Cambados Zona Centro presentou unha nova edición da feira de oportunidades que organiza cada ano. Será os dias 17, 18 e 19 de agosto cando no Paseo da Calzada poderemos atopar moda xove, infantil, de dona e cabaleiro, calzado, deportes, electrodomésticos e incluso unha exposición de material náutico (ademáis un aire mariñeiro e estará decorada con dornas e aparellos). Esta última condición de Portos de Galicia para ceder os espazo
A presentación contou coa presencia de Juan Rey, presidente de Zona Centro, Xurxo Charlín e Constantino Cordal, concelleiros do Concello de Cambados, e Augusto Chaves, xerente da asociación Esperanza Salnés.
Contaremos deste xeito con 3 días de oportunidades, con descontos de ata o 60 e o 70 %, polo que tódolos visitantes poderán realizar as súas compras a moi bos prezos.
O evento contará tamén con animación musical para contribuír ao ambiente festivo e haberá hinchables, como en anos anteriores para os máis pequenos cos que se recadarán fondos para a Asociación Esperanza Salnés.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.