Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

23 de octubre de 2014

PORTOS DE GALICIA PRETENDE ENGANAR AOS CAMBADESES






O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, explicou onte na Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo que a prioridade no proxecto da comporta de Tragove é “adoptar a solución que outorgue plenas garantías de viabilidade técnica”. Por iso, José Juan Durán, explicou que “Portos de Galicia non se ten marcado prazos temporais para o reinicio das obras, dado que a prioridade é adoptar a solución que outorgue plenas garantías de viabilidade técnica”. 
A deputada do BNG, Montse Prado, preguntou sobre este tema e as explicacións dadas non foron suficientes para  convencer ao grupo nacionalista.

Nin marcan plazos nin saben que facer. Empezan unha obra sin realmente saber o que queren facer?
"A obra está suspendida, non abandonada"
Durán explicou que desde o organismo portuario se traballará con rigor e seriedade “para que a solución que finalmente se execute conte con plenas garantías de seguridade, operatividade e estabilidade de cara ao futuro”. Ademais fixo fincapé en que desde a Consellería do Medio Rural e do Mar se mantén unha liña de traballo estratéxica baseada en procurar o máximo desenvolvemento portuario, a nivel de actividade e rendibilidade, sen xerar risco ambiental ou doutro tipo para o ámbito portuario.

Agora preocúpanlle as xentes do mar e cando empezaron a facer a obra, boa parte da esa xente estaba en contra?
Casualidades da vida, a obra parou cando despois das eleccións a confraría outra directiva tomou as rendas de esta.

Señor Durán a outro can con ese óso!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.