Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta Cambados Zona Centro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cambados Zona Centro. Mostrar todas las entradas

1 de diciembre de 2020

CAMPAÑA DE NADAL 3X2 DE CAMBADOS ZONA CENTRO


Cambados Zona Centro pon en marcha unha campaña denomidada 3×2 que se vai a rexer polas seguintes bases.

A asociación Cambados Zona Centro e o Concello de Cambados, poñen en marcha, baixo o lema 3×2 esta campaña, que se leva a cabo co obxectivo de contribuír á reactivación dos sectores comercial e hostaleiro de Cambados, incentivando a compra nos establecementos asociados para axudar deste xeito á superación dos efectos secundarios provocados pola pandemia provocada polo COVID-19.

A campaña desenrolarase entre o 01/12/2020 e o 05/01/2021

A asociación aportará a cantidade de 6.000 euros para a emisión dunha partida de 600 lotes de vales compra, por valor de 30 €, repartidos en tres vales compra de 10 euros cada un deles. Deste xeito, asegúrase un investimento de 18.000 euros que repercutirán directamente nos establecementos asociados a Cambados Zona Centro.

O custo de adquisición para os clientes será de 20 €, obtendo un valor en vales compra de 30 €, asumindo por tanto a asociación 10 euros por lote de vales compra.

Os vales compra poderán trocarse en calquera dos establecementos e negocios asociados a Cambados Zona Centro.

Para beneficiarse de esta campaña os clientes deberán adquirir os vales compra nos seguintes puntos de venta:

As oficinas da asociación Cambados Zona Centro (Rúa Nova, 4 • Telf. 986 52 09 02 #742 )

Seguros Juan Rey (Avda. de Vilariño, 41 • Telf. 986 54 26 86)

Seguros J Noval (Rúa Os Píos, 1 Bajo – esquina Rúa A Mariña • Telf. 986 07 18 51)

Así mesmo, tamén se admitirán reservas a través a paxina web https://cambadoszonacentro.com, 

Se o importe da compra é inferior ao importe do vale non se devolverá efectivo. Igualmente, os vales non son cambiables por diñeiro. No caso de que se produza unha devolución o establecemento deberá emitir un vale polo importe íntegro da compra, sen cartos en efectivo.

Os establecementos asociados que reciban estes vales, deberán entregalos nas oficinas da asociación, acompañados de copia dos tickets ou facturas de venta, para o seu abono. Sen a copia do ticket de compra e dos vales non se fará efectivo o pago.

A participación na campaña supón a aceptación das presentes bases.


31 de julio de 2020

PRESENTADA A FEIRA DE OPORTUNIDADES 2020 DE CAMBADOS

Zona Centro organiza unha nova edición da Feira de Oportunidades na que se vai a controlar o cumprimento dás normas de seguridade derivadas da crisi sanitaria que estamos a vivir e que tanto afectou o comercio local.
Celebrarase do 14 ao 16 de agosto no paseo da Calzada. Nesta ocasión o recinto estará cercado e terá unha única entrada e saída, e contará con persoal que faga cumplir as normas de seguridade.
Nesta edición participan 27 expositores, dos cales vinte serán de empresas locais, neles poderás atopar todo tipo de artigos, na súa maioría dá industria téxtil. A feira funcionará de xeito continuado de 11 a 23 horas.

