Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta B.N.G.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta B.N.G.. Mostrar todas las entradas

8 de noviembre de 2017

O B.N.G. DE CAMBADOS TAMÉN SE OPÓN A INSTALACIÓN DA ANTENA NOS CAEIROS









O BNG de Cambados, que actualmente forma parte do goberno municipal do concello, quere manifestar o seu posicionamento contrario á instalación dunha antena de telefonía nos Caeiros. O BNG será  coherente co seu posicionamento no ano 2013 cando apoiou a eliminación dunha antena de telefonía na Valada, en Castrelo, ou cando  apoiou á non ampliación da Central eléctrica do Pardiño, en Vilariño, por considerar que este tipo de instalacións poderían ter consecuencias negativas para a saúde humana.

É coñecido que estas antenas, ao emitiren radiacións electromagnéticas, poden resultar prexudiciais para a saúde e, por iso, é aconsellable non instalalas nas proximidades de lugares poboados (esta preocupación está fundada  en estudios solventes realizados polos Ministerios de Sanidade  e de Ciencia e Tecnoloxía). Actualmente o marco legal da instalación de antenas de telefonía móbil vén establecido  na Lei Xeral de Telecomunicacións, de 9 de maio de 2014, que recolle o marco europeo en relación coa telefonía móbil  e ten como obxectivo favorecer o desenvolvemento das redes e facilitar a implantación ás operadoras esquecéndose da saúde da cidadanía. Esta nova lexislación supón un cambio radical con respecto á anterior pero para o BNG debe seguir prevalecendo a saúde de veciños e veciñas sobre os intereses económicos das grandes operadoras de telefonía polo que a ubicación destas instalacións debe alonxarse na medida do posible de vivendas e, por suposto, de colexios.


Por iso, o BNG anima a todos os veciños e veciñas de Cambados a participar este mércores na concentración que haberá diante do Concello ás 19:00 horas porque ademais está demostrado que a resposta social será imprescindible para conseguir o noso obxectivo. 






6 de noviembre de 2017

O B.N.G. NON ASISTIRÁ Á REUNIÓN DOS GRUPOS DE GOBERNO











O B.N.G. non acudirá á reunión prevista para hoxe dos grupos de goberno de Cambados para tratar o tema da rotura do pacto que fixo J.R. Abal hai uns días.

A reunión si asistirán os outros tres grupos, PSOE, SOMOS e PODE.

Víctor Caamaño considera que se trata máis dun problema de dous grupos que de algo que atinxe a todo o goberno local.
Si acudirán a xuntanza da comisión de seguimento do pacto de goberno, pois esa sí é para os 4 grupos.




29 de agosto de 2017

O B.N.G. DENUNCIA EN BRUXELAS Á FUNDACIÓN FRANCO











O BNG tamén  pedirá á  Comisión da cidadanía europea visitar  o Pazo de Meirás e incluír a denuncia de crimes do franquismo na Memoria histórica activa en Europa

