Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta A PASTORA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta A PASTORA. Mostrar todas las entradas

5 de noviembre de 2018

O FIN DA TEMPADA ALTA FAI AUMENTAR O PARO A TODOS OS NIVEIS




O número de parados rexistrado nas oficinas dos Servizos Públicos de Emprego Estatal (SEPE) alcanzou os 3.254.703, tras aumentar en outubro en 52.195 persoas respecto ao mes anterior, de forma que se mantén en niveis de 2008.

O número inscritos no servizo de emprego público subiu en 2.451 persoas durante o mes de outubro en Pontevedra.
Esta cifra supón un aumento do paro no 3,81% no último mes, ata facer un total de 66.712 desempregados na provincia.
O desemprego aumenta na comunidade galega por encima da media española O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) subiu en outubro en Galicia en 3.424 persoas respecto ao mes anterior, un 2,06% máis. Deste xeito, o paro creceu en Galicia por encima da media española, que rexistrou un avance do 1,6%, a súa segunda menor alza neste mes desde o exercicio 2008 ata un total de 3.254.703 desempregados.

Polo que respecta a nosa comarca o paro subeu en máis de 900 persoas.
Con este repunte, habitual tras o fin da tempada estival, o volume total de parados alcanzou a finais de outubro a cifra de 7923 desempregados na comarca, como se aprecia no cadro inferior.






16 de agosto de 2018

FIN DE SEMANA DE FESTAS E COMPRAS





Xoves 16 de Agosto 

Festa de San Roque

Alborada a cargo de gaiteiros acompañados dos papamoscas, xigantillos e cabezudos.

As 12.00h Misa Solemne na honra de San Roque
As 20.30h A Procesión. O Santo estará acompañado de nenos con traxe de peregrino.
As 22.30h Verbena na praza do Concello.

Venres 17 de Agosto

 

Entre as 11 de mañán e as 11 da noite Feira de Oportunidades organizada pola Asociación de Comerciantes Zona Centro no Paseo da Calzada. Ata o Domingo.




Na Praza de Fefiñáns e rúa Real: Os asistentes poderán observar  exhibicións de aves rapaces ou mercar nos postos de artesanía.

Ademáis tamén haberá concertos de música medieval, actividades infantís e espectáculos de fogo e malabares.



Sábado 18 de Agosto


Romaría da Virxe da Pastora

Pola mañán alborada a cargo de Os Carballeiras e Con de Xido.
Pola tarde triangular de fútbol veterano no Pombal.No Monte da Pastora a partires das 10 da noite no monte de A Pastora, mexilóns e a XI Queimada na inmellorable compañía de "The liar papers" , "Hot Rock", organizada pola Comisión de Festas .

Domingo 19 de Agosto

Na Praza do Concello: Rastro de Antiguedades durante todo o día.


Praza das Rodas, 13:00h. Thegypsysouls.

Nova formación duns vellos coñecidos. The Gypsy Souls son Andrea Area e David Mahé Falcón. Tralo parón dos Sharknadoos, volve con este proxecto de funk, soul e rhytyhm’n’blues. Puro talento e a mellor voz negra da comarca.


Romaría da Virxe da Pastora

Pola mañán alborada cos grupos de gaitas “Con de Xido” e “Os Carballeiras” e a Banda de Música Agupación Músico-Cultural de Ribadumia.
As 13h Misa cantada pola “Coral Santa Mariña” de Cambados. Ao remate bailes rexionais.
As 19.00h Misa e a continuación Procesión acompañada polos “Danzantes de Cobas”.
Pola noite Verbena amenizada por “Capitol"





16 de agosto de 2017

FESTA DA PASTORA ESTA FIN DE SEMANA












Sábado 19.
Primeiro día da Romaría da Divina Pastora que se celebrará en Cambados no lugar do Monte da Pastora comezará coa alborada a cargo do grupo de gaitas Os Carballeiras e a agrupación Con de Xido. Ás 22.00 horas, celebrarase a X Queimada onde os asistentes degustarán mexillóns e queimada gratis. Ademais, gran actuación dos grupos Wondercovers e A Banda de Mazinger. 