29 de abril de 2020

CAMBADOS BONIFICA COMPLETAMENTE O IMPOSTO DE TERRAZAS E REDUCE AO MÍNIMO LEGAL O DE LIXO ÁS EMPRESAS

O Concello de Cambados segue traballando para axudar ao comercio local a reactivar a súa economía e, adiantándose a reapertura das súas portas en vindeiros días, os concelleiros Xurxo Charlín, Fernando Patricio e Samuel Lago volvéronse a reunir telemáticamente cos representantes de Zona Centro, Juan Rey e Javier Paz para informarlles das medidas xa tomadas polo Concello de Cambados
En canto as medidas económicas, o concelleiro de Economía e Facenda, Xurxo Charlín, deu conta das bonificacións fiscais que o concello ven de consensuar coa ORAL. Inicialmente o concello bonificara completamente o imposto de terrazas dos locais de hostalería dende que se procedeu o seu peche e ata que poidan volver a abrir de xeito normal unha vez finalice o estado de alarma. En canto o imposto do lixo, só se cobrara o mínimo esixible por lei por ter o local pechado, que ascende a 29 euros o trimestre, en lugar dos 150 euros trimestrais que se lle cobra ós comercios ou dos 200 euros que se lle cobra os bares e cafetarías de menor tamaño.
Esta medida afectara tanto aos negocios que tiveron que pechar por lei coma os que solicitaron o cese por facturación con independencia da actividade económica que veñan desenvolvendo. O Concello de Cambados esta a estudiar a posibilidade legal de non cobrar nada por este imposto pero, unha vez consultado coa ORAL, esta e a medida máis favorable que se puido tomar actuando conforme a lei, quedando pendente das negociacións que esta tendo a FEMP para modificar o tributo a nivel estatal e poder aplicar unha exención total na taxa do lixo mentres dure o estado de alarma.
Para facer un comercio máis seguro tanto aos propietarios coma aos seus clientes de forma sanitaria e hixiénica, o concello de Cambados adquiriu 200 litros de xel hidroalcohólico e 6.000 mascarillas desechables para entregar a tódolos comercios locais, e que van ser distribuidos por Zona Centro a todo o Comercio Local, con independencia de que formen parte da asociación ou non.

Aumento da superficie das terrazas e información na prevención

No tócante as terrazas dos locais de hostalaría, dende o Concello de Cambados vaise estudiar un a un cada establecemento, para valorar a posibilidade individualmente de permitirlle ampliar a zona de ocupación da terraza mantendo o mesmo numero de mesas, e desta maneira aumentar as garantías sanitarias, sempre e cando manteñan os porcentaxes de ocupación das mesmas que establece o goberno do estado.
Ademais o Concello e Zona Centro realizarán unha campaña publicitaria na que reúna tódalas medidas a aplicar (distanciamento, hixiene, etc.) na próxima apertura dos locais comerciais e que vai ser repartida polos comercios xunto coas medidas de protección e prevención que se lles facilitara aos comerciantes. Dende o Concello e Zona Centro non recomendan aos donos dos negocios que incorran en ningún gasto para as medidas de prevención ata que dende o estado as dite de forma clara e concisa.
Con estas reunións, o Concello de Cambados e Zona Centro quere impulsar o comercio local e animar a veciñanza a mercar nun comercio máis seguro que as grandes areas comerciais nas que se producen aglomeracións de xente nas que a propagación do virus e máis sinxela.


26 de abril de 2020

CAMPAÑA DÍA DA NAI DE CAMBADOS ZONACENTRO

A asociación Cambados Zona Centro e o Concello de Cambados poñen en marcha unha campaña de dinamización con motivo da celebración do Día da Nai que se celebra  o vindeiro domingo 3 de maio.
As entidades organizadoras queren agradecer a colaboración e a afouteza dos cidadáns nestes momentos de incerteza, lembrándolles que o comercio de proximidade está unido fronte a esta adversidade que supón o coronavirus, e mantense á espera da reapertura dos nosos establecementos unha vez conclúa esta situación de alarama.
Para elo, poñemos en marcha a campaña #agasallomama, que se celebrará integramente en redes sociais, entre o 26 de abril e o 3 de maio, e que seguirá os seguintes  pasos:
1.- Aquelas persoas que desexen participar deberán realizar unha manualidade, debuxo, fotografía ou vídeo, co motivo da celebración do Día da Nai.
2.- Deberán compartir a súa creación a través das redes sociais, acompañando a súa publicación do hasthtag #agasallomama
Entre todos os participantes sortearanse 225€, repartidos en tres vales compra, (100, 75 e 50€) para ser consumidos no comercio e hostalería local. O sorteo realizarase o luns 4.


