Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta ENCHUFISMO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ENCHUFISMO. Mostrar todas las entradas

5 de mayo de 2016

O PSOE ACUSA A PORTOS DE GALICIA DE ENCHUFISMO









O PSOE enarbora no Parlamento unha carta do Colexio de Enxeñeiros que denuncia como a praza de enxeñeiro en Portos de Galicia acabou outorgada a unha licenciada en Dereito ex-deputada do Partido Popular.




A  deputada  do Grupo Socialista, Noela Blanco, acusou a Portos de Galicia de acumular un caso máis de enchufismo. A socialista lembroulle onte á Xunta no Parlamento que o Goberno “ten recibido unha denuncia do Colexio de Enxeñeiros de Camiños logo de darlle a praza de xefa de área de Portos Deportivos sen convocatoria pública”.
Segundo os datos difundidos polo PSOE en base a carta do Colexio, a ‘enchufada’ sería unha licenciada en Dereito que foi tenente de alcalde e deputada co PP. Os socialistas non facilitaron o nome da presunta enchufada. Pero si decimos que é de O Grobe e que cando saleu da política local foi substituída pola sua parella..............
A versión do PSdeG relata que a gañadora da praza conseguiu o seu posto nun concurso que “por primeira vez non tivo convocatoria pública e en competencia con catro enxeñeiros, cando precisamente ata este ano a convocatoria sempre incluíu como requisito a titulación técnica de enxeñería de Camiños, Canles e Portos”.
Por outra banda, Blanco reclamou á Administración que asuma as responsabilidades políticas pertinentes logo das sentenzas xudiciais que constatan as irregularidades nas oposicións ao corpo superior celebradas en 2010. Blanco presentou unha pregunta oral na Comisión Institucional do Parlamento na que cuestionou os procesos selectivos do goberno galego.
O Tribunal Supremo constatou recentemente nunha sentencia  falla de control, obxectividade e indefensión das persoas que denunciaron os resultados daquelas oposicións pola arbitrariedade na resolución dos seus recursos administrativos previos.





7 de octubre de 2015

"OS ENCHUFES" DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA







Aparecía hoxe no xornal "LA VOZ DE GALICIA" información sobre o enchufismo na Deputación Provincial durante o mandato de Rafael Louzán. A continuación podedes ver un pequeno resumo dun artigo de "EL PAÍS" de abril do 2007 sobre este tema.

Non pode ser froito da casualidade nin dos baremos da cualificación profesional, senón máis ben dos compromisos políticos dun presidente, Rafael Louzán, que, bordeando os límites das competencias que ten atribuídas como máximo responsable da Deputación de Pontevedra, elixiu por maioría a xente do seu pobo para cubrir postos de confianza e aquelas prazas que parecen feitas á carta para os seus veciños máis incondicionais. Hai máis de 40 contratados con esa procedencia. Os municipios da comarca do Salnés foron, en proporción, os máis favorecidos.

AMIGOS POLÍTICOS, NOIVOS E DEMAIS FAMILIA

Cinco candidatos do PP nas anteriores eleccións en Ribadumia, incluída a alcaldesa, cobran soldo da Deputación Provincial de Pontevedra.
Dos 24 membros da xestora local do partido, polo menos 11 están contratados ou teñen algún familiar, noivos incluídos, na institución provincial.
Rafael Louzán espera unha subida importante de votos nos municipios do Salnés, onde o PP ten unha das súas principais canteiras electorais.
Ademais dos empregos, algúns recibiron importantes subvencións para ampliar as instalacións dos seus negocios privados.
Tamén ten praza na Deputación Provincial a muller do alcalde do Grove, onde un irmán do presidente oposita a unha praza de ordenanza.
A filla do axente electoral de Louzán en Arxentina atopou así mesmo emprego 
na deputación.

Fontes do Partido Popular adiantaban o mesmo día en que o expresidente da Deputación de Pontevedra Rafael Louzán deixaba o seu cargo -tras doce anos nel-, o pasado 1 de setembro, que seguiría «realizando labores de asesoramento e coordinación como presidente provincial do partido, dada a súa importante traxectoria e experiencia á fronte do ente provincial». O luns fíxose efectivo este anuncio, e Louzán Abal era nomeado oficialmente asesor do grupo na institución pontevedresa. Ocupa así una das tres prazas que corresponden aos populares.


Este nomeamento, un cargo de confianza, permitiralle non volver ao seu posto de funcionario como conserxe no Concello de Ribadumia. 





2 de julio de 2015

FULARES ESTÁ TRISTE ¿QUE LLE PASA A FULARES?







