Hoxe é un día clave para o sector do xeito. A comisión de pesca do Parlamento europeo debate a prohibición total desta arte. Só en Galicia hai máis de catrocentas embarcacións que pescan ao xeito, do que viven máis dun milleiro de familias.A Asociación de Armadores de Artes Menores pídelles unidade a todos os eurodeputados galegos na defensa dos seus postos de traballo e quere que o xeito quede exento desta prohibición.
En Rianxo e Cambados están convocadas senllas mobilizacións para esta tarde ao mesmo tempo que a comisión se reúne en Bruxelas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.