3 de marzo de 2020

ZONA CENTRO PRESENTOU A CAMPAÑA DO DÍA DO PAI


No dia de hoxe tivo lugar o acto de presentación da campaña do Dia do Pai para o presente ano 2020 que con motivo da referida celebración vai a levar a cabo a asociación Cambados Zona Centro en colaboración co Concello de Cambados.
Para a presente campaña, a asociación repartirá entre os seus clientes, un total de 30.000 boletos de participación, cos cales, os clientes dos diferentes establecementos asociados poderán optar a un dos premios da campaña.
Nesta ocasión os premios serán  de 600 euros en vales compra, repartidos como segue: 1 premio de 200 euros; 2 premios de 100 euros; 4 premios de 50 euros.
Ademais teremos un premio especial que consistirá nunha estancia en Asturias para unha familia, na que, ademais do aloxamento, os gañadores poderán disfrutar dunha entrada para o parque de Cabárceno.
O Sorteo da campaña realizarase o mércores 25 de marzo ás 13:00 horas na sede da asociación (Rúa Nova, 4).
No acto, celebrado na sede de Zona Centro, estiveron presentes o Presidente da asociación Cambados Zona Centro, Juan Rey, xunto co Concelleiro de Economía do Concello de Cambados, don Xurxo Charlín.


28 de febrero de 2020

UN PRÓXIMO EVENTO TRAE A CAMBADOS A UNHA DAS MELLORES BANDAS NACIONAIS


O domingo 29 de marzo estarán en Cambados Aullido Atómico. Máis adiante concretaremos lugar e hora. Ata agora so podemos decir que se trata da banda sonora dun evento que organiza o concello de Cambados e Zona Centro.
Coa súa acidez e ironía intactas pero penetrándose en novos territorios sonoros reaparecen os valencianos Aullido Atómico ao ritmo de 'O Corte Inglés', o primeiro adianto do novo traballo que saleu a principios deste mes, ' Hedonismo'. Despois de 'Decadencia' ( Folc Records, 2017), o trío formado por Don Rogelio (voz, guitarra), Jussi Folch (baixo, coros) e Quique Gallo (batería, coros) volve á autoedición cun álbum feito en casa-gravado no Maco, situado na Vall d' Aigües Vives ( Alzira)-, moitos amigos involucrados e a vontade de saírse lixeiramente da etiqueta de trash & roll.

Unha saída que xa se percibe neste primeiro aperitivo -no que cantan "veo arder la fachada del Corte Inglés, veo caer el imperio a la tarde"-, que conecta co seu pasado á vez que abre a porta a esa transición na cal non decae a forza das letras de Don Rogelio, autor tamén da portada de 'Hedonismo'.

Agora presentan a súa xira que os traerá a Cambados.
¡GIRA HEDONISMO!
20/03 - Tarragona, Míster Mojo
21/03 - El Vendrell, Ambigú
26/03 - Ourense, Café Cultural Auriense
27/03 - Pontevedra, Liceo Mutante
28/03 - Vigo, Kominsky


29/03 - Cambados

30/03 - Escairón, Sala Avenida
31/03 - Vitoria, El Parral
01/04 - Irún, Lakaxita
02/04 - Bilbao, Shake
03/04 - Pamplona, Nebula
04/04 - Madrid, Trash Can
16/05 - Valencia, 16 Toneladas
20/06 - Barcelona, Meteoro



11 de febrero de 2020

ZONA CENTRO PRESENTA UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA CAMBADOS NAMORA


Cambados Zona Centro presentou hoxe unha nova edición da campaña “Cambados Namora” coa que pretende dinamizar o consumo no comercio local de cara á celebración do Día dos Namorados 2020.
Como en anteriores edicións, a campaña incentivará o paseo polas rúas do municipio, instalando zonas photocall coas palabras “Cambados”, “Bicos”, “Amor” e “Love”, que servirán como escenario para conseguir un dos dous premios da campaña.
O primeiro, unha escapada romática valorada en 100 euros. O segundo, unha cea romántica nalgún dos establecementos asociados valorada en 60 euros. Para iso, os interesados terán que subir unha foto co hashtag #cambadosnamora a Facebook, Instagram ou Twitter nalgún dos puntos antes mencionados. As dúas fotos con máis “Me Gusta” serán as gañadoras do concurso.
BASES


