Todos
os colectivos que se están significando na defensa do Galego, a maioría
deles vinculados ao BNG, convocaron para o vindeiro domingo, 27 de
xaneiro, unha gran manifestación en Santiago de Compostela, para esixir a
derogación das normativas do Goberno Central e Xunta de Galicia, que
hipotecan o ensino do Galego.
![]() |
O alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores, reuniuse esta mañá con
portavoces destes colectivos "Queremos Galego", e ao concluír, en roda
de prensa arremeteron contra a política do ministro de Educación José
Ignacio Wert, que esta provovcando un descenso de galegoparlantes.
Os
organizadores da esta manifestación, "Queremos Galego", informan a todos
os interesados en participar nesta cita do domingo, 27 de xaneiro, que
haberá autocares gratuitos, para facilitar os desprazamentos a Santiago.


No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.