FULARES ESTÁ TRISTE ¿QUE LLE PASA A FULARES?
Por  RICARDO DOMINGUEZ REY  
Cóntanme as miñas “gargantas profundas” que dende o pasado dia 13 de xuño, Fulares non é o mesmo, que velo pola rúa e  está como ausente; véselle mais apagado, mais tristón, menos home  ¿que lle pasa a Fulares?.  
¿Será que non se puido recuperar aínda da perda do seu cómodo e  desafogado posto? Ah!! ¡¡Que lonxe parecen quedar xa aqueles días nos que Fulares acompañaba a Aragunde a tódolos sitios, da igual que fose un concerto de Julio Iglesias que a inauguración  dun pilón para lavar roupa en calquera das parroquias cambadesas!!
Nunca chegamos a saber moi ben a que se dedicaba Fulares, unicamente que, a tódolos cambadeses,  custáballe mais de 30.000 euros anuais simplemente  pola “cara” aínda que sexa neste caso, todo hai que dicilo, unha cara ben “guapa” e “atractiva”.
E, quizais, teña motivos para estar preocupado: neste momento a unica que traballa é a súa compañeira e, mal que lle pese,  hai que seguir pagando as letras do piso, da moto e, como non, seguir comendo (e agora xa non hai dietas do concello) e vestíndose  ( e a ser posible ben e de marca).   
Incluso hai quen me asegura que o viron rezándolle a Fátima  na Iglesia  de Fefiñans, pero non a Virxe de Fátima que se venera en Portugal, tras aparecerse a tres pastoriños no ano 1917 senón a alcaldesa Fátima Abal para pedirlle que non deixen de contar coa súa moza no Concello.     
Todos os que me coñecedes sabedes que Fulares nunca foi prato do meu gusto porque representa o que mais aborrezo na política, o de crear un posto totalmente  inútil e prescindible, unicamente para “enchufar” ao pelota de turno pero, sendo sincero, non podo evitar ter algo de pena por Fulares porque o rapaz tampouco era malo de todo.
Botaremos en falta velo por Cambados coa súa axenda e o seu smartphone  na man;  ese smartphone que se resistía a deixar, xa que era de uso profesional e facilitado para tal fin e que, contan as malas linguas, que intentou pasar á súa titularidade.

Desexámoslle, de corazón,  a Fulares que  atope pronto unha ocupación acorde ás súas aptitudes, non sabemos que aptitudes ou méritos son estes pero esperemos non ter que velo nun traballo “indigno” para a súa clase e categoría; el merécese un traballo no que se poida seguir a “pavonar”, no que se vexa que é un home de mundo e que ó  mundo debería de estarlle agradecido por ter nacido.
Dura situación a súa e, porque non dicilo, tamén dura situación a do insigne Benito Leiro pero como se di nestes casos “¡¡sempre se van os mellores!!”; outros tiveron mellor sorte,  mirade senón, ao ex alcalde  Aragunde: foi perder a alcaldía e xa o “colocaron” na Deputación ....si é que “o que vale, vale” aínda que sexa vale  para facer “bulto”.
Mentres tanto Fulares non perde o tempo e xa o podemos atopar nas redes sociais, iso si cun perfil falso, criticando ao novo goberno municipal, sen ni sequera darlle a os cen primeiros días de graza.
Antes de despedirme quero darlle unha mensaxe positiva a Fulares e animalo, sempre pode atopar outro político que necesito un “canciño faldeiro” e nesa tarefa  non hai ninguén  mellor ca el.         
UN SAUDO A TODOS  RICARDO DOMINGUEZ REY   

  

10 de marzo de 2015

ADEGUEIROS EN PE DE GUERRA






Nunca unha obra subvencionadas pola Diputación dou para tantas reunións no despacho do Alcalde de Cambados. 
Como dixo Jack "the Ripper", imos por partes.
A obra en cuestión ou duas máis ben, son a renovación integral do pavimento e na construción de beirarrúas nunha marxe da vía, que dá acceso ao colexio, o campo de fútbol de Burgáns e a adega Martín Códax que está por executar e outra xa feita como foi o asfaltado dun camiño lateral a adega antes mencionada. Segundo algún veciño, o Concello quere expropiar terreos aos veciños para as beirarrúas sen pagar un euro.
Os pequenos adegueiros levan moito tempo queimados coa corporación local, polo que consideran unha burla sistemática cara as pequenas adegas.

So hai que recordar os continuos desplantes que reciben os pequenos adegueiros. A viaxe, acompañando ao Alcalde, a Italia do Concelleiro de Obras, xerente dunha adega, para tentar defender a candidatura de Cidade Europea do Viño 2014, ou estas obras que facilitan os accesos a Martín Códax e son rápidamente solucionados, pero que cando se trata das peticións dos pequenos adegueiros non se atenden teñen a xente "moi queimada".
Por certo este concelleiro foi defenestrado na sua función como edil de Obras e Urbanismo", toda vez que non aparece cando se fala de obras en Cambados.