12 de enero de 2020

PREMIADOS EN CAMBADOS NO SORTEO DA CAMPAÑA DE NADAL DO CONSORCIO DO COMERCIO DO SALNÉS


Hoxe sábado día 11 de xaneiro, tivo lugar o sorteo da campaña do Nadal 2019 do Consorcio do Comercio do Salnes, que repartía entre os clientes dos establecementos asociados un total de 8000 euros en premios.
No que atinxe á asociación Cambados Zona Centro, os premios ascendían a 1.400 euros, e resultaron repartidos do seguinte xeito:
–  Vale de 300 euros: para Pilar Vieites pola súa compra en Lencería Vanely.
–  Vale de 200 euros: para Mila Fernández, pola súas compras en CEPSA EESS.
–  Vale de 200 euros: para Mercedes Iglesias Pérez, pola súa compra en Traviata.
–  Vale de 100 euros: para Maria Yeni Oubiña, polas súas compras en Eroski Center.
–  Vale de 100 euros: para Mª Cruz Romero, polas súas compras en Decoraciones Silcos.
–  Vale de 100 euros: para Raquel Baños Iglesias polas súas compras en Librería Contos.
–  Vale de 100  euros: para Monica Mero, polas súas compras en Prize.
–  Vale de 100 euros: para Mercedes Cacabelos polas súas compras en Atmósfera Sport.
–  Vale de 100 euros: para Adriana Fernandez polas compras realizadas en Cativos.
–  Vale de 100 euros: para Alicia Bua Pintos por ser usuaria de Aquafit – Piscina Municipal.
A entrega dos premios celebrarase o vindeiro Mércores 15 día 18, ás 13:10 horas, na sede da asociación Cambados Zona Centro no edificio municipal da Rúa Nova, número 4.
Indicar que o premio especial do Consorcio, de 1200 euros, recaiu nun veciño de Sanxenxo, a quen lle será entregado o vindeiro sábado.



24 de diciembre de 2019

PREMIOS DO CONCURSO DE DEBUXO “POSTÁIS DO NADAL” 2019




Onte Luns 23,  ás 12:00 horas, no Salón de Exposicións José Peña de Cambados, levouse a cabo o acto de entrega dos premios do concurso de debuxo “Postáis do Nadal” 2019.
Na edición deste ano os gañadores foron:
1º premio: Gabriela Chaves Oubiña de 6º curso do colexio de CEP Antonio Magariños. 
2º premio: Carla Martínez Torres de 6º curso do colexio CEIP de Corbillón
3º premio: Nora Galiñanes Otero de 1º curso do colexio CEIP de San Tomé.

Dende o Concello lembran que o Campamento  Urbán do salón José Peñá estará aberto ata o dia 3 de xaneiro (excepto domingos e festivos), en horario de mañán e de tarde.
Entre as actividades que se realizarán, ademáis dos diferentes talleres e inchables, cabe destacar:
– Luns 23 ás 17:00 horas: actuación dos Bolechas
– Martes 24: Visita de Papá Noel, na que os nenos poderá disfrutar dun recorrido no Tren polas rúas do Concello acompañados de Papa Noel.
– Tódoslos días: Scape Room e xogos de realidade virtutal.
– Martes 31:  Festa de Fin de Ano coas 12 badaladas e os lacasitos da sorte.
– Venres 3 de xaneiro:  a partir as 18:00 horas, Festa de Fin de Campamento con Baile Infantil e Chocolatada.
Recordarn igualmente, que o sábado 11 de xaneiro terá lugar o sorteo da campaña comercial da asociación Cambados Zona Centro, que se desarrolla en conxunto coas restantes asociacións de comerciantes do Salnes que forman o Consorcio do Comercio do Salnes, e que na edición deste ano sortean un total de 8.000 euros en vales compra.
Aproveitan a ocasión así mesmo para desexarnos a @s cambades@s un Bo Nadal e un ventureiro ano novo.


14 de noviembre de 2019

ZONA CENTRO PRESENTOU A QUINTA EDICIÓN DO SEU DESFILE DE MODA


Cambados Zona Centro presentou onte a quinta edición do desfile de moda que contará coa participación dunhas vinte tendas que mostrarán as súas novidades para a campaña outono-inverno. O evento celebrarase no Salón José Peña o día 24 de novembro, a partir das 18.00 horas.
O desfile contará cun pase especial que conmemora a Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Ademais do desfile, haberá outras actividades como unha ludoteca para os máis pequenos.
O evento foi presentado no salón de plenos do Concello de Cambados polo presidente de Zona Centro, Juan Rey, acompañado do concelleiro de Economía, Xurxo Charlín.