Domingo 20.
Pola mañá alborada co grupo de gaitas Os Carballeiras , a agrupación Con de Xido e a banda de música Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia. Ás 13.00 horas oficiarase a misa solemne cantada pola Coral Santa Mariña, seguido de bailes rexionais a cargo da agrupación Con de Xido. 
Chegada a tarde, a partir das 19.00 horas, comeza a novena, seguida de misa e procesión a cargo do grupo de gaitas Os Carballeiras e Os Danzantes de Cobas. Para poñer o broche final, gran verbena a cargo da orquestra Charleston Big Band e o dúo Nueva Era. 

Haberá pulpeira e churrasco a prezos populares






26 de noviembre de 2015

O MIRADOR DA PASTORA RECUPERA AS VISTAS






Comezaron estes dias as labouras de tala selectiva de árbores no momte da Pastora.
Despois de ter o monte case pelado houbo unha reforestación sen control que obriga agora a ter que talar algunhas das árbores que pouca pouco foron medrando e ocultando as maravillosas vistas a ría que cambadeses e foráneos disfrutamos.




Técnicos da Estación Fitopatolóxica de Areeiro (centro de investigación e diagnóstico forestal e agrario dependente da Deputación de Pontevedra) visitaron hai semanas o monte para realizar unha valoración da situación na que se encontran as árbores que impedían unha boa visión da ria.
Preto de vinte árbores serán talados favorecendo e recuperando as magníficas vistas.









7 de octubre de 2015

ÁRBORES ENFERMOS NO COLEXIO DE SAN TOMÉ E PODA SELECTIVA NO MONTE DA PASTORA







Esta mañá, achegáronse ao Colexio de San Tomé, a petición deste centro de ensino e do concello, técnicos da Estación Fitopatolóxica de Areeiro (centro de investigación e diagnóstico forestal e agrario dependente da Deputación de Pontevedra) para realizar unha valoración da situación na que se encontran as árbores do patio. Tras o último temporal caeron múltiples ramas e un dos “chopos” partiu pola metade, segundo afirman os técnicos, debilitado polo ataque dun  fungo parasito. A parte dos consellos sobre que se deben realizar podas de mantemento, práctica que non foi habitual nos últimos tempos ou arrincar as raíces das árbores caídas noutros anos para que non sexan focos de infección por máis fungos, proximamente enviarán ao concello as conclusións do estudio realizado e os consellos a seguir.

Tamén foron técnicos deste mesmo centro os que tiveron en observación a palmeira da Praza do Concello que hoxe foi eliminada ante a imposibilidade de ser recuperada. Agárdase proximamente que o seu lugar sexa ocupado por outro exemplar da mesma especie.
Por último debe informarse de que esta semana chegou o permiso de Patrimonio que permitirá a poda dalgunhas das árbores do monte da Pastora. Coa súa próxima poda, agárdase recuperar  as espléndidas  vistas desde o miradoiro do citado monte.






20 de agosto de 2015

ROMERÍA DA PASTORA ESTA FIN DE SEMANA








Este fin de semana volve a celebrarse a festa da Divina Pastora co engadido dos actos non relixiosos que o ano pasado non se celebraran. 
A nova directiva   ten o listón alto pero polo que se ve nos carteis non van desmerecer a anterior. A lo menos esa é a intención.
O sábado día 22 de Agosto  as dez da noite terá lugar a VIII Queimada no Monte da Pastora con mexilóns e rosca e con música para todos os asistentes con dous grupos contrastados como  son Los CaciKes  e a Banda de Nash, dous grupos totalmente  sinónimo de éxito
Xa o día grande, o día 23 de Agosto pola maña Alborada co grupo de gaitas os archicoñecedos Os Carballeiras de Vilariño e da asociación Volandeira de Cambados, acompañados pola Banda de Música Agrupación Músico cultural de Ribadumia.  
Despois continuarán os actos relixiosos e as 21.30 horas  verbena amenanizada pola orquestra Solara e o Trio Digital. 


