Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de julio de 2014

O BNG PREGUNTA POLA PARALIZACIÓN DAS OBRAS DAS COMPORTAS




O BNG de Cambados denuncia que ai uns días se desmantelaron as obras  iniciadas  para a construción das comportas do Saco de Fefiñáns e que, ademáis, ditas obras levaban meses paradas, dando a sensación de que se iniciaran con motivos máis propagandistas que reais. Que a imaxe que se está a dar actualmente co desmantelamento do iniciado, é a de abandonar esta obra que o PP impuxo e  iniciou, en contra da opinión de moita xente do sector marisqueiro e a oposición do BNG. Ao BNG lle parecería moi ben que as comportas non se construíran pero que, a día de hoxe, unha vez licitadas e iniciadas é consciente de que a parte da obra que  leva feita a empresa, pagousese con cartos públicos e, de ser certo o que semella (que non seguirá),  parecería un “despilfarro” a operación de imaxe feita con este motivo ata o de agora.

Polo tanto fixeron esta mañá entrega no rexistro do Concello de varias preguntas para que sexan respostas por parte da autoridade municipal:
Cal é a razón pola que a empresa contratada está a desmontar a estrutura de construción das comportas do Saco de Fefiñáns? 
Non se van a construír as comportas do Saco de Fefiñáns? 
Cal é a razón?


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.