 Imaxe:"Alza La Voz"
Xa en varias ocasión escribimos do malestar desta xente como a frase que lle espetou un deles a Aragunde: "....cos votos da miña casa non contes" ou as visitas que últimamente recibe de adegueiros no seu despacho. Curioso foi ver dias atrás a tres adegueiros que coincidiron de forma individual as portas do seu despacho para falar de temas relacionados coas suas adegas, e pedindo a solución a problemas de acceso. Hai que lembras que estas adegas están situadas nas parroquias cambadesas e na sua inmensa maioría teñen os accesos moi limitados polo escaso interese que despertan no goberno local.

Pero como sempre boas palabras e poucas ou ningunha acción. 





4 de marzo de 2015

CAMBADOS SI PAGA "TRAIDORES"





DA SERIE: “ESTOMAGOS AGRADECIDOS Ó  PP CAMBADES”
BENITO LEIRO: DE INSIGNE “PLUMILLA” A PATÉTICO E HIPÓCRITA VOCEIRO DO ALCALDE ARAGUNDE
POR RICARDO DOMINGUEZ REY


Hai un personaxe do que fai moito tempo que quería falar e que tamén forma parte do grupo de parasitos que viven a conta de tódolos cambadeses, sen que saibamos moi ben cal é a súa labor,   este  non é outro que o actual xefe de prensa do concello, o ínclito Benito Leiro.     
Debo aclarar que aquí non vou criticar o pasado “glorioso” como periodista do sr. Leiro nin o seu estilo a hora de escribir (Deus me libre de tal cousa) nin, tampouco,  a súa faceta persoal; seguramente Benito Leiro será unha belísima persoa, un excelente pai e un amigo dos seus amigos, iso por descontado. Eu aquí o que  amosarei é a inutilidade do cargo que ocupa, un cargo que lle custa mais de 35.000 euros anuais ás arcas cambadesas e que é totalmente prescindible; do mesmo modo, e como sinalo no título, amosarei ata que punto unha persoa pode chegar a ser  hipócrita  á hora de acomadarse na poltrona pública,  á vista do que dixo e pensaba no pasado e de como acabou actuando posteriormente.
¿Como chegou Benito Leiro a xefe de prensa (ou, si preferides o termo,  asesor de comunicación) do concello de Cambados?  Fagamos un pouco de historia: unha vez que Tourís accedeu ó cargo de alcalde de Cambados, pola inhabilitación de Santiago  Tirado, buscou, dende un principio, distanciarse, no  estilo, do seu antecesor; unha maña, lendo a prensa enterouse  de que o concello de Vilagarcía de Arousa contratara os servizos do entonces periodista  de “La Voz de Galicia”  Manuel Villaronga como asesor de comunicación i, entón, Tourís como sempre se caracterizou por ser  unha persoa mediocre que ten que compararse cos demais pensou: “¿acaso vou ser eu menos que o alcalde de Vilagarcía?”  decidindo, por tanto,   contratar a Benito Leiro, que o coñecía, entre outras cousas, de coincidir na súa etapa de estudante de bacharelato e que non facía moito  que  gañara o premio “Julio Camba” de xornalismo. Nese momento, o xornalista vilanovés, non se atopaba traballando para ningún medio en concreto, despois de que o  “Faro de Vigo” decidise prescindir dos seus servizos. Xa teño comentado en mais dunha ocasión a importancia que lle daba o acomplexado de Tourís a todo o que de el se escribía:  unha das primeiras cousas que facía,  cando chegaba pola maña ao seu despacho municipal, era revisar todo o que de el ou do concello se publicaba na prensa dese dia e, para tal efecto, un funcionario municipal dedicábase, dende primeira hora, a ler todos os xornais e fotocopiar todas as referencias que aparecesen por mínimas que fosen; o resto da historia é coñecida por todos: cando Tourís deixou o cargo de alcalde, tras ser nomeado delegado provincial da Xunta, Benito Leiro “pasou a mans” de  Luís Aragunde; mais adiante intentaremos aclarar  cal é a labor que aparenta levar a cabo o sr. Leiro no concello e a que se dedica realmente pero agora deixádeme que vos faga unha pregunta con malicia ¿queredes saber cal é a opinión da política e dos políticos que ten  o sr. Leiro?; dado que  o asesor de prensa do concello foi contratado por un cargo político e, ante o mesmo ten que responder, pois é o seu superior, cabria esperar que tería unha opinión positiva da política; pois ben, queridos amigos,  prestade atención ao que Benito Leiro pensaba da política e dos políticos no ano 1995, lelo, por favor, porque a cousa “ten miga”:
“Se queres dedicarte á política renuncia á túa conciencia. Négate a ti mesmo e abraza con fervor a fe dogmática do teu partido. Dilúete como un moco no magma do rabaño adocenado. Non penses  por libre, deixa que outros pensen por ti. Obedece as consignas como un credo indiscutible. Móstrate sumiso ós caprichos do teu lider. Recorda que todo llo debes a el. (...) Aprende a mentir procurando que non se note. Esquece a coherencia.(...) apúntate sempre ó carro do triunfador. (...)  Faite con tódolos subsidios, subvencións, favores e prebendas que che veñan a man.( ...)”  
(Faro de Vigo, 1995)
Pois si,  amigos, isto é o que opinaba o asesor de comunicación do concello de Cambados  dos políticos, por tanto, non deixa de resultar, cando menos, curioso que acabara traballando para alguén que describe tan despectivamente; supoño que a explicación será que cando hai que comer tódolos días, ás veces, temos que esquecernos da nosa ideoloxía e do que dixemos no pasado   ¿verdade Benitiño?.  Despois de ler o que acabamos de ler sobre todo a parte onde di “Aprende a mentir procurando que non se note. Esquece a coherencia.” penso que, o adxectivo co que o definín ao comezo de “hipócrita,  venlle que ni pintado; por certo, Benitiño, unha pregunta retórica ¿ti na túa relación con Aragunde tamén “móstraste sumiso aos  seus caprichos”? non fai falta que me contestes xa me imaxino a resposta.
Tamén chamoume a atención a parte onde di “se queres dedicarte a política( ...) Faite con tódolos subsidios, subvencións, favores e prebendas que che veñan a man” con tales pensamentos   non debería  estrañarnos que acabase traballando para Tourís.