27 de agosto de 2019

ZONA CENTRO CALIFICA COMO EXITOSA A FEIRA DE OPORTUNIDADES


Cambados Zona Centro pechou con éxito de organización e asistentes o fin de semana da Feira de Oportunidades. Segundo os datos recabados pola asociación, os comercios participantes mostraron a súa satisfacción coas cifras de negocio alcanzadas e esperan volver en próximas edicións.
Desde a asociación de comerciantes queren agradecer a colaboración do Concello, que achegou preto de 15.000 euros, que foron destinados a labores de limpeza, instalación das carpas, aseos públicos e intendencia.



8 de agosto de 2019

FEIRA DE OPORTUNIDADES, FEIRA GASTRONÓMICA E FESTAS DE SAN ROQUE E A PASTORA


A Asociación de Comerciantes Cambados Zona Centro celebra un ano máis a Feira de Oportunidades os vindeiros días 15, 16 e 17 de agosto no Paseo da Calzada.
Nesta edición participarán 29 comercios, en gran parte de Cambados, que venderán roupa, calzado, complementos, material deportivo, fogar e mesmo alimentación con descontos para impulsar o comercio local e dar a coñecer os seus productos.
A Feria de Oportunidades de Cambados estará aberta durante os 3 días en horario ininterrumpido de 11:00 da mañá a 23:00 horas da noite.
Este ano a fin de semana con máis festas de Galicia, en Cambados ademáis da Feira de Oportunidades contaremos  cunha carpa para as I Xornadas Gastronómicas con productos do mar de Cambados para colaborar económicamente cos clubes deportivos do municipio, nesta edición co Club de Ximnasia Rítmica Grand Jeté, e amenizar as xornadas de compras.
E como non as festas de San Roque e da Virxe da Pastora.
Aparte dos actos relixiosos estas duas comisións deleitannos con verbenas e concertos.

SAN ROQUE:

XOVES 15
- D' PERLAS
- GRUPO ARENA


VENRES 16
- ORQUESTA ABANICO
- CACHE


A PASTORA:

SÁBADO 17
-SUFRE MAMÓN (Tributo a Hombres G)
-ASÍ SI
-LA BANDA DE MAZINGER

DOMINGO 18
-CHARLESTON BIG BAND



20 de julio de 2019

PULSEIRA IDENTIFICATIVA PARA NEN@S PARA EVITAR SUSTOS DURANTE A FESTA DO ALBARIÑO


pulseira-identificativa-albarino


Pulseira identificativa para os máis pequenos
A mención á seguridade é unha das que máis se repite cando se fala da vindeira Festa do Albariño. Nesta liña, o Concello de Cambados e Zona Centro presentaron tamén hoxe unha pulseira identificativa para nenos onde os seus pais poderán incluír o nome do pequeno xunto ao número de teléfono ao que se debería chamar no caso de que o menor se perdera.
Estas pulseiras, distribuiranse a través do Concello durante a propia festa, na Oficina de Turismo, no Punto Morado e na propia Policía Local. Para recollelas o adulto responsable deberá acudir a calquera destes tres puntos acompañado polo seu fillo ou filla e solicitalas alí mesmo.


19 de julio de 2019

PRESENTADO O CONCURSO DE CAMISETAS DO ALBARIÑO





Zona Centro presentou esta mañá o XII Concurso de Camisetas do Albariño 2019, un evento que reparte 600 euros en premios para as tres camisetas máis orixinais da LXVII Festa do Albariño.
Como en anteriores edicións, serán admitidas a concurso todas as camisetas que sexan entregadas antes das 13:30 horas do venres 2 de agosto nas oficinas da Asociación, situadas na rúa Nova nº 4 (antiga biblioteca).
Ademais do concurso de camisetas, Zona Centro presentou unha iniciativa destinada a seguridade dos máis pequenos durante a festa, unhas pulseiras identificativas que servirán de gran axuda no caso de que un menor perda o contacto visual cos seus pais ou titores. As pulseiras estarán a disposición dos que precisen delas na oficina de Zona Centro, na oficina de Turismo e, durante a festa, no Punto Morado.

