Miles de cidadáns acodiron este domingo á chamada da plataforma Queremos Galego a manifestarse en Santiago en defensa do galego baixo o lema 'Pola lingua que nos une. Queremos galego na escola'. A plataforma, impulsada e coordinada pola Mesa pola Normalización Lingüística e conformada por máis de 700 entidades, pide a derogación do decreto do plurilingüismo e a retirada do proxecto da LOMCE, que os detractores denominan "lei da Wertgoña".
A manifestación, para a que a organización fletou autobuses desde localidades das diversas bisbarras de Galicia, empezou con case media hora de retraso sobre o horario previsto, as 12:00 horas. A protesta é apoiada por líderes dos partidos da oposición, PSdeG, Alternativa Galega de Esquerdas (AGE) e Bloque. Participaron na manifestactón os socialistas Pachi Vázquez, Xoán Caamaño, Carmen Gallego, Méndez Romeu, Sánchez Presedo ou Carlos Fernández; Xosé Manuel Beiras e Yolanda Díaz, de Alternativa, e os nacionalistas do BNG Francisco Jorquera, Guillerme Vázquez, Carlos Aymerich ou Bieito Lobeira.
Ao remate do acto, os milleiros de manifestantes encheron a praza da Quintana, na que non houbo palco de oradores como noutras ocasións, debido, segundo a plataforma, a que o Concello pediu 600 euros. Esta actitude das autoridades municipais foi criticada e interpretada como a vontade de impedir a protesta. Os responsables afirmaron que denunciarán os feitos ante os tribunais. O palco, nesta ocasión, substituíuse por unha pequena carpa no alto das escaleiras da praza da Quintana, a carón da casa da parra.
O acto finalizou co himno galego e os líderes recordaron que é a primeira mnanifestación en defensa do galego que se celebra sen a presencia do histórico Avelino Pousa Antelo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.