Sorte a nova directiva, para que recupere a festa o esplendor de anos anteriores.











9 de noviembre de 2014

ARAGUNDE ENFRÓNTASE A UNHA DENUNCIA ANTE O VALEDOR DO POVO




O cambadés José Luis Serén Pérez portavoz dos veciños da rúa da Pastora, polo tema do corte ao tráfico nun sentido da circulación de dita rúa volve a protagonizar unha acusación contra o alcalde Luis Aragunde. De «incompetente», así calificou a Aragunde despois de anunciar que está disposto a denunciar o rexedor ante a Fiscalía en relación á situación dun camiño na  mesma rua A Pastora. Acusa Serén que o Concello  négase a pintar a liña amarela diante dun camiño privado que dá a un terreo da súa propiedade mentres que noutro camiño situado a cen metros, nas mesmas circunstancias, o Concello asfaltou e instalou iluminación pública e permitiu a instalación dunha cámara de vixilancia «favorecendo descaradamente a un veciño que por casualidade
é empregado público», sinala en alusión ao encargado de obras
do 
Concello, Manuel Sineiro. «Como lle chamamos a isto señor alcalde? Trato de favor, prevaricación, tráfico de influencias ou simplemente amiguismo», di Serén. 

En xuño pasado solicitou que o autorizasen a pintar unha liña amarela co fin de que os coches non aparquen na entrada do camiño que está ao lado dun local de hostelería e que moitos clientes sin maldade aparcan obstaculizando o paso de vehículos. 
Un mes de plazo para que rectifique e, se non, acudirá ao fiscal e ao Valedor do Pobo, anuncia.


Info: La Voz de Galicia
Imaxes: "La Voz" e "A ti meu Cambados"



14 de octubre de 2014

XA HAI COMISIÓN DE FESTAS DA PASTORA

Foto da comisión anterior







Parece que xa temos comisión de festas da Virxe da Pastora.
Hai uns meses algúns meses publicábase en "A TI MEU CAMBADOS" e comentábase nas rúas, que o alcalde propuxera a unha entidade cultural que levaran a comisión de festas, para que non se perdera esta romaría que ten tanta tradición.  A verdade e que sexa así ou non, parece que unha asociación ao final farase cargo da festa. Algunhas persoas vinculadas a esta asociación xa poderían ter estado na anterior directiva e polo que parece xa organizarían a festa o vindeiro agosto. 
A nova,  non está confirmada oficialmente.
Sexa como sexa, o listón que deixou a anterior directiva está alto, pero non dubidamos que esta que entra tentará  levar a festa a cotas ben altas.
Polo de pronto xa están a traballar na recadación de fondos para a festa e xa teñen a venda lotería de Nadal.





5 de octubre de 2014

AS DENUNCIAS DOS BLOGS SERVEN PARA ALGO










Uns dias despois de que CORES DE CAMBADOS denunciara o mal estado do vial que une a rúa Os Olmos coa rúa Castelao e que debera dar servizo a os veciños da avenida da Pastora, dito camiño foi parcheado. Á denuncia de este blog sumouse a petición dos Socialistas de Cambados de que se permitira circular a os veciños de Santa Mariña de forma extraordinaria de forma irregular polo tramo de O cruce do Museo do Viño ata o cruceiro de xunto o pazo de Ulloa, algo que non podía permitirse polo risco de accidentes. Ademáis de estar prohibido pola Lei de Seguridade Vial.


Polo visto as denuncias serven de algo aínda que despois digan que era algo que estaba previsto.