BASES XII CONCURSO DE CAMISETAS DO ALBARIÑO (2.019)
A Asociación Cambados Zona Centro, C.C.U. de Cambados, convoca a 12ª Edición do “CONCURSO DE CAMISETAS DA FESTA DO ALBARIÑO”, e que ten por finalidade fomenta-la creatividade e a participación das persoas asistentes a esta gran Festa do Albariño.
1. PARTICIPANTES.
Poderán presentarse a este concurso tódolos grupos que o desexen, non existindo ningún importe de inscrición por presentarse ó concurso. A persoa que inscribe ó grupo, e que recollerá o premio no caso de ser gañadores, debe ter como mínimo 18 anos de idade.
2. TEMÁTICA.
Liberdade nos temas (parodias típicas do albariño), sen que se poida ofender de ningunha forma a calquera persoa física ou xurídica.
3. INSCRIPCIÓN NO CONCURSO.
Cada grupo de participantes deberán depositar:
– A folla de inscrición cuberta.
– 1 camiseta, para que o xurado poida facer a valoración pertinente.
Asociación Cambados Zona Centro
Rúa Nova, 4
36.630 – Cambados (Pontevedra)
Tfno.- 986 52 09 02 ext.- #742
info@cambadoszonacentro.com
4. LUGAR DE ENTREGA E DATA DE PRESENTACIÓN.
– O lugar de entrega da folla de inscrición e a camiseta é nas oficinas da Asociación, situadas na rúa Nova nº 4 (antiga biblioteca), en horario de 9:00 a 14:00 horas.
– O último día para realizar a inscripción é o Venres 2 de agosto ate as 13:00 horas.
5. XURADO.
O xurado estará composto polos socios e directivos da asociación Cambados Zona Centro.
6. PREMIOS.
Establécese os seguintes premios en vales compra :
1º PREMIO: 300,00 €
2º PREMIO: 200,00 €
3º PREMIO: 100,00 €
7. ENTREGA DE PREMIOS.
Este premio será entregado ó grupo gañador o sábado día 3 de agosto no Concello de Cambados as 12:30 horas, expoñendo ante os medios de comunicación as camisetas gañadoras do concurso.
8. MÁIS INFORMACIÓN.
Oficinas da asociación Cambados Zona Centro
Rúa Nova nº 4 (antiga biblioteca)
Horario: 9:00 a 14:00 horas.
Tlf.: (986) 52 09 02 (ext.: #742) e_mail: info@cambadoszonacentro.com



9 de julio de 2019

CONCERTO EN FEFIÑÁNS O DÍA DE SANTA MARIÑA


Zona Centro e o Concello de Cambados colaboran na dinamización do conxunto histórico con un concerto do grupo Manso e Amigos que terá lugar o vindeiro xoves 18 de xullo, festividade de Santa Mariña, na praza de Fefiñans.
Un concerto que non se celebraría nesta data si unha comisión de festas ou o propio Concello organizaran unha verbena para celebrar o día de Santa Mariña na plaza do concello.
Ao non existir unha comisión de festas o normal sería que o Concello organizase esa parte lúdica da celebración. De persistir a ausencia de comisión a que debería ser unha festa para todos os cambadeses quedará somentes en actos relixiosos.
E nesto o concello debería entrar e organizar a parte lúdica da festa. Agardemos que para o 2020 as cousas muden.




10 de mayo de 2019

NÚMEROS PREMIADOS NO SORTEO DA CAMPAÑA DO DÍA DA NAI




A nova sede da Asociación Cambados Zona Centro acolleu esta maña o sorteo de números gañadores da campaña do Día da Nai 2019, na que se reparten 600 euros en vales desconto.
Os números premiados son:
200 € para o 28.025
100 € para o 14.975
100 € para o 33.285
50 € para o 15.139
50 € para o 31.231
50 € para o 34.534
50 € para o 35.999




24 de abril de 2019

ZONA CENTRO PRESENTA A CAMPAÑA DO DÍA DA NAI


Cambados Zona Centro presentou hoxe a campaña do Día da Nai, na que se van a sortear 600 euros en vales de compra. Como novidade nesta edición, os clientes no terán que cubrir a papeleta cos seus datos personais, posto que todas as papeletas están numeradas e so será necesario presentala para reclamar os premios que serán sorteados o venres 10 de maio.