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón avanzou hoxe a denuncia ante diversas instancias internacionais  pola “aberrante” utilización  e xestión das visitas ao Pazo de Meirás pola Fundación Franco.
Ana Pontón  compareceu ante os medios de comunicación, xunto a portavoz desta forza política en Europa, Ana Miranda quen anunciou “a presentación de diversas denuncias ante a Comisión e Parlamento europeo e a comisión de Dereitos Humanos de Nacións Unidas”.
Ana Pontón avanzou  a posta en marcha “dunha fronte democrática” para iniciar institucional e socialmente a denuncia dunha   do que reiterou é unha situación  “aberrante” na que a  Fundación  Francisco Franco “coa conivencia do Goberno galego e o seu presidente Núñez Feijóo” pretende converter “nun parque temático do fascismo” o Pazo de Meirás.
Pontón cualificou  o que acontece en Meirás de  “inconcibible, incompatible coa democracia e supón unha labazada ás vítimas do franquismo e as súas familias”. Esta situación pon de manifesto, recalcou a “conivencia do Partido popular co franquismo no Estado español”.
A portavoz nacionalista asegurou que a Xunta conta con instrumentos para evitar o que sucede  no Pazo de Meirás e lembrou que mañá reanúdanse as visitas polo que o Goberno galego debe estar atento e parar esta “barbaridade” por que a súa pasividade é igual a “complicidade”.
Por outro lado avanzou que no inicio do curso político, o BNG presentará nos concellos e no Parlamento galego mocións destinadas a devolver o Pazo de Meirás ao pobo de Sada “roubado durante o franquismo” así como  declarar “non grata” á Fundación Francisco Franco e a  familia Franco e  iniciar o expediente para ilegalizar a esta fundación por facer “apoloxía do fascismo”.
Pontón tamén recordou que o BNG defenderá a lei galega de Memoria histórica destinada a recuperación e recoñecemento de todas as vítimas  e contra a “impunidade” dos crimes franquistas.
O BNG ELEVA A INSTITUCIÓNS INTERNACIONAIS A DENUNCIA CONTRA A FUNDACIÓN FRANCO
Pola súa parte, a portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda anunciou  que o BNG elevará unha denuncia ao Parlamento europeo e a ONU contra a Fundación Franco por “apoloxía do fascismo” e advertiu que a xestión da Fundación Franco sobre o Pazo de Meirás atenta contra “os valores europeos” e a democracia.
Miranda explicou  que non existe ningún caso semellante en Europa no que unha Fundación utilice un espazo para enaltecer os “valores e figura do ditador” como defende a Fundación Franco nas visitas ao Pazo de Meirás. Esta maneira de actuar, dixo, “atenta contra os valores europeos e os dereitos humanos” e  dende o BNG só podemos dicir que é  “antidemocrático e mesmo ilegal”.
Para a portavoz do BNG en Europa, despois da morte de Franco , o 20 de novembro de 1975 e xa transcorridos  42 anos, “o franquismo segue vivo” e a decisión de que a Fundación Franco sega xestionando o Pazo de Meirás, é “só a punta do iceberg do franquismo”. Miranda apostilou que  non teremos unha verdadeira democracia ata que esta cuestión quede resolta con “xustiza, verdade e reparación das vítimas”.
Ana Miranda lembrou as diversas iniciativas presentadas polo BNG no Parlamento galego e Deputación da Coruña ás  que sumou a denuncia ante o Executivo comunitario a a inclusión na Memoria histórica activa en Europa  “os crimes da ditadura franquista” porque nese programa europeo non están incluídos, dixo.
Asemade, dixo, hoxe damos un paso máis  e anunciamos que no mes de novembro de 2017, coincidindo cos 42 anos da morte do ditador, o BNG ten previsto celebrar no Parlamento europeo un encontro con diversas organizacións, asociacións relacionadas coa recuperación da Memoria histórica de Galiza e do resto do Estado  así como expertos na ditadura franquista.




2 de mayo de 2017

B.N.G. PREGUNTA NO PARLAMENTO GALEGO POR CAMBADOS CIDADE EUROPEA DO VIÑO










A deputada do BNG, Montse Prado rexistra diversas iniciativas instando á Xunta a establecer o marco de colaboración co concello para iniciar, sen dilación, as actividades acordes coa relevancia deste nomeamento  

A deputada do BNG, Montse Prado insta  á Xunta a establecer un marco de colaboración co concello de Cambados para realizar as actividades derivadas do nomeamento de “Cidade europea do viño 2017”,hai catro meses e dotalas de financiamento.

Para a parlamentaria do BNG a Xunta debe “mover ficha” e iniciar as xestións necesarias para dar contido ao nomeamento de Cambados como o lugar máis representativo do viño albariño durante o ano  2017, aproveitar a oportunidade “única” de dalo a coñecer internacionalmente   e acadar a proxección de Galiza a través dun produto de grande calidade e prestixio.

Montse Prado demanda da Xunta implicarse nas actividades e dotación económica na “Cidade Europea do Viño 2017” e no recoñecemento do viño albariño. A deputada lembra que Cambados competiu con cidades de grande tradición vitivinícola como Aranda de Duero, Villafranca do Penedés e La Palma del Condado, e que en  anteriores edicións as cidades elixidas foron as italianas Conegliano e Valdobbiadene, a portuguesa Reguengos de Monsaraz ou Jerez de la Frontera.


Estas son as preguntas que presentará o grupo do B.N.G. no Parlamento de Galicia.

-Cal é a razón de que, seis meses despois de ter sido nomeada Cambados como “Capital Europea do Viño 2017”, non teña a Xunta prevista ningunha axuda para contribuír con esta celebración, a pesares de ter sido demandada polo concello de Cambados?  

-Vai prestar a Xunta de Galiza algún apoio económico e institucional ao concello de Cambados para levar a cabo as actividades que se derivan deste nomeamento? 

