Representantes do sector do xeito en Galicia mantiveron unha xuntanza con diferentes grupos da Cámara do Hórreo.
EUROPAPRESS |
Así as cousas, o sector pideu hoxe ós políticos galegos "unidade para defende-los seus postos de traballo".
Os manifestantes permaneceron tras unha pancarta co lema 'salvemos ou xeito' que clamaba porque a súa continuidade é o seu "dereito" e a súa prohibición "ao asimilarse ao arrastre", "inxusta e irracional".
Un dos afectados, Jorge Ordóñez, explicou, en declaracións aos medios de comunicación, que a súa intención esta xornada de mobilización foi trasladar un escrito aos grupos parlamentarios con representación na Cámara autonómica (PPdeG, PSdeG, AGE e BNG) para que estes saiban cal é a súa postura, e o que defenden. "Ata agora, estivemos a ter o seu apoio", apuntou.
De feito, a concentración de profesionais afectados polo peche da pesqueira da sardiña dende este mes de setembro e o veto á arte do 'xeito' a partir do 1 de xaneiro de 2015 prodúcese un día despois de que os grupos aprobasen por unanimidade unha iniciativa do Bloque en defensa de medidas "para afrontar a falta de actividade" dunhas 400 embarcacións que en Galicia teñen permiso de explotación para faenar con esta arte (Rianxo, na Coruña, é o porto principal, con 116 barcos).
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.