Pero si pensabades que isto fora unha reflexión illada do sr. Leiro, unha idea que nada tiña que ver coa súa ideoloxía, filosofía  ou crenzas,  prestade atención ao que propoñía esta “eminencia”, en outubro de 1997 para frear electoralmente   a Manuel Fraga, daquela presidente da Xunta:
“(...) Aquí haria falta un Partido Radical que planteara opciones novedosas y sugerentes. Un grupo político que nos rescate del hastío, que nos sorprenda con alternativas sugerentes como la despenalización de las drogas, o la normalización del puterio, o bien la rebaja de salarios a los cargos politicos. Ya sé que parece una locura, sobre todo esto último, pero luego que no se vengan quejando si todo sigue igual y el Efecto F de Fraga vuelve a imponerse porque los votantes prefieren lo malo conocido que lo bueno prometido (...)”
Aínda que non o creades isto que veño de reproducir dicíao o actual asesor dun alcalde do PP, e dígoo dicíao porque suponse que xa non pensará igual ¿ou si?; igual xa pensa como un político e aplica o axioma que comentabamos anteriormente, en concreto, o de “Aprende a mentir procurando que non se note”; por certo, Benitiño, gústame moito cando dis o de  “alternativas sugerentes como (...)  la rebaja de salarios a los cargos políticos”. O que me leva a facerche a segunda pregunta retórica do dia:  ¿apreciado vilanovés, segues pensando que é unha alternativa suxerinte a rebaixa de salarios a cargos políticos ou como ti tamén agora es un cargo político e chupas da teta da administración pública quizais xa non pensas igual? Encantaríame saber a  túa  resposta aínda que está claro  cal é a mesma...... ¡¡ai Benitiño, Benitiño!!  ¡que malas son as hemerotecas ti mellor que ninguén  deberías  de sabelo!; por certo, como lle digan a Aragunde que chamaches a Fraga “malo conocido” tenche un mes seguido sacándolle brillo a insigne estatua do ministro franquista.
Por certo, Benito, ¿que queres dicir cando falas de “la normalización del puterio”? eu non é que saiba moito de casas de putas (moi preto de onde estas ti hai auténticos profesionais do tema) pero senón o sabes a prostitución  en España non é unha unha actividade ilegal; e incluso algún cambades “ilustre” pode facerche unha ruta turística polos da recta da Goulla.
           Por poñer un exemplo mais do que dicía  Benito Leiro, cando era un espírito libre, rebelde  i exercía de  azote dos políticos e que, de seguro, pouco o nada terá que ver co que pensa actualmente (ou polo menos manifesta publicamente) ......  ¿queredes saber que opinaba sobre o asunto de que a Praza de Fefiñans, (probablemente un dos conxuntos histórico- artísticos mais importantes de Galicia)  siga aberta ao tráfico rodado? Lede con moita atención:
“(...) Para estos trotamundos de la guia roja, (unha guía turística británica) la cambadesa Fefiñans place es un peligro para los peatones. Y no les falta razón porque cualquier conductor foráneo que entre en el empedrado deberá adivinar por donde prosigue la carretera y los peatones tampoco saben por donde pueden pasar a salvo de los cars, puesto que no existe señalización alguna. Es lógico que un visitante perspicaz se dé cuenta de esta confusa situación e incluso sugiera peatonalizar la plaza (solución que muchos apoyamos hace tiempo)”.
Alégrome de que o asesor de comunicación   defendese   a postura que vimos reclamando moitos cambadeses de pechar a Praza de Fefiñans ao tráfico rodado  aínda que me da a sensación que, como no resto  dos comentarios que vimos de ver, no momento que Benito Leiro  se “politizou” ,  como bo vasallo “adoptou a postura do seu líder”  e de seguro que agora é un acérrimo defensor do que diga e faga Aragunde neste tema.  Podería seguir poñendo exemplos de “onde dixen  digo digo Diego” de Benito Leiro pero tampouco quero aburrirvos.