-É a actuación normal da Xunta, non atender as demandas de colaboración dos concellos, diante de eventos desta relevancia? Ou só actúa así cos que están gobernados por organizacións diferentes ao Partido Popular? 

-Cales son os criterios da Xunta para colaborar con eventos desta categoría? 








30 de marzo de 2017

O B.N.G. PREGUNTA NO PARLAMENTO POLA NOVA PLAZA DE ABASTOS













O grupo parlamentario do B.N.G. ven de presentar no Parlamento Galego presentou hoxe unha pregunta para ser respostada de forma oral na Comisión relativa as presuntas irregularidades no convenio firmado para a realizar a nova plaza de abastos de Cambados.
Solicitan a través desta comisión que o Parlamento Galego inste ao goberno de Feijóo a realizar todo o que sexa necesario para que se leve a no termo a obra, empezando por axilizar a aprobación do novo Plan Especial de Portos para toda a zona portuaria de Cambados e a evaluación ambiental precisa para a súa aprobación. Todo elo para que as obras empecen á maior brevidade posible.







4 de septiembre de 2016

ENCONTRO DO B.N.G. CO SECTOR CULTURAL









Este martes dia 6 de setembro o B.N.G. manterá un encontro co sector cultural da Comarca no que participarán: 
-Luís Bará, cabeza de lista por Pontevedra
-Montse Prado, candidata por Pontevedra
-Lucía César, tamén candidata por Pontevedra
-Víctor Caamaño, Tte. Alcalde de Cambados e Concelleiro de Cultura e 
-Adela Leiro, creadora e difusora cultural

Será en Exposalnés a partires das 20:30 h




23 de abril de 2015

O B.N.G. PIDE RECUPERAR UNHA ANTIGUA FONTE E LAVADOIRO EN VILARIÑO






Típica fonte e lavadoiro de Galicia
No lugar de Cuíña, na parroquia de Vilariño, lindando coa parroquia de Tremoedo, do veciño concello de Vilanova de Arousa, nun camiño que vai cara ao monte Troviscoso, hai unha fonte pública que, dende hai anos, está nun total estado de abandono. Esta fonte contaba tamén cun lavadoiro que, co tempo, foi desaparecendo. A pesar de todo isto, os veciños/as sempre seguiron a facer uso do servizo que, cada vez menos, lles  ofrecía a fonte, ata chegar ao actual estado de total abandono.

Opinan os veciños/as, e o BNG coincide con eles, que cun mínimo custo podería volverse a poñer en funcionamento a fonte. A colocación dunha billa ou picho, previa unha laboura de limpeza a fondo, facilitaría que a auga volvese a manar de novo. Se isto non fose posible, porque hoxe en día moitas fontes ven diminuído o seu caudal pola baixa no nivel freático, debido á construción de moitos pozos nas proximidades, indican os veciños/as que a solución sería a instalación dunha bomba de achique manual, como hai noutros lugares.

Por todo isto, facéndose eco das demandas veciñais, o B.N.G. solicita que por parte do concello de Cambados se acometan as obras necesarias para conseguir que a fonte de Cuíña volva dar servizo ao vecindario.




23 de marzo de 2015

O B.N.G. ORGANIZA UNHA CHARLA SOBRE A SANIDADE





Este xoves 26 de marzo terá lugar nos salóns de ExpoSalnés en Cambados unha charla organizada polo B.N.G. coa Sanidade como telón de fondo. 

Falarán Xosé Manuel Ribadomar Técnico de Emerxencias Sanitarias coñecedor da necesidade de dotar dunha ambulancia medicalizada ao Salnés.
Conchi Barreiro afectada pola Hepatite C e explicará como nadie a situación a que se enfrenta ela e o resto de enfermos con esta doenza. Intervirán tamén Montse Prado e o candidato a alcaldía Víctor Caamaño.










O B.N.G. REUNIRASE COS VECIÑOS DE CORVILLÓN PARA OIR AS SUAS PROPOSTAS






O B.N.G. segue buscando a participación cidadá para elaborar o seu programa electoral de cara as vindeiras eleccións locais. Desta vez será mañán martes as 20:30 hrs na Casa de Cultura de Corvillón.





