Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

19 de diciembre de 2013

UNHA CADELA RECOLLIDA NO REFUGIO DE CAMBADOS SALVA A VIDA DA SUA DONA







Unha cadela adoptada no refuxio de animais de Cambados ven de salvarlle á vida a súa dona. Mimi convértese así nunha cadela heroe, servindo de exemplo das moitas posibilidades que teñen estes animais recollidos en albergues caninos.

Mimi era unha cariñosa cadela que tiñan no refuxio de animais de Cambados, Ó pouco de vela, Dora Pampín, voluntaria ocasional, decidiu axudar e acollela no seu fogar. Ó pouco tempo xa se deu de conta de que era unha cadela excepcional, cariñosa coma poucas pero o día que de verdade nunca se lle esquecerá foi o día no que lle salvou a vida.A Dora doulle un ictus e Mimi que nunca ladraba alertou aos veciños cos seus ladridos. estes acudiron a casa de Dora e puideron axudala e salvarlle a vida. Ademáis Mimi avisa a Dora de que non esqueza a sua medicación.


 Dora emociónase porque a día de hoxe Mimi é vital no seu día a día e fai moito pola súa recuperación. Desde a Protectora de Cambados recomendan que se adopten previa meditación do cambio que vai a supoñer as nosas vidas cun novo can na casa. Engaden que non acudan a pedir tantos cans de raza puros posto que é unha forma de discriminación máis, que a nos como persoas non nos gustaría que nos fixesen.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.