19 de mayo de 2014

AS VECES O CONCELLO DE CAMBADOS TEN RAZÓN EN ALGO







As cousas hai que velas para criticalas ou apoialas. 

Hai uns dias saía na prensa local que o concello de Cambados estaba pensando en facer algo para recuperar as vistas desde o Monte da Pastora.  
Alá fumos para comprobar e fotografar con algo de detalle as afirmacións feitas desde o Concello e aquí tedes o resultado.
Despois de ter o monte case pelado houbo unha reforestación sen control que obriga agora a ter que talar algunhas das árbores que pouca pouco foron medrando e ocultando as maravillosas vistas a ría que cambadeses e foráneos disfrutamos.
Neste tema non podemos estar máis de acordo co iluminado que o propuxo.
De paso poderían ter a precaución de limpar o monte cada pouco e non deixalo abandonado ata que un obradoiro de emprego faga algún traballo de mantemento ou uns dias antes da Romería que alí se celebra na honra da virxe que leva o nome do monte.
Depaso tamén reparar os desperfectos que o tempo ou algún persoaxe fai nas proximidades da capela.
Como vedes nas fotos  as únicas vistas e non as mellores, pódense contemplar desde a parte onde están os xogos infantís.

 Como ben denunciamos en outras ocasións a falla de limpeza non é culpa exclusiva do Concello.
E tampouco do bipartito nin de Zapatero, a culpa da  reforestación salvaxe e sen control debe ser de quen leva tantos anos governando sen criterio no Concello.










De arriba a baixo...
Foto 1: Vista desde o Calvario mirando a O Grove
Foto 2: No mesmo lugar mirando cara a Illa
Foto 3: Desde a capela
Foto 4 e 5: Abandono
Foto 6: Vista desde a parte dos xogos infantís.









14 de febrero de 2014

DE PASEO POLO MONTE DA PASTORA.





Situado moi preto do centro da poboación de Cambados e moi próximo ás ruínas da igrexa de Santa Mariña Dozo, atópase un montículo de 58 m de altura sobre o nivel do mar, cheo de lendas e tradicións. Hoxe, o monte, é un área recreativa para o goce de todos. Moitos son os visitantes que se aproximan ao seu cume para poder admirar unhas das mellores panorámicas da zona, desde onde se divisa prácticamente toda ríaa de Arosa, así como as próximas ruínas de Santa Mariña Dozo e a Torre de San Sadurniño.


Sobre o cume , xa existiu fai uns dous mil anos un primitivo poboado castrexo do cal chegaron ata nós numerorosos vestixios. Non é de estrañar o seu emprazamento, pois como moitos outros castros situábanse en lugares estratéxicos de fácil defensa e difícil acceso, desde onde dominaban visualmente grandes extensións de territorio. Unha das lendas que rodea o lugar é a existencia dunha cueva que chegaba ata a mesma illa de "A Toxa" e que pasaba pola veciña Torre de San Sadurniño. Cóntase que a cueva quedo anegada polo auga, pero que se conservan restos dela preto do lugar.

Preto do cume atópase a capela de "A Virxe dá Pastora", que foi construída no século XVI baixo o patrocinio de Xoán Fariña, notario da vila, e posta baixo a advocación do Bo Xesús e a Virxe das Neves, posteriormente substituída pola da Pastora no s. XVIII. Acolle no seu interior a imaxe sedente da santa, artisticamente meritoria e de valioso policromado.É de planta rectangular e unha sóla nave con ábside cuadrangular. Contradictoriamente o que máis destaca é o seu sencillez e a súa sobriedade. Arriba de todo, á beira dunha vella árbore, sitúase o mirador, que se levanta sobre unha gran roca e sobre esta unha cruz de pedra.




O 5 de agosto celébrase a festa en honor a San Xusto e San Pastor, nunha procesión que ascende ata a capela e onde os santos portan un racimo de uva para rogar por unha boa vendimia. Hai que recordar que nestas zonas cultívase a variedade de uva albariño, a cal nos deleita cuns dos mellores viños brancos de España. 