21 de marzo de 2015

O BNG PRESENTA UNHA MOCIÓN NO CONCELLO





As urxencias sanitarias que se produzan na comarca do Salnés no ámbito extrahospitalario nos concellos de Sanxenxo, Cambados, O Grove, Meaño, Meis, A Illa de Arousa, Vilanova de Arousa, Vilagarcía de Arousa e Ribadumia só contan con catro ambulancias asistenciais de soporte vital básico, que só contan cunha persoa que conduce o vehículo e un/unha técnico-auxiliar. Estas ambulancias teñen as súas bases en  O Grove, Sanxenxo, Vilagarcía e Cambados.
A comarca do Salnés está  por debaixo da ratio recomendada pola OMS ( Organización Mundial da Saúde ) que recomenda a existencia dunha ambulancia de “Soporte Vital Básico” por cada 25.000 habitantes, estamos a ver como  a día de hoxe na comarca do Salnés  as ratios de atención superan as recomendacións.
Na atención das patoloxías de gravidade o tempo é un factor esencial, polo cal non é entendible que unha comarca tan ampla e con tanta poboación como a do Salnés teña un hospital que non está dotado con UCI  e non conte con ningunha ambulancia medicalizada ( Soporte Vital Avanzado ) é dicir dotada cun equipo humano composto por un/unha médico e persoal de enfermería especializado na atención sanitaria en situacións de emerxencias e dous técnicos en transporte sanitario urxente , algo claramente necesario tendo en conta ademais da súa poboación o alto índice de sinistros que se rexistran.
O persoal que presta os seus servizos nas ambulancias do 061 no Salnés veñen de denunciar que están a prestar os servizos propios dunha ambulancia medicalizada con ambulancias convencionais ou asistenciais, que, ou ben son “medicalizadas” indo a buscar o persoal médico e de enfermería aos centros de saúde ou “Pacs”, co cal se perde un tempo vital, ademais de deixar desatendidos estes centros, ou proceder ás chamadas transferencias en ruta, consistentes en saír ao encontro da ambulancia medicalizada, que ten base en Pontevedra, e proceder a medio camiño a trasvasar  @s doentes dunha ambulancia a outra no medio da rúa ou en gasolineiras, cando non ter que seguir cara ao centro hospitalario por atoparse esta ocupada.

É evidente que os recursos sanitarios  existentes no Salnés non permiten a atención de patoloxías de extrema gravidade,  nin a maior parte das veces, prestar asistencia médica in situ a doentes de extrema gravidade, nin asistilos con persoal facultativo nin de enfermería durante os traslados a un centro hospitalario, ao non contar con ambulancia medicalizada nin ter UCI  o Hospital do Salnés.
Dende finais do mes de novembro a Xunta de Galiza abriu o prazo para o novo concurso de transporte Sanitario Urxente na Galiza, que non contempla a dotación de ambulancia medicalizada para o Salnés, e que ademais está sendo aproveitado o mesmo para reducir e precarizar este servizo público e primar o negocio fronte ao servizo. Un negocio, que máis unha vez, como xa fixo na adxudicación do Hospital do Salnés,  o Partido Popular prima ás grandes empresas de fora de Galiza.
O PP ten demostrado sobradamente que a súa folla de ruta é a de privatizar e recortar cada vez máis nestes servizos públicos, coa única fin de que as empresas adxudicatarias aumenten os seus beneficios, aínda a conta de precarizar na atención e servizos ás persoas.
Fronte a isto dende o BNG entendendo que é preciso reclamar un servizo tan necesario, e que atenda e teña como principal obxectivo o de servir e velar pola saúde  de toda a poboación do Salnés cunha ambulancia medicalizada, imprescindible para non seguir a poñer en risco a saúde e vida d@s veciñ@s da comarca.


Por todo isto, dende o grupo municipal do BNG solicitan do pleno da corporación de Cambados o apoio ao seguinte

ACORDO

Instar ao Goberno galego a dotar á comarca do Salnés cun servizo permanente, todo o ano e as 24 horas, de como mínimo unha ambulancia medicalizada (Soporte Vital Avanzado), é dicir dotada permanentemente cun equipo humano composto por un/unha médico e persoal de enfermería especializado na atención sanitaria en situacións de emerxencias e dous/dúas  técnic@s en transporte sanitario urxente.