Chegados a este punto moitos estaredes preguntándovos a que se dedica o xefe de prensa e a resposta é ben sinxela: basicamente a tocarse os “cataplines”........ que o concello de Cambados teña un xefe de prensa  é algo tan absurdo como  si montasen na nosa vila unha estación de tren si que haxa sequera unha vía férrea e a forma de comprobalo e ben sinxela: coller o xornal durante, por exemplo, os dous últimos meses,   e mirar as noticias na que se fale de Cambados e do seu concello ¿cantas requiriron da xestión dun xefe de prensa?; en todo ano as xestións dun asesor de comunicación nun concello  como o noso, contaríanse cos dedos dunha man e  aínda así sobrarían dedos, practicamente a Festa do Albariño, ao mellor,  algunha exposición e  pouco mais; o resto das noticias  que xorden do concello, poderían despacharse, tranquilamente, cunha simple  nota de prensa que ata un incompetente como Aragunde podería redactar; dende logo hai poucas persoas que traballen no concello que teñan un “choio” tan acomodado como o de Leiro (quizais Fulares); como xa temos comentado en algunha ocasión,  ao que se dedica, no moito tempo libre do que dispón o “gabinete de comunicación” é a ler todo o que publicamos os blogs críticos da vila e, tamén, a espiar os perfiles  das redes sociais para saber quen é crítico co goberno municipal, que os apoian etc.   Si de verdade, Benito Leiro, non estivera “burocratizado” e  quixera xustificar o seu soldo  de   asesor de comunicación, podería comezar por enxeñarlle a  Luís Aragunde a expresarse e  a parecer minimamente intelixente cando fala ante os medios; lembro unha entrevista, fai aproximadamente un ano e medio, do alcalde no programa “Pleno Aberto” da televisión local  “Canal Rias Baixas” onde Aragunde lembrábame moito a ese mal estudante que o dia anterior ao exame “sopranlle”  as preguntas e,  no mesmo, contéstaas de carretilla:  o presentador do programa aínda non acabara de facerlle a pregunta e Aragunde xa estaba contestando non soamente a esa pregunta senón tamén a seguinte, houbo un momento no que ao entrevistador soamente faltoulle dicir: “espere polo menos a que lle faga a pregunta senón vanse  dar conta que as coñecía de antemán”, en resumen, simplemente  patético.
Aínda que sendo xustos, tamén hai que destacar  unha labor que leva a cabo o asesor de comunicación e que non é outra que dar a cara cando a Aragunde dálle risa ou, simplemente, dálle vergoña:  fai algo mais de medio ano, cando se proclamou a coroación como rei de Felipe IV , dende o concello, algunha “mente brillante” tivo a ocorrencia de solicitar a Casa Real de que no concello, en vez de colgar a foto oficial do novo rei, se colgara unha foto na que saia coa capa de cabaleiro e unha copa de viño na man; non vos vou a contar o “recochineo” que se montou, simplemente, a modo de resumo dicirvos que  un xornal de tirada nacional, na súa edición dixital, colgou a nova con sarcasmo i este titular: “¿Puedo poner a Felipe VI bebiendo albariño”? ridículo é a palabra que se me veu a cabeza; pois ben, ¿queredes saber quen saíu nos medios para defender tan absurda proposta? Efectivamente ¡¡o noso flamante asesor de comunicación!!”; a pesar do esperpéntico da situación deixádeme que me poña serio e pregunte ¿realmente o concello de Cambados non ten problemas moito mais importantes para acudir a Casa Real que con esta “parida”? sen comentarios.  (seguro que aínda sae algún parvo dicindo que iso foi positivo para promocionar o albariño).
Hai tempo que  vimos denunciando o gasto que supón para as arcas municipais, os cargos  asignados “a dedo” no concello como o que hoxe nos ocupou; cargos que supoñen un custe para o concello superior aos 200.000 euros anuais; despois pasa o que pasa que o concello non ten un peso e hai que desangrar, por exemplo, aos hostaleiros, esperemos que estes, entre outros, nas próximas eleccións municipais abran os ollos e pensen ben a quen van votar.                
             UN SAUDO A TODOS
    RICARDO DOMINGUEZ REY      
NOTA PARA BENITO LEIRO: Querido Benito como sei que leras isto déixame que che diga que si queres rebaterme calquera cousa das que aquí digo, non te prives e o fagas, ben a través da opción dos comentarios deste blog, ou no meu perfil de Facebook que eu estarei encantado de debater contigo; si prefires facelo en privado podes chamarme temos suficientes amigos en común que che poden facilitar o meu teléfono; eu pode que non teña o teu curriculum nin sexa un licenciado en ciencias da información (supoño que como “bo asesor de comunicación” ti o es ¿ou quizais non?) pero eu, dende logo, todo o que escribo o defendo e non me teño que  retractar  para comer ...ao mellor ti non podes dicir o mesmo.   




