurniño que o remitía  á Torre de Cálogo en Vilanova de Arousa  e esta, á súa vez, llo facía chegar ás Torres do Oeste en Catoira, pondo en estado de alerta e defensa a toda a comarca e a Santiago de Compostela. Esta torre representa os restos do que antigamente fora unha fortaleza, que sería destruída polos rebeldes Irmandiños, e de novo reedificada por Gómez de Sotomayor ata o seu abandono. Xunto a ela, había unha capela, da que non quedan vestixios, coas imaxes de San Tomé, que lle deu nome á vila, e San Sadorniño, que lle deu nome á torre, conservadas na capela da Valvanera.


Esta defensa contra os ataques dos pobos viquingos e sarracenos valeulle para ser nomeada "Moi Leal Vila" polo rei Fernando II no s. XII, iniciándose entón un período de esplendor que queda reflectido na multitude de pazos que existen no municipio.

Logo de que en marzo de 2011 sairán a luz os restos do que parece ser a antiga muralla da fortaleza medieval, e que o arqueólogo municipal remitira un informe a patrimonio para que indicara o procedemento a seguir ante a posibilidade de tratarse dun descubrimento arqueolóxico, decidiuse volver a soterrar con area os restos da fortificación para evitar a erosión da mesma, e que nunha posterior visita a zona, especialistas da materia avaliasen o seu estado e accións futuras. Pero ata o dia de hoxe, isto último non se produciu debido o pouco ou nulo interese mostrado polas distintas administracións, comezando polo propio goberno municipal do PP.



Dende Anova Cambados non entendemos como contando cun arqueólogo municipal, que ademais esta contratado irregularmente dende o 2003 segundo reparo da interventora municipal,  cun custe mensual que rolda os 1.500 €, e que tendo constancia deste achádego arqueolóxico no que probablemente sexa o primeiro núcleo poboado de Cambados, catalogado como monumento de interese cultural cunha protección arqueolóxica integral segundo o Plan Especial de Protección Histórico de Cambados, non se procedera dende o Concello de Cambados a elevar unha proposta de actuación ao órgano competente, como establece o punto 5.4 do Plan Especial, nin se insista para obter os permisos pertinentes para  acometer os traballos de posta en valor destes restos arqueolóxicos, se non que sinxelamente se tapen con terra estes restos que forman parte da historia de Cambados.   


Nestes días podemos ver como o Camposanto de Santa Mariña foi incorporado a “Ruta de los Cementerios singulares de Europa” e como dende a propia web do concello consideran que esta posta en valor vai beneficiar para o seu coñecemento e conectar a investigadores, historiadores e profesionais deste tipo de patrimonio, e mesmo se fala de realizar unha ruta de visitas guiadas.  Dende Anova consideramos que a posta en valor dos restos arqueolóxicos que están a saír a luz na Torre de San Sadurniño, son do mesmo xeito precisos e beneficiosos non so para a cultura de Cambados, se non tamén para o turismo e a economía da nosa vila.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.