![]() |
| Manifestación do 2011 |
Queremos
Galego considera que nestes tres anos que leva o PP gobernando na Xunta
non se fixo avance ningún en favor do galego. Considera que o novo
goberno autonómico mantén unha cruzada en contra da lingua galega. De aí
a convocatoria desta nova manifestación aproveitando a conmemoración do
Día das Letras Galegas.
Para
facilitar a asistencia dos veciños do Salnés, a plataforma fletará
autobuses que sairán ás 10 e media da mañá da praza do Corgo do Grove,
ás 11 menos cuarto de diante do Concello de Cambados e ás 11.00 da Casa
do Mar de Vilagarcía. Os interesados poden anotarse antes do mércores ás
oito da tarde no 986565059 ou no 986505323. Tamén no email salnes@queremosgalego.org.
A
plataforma espera que esta sexa a última manifestación reivindicativa, á
espera de que o goberno autonómico mude e faga súa a defensa do idioma
da comunidade.


No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.