12 de febrero de 2015

A RPT DE PREMIOS E CASTIGOS



A nova RPT do Concello de Cambados "premia" a algúns traballadores e "castiga" a outros.

Subidas de máis de 1.000, 2.000 e ata 3.000 euros anuais, e baixadas de 1.000 euros aproximadamente para "operarios de zona" esto é varredores, para entendernos, que aínda subindo de nivel ven como os seus salarios merman.
E como se fai para subir ou baixar os soldos?
Que diferencia hai entre uns interinos e outros para que se lles suba o salario a uns e a outros se lles baixe?
A todas estas preguntas é deber do equipo de goberno respostar, pero coma sempre quedaremos coas dúbidas.

Segundo fontes cercanas ao concello existe un malestar enorme entre boa parte do persoal do Concello, por un lado pola baixada de soldos sumada xa a anteriores baixadas e segundo porque xa se fan a idea de que o Partido Popular pode perder as próximas eleccións, e o persoal interino ve como se esfuman as promesas por parte do alcalde de facelos fixos, por outro lado existe unha fuga de xente no Partido Popular, uns en desacordo coa nefasta maneira de gobernar do alcalde e outros por promesas incumpridas por parte deste. Sabido é que o señor Aragunde é coñecido por "Si Si", e a gran maioria deses "si sis" remataron no olvido ou en excusas baratas, esa xente xa perdeu a confianza nel e non esta disposta a seguir apoiando nin tan sequera a volver a darlle un so voto. 

A continuación podedes ver o cadro de postos de nova creación e vacantes.


OCUPANTE . DENOMINACION                           ACTUAL                   NOVO
                                                                (14 PAGAS)             (14 PAGAS)

N.  CREACIÓN  XEFE DA POLICÍA LOCAL                                         12.320,82  
N.  CREACIÓN OFICIAL POLICÍA LOCAL                                             9.766,67
N.  CREACIÓN TÉCNICO DE ARTE                                                    5.637,81 
N.  CREACIÓN  DELINENANTE                                                         5.705,93 
N.  CREACIÓN  O.  ADMINISTRACIÓN                                               5.524,60 
N.   CREACIÓN O.  ADMINISTRACIÓN                                               6.423,96
V.   OFICIAL POLICÍA LOCAL                              8.036,53                  9.766,67
V.   TÉCNICO DE XEST. CULT. E DEP.                  9.047,72                10.298,48  
V.    RESP. ALMACÉN E MANT. MEC.                    6.929,54                  6.929,54 
V.   OFICIAL 2ª XARDINERO                               6.929,54                  6.929,54 
V.   OFICIAL 2ª XARDINERO                               6.929,54                  6.929,54 
V.   OFICIAL 2ª CONDUCTOR- MAQ.                    6.929,54                  6.929,54
V.   OFICIAL 2ª CONDUCTOR- MAQ.                    6.929,54                  6.929,54 
V.   OFICIAL 2ª MANTEMENTO                            6.929,54                  6.929,54 
V.   OPERARIO SERVIZOS                                  6.929,54                  7.506,74 
V.   OPERARIO DE ZONA                                    8.036,53                  6.929,54 
V.    LIMPADOR DEP. MUNICIPAIS- COOR.             3.156,72                 3.499,27 
V.    OPERARIO VIXIANTE                                   6.908,82                 6.908,82 
V.    CONSERXE-LIMPADOR DE COL. PÚB.              3.499,27                 3.499,27  

Por suposto estes non son os soldos definitivos, como comprenderes haberá que sumar complementos trienios e todas esas cousas, ademáis de horas extras.

Ninguén traballa por 4.000 euros divididos en 14 pagas.

A todo esto hai que engadir 27 interinos, moitos dos cales ven reducido o seu soldo e persoal de confianza que non aparece no listado e dos que descoñecemos o seu soldo.
Por certo porque algúns empregados do concello mudan o nome do que renegan para sair nesta lista?   