O último domingo de agosto celébrase a festa en honor a "Virxe dá Pastora" cunha concorrida romaría. 
Desde este monte, parte a ruta do carreiro natural Pastora-Umia, que circula ata a desembocadura do Umia.




Máis fotos na sección Cambados en fotos á dereita.






20 de enero de 2014

O B.N.G. PIDE QUE O ALCALDE RECIBA AOS VECIÑOS DA PASTORA




Pero el non quere falar cos veciños
O B.N.G. non entende a cabezonería de Luís Aragunde e solicita unha reunión cos veciños da av. da Pastora, para dar cunha solución a os problemas de circulación por esta avenida.

A decisión do Concello de poñer sentido único a Avenida da Pastora creou un malestar entre veciños e veciñas lugar, pois esta medida supuxo, entre outras cousas, que para acceder ás súas fincas cos tractores teñan que dar unha gran volta tendo, ademais, que circular por estradas xerais. Que como esta medida, segundo o Concello, foi valorada durante meses, non se entende como non se falou previamente cos veciños/as para coñecer a súa opinión, nin tampouco resulta razoable que a día de hoxe o concello non  os convocara  a unha xuntanza para explicarlles que medidas vai a tomar para solucionarlle a problemática creada coa medida adoptada.

O B.N.G., polo tanto pídelle ao alcalde que o concello convide a unha reunión aos veciños/as afectados e lles facilite unha solución á problemática creada coa aplicación do sentido único da Avenida da Pastora.




OS VECIÑOS DA AV. DA PASTORA PREVÉN MOBILIZACIÓNS





Os veciños de Santa Mariña, máis en concreto os da avenida da Pastora prevén mobilizarse ante a falta de respostas do Concello ou mellor dito ante as medias verdades coas que se respostou o alcalde Luís Aragunde. Un representante dos veciños dixo nun programa de radio que  " o Alcalde métese debaixo da cunha dunha tortuga de 4000 euros e non dá solucións nin nos recibe". Esta frase vai en relación ao pouco caso que fai aos veciños e a negativa a reunirse con eles. Nesa mesma intervención dito representante falou de incluso chegar a mobilizarse en caso de que o silencio por parte do Concello persista. 

Nestes dias os veciños van ter unha reunión para falar das medidas a tomar, e non desbotan ningunha posibilidade.
Foto "La Voz de Galicia"
Temos que recordar que todo esto ven polo trastorno que supón que os veciños teñan que dar unha volta inmensa para voltar as suas casas tras rematar as faenas do campo cos seus tractores, tras prohibir a circulación o Concello o tráfico nesa avenida cara o Pazo de Ulloa.

Nesta tesitura estiveron os veciños das rúas Albariño e Castelao cando ambas rúas pasaron a ser de dirección única. O Concello prometera a os veciños a apertura dun vial dende a rúa Castelao ata a rúa San Roque e o único que fixeron foi ampliar e asfaltar un tamo pequeno que vai dende a Castelao ata a Rúa Nova. 
Foto "Diario de Arousa"
I e que en ambos casos as alternativas dadas pasan por facer expropiacións de terreos a varios veciños e todos sabemos da complexidade que esto supón.
Pero o que non se pode é dicir que en poucos dias "así que pasen as choivas imos a arranxar o problema".
O noso Alcalde debería ter previstas alternativas antes de facer as cousas pero no Concello no están para eso. Aínda que neste caso a prolongación da Rua Pacheca estaba prevista moitos anos antes de cambiar a dirección única a av. da Pastora.