17 de marzo de 2015

O RESCATE DUN CAN IRÁ A PLENO







Onte moitos veciños/as se achegaron ao BNG para informar e comentar o suceso ocorrido pola mañá, na zona de Tragove, co motivo do rescate dun can que quedou illado nunhas pedras ao ser sorprendido pola preamar. Segundo contaban os veciños/as, avisada Protección Civil de Cambados, esta respondía que non podía acudir ao rescate do citado animal por non contar cos medios materiais axeitados para facelo e que no seu lugar achegáronse afectivos da  Policía  Autonómica, dos Bombeiros do Salnés e unha embarcación da Confraría cambadesa que procederon a poñer a salvo ao animal. Desde o Grupo Municipal do BNG amosan a nosa sorpresa e alarma ante o feito de que Protección Civil de Cambados non conte cos medios materiais necesarios para acudir a un rescate a pé de costa en óptimas condicións meteorolóxicas e nunha profundidade que non superaba os dous metros.
Por este motivo piden que o goberno municipal de Cambados responda ás seguintes cuestións:
1.- Si é certo que o grupo de Protección Civil de Cambados carece do material adecuado para realizar unha operación tan sinxela como a descrita neste escrito?.
2.- Ante esta situación, que pensa o goberno municipal que ocorrería se a quen houbese que salvar, fora un neno ou un ancián?. Deixaríanse abandonados á súa sorte pola falta de previsión á hora de contar cos medios adecuados?.

3.- Pensa a Alcaldía interesarse por este tema e tratar de solucionar, na medida do posible, a carencia de medios de Protección Civil que pon en perigo a seguridade de veciños e veciñas, así como dos visitantes ao noso pobo?.



27 de febrero de 2015

O B.N.G. PIDE AOS CAMBADESES QUE COLABOREN NO SEU PROGRAMA ELECTORAL





O B.N.G. quere facer o seu programa para as próximas eleccións  municipais ente todos e todas. Se queres participar, achégate o próximo luns, día 2 de marzo, ao local do BNG en Cambados para comezar a falar de infraestructuras, urbanismo, medio ambiente e das necesidades das parroquias.





24 de octubre de 2014

MOCIÓN DO BNG A PROL DUNHA ETIQUETA PARA OS PRODUCTOS CASEIROS






MOCIÓN PARA APOIAR A COMERCIALIZACIÓN DE PROXIMIDADE

O pasado mes de setembro publicouse o Decreto 125/2014, do 4 de setembro,  polo que se regula a venda directa dos produtos primarios desde as explotacións á persoa consumidora final. Este decreto entende por venda directa a que se realiza na casa, en mercados e feiras e en tendas minoristas, que vendan directamente ao consumo final, agás os ovos e estabelece unha serie de requisitos para poderen realizar esa venda.
Desde o BNG sempre defendemos que se prestixien os nosos produtos primarios como de calidade e que cumpren coas garantías de salubridade. Igualmente  xulgamos que se debe facilitar desde os poderes públicos a súa comercialización en circuítos curtos e de proximidade para garantirlles o máximo beneficio aos e ás produtoras e que a actividade agrícola, a súa transformación e comercialización sexa un elemento de produción de alimentos, de creación de emprego e de dinamización económica.
Porén, este decreto, sen outras medidas que acompañen o desenvolvemento da venda de proximidade e o apoio aos e ás produtoras non vai ter ese efecto dinamizador. De feito, é evidente que non ten como obxectivo relanzar feiras e mercados nin serve para incorporar novas persoas a esta actividade. O articulado do decreto non garante a produción nin fomenta a dedicación de persoas a este tipo de actividade. Por iso, o BNG considera imprescindíbel desenvolver iniciativas que incidan no apoio á comercialización de proximidade (feiras, mercados periódicos de alimentos producidos no contorno tanto en cidades como vilas, degustacións, etc), ás de venda na propia explotación ou on line, e que teñan como obxectivo a promoción deste tipo de comercialización. 
Por todo esto solicitan que o pleno do Concello de Cambados aprobe unha moción na que se solicite do Goberno Galego que, en diálogo co sector, aprobe unha serie de actuacións específicas en diversos ámbitos para dinamizar a venda de proximidade, garantir as mellores condicións de traballo para as persoas produtoras e conseguir unha produción respectuosa co ambiente e a saúde. Entre estas cuestións, están introducir alimentos producidos nas explotación galegas nos menús dos centros públicos (escolares, hospitais, etc), facilitar base territorial ás persoas que a demandaren para a produción de alimentos e estabelecer medidas de cotas á seguridade social reducidas e adaptadas a este tipo de actividade produtiva, e o mesmo en relación coa súa fiscalidade, Cómpre tamén estabelecer liñas de axuda para que a introdución de elementos de identificación e a introdución de guías de boas prácticas non sexa un gasto engadido ás producións.      Solicitar do Goberno Galego que impulse unha marca de calidade que ampare e identifique os produtos da horta galega, que acadaren os requirimentos de calidade definidos en consenso co sector.
 Solicitar do Goberno galego que se abra un diálogo constante co sector coa participación de sindicatos, organizacións agrarias, asociacións de produtores/as, produción ecolóxica, para impulsar medidas que partan do consenso e que realmente dinamicen un sector vital para a economía galega.











