Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

26 de febrero de 2014

AS RESPOSTAS DA XUNTA SOBRE AS COMPORTAS NON CONVENCEN





Non sabe, non contesta
A Consellería do medio Rural e do Mar ben de dar resposta á pregunta de Montse Prado no Parlamento Galego, sobre as medidas previstas pola Xunta para rexenerar o banco marisqueiro do Saco de Fefiñáns. Por certo, que unha vez lida a contestación da Consellería pode concluírse que realmente non se da resposta ao preguntado,  o que a estas alturas xa non resulta ningunha novidade.
A resposta comeza cunha acumulación de mentiras no mesmo parágrafo, pois afirma, primeiro, que o Saco  está conectado co mar unicamente pola canle do porto de Tragove (ou menten ou son uns ignorantes ou son as dúas cousas, que tamén é moi posible). Así mesmo argumentan que iso é a causa  da baixa produtividade do banco marisqueiro (nova mentira, pois o banco é moi produtivo aínda que non se pode comercializar o produto por ser zona C) e, ademais, a resposta non fai mención ao decisivo problema do saneamento (nova mentira por omisión) que é a verdadeira causa da penosa situación do banco e que ten uns responsables nos representantes políticos do PP.

No segundo parágrafo din que o banco non está pechado, que simplemente é zona C; outra novidade (en Cambados xa o sabiamos). Afirman que é zona C coma se isto fose unha casualidade, coma se a Xunta non tivese ningunha responsabilidade no saneamento das rías. Iso si, anunciar millóns e millóns de euros en saneamento, o PP faino de marabilla cada poucos meses, pero despois a realidade demostra que todo se queda en publicidade.

E por último se desentenden do que realmente se lle estaba a preguntar que era sobre as medidas que tiñan pensado tomar para rexenerar o banco marisqueiro do Saco. Semella que non teñen pensado tomar ningunha, é dicir, que se desentenden deste asunto. Que as mariscadoras se busquen a vida. Por certo, isto tampouco é novidade, pois  se o traballo das mariscadoras a pé en Cambados leva anos dando os seus froitos, non é precisamente pola implicación da Xunta, senón pola dedicación e compromiso das traballadoras do mar.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.