10 de febrero de 2015

A NOVA rPPt ESTÁ FEITA AO GUSTO DO ALCALDE E NON DE CAMBADOS



UN ARTIGO DE VÍCTOR CAAMAÑO

Hoxe o PP, de seguro en solitario, aprobará a súa RPT; xamais será mellor dito: a súa. O BNG xa adiantou que votará en contra, mais non argumentando razoamentos legais, senón alegando razóns políticas de suficiente calado como para considerar inaceptable o documento elaborado polo PP para o concello de Cambados. Porque este documento xurde para beneficiar a unha serie de traballadores/as afíns ao partido de goberno municipal e, tamén, para cubrir as costas ao alcalde nas irregularidades que nos últimos anos veu realizando, tratando de evitar os reparos de Intervención no pago de gratificacións e complementos de produtividade nada xustificables. Esta é a verdadeira e principal razón pola que o BNG non está dacordo co documento presentado polo PP. Cambados non terá unha RPT en función das necesidades para un bo funcionamento do concello, co cal estase a perder unha oportunidade única que redundaría no beneficio de veciñas e veciños.
Víctor Caamaño
Ademais as subidas de soldos ao mencionado persoal, foron acompañadas da suba  a outro persoal, para conseguir unha maioría de traballadores que apoiara o documento final presentado. Como pode xustificar o PP que nun momento onde o paro asola aos veciños/as e a maioría dos traballadores non poden chegar a fin de mes (grazas ás reformas do PP, por suposto), o concello suba os soldos, de xeito xeneralizado, por motivacións políticas. Con este tipo de actuacións comprobamos, unha vez máis, as incoherencias do PP e do seu concepto de austeridade.
E o BNG tampouco entende como para presentar esta modificación da RPT foi necesario contratar a unha empresa privada, pois afirmamos que cun par de técnicos municipais e os representantes dos/as traballadores/as, podería terse abordado esta tarefa con mellores resultados e, sobre todo, teríase dado unha auténtica negociación e non unha chantaxe por parte do concello-empresas: “isto é o que hai” (a metade da representación dos sindicatos maioritarios non asinou a proposta). A participación da empresa só serviu para tentar dar unha falsa imaxe de imparcialidade pois, neste caso, o que se fixo foi trasladarlle á empresa a proposta da alcaldía para que esta buscase unha xustificación aos obxectivos marcados politicamente (creáronse, á medida, uns baremos ou criterios para xustificar uns obxectivos marcados politicamente).

Por certo, á empresa contratada, loxicamente tamén habería que pagarlle e, como se comproba, para certas cousas, desde o concello de Cambados non se repara en gastos; semella que xa levan tempo percibindo  brotes verdes.



23 de enero de 2015

TRÁFICO DE INFLUENCIAS, AMIGUISMO, ENCHUFISMO ...........




Que o tráfico de inflencias e tratos de favor están a orde do dia xa é sabido por todos, pero o que imos contar agora roza, ou directamente é delito.
Imaxinade que unha persoa ou empresa fai un traballo para un concello, o nome do concello non é o importante, e que esa mesma empresa ou persoa ten que certificar certos traballos dun traballador dese concello.

Que o traballador obtivera unha boa calificación, imaxinamos que non tería nada que ver.
Que ese traballador cada certo tempo ten que facer un traballo fora do seu horario normal pero que entra nas suas funcións e sexa recompensado por elo, non parece normal.
E que enriba o seu xefe lle conceda permiso ou el o colla porque lle peta, para que o dia seguinte de realizar ese traballo, poida ausentarse sen problemas tampouco é normal.
 Imaxinade que todo esto é certo, que haberá que facer?.



22 de enero de 2015

O CLUB CAMBADES DOS “COME – PIROLAS”




DA SERIE:  ENTRAÑABLES PERSOAXES QUE TE PODES ATOPAR POLO POBO


Ricardo Domínguez
O CLUB CAMBADÉS DOS “COME–PIROLAS”  