4 de octubre de 2014

O BNG DENUNCIA OS MALOS CHEIROS EN OUBIÑA






Unha vez máis, os cheiros volven a desesperar a veciños e veciñas de Cambados; nesta ocasión na Parroquia de Oubiña e procedentes do polígono de Sete Pías. Desde alí chegan cheiros que non só se sofren nas proximidades do polígono industrial senón tamén en moitos rueiros da parroquia onde haxa un sumidoiro, pois este  está a ser orixe de cheiros nauseabundos que chegan a case todas as vivendas, tendo que abrir ventás para ventilalas.
Os veciños e veciñas de Oubiña quéixanse de que esta problemática non é nova e que, incluso, determinadas empresas do polígono teñen días que non poden entrar na súa nave e, moito menos ir aos aseos, tendo nalgúns casos que permanecer selados.
Está claro que esta problemática indica o lamentable deseño e funcionamento da rede de sumidoiros do polígono industrial de Sete Pías; problemática que non se está a solucionar, como desde o concello se ten afirmado en repetidas ocasións, coa posta en funcionamento da nova EDAR de Ribadumia. Lamentablemente está a comprobarse, día a día, que neste tipo de problemática a situación non fai máis ca empeorar, coa conseguinte desesperación de veciños e veciñas, polo que

SOLICITA: que sexan contestadas as seguintes preguntas:
1.- E coñecedor o concello da situación descrita e dor malestar de veciños e veciñas de Oubiña por ter que soportala?

2.- Que actuacións ou medidas vai a emprender o concello para evitar estes constantes episodios de emisión de cheiros da rede de sumidoiros de Oubiña?



29 de septiembre de 2014

O BNG PIDE UNHA COMISIÓN DE INVESTIGACIÓN POLO ASUNTO DA POKEMON EN CAMBADOS






O BNG expón ante o concello o seguinte: Onte nun xornal aparecía a noticia de que dentro da operación xudicial coñecida como “Pokemon”, a  Vixilancia Aduaneira interveu os ordenadores da empresa “Aquagest” onde encontrou información, en forma de correos electrónicos, sobre prácticas de enchufismo e recomendación  que vinculan á mencionada empresa co concello de Cambados, entre outros nos que a empresa ten a concesión da auga. E que ditos correos revelan peticións de alcaldes, entre eles o de Cambados entre os anos 2008 e 2013, para colocar na empresa a persoas coñecidas, do seu entorno ou da súa familia (segundo afirma o referido xornal). Como queira que o “enchufismo” é unha práctica inaceptable na Administración Pública pero tamén cando esa Administración privatiza un servizo esixindo como contrapartida a colocación de determinado persoal na empresa, é polo que cremos que o concello de Cambados debe facer todo o posible por aclarar canto antes esta acusación levando á máxima transparencia á súa recente xestión.
Esta é a razón pola que o BNG, ao igual que fixo no mes de marzo do ano 2013 cando desde un medio de comunicación se vinculaba nunha investigación xudicial ao concello de Cambados, máis concretamente ao exalcalde e Delegado Territorial, José Manuel Cores Tourís, por supostos cobros ilegais de comisións a cambio de concesión de obras no noso concello, solicita igualmente nesta ocasión a creación dunha Comisión de Investigación a nivel municipal para aclarar estes novos feitos delictivos. Vivimos nuns momentos onde a cidadanía está a mostrar unha gran desconfianza da xestión pública de determinados cargos; desconfianza que se xustifica en casos como os referidos neste escrito, polo que compre unha maior transparencia para evitar e aclarar os casos de corrupción, e contundencia para cos representantes políticos que están enganando a unha defraudada cidadanía. Por iso, os veciños e veciñas de Cambados, agradeceríanlle que desde o Concello se mostrara unha posición clara e contundente contra este tipo de actuacións e que se  manifestara a vontade política necesaria para trata de aclarar, urxentemente, este asunto.