O acto de presentación contou coa presenza dos concellerios Tino Cordal e Xurxo Charlín.

Bases da Campaña DIA DA NAI 2019

1.-         Á presente campaña ten por obxecto incentivalas ventas con motivo da celebración do Dia da Nai, mediante o sorteo de 600 euros, repartidos como segue:

– 1 vale compra de 200 €.

– 2 vales compra de 100 €.

– 4 vales compra de 50 €.

2.-         Os vales compra poderán ser consumidos en calquera dos establecementos asociados a Cambados Zona Centro.

3.-         Dos vales non se devolverá cambio, e terán como límite para o seu consumo o 30 de xuño de 2019.

4.-         Os establecementos que reciban estes vales, deberán entregalos nas oficinas da asociación, acompañados de copia dos tikets ou facturas de venta, para o seu abono.

5.-         Cada establecemento recibirá 200 rifas, numeradas do 10.000 ao 40.000, que repartirá entre os seus clientes co límite de 5 por compra. Tendo en conta este límite, cada establecementos poderá repartir as rifas segundo o seu criterio (prégase o seu reparto de xeito axeitado e responsable).

6.-         Non poden participar na campaña os propietarios dos establecementos asociados, así como tampouco os seus empregados ou familiares directos con rifas do seu establecemento.

7.-         As matrices das rifas deben ser entregadas nas oficinas da Asociación, antes das 14:00 horas do dia 10 de Maio.

8.-         O sorteo realizarase o venres 10 de maio, ás 14:00 horas, na sede da asociación (Rúa Nova, 4).

9.-         Os clientes poderán consultar os números premiados a través na páxina WEB da asociación (www.cambadoszonacentro.com), no seu facebook, ou ben a través dos asociados, quen despois do sorteo recibirán, no seu correo electrónico, un listado cos números gañadores.

10.-       Os gañadores deberán poñerse en contacto coa asociación para recoller o seu premio. O prazo para reclamar o premio é de 15 días dende o sorteo.

11.-       A participación na campaña supón a aceptación das presentes bases.

28 de marzo de 2019

O DESMARKET REPARTIRA BOLSAS GRATIS ÁS CEN PRIMEIRAS COMPRAS E EMITIRASE EN STREAMING


O Desmarket, mesturará no Salón José Peña comercio, moda e deseño con obradoiros, música en directo e espazo gastronómico. Trinta locais e marcas emerxentes cambadesas participan nesta proposta.
Polo que se van a agasallar entre as primeiras cen compras que se fagan no Desmarket cunha bolsa de tela do evento co grafismo do mesmo, estas bolsas van ser tamén vendidas no propio evento a un prezo de 3 euros e a recadación da venta vai ser en beneficio da asociación a Naiciña de Cambados. Tratase dunha nova asociación creada en Cambados e desta forma dende o Concello de Cambados e da Asociación Zona Centro queren colaborar con esta nova entidade sen animo de lucro que se está a constituír en Cambados.
Por outra banda o Desmarket vai contar con emisión en streaming dos concertos que se van a realizar durante o evento, que se van a celebrar a fin de semana do 29 ao 31 de marzo no Salón J.Peña de Cambados, este sistema de emisión vai ser grazas a tecnoloxía da empresa R que ven de dotar ao Salón de Congresos de conexión a Internet de Banda Ancha cunha mellor conexión a Internet de alta velocidade e que vai permitir a retransmisión en Internet deste tipo de eventos. Así os veciños que non poidan acudir ao Salón de Congresos J.Peña, poderan ver na web do Concello todas as actuacións que se realicen no evento.

