Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta Queremos Galego. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Queremos Galego. Mostrar todas las entradas

8 de febrero de 2015

ÉXITO DA MANIFESTACIÓN DE "QUEREMOS GALEGO"





Ambiente festivo na manifestación convocada pola plataforma cidadá Queremos Galego en Compostela, e que partiu pouco despois do mediodía da Alameda da capital galega.

Abre a marcha unha pancarta co lema "Polas fillas dos nosos fillos" e, detrás, moitas caras coñecidas do mundo da cultura e da política. Os manifestantes chegaron de moitos puntos de Galicia para lle reclamar ó Goberno da Xunta que cambie a súa política e poña en práctica medidas para garanti-la supervivencia do galego. Unha lingua, a nosa, enferma de gravidade segundo a radiografía do último informe do IGE, que apunta unha caída drástica do número de galegofalantes, sobre todo entre os máis novos.

A plataforma Queremos Galego, que engloba a máis de 600 colectivos de todo tipo, recibiu tamén o apoio de varios representantes políticos, como as do voceiro do BNG, Xavier Vence , os voceiros de AGE , Iolanda Díaz e Xosé Manuel Beiras, e a número dúas do PSdG, Pilar Cancela.




3 de febrero de 2015

O VINDEIRO DOMINGO MANIFESTACIÓN POLA LINGUA GALEGA EN SANTIAGO






A mobilización, que terá lugar o próximo domingo en Santiago, xorde como protesta ante as actuais políticas lingüísticas da Xunta.

A plataforma Queremos Galego atribúe o descenso de galegofalantes ás políticas promovidas polo goberno autonómico que, segundo denuncian, poñen de manifesto un total desprezo pola lingua. Por este motivo convocan unha manifestación este domingo en Compostela na que reclamarán compromisos reais para a normalización da situación do galego. Dende o Salnés súmanse á convocatoria e fan un chamamento a tódolos veciños da comarca a participar nesta marcha. Haberá un servizo de autobuses que sairá ás dez e media da mañá. 
O BNG do Salnés, como membro de "queremos Galego" fai un chamamento a participar na manifestación nacional o vindeiro domingo 8 de febreiro, ás 12´00 h., desde a Alameda de Compostela e anotarse, nos autobuses con saída de Cambados e Vilagarcía de Arousa, antes do mércores dia 4, no local comarcal do BNG 986 56 50 59 ou enviando un correo a salnes@bng.gal ou no local da Cig en Vilagarcía 986 50 53 23. O prezo da reserva é de 5€ por persoa.



14 de mayo de 2014

"QUEREMOS GALEGO" MOBILÍZASE O 17 DE MAIO












A plataforma Queremos Galego presentou as concentracións que están convocadas en toda a comunidade co lema "un paso adiante e outro paso adiante polo galego", un xogo co verso do poema "Penélope" de Díaz Castro, autor homenaxeado no día das letras deste ano.


Queremos Galego! 17 de maio de 2014. 

Un paso adiante e outro ADIANTE, Galiza. Defendamos o noso idioma
Ás 12 horas, multiplicámonos por oito.

A Coruña: A carón do Teatro Rosalia de Castro (confluencia das rúas Real e Rego de Auga)
Ferrol: Praza de Armas
Foz: Praza do Conde de Fontao
Lugo: Xardíns de San Roque (diante da estatua de Xoán Montes)
Ourense: Alameda – Xardíns Bispo Cesáreo (diante da estatua de Eduardo Blanco Amor)
Pontevedra: Praza da Peregrina
Santiago: Porta Faxeira Vigo: Manifestación con saída de Vía Norte.



