O BNG de Cambados por medio da concelleira de Mar, María Xosé Cacabelos, presentou no Concello unha moción na que solicita o respaldo do pleno da corporación para esixirlle á Xunta a paralización definitiva da obra de instalación de comportas do Saco de Fefiñáns. Explica que esta obra sempre contou co rexeitamento de mariscadoras, ecoloxistas e da formación nacionalista, pois consideraban que tería importantes consecuencias ambientais.Di Cacabelos que todos os sectores críticos co proxecto pediron, en reiteradas ocasións, a elaboración de estudos serios sobre o impacto que tería esta. Solicitude que a Xunta ignorou. E recorda que Administración local e autonómica se empeñaron en sacar adiante un proxecto que, ao final, se converteu «nunha gran chapuza». Finalmente, a obra tivo que ser paralizada mentres non se realizaban os pertinentes estudos xeolóxicos.

O que reclama a concelleira e que se axilixen as onras de saneamento da zona que nestes momentos está declarada como "Zona C" para o marisqueo polo que non a poden traballar as mariscadoras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.