26 de marzo de 2019

O COMERCIO DE CAMBADOS ORGANIZA "DESMARKET" PARA SER REFERENTE DO SECTOR NA COMARCA

O Desmarket que se celebra o 29,30 e 31 de Marzo no Salón J.Peña é un evento onde participan emerxentes, tendas, música, influencers e contara con Obradoiros de moda e catas
Cambados busca iniciativas diferentes para promocionar o seu comercio local. Concello e Zona Centro propoñen unha actividade innovadora na contorna organizada pola empresa Nordelaina. Chámase Desmarket, e mesturará no Salón José Peña comercio, moda e deseño con obradoiros, música en directo e espazo gastronómico. Trinta locais e marcas emerxentes cambadesas participan nesta proposta.
O Desmarket celebrarase a fin de semana do 29 ao 31 de marzo, e participarán influencers e instagramers de diferentes puntos de todo o estado e con máis de un millón de seguidores nas redes sociais. No Desmarket tamén haberá espazo para a mellor música, con zonas para concertos en directo, sesións de micrófono aberto e Dj´s. Así o domingo 31 de marzo, ás 13:30h actuaran Los Vinagres, o sábado 30, ás 13:30h van actuar Monoulious DOP, e tamén o sábado 30, pero xa pola tarde, ás 20:00h contaremos con Tulip, que seran a banda sonora de 3 días de compras nos que participarán as mellores tendas de Cambados, marcas emerxentes, xunto a obradoiros sobre moda e visitas de influencers chegados de diferentes partes do país.
Micro Aberto e Catas de Viño Albariño, Cervexa e Vermú
Sabela Trigo vai a estar no Desmarket e vai a participar no “micro aberto”. Sabela, natural de Cambados, ten 18 anos e é estudante. Principiante na música pero con moito futuro. Recentemente pasou a preselección para as “audicións a cegas” do programa La Voz e sabemos que isto solo é o comezo! Sesións de Micro Aberto nas que tamén participara Soyxur, Xurxo, que é natural de Lira, é un cantante de 20 anos que participou en programas de cadeas como Disney Channel (My Camp Rock, Star contra las Fuerzas del Mal, etc.), Telecinco (La Voz Kids, Más Que Baile, Cántame una Canción, etc.) ou na TVG. Actualmente atópase preparando o que será o seu primeiro traballo como solista.
Por outra banda Enoturismoriasbaixas.com vai organizar Catas de viño, cervexa e vermú durante o evento. Así para aquelas persoas que queiran participar nestas Catas programadas e gratuitas, teñen que anotarse no propio stand que vai ter no Desmarket na zona Gastro esta empresa emerxente de Cambados.
O Venres 29, ás 18:00 horas celebrarase a primeira cata de Viño Albariño da man de “Desconcierto” de Cambados Urban Winery, SL. Unha bodega Boutique de Cambados que naceu co compromiso de transmitir a exclusividade de seu “Terroir Cambadés” e o resultado da combinación do autóctono, tradicional e contemporáneo na elaboración dos seus viños, entendendo a singularidade como medio diferenciador. Tamén o Venres, pero ás 19:00 horas vaise celebrar unha Cata de Cervexas das Marcas “Mahou e Alambra”. Onde os asistentes poderán catar as distintas cervexas que se presentan da man dun mestre cervexeiro.
O Sábado 30 de Marzo, ás 11:30 horas haberá unha cata do Viño Albariño “Paco & Lola” da Sociedade Cooperativa Vitivinícola Arousana. A imaxe distinguida e arriscada, as ganas de saír do establecido e a creación dunha marca de recoñecemento mundial convertéronse nos tres piares da filosofía Paco & Lola. Fieis a esta filosofía convertéronse nunha das adegas de maior recoñecemento da D.O. Rías Baixas. Tamén o Sábado, pero ás 13:00 horas imos ter outra Cata de Viño Albariño, neste caso da Adega “Mar de Frades”, un viño con toques salinos e que conta con máis de 60 hectáreas de viñedo na comarca do Salnés e que esta a ser un dos referentes na DO Rías Baixas pola calidade dos seus caldos.
Xa no Domingo, ás 13:00 horas os asistentes ao Desmarket poden participar nunha Cata de Vermú, neste caso da man de Lodeiros, un vermú de moda e galego. Aínda que nunca se foi, estamos a vivir unha época de recuperación da cultura do vermú. É unha bebida que se converteu en tendencia. A aparición de novas marcas de vermú no mercado así o indica.