1 de febrero de 2013

FEIJÓO VAI A OS TRIBUNAIS PARA QUITAR PRESENZA A SUA LINGUA









O voceiro de Queremos Galego e presidente de A Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, denunciou que o Executivo de Feijóo é "o primeiro goberno" que "en 30 anos de democracia en España" acode aos tribunais para "intentar que a súa lingua, o galego, teña menos presenza na educación".
   Deste xeito se pronunciou nunha rolda de prensa celebrada este venres na que se referiu á recente personación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no Tribunal Supremo (TS) como paso preceptivo para poder formular un recurso de casación contra as sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza (TSXG) de Galicia que anulan parte de dous artigos do decreto do plurilingüismo.
   "É vergonzoso que nun momento no que nos din que non hai diñeiro para servizos públicos tan necesarios como a educación ou a sanidade, estean a malgastar os fondos nos tribunais para atacar o galego cando, xustamente, o que necesita Galicia é a promoción da súa lingua e a súa cultura", rexeitou o voceiro de Queremos Galego.
   Neste sentido, Carlos Callón tamén criticou que "o Goberno galego pontificara dende os medios de comunicación que están á súa disposición, como a TVG e a Radio Galega, que as sentenzas do TSXG lle daban a razón"."Se lle daban a razón, ¿por que recorre a sentenza?", cuestionou antes de considerar que o motivo é que a Xunta "toma por parvos" os cidadáns galegos.
   Así mesmo, cuestionado sobre a decisión coñecida este xoves de que o TS admitiu a trámite o recurso de Galicia Bilingüe contra a sentenza do TSXG sobre o decreto do plurilingüismo Callón asegurou que "todos os recursos formulados por entidades en defensa do galego foron admitidos a trámite e recibiron a razón".
   Por iso, confiou en que o TS "ratifique" o recollido nas sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que "sinalan que este decreto é inválido xuridicamente".

"ÉXITO" DA MARCHA DO DOMINGO

   Por outra parte, a vicepresidenta de A Mesa Pola Normalización Lingüística, Susana Méndez, cualificou de "máis que positivo" o "éxito" da convocatoria de manifestación realizada por Queremos Galego o pasado domingo en Santiago de Compostela.
   Segundo recordou Carlos Callón, esta marcha tivo como obxectivos "a defensa do cumprimento do plan xeral de normalización da lingua galega, da lei de normalización lingüística que este ano hai 30 anos de incumprimentos, e reclamar o cumprimento da carta europea das linguas".
   "Este éxito sen paliativos dános máis vento para actuar con máis forza e decisión na defensa do noso idioma e para reclamar, unha vez máis, a derrogación do decretazo contra o galego que supón un auténtico lingüicidio", apuntou Callón.





28 de enero de 2013

EXITO DA MANIFESTACION DE QUEREMOS GALEGO








Miles de cidadáns acodiron este domingo á chamada da plataforma Queremos Galego a manifestarse en Santiago en defensa do galego baixo o lema 'Pola lingua que nos une. Queremos galego na escola'. A plataforma, impulsada e coordinada pola Mesa pola Normalización Lingüística e conformada por máis de 700 entidades, pide a derogación do decreto do plurilingüismo e a retirada do proxecto da LOMCE, que os detractores denominan "lei da Wertgoña".
A manifestación, para a que a organización fletou autobuses desde localidades das diversas bisbarras de Galicia, empezou con case media hora de retraso sobre o horario previsto, as 12:00 horas. A protesta é apoiada por líderes dos partidos da oposición, PSdeG, Alternativa Galega de Esquerdas (AGE) e Bloque. Participaron na manifestactón os socialistas Pachi Vázquez, Xoán Caamaño, Carmen Gallego, Méndez Romeu, Sánchez Presedo ou Carlos Fernández; Xosé Manuel Beiras e Yolanda Díaz, de Alternativa, e os nacionalistas do BNG Francisco Jorquera, Guillerme Vázquez, Carlos Aymerich ou Bieito Lobeira.
Ao remate do acto, os milleiros de manifestantes encheron a praza da Quintana, na que non houbo palco de oradores como noutras ocasións, debido, segundo a plataforma, a que o Concello pediu 600 euros. Esta actitude das autoridades municipais foi criticada e interpretada como a vontade de impedir a protesta. Os responsables afirmaron que denunciarán os feitos ante os tribunais. O palco, nesta ocasión, substituíuse por unha pequena carpa no alto das escaleiras da praza da Quintana, a carón da casa da parra.
O acto finalizou co himno galego e os líderes recordaron que é a primeira mnanifestación en defensa do galego que se celebra sen a presencia do histórico Avelino Pousa Antelo.