POR RICARDO DOMINGUEZ REY


Hoxe, queridos amigos, quería falarvos dunha figura típica da paisaxe  cambadesa; unha figura que, a medida que o PP levaba gobernando mais e mais tempo en Cambados, creceu en cantidade e calidade e que  non é outra que a figura do “Come Pirolas” cambadés.
O primeiro de todo debo aclarar que o nome non ten, en absoluto, ningún matiz sexual nin pornográfico;  cando falo de “Come Pirolas” non me refiro a que alguén  (xa sexa home ou muller)  practique a  succión ou felación do membro masculino dun terceiro senón que a expresión é unha metáfora dunha persoa rastreira, pelota co poder para intentar acadar un beneficio  de dita relación e  para tal fin non lle importará deixar atrás ideoloxías, crenzas ou, mesmamente,  amizades;  o importante para o “Come Pirolas”  é lograr o seu beneficio propio. Si aínda así algún cabaleiro e, sobre todo, algunha señora síntese molesta por tal expresión laméntoo na alma pero considero que a palabra é  a mais acertada.  
¿Queredes saber  o que me molesta a min realmente? A min o que me molesta    é que haxa rapaces moi preparados que están no paro ou que  teñen  que emigrar porque non son fillos de algúns dos “Come Pirolas”  que  si acaban enchufando aos fillos  no Concello, na Deputación ou en calquera outro organismo ou empresa “amiga”; a  min  o que me molesta realmente é  que, por un lado, o Concello diga que non hai cartos para as axudas escolares das familias mais necesitadas  mentres  por outro non lle importa gastar un “pastón” na estatua dun ministro ex franquista soamente para contentar a catro “Come -Pirolas”; a min o que me molesta  realmente é escoitar nunha entrevista ao alcalde dicir que moitas veces  cando os veciños  vanlle contar os seus problemas económicos por mor da crise fai que se sinta tan mal que iso lle quita as ganas de comer por non poder facer nada e, despois, ver como se gastan miles e miles de euros no Xantar do Albariño  para invitar a ducias, por non dicir centos, de “Come Pirolas”  que, en todo o ano,  soamente se lembran de Cambados ese dia.  A min o que me molesta  realmente é  ver a xente no meu pobo   durmindo en caixeiros automáticos ou rebuscando comida nos contenedores do lixo  e ver que o Concello apenas inverte en políticas sociais  e, por riba, escoitar a catro “Come  Pirolas”   como escoitei dicir   que non importa “que  total, soamente, son xitanos e indixentes”.  
Pero volvamos ao tema que nos  ocupa hoxe:  o club dos “Come Pirolas” cambadeses; “Come Pirolas”  hai moitos e aquí veremos algúns,  e   vamos a comezar por un dos mais representativos  por non dicir o mais grande de todos eles   e que non é outro que  Fulares.
De Fulares xa temos  falado “largo e tendido”  pero é que o personaxe en cuestión, como acabamos de dicir,   é o exemplo mais representativo do “Come Pirolas” cambadés; unha persoa de esquerdas e progresista na súa xuventude que, no colmo do cinismo,  un dia comezou a facerlle “a rosca” a Aragunde, a ser o seu “perrito faldero” e, grazas a iso,  aí o tedes hoxe en dia, ben colocadiño, cobrando tódolos meses  uns 2.000 euros  aínda que non saibamos  moi ben a que se dedica;  tamén, por extensión, parentesco e  mimetismo podemos darlle a o título de “Come Pirolas”  a súa parella, pois ela tamén está ben “colocadiña” como non podía ser de outra maneira e que, tamén, no seu caso, ainda non saibamos que méritos fixo para lograr tal posto.   
Tamén entra nesta clasificación de “Come Pirolismo” ese funcionario que un bo dia cambiou de partido político como quen cambia de calzóns e  xurou fidelidade eterna á dereita; quizais, por iso, ese funcionario tiña o “salvoconduto”  para marcharse do seu posto de traballo a unha da tarde e retornar “ben cargadiño” as dúas e media, xusto para fichar e marcharse para a  casiña; un “Come Pirolas” que se valeu  do seu cargo para facer “chanchullos” e que si non o chimparon a rúa foi por pena;  un  “come pirolas” que  tamén é moi habitual atopalo en  canta inauguración se produce, na cola do séquito para aplaudir ben forte cando corresponda; o mais “caralludo”  de todo é que este “Come Pirolas” encima tiña a desvergoña de querer darnos sermóns e leccións  de “cidadán exemplar” ...¡manda carallo!.
Chegado a este punto, queridos amigos,  moitos  estaredes preguntándovos : pero, ¿o “Come Pirolas” cambades nace ou se fai? A resposta pode dar lugar a unha divagación filosófica, a resposta mais sinxela é que hai “Come Pirolas” que nacen e outros, como o que veremos a continuación, que se fan...... un “Come Pirolas” que chegou  no seu dia coa bitola de persoa humilde e coa bitola  de loitar e defender á xente do mar (¡como nos enganou a todos!) para, tras a súa “conversión” ao “Come Pirolismo”,  acabar vendendo  e traizoando a esa nobre xente do mar  por un miserable posto (e así lle foi);  a este “Come Pirolas” poderíase  aplicarlle aquela frase lapidaria: “Roma no paga a traidores”.
Tamén, como non podía ser doutro xeito, neste club de “Come Pirolas” non nos podemos esquecer desa muller  “ignorantiña” e guapa a partes iguais, que aínda esta por acabar de ler o primeiro libro pero o cal non foi óbice para levar “chupando” do conto da política media vida sen aportar nada,  aparte deses “modelitos” tan “fashions”  e que tivo os “santos ovarios” aínda por riba, de criticar aos funcionarios que protestaban, con razón, polas medidas de recortes que estaban i están a sufrir; está claro que a beleza é o cinismo nesta “Come Pirolas” atópanse a partes iguais.
Finalmente non podemos esquecernos de incluír  neste club de “Come Pirolas”, a algúns  dos energúmenos que o 3 de setembro de 1986 foran a protestar fronte ao Concello de Cambados, que daquela gobernaba Xoán Antonio Pillado Silvoso, por unha subida da urbana; subida que non era responsabilidade do entonces alcalde; pois ben, ¿onde estaban eses mesmos “Come Pirolas”  cando o Partido Popular chegou ao poder e fixo unha subida xeneralizada das taxas e impostos locais? ¿por que non protestaron entón coa mesma ansia? Por certo, algúns deses Come Pirolas que tanto protestaban entón  teñan aos fillos  “colocadiños” no Concello e na Deputación  ... ¡vivir para ver!.
Espero que esta breve exposición  servise para coñecer un pouco mais a figura do “Come Pirolas” cambadés, de ser así considerarei o tempo ben empregado.
   

Un saúdo a todos.
           RICARDO DOMINGUEZ REY