Como representante da cidadanía ten vostede na súa man, novamente, a obriga de non defraudala, polo que debe actuar veloz e eficazmente na aclaración e resolución deste caso que está, ademais, a transmitir unha imaxe negativa dun importante representante  do seu partido político.



Por todo esto o BNG solicita, que o concello  constitúa, urxentemente, unha Comisión de Investigación na que estean presentes membros de todos os grupos políticos que forman parte da corporación municipal, de xeito que con ela se transmita  a mensaxe contundente á cidadanía de que desde a alcaldía do Concello de Cambados se fará todo o posible por aclarar e solucionar, con rapidez,  este caso.

27 de septiembre de 2014

O BNG PREGUNTA NO PARLAMENTO POLAS OBRAS NOS CENTROS DOCENTES DE CAMBADOS





Montserrat Prado Cores e Cosme Pombo Rodríguez, deputada e deputado 
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego (BNG), formulan a seguinte Pregunta para a súa resposta escrita, e oral en comisión, relativa á situación de dous centros educativos no concello de Cambados.

Nestes días están saído nos medios de comunicación diversas noticias sobre retrasos en obras a realizar en dous centros educativos do concello de Cambados, o IES Ramón Cabanillas e o CEP Antonio Magariños, obras que provocan unha grande incomodidade ás comunidades educativas dos devanditos centros públicos e unha modificación no funcionamentos normal das actividades lectivas.
As obras dos dous centros foron anunciadas repetidas veces por diversos responsábeis do Partido Popular, alcalde, delegado territorial, xefe territorial de 
educación, presidente da deputación, etc..., coa presenza propagandística e mediática coa que adoitan adornar os anuncios de obras, inauguracións ou outro tipo de actuacións ou futuras actuacións que se consideran positivas, chegándose incluso a anunciar, promesas que sempre foron seguidas de retrasos e máis retrasos até chegar á situación actual na que no mellor dos casos, se estas obras se chegan a rematar, o alumnado de ambos centros terá que convivir con elas cando houbo tempo paraacometelasou cando menos para inicialas nos meses do verán coas aulas baleiras.
O pasado martes na páxina web institucional da Consellería de Educación 
publícase unha nota na que se chega a acusar a profesorado dun deses centros escolares, o CEP Antonio Magariños de ser responsábel de que o alumnado non tivera actividades de educación física cando é sabido pola administración e por toda a comunidade educativa do Centro, o perigo que supoñía e sigue supoñendo para o alumnado e para o profesorado realizar educación física nas condicións nas que están as instalacións.
O Partido Popular esta cruzando liñas vermellas, ao usar a páxina web 
institucional da Consellaría como si se tratara do “seu medio de información privado” para omitir opinión e non información, e para atreverse a responsabilizar ao profesorado do que é a Consellaría a única responsábel. Opinión porque a afirmación que alí se fai de que “o patio cuberto reunía as condicións de seguridade” non está avalada por ningún informe nin comunicación aos responsábeis do Centro de que isto era así.


Polas razóns expostas formulamos as seguintes preguntas para a súa resposta
escrita:
1. Cal é a previsión de remate das obras que está previsto acometer no 
CEP Antonio Magariños e no IES Ramón Cabanillas?
2. En que situación están as obras de ambos centros a día de hoxe?
3. Que medidas están previstas ou están xa en execución para que a 
actividade escolar se vexa afectada o mínimo polas obras garantindo que o alumnado 
reciba as ensinanzas correspondentes?
4. Dispón a Consellaría algún informe técnico que avale a afirmación feita 
na web oficial da mesma a respecto do CEP Magariños de que “o patio cuberto reunía as condicións de seguridade ”? De ser así, en que data se realizou o mesmo?
5. Comunicóuselle @s responsábeis do CEP Magariños en algún momento 
que a Consellaría se responsabilizaba do que puidera suceder coa seguridade d@s nen@s xa que “o patio cuberto reunía as condicións de seguridade ”?