23 de enero de 2013

MANIFESTACION EN SANTIAGO DE "QUEREMOS GALEGO"






Todos os colectivos que se están significando na defensa do Galego, a maioría deles vinculados ao BNG, convocaron para o vindeiro domingo, 27 de xaneiro, unha gran manifestación en Santiago de Compostela, para esixir a derogación das normativas do Goberno Central e Xunta de Galicia, que hipotecan o ensino do Galego.


O alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores, reuniuse esta mañá con portavoces destes colectivos "Queremos Galego", e ao concluír, en roda de prensa arremeteron contra a política do ministro de Educación José Ignacio Wert, que esta provovcando un descenso de galegoparlantes.


Segundo Fernández Lores, esta política de recortes xerais, en materia social de xeito moi significado. atenta contra unha dos acenos de identidade de Galicia, e prexudica ata a calidade do ensino. 
Os organizadores da esta manifestación, "Queremos Galego", informan a todos os interesados en participar nesta cita do domingo, 27 de xaneiro, que haberá autocares gratuitos, para facilitar os desprazamentos a Santiago.


17 de mayo de 2012

O GALEGO, A NOSA LINGUA PROPIA





Baixo o lema O galego é a nosa lingua propia, miles de manifestantes percorreron as rúas de Santiago para celebrar o 17 de Maio.
 A marcha, organizada pola plataforma Queremos galego, contou coa presenza do líder do BNG, Guillerme Vázquez, o presidente da Mesa, Carlos Callón, ou de Agustín Fernández Paz, encargado de ler o manifesto. Paz sinalou ao comezo da marcha que, «hoxe é o día no que todos os galegos temos que facer loubanza do que realmente nos une a todos: o galego». Guillerme Vázquez acusou ao PP de poñer trabas e atrancos para que a lingua «non tire para adiante».





Convocada pola plataforma QUEREMOS GALEGO e secundada por 700 entidades, máis de 25000 persoas, segundo a organización, pois a policia non dou os datos, marcharon por Compostela para reclamar un trato digno a nosa lingua. 
Este ano un dos que máis críticas suscitou foi o Concello da capital galega polo que a entender dos convocantes foi a postura da Alcaldía de poñer todo tipo de trabas para que este acto se levase a cabo.





Dende a saída na Alameda ata o remate na Quintana os manifestantes non pararon de pedir que remataran os ataques que dende a Xunta ,sobre todo, está a sufrir o galego, a nosa lingua propia.












15 de mayo de 2012

QUEREMOS GALEGO MANIFESTARASE O XOVES EN SANTIAGO

Manifestación do 2011




A plataforma convida á cidadanía do Salnés a participar o xoves na manifestación que se celebrará en Santiago.
 

 
Queremos Galego considera que nestes tres anos que leva o PP gobernando na Xunta non se fixo avance ningún en favor do galego. Considera que o novo goberno autonómico mantén unha cruzada en contra da lingua galega. De aí a convocatoria desta nova manifestación aproveitando a conmemoración do Día das Letras Galegas.

 
Para facilitar a asistencia dos veciños do Salnés, a plataforma fletará autobuses que sairán ás 10 e media da mañá da praza do Corgo do Grove, ás 11 menos cuarto de diante do Concello de Cambados e ás 11.00 da Casa do Mar de Vilagarcía. Os interesados poden anotarse antes do mércores ás oito da tarde no 986565059 ou no 986505323. Tamén no email salnes@queremosgalego.org


 
A plataforma espera que esta sexa a última manifestación reivindicativa, á espera de que o goberno autonómico mude e faga súa a defensa do idioma da comunidade.