4 de noviembre de 2013

ADEUS "PROFE" AMELIA





Foto "A ti meu Cambados"

O sábado un dia de choiva, gris e triste despedimos a "profe" Amelia. Deus ou quen fora tivo a amabilidade de que ese dia nas derradeiras horas de Amelia sobre a terra abrírase un claro. 
SeiS anos no colexio de A Pastora coma membro da Anpa e dous deles coma membro do Consello Escolar fixeron que tivera un trato con ela máis cercano cecáis que outros pais.
Nese tempo coñecín a unha muller tremendamente amante do noso idioma e autora de varios libros de texto de galego xunto con Olga Martínez e Begoña Pérez. 
Recordo coma resumía as enquisas que o equipo de Dinamización Lingüística mandaba para que os pais completáramos na casa e que as veces deparaba uns datos bastante tristes. Recordo a ilusión que lle poñía a "as Nosas Letriñas" para os que non sepades este é un proxecto impulsado polo colexio para levar a os máis cativos o "Dia das Letras Galegas" con autores vivos e con unha obra máis aproximada a sua idade. E que contou coa presenza de autores galegos que pasaron pola Pastora para que os críos os coñeceran.

        

Como non destacar tamén a sua labor coa revista do centro "COGUMELOS"



No seu funeral podíase ver gran cantidade de mozos e mozas, algúns deles ex alumnos e de seguro que Amelia coma profesora de Audición e Linguaxe correxiu a algúns deles/as esas "erres" mal pronunciadas ou outros pequenos problemiñas aos que prestaba moita atención e que trataba de correxir. 

Foise unha gran mestra, gran nai, gran muller e gran compañeira e amiga. 
                              
                                         ATA SEMPRE AMELIA




Artigo relacionado AS NOSAS LETRIÑAS



16 de agosto de 2013

ROMARÍA DA PASTORA ESTE FIN DE SEMANA EN CAMBADOS






A festa da Virxe da Pastora vaise celebrar este fin de semana.

Los Cacikes en concerto
O  sábado a noite a partir das 22 horas VII Queimada gratis no Monte da Pastora,  Todos os asistentes están convidados , coa actuación en directo dos grupos M80 e  “LOS CACIKES” un grupo que  versionan a grupos da talla de Deep Purple e Leed Zeppelin, Bon Jovi, Whitesnake, Ozzy Ousborne, Queen  ou Guns and Roses.

 No que respecta a o domingo o día  comenzará o día coa alborada a cargo de Os Carballeiras e a Agrupación “Con de Xido” acompañados pola Banda de música Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia.
 As 12.30 h. misa solemne cantada pola Coral Santa Mariña de Cambados.Xa pola tarde as 19hrs, misa e a continuación procesión polos lugares de costume acompañada polo grupo de Baile de Con de Xido.

 Pola noite Gran Verbena amenizada por Satélites da Coruña e Dúo Músical Colores.

20 de diciembre de 2012

OS REIS MAGOS CHEGARON XA A CAMBADOS




Coma todos os anos e grazas as xestións do ANPA do colexio “A PASTORA “ de Cambados os Reis Magos acudiron a sua cita anual cos nenos e nenas deste centro escolar.


Viñeron cargados de agasallos e de chuches.

As doce do mediodía apareceron Gaspar, Melchor e Baltasar coas suas vestimentas de gala e cos seus camelos que deixaron na entrada do recinto para tristura dos pequen@s a os que lle facía moi ilusión velos.



Cada rapaz puido falar un anaco coas suas Maxestades e lembrarlles o que pediran por carta, por si a misiva non lles houbera chegado por calquer motivo.
 A algún costoulle un chisco acercarse ata as suas Maxestades, houbo quen botou algunha paquena bágoa.
Coma sempre as peticións dos nen@s foron do máis variado dende as bonecas típicas ate as Monster High, xogos de mesa, cousas relacionadas con Hello Kitti e moitas outras máis cousas.
Os Reis no viñeron coas mans valeiras e deixaron para o colexio duas motos, unha especie de canastra, pas, pelotas e unha cociña cos seus complementos e tamén unha bolsa con golosinas para cada alumn@.
Agardemos que este dia tan especial para os cativos sexa extensible para todo o ano.