22 de septiembre de 2014

O BNG CRITICA A FALTA DE CRITERIO DE ARAGUNDE




Hai uns días podíamos coñecer polos medios de comunicación a oferta, por parte do concello de Cambados, dalgunhas  parcelas no polígono industrial de Sete Pías. Ao BNG non lle deixan de sorprender ás declaracións de Aragunde ao respecto, cando afirma que endureceu os criterios respecto a procesos semellantes anteriores (impostos polo PP, por certo) para evitar especulacións e dar oportunidade aos interesados en asentarse con verdadeiras intencións de xerar actividade industrial. Estas declaracións aderézaas dicindo cousas tan obvias como que os terreos son para quen realmente os necesite ou que se esixirá un prazo para presentar licenza de obra; pois por suposto! É dicir se lle esixirá aos posibles peticionarios o que ven esixindo o BNG desde hai case 15 anos; que poña o polígono industrial de Sete Pías ao servizo do empresariado e non do PP.
O Alcalde fala da nova situación de adxudicación de parcelas como se na anterior non fora o PP o que deseñou un polígono industrial carente de servizos e cos requisitos necesarios para ser un exemplo de especulación en Cambados e no Salnés (neste tema tamén, tristemente, o PP cambadés foi un referente para toda a Comarca). Pregúntase o BNG porque Aragunde non criticou nin variou esa situación especulativa ata o de agora. Terá algo que ver neste asunto a próxima campaña electoral? Seguro que non …, que mal pensados somos no BNG.

É unha pena que esta medida chegue agora cando xa quedan tan poucos empresarios grazas, claro está, ás políticas económicas e fiscais implantadas polo PP para beneficiar aos seus poderosos amigos, entre eles aos bancos, que de seguro non llo porán doado aos que necesiten cartos para optar ás citadas parcelas. Acórdase agora o PP, cando leva anos aplicando políticas e medidas económicas, en Madrid, Santiago e Cambados, que conseguiron “queimar” a taxas e impostos a autónomos e pequenas e medianas empresas, de que os empresarios necesitan solo industrial a baixo prezo e con servizos; canta hipocresía ...


15 de septiembre de 2014

A QUE EMPRESAS SE DIRIXEU O CONCELLO?




O BNG pregunta sobre o proceso de readxudicación da piscina de Cambados


No último pleno extraordinario, de hai uns días, sobre a problemática da piscina municipal de Cambados así como  nos medios de comunicación, o alcalde manifestou a súa intención de ofertar a tres empresas a xestión da piscina municipal de xeito provisional ata que se resolva o concurso de licitación para encontrar unha concesionaria definitiva e como o actual proceso, provisional, se está a levar a cabo mediante procedemento negociado sen publicidade.


Por todo elo pide que sexan contestadas as seguintes preguntas con respecto a este tema:
  • 1.- A que tres empresas se dirixiu o concello?
  • 2.- Que criterios utilizou para seleccionar ditas empresas?
  • 3.- Presentouse algunha empresa?
  • 4.- Seleccionouse algunha?
  • 5.- Que criterios utilizou o concello para seleccionar a empresa adxudicataria temporal?

           

14 de septiembre de 2014

A MISTERIOSA RESPOSTA DO ALCALDE NO ASUNTO DOS PANEIS


Os paneis vense ao fondo
El misterio quedó aclarado ayer. Así encabezaba "La Voz de Galicia" a nova sobre a resposta do concello á pregunta presentada por rexistro o día anterior polo grupo municipal do BNG que se interesou por uns paneis que, segundo as súas noticias, «se encontran almacenados e sen colocar».                            
Por certo están instalados no complexo deportivo de O Pombal, en concreto enriba dos vestiarios do campo de fútbol, i están dando servizo (os que funcionan) tanto ao propio campo como á piscina municipal.                                          CORES DE CAMBADOS pregúntase, si xa sabían a resposta nos dous plenos nos que se lle preguntou ao grupo de goberno polos paneis, porque non respostaron entón?.  
                                                                                                           
                                                                Queremos pensar que foi un despiste do goberno local e non unha das suas típicas faltas de transparencia as que nos teñen acostumados ou querer atacar ao bipartito porque, explicou o alcalde, «Os paneis polos que pregunta o BNG foron instalados coa subvención que denegou a que fose delegada provincial de Industria do BNG naquel momento, Montserrat Prado». E segue explicando a alcaldía que «consciente de presentar o expediente en tempo e forma», o Concello de Cambados pediu amparo aos xulgados, obtendo unha sentenza favorable no 2010. En consecuencia, segundo apuntan as mesmas fontes, a Consellería de Industria tivo que acabar abonando a subvención que fora denegada inicialmente.
Victor Caamaño, portavoz do BNG, acusou ao alcalde de "querer desviar a atención culpando ao bipartito, como fan sempre"