AS NOSAS LETRIÑAS
 |
| CONTACONTOS |
Dentro do mes das Letras Galegas no colexio E.E.I. A Pastora de Cambados os alumnos e alumnas teñen diversas actividades.
Durante este mes os rapaces coñecerán un pouco da vida de Valentín Paz
Andrade persoaxe principal deste ano.
A máis destacada sexa cecais a denominada "As nosas letriñas".
Dende fai varios anos,cinco en concreto, as mestras pensaron que para nenos tan pequenos as figuras a quen se lle adicaban o Dia Das Letras Galegas non eran as máis indicadas pola a sua idade e polo tanto propuxéronse adicarlle dunha maneira diferente a autores que tiveran relación coaliteratura infantil máis acorde coa idade dos rapaces.
 |
| FINA CASALDERREY |
Polo centro pasaron autores coma Mon Daporta, Ramón Caride,o ilustrador Eduardo Baamonde e o ano pasado
Chema Heras. Este ano 2012 estará no colexio Fina Casalderrey, prolífica autora de literatura infantil. Entre a 2ª e 3ª semán de maio estará exposta no
centro a obra de Fina Casalderrey. O dia 25 é a data sinalada para a visita e os rapaces faranlle preguntas e falarán con ela. Os rapaces que teñan libros da autora poderán levalos para que llos asine.
 |
| MON DAPORTA |
Pero isto é tan so unha parte da programación do centro para este mes. O pasado dia 8 tivo lugar unha charla para os pais e titores dos rapaces impartida por Emilio Insua e que levaba por título "A importancia do Plurilinguismo a idades temperás". Unha charla amena e moi didáctica.
 |
| RAMON CARIDE |
Haberá tamén un concurso de lemas en defensa e un maior uso do noso idioma para os estudantes de 5º e 6º curso.
O dia 16 as profesoras organizan unha xornada no que algúns rapaces
recitarán poemas e cantarán cantigas, os maiores do colexio interpretarán a obra de "Dona Carme" en teatro de sombras e cantarán un conto encadeado sobre o libro "A Amora" versionado polo grupo Fiadeiro. Todo elo co punto en común de autores aos que se lle adicou un dia Das Letras Galegas.
Haberá tamén intercambio de contacontos co CEIP de Castrelo (Cambados) e tamén están invitadas a participar as familias e os nenos nas sesións de contacontos
Como vedes unha programación moi completa e variada para introducir a os nosos cativos neste fermoso e tantas veces denostado idioma.
 |
| Foto de portada do blog da EEI A PASTORA |