Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

16 de agosto de 2018

II FEIRA MEDIEVAL EN CAMBADOS



Esta fin de semana, os días 17, 18 e 19 de agosto, Cambados viaxará á Idade Media coa celebración da segunda edición da súa feira medieval, encadrada dentro da programación da Festa do Albariño.
Trátase dun evento organizado polo Concello e a Asociación Rapiñas do Salnés-Cetrería, que realizará exhibicións de numerosas aves entre as que se inclúen buhos, aguias ou falcóns.

Os asistentes poderán observar  exhibicións de aves rapaces ou mercar nos postos de artesanía.
Ademáis tamén haberá concertos de música medieval, actividades infantís e espectáculos de fogo e malabares.
Con esta edición preténdese consolidar unha celebración que o ano pasado tivo moi boa acollida. «Este ano organizamos con máis tempo e haberá mellores espectáculos de fogo e musicais, así como máis postos de venda», asegura o concelleiro de enoturismo, José Ramón Abal. Ademais, repartiranse 1.000 euros en agasallos entre os mellores disfraces medievais.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.