Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta PRESUPOSTOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PRESUPOSTOS. Mostrar todas las entradas

17 de noviembre de 2016

A DEPUTACIÓN AUMENTA O SEU PRESUPOSTO ATA OS 152,4 MILLÓNS











A Deputación contará cun orzamento de 152,4 millóns de euros orientado aos concellos da provincia

A Presidenta e o Vicepresidente , Carmela Silva e César Mosquera, presentan os catro eixes principais das políticas económicas do novo goberno provincial
A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o Vicepresidente, César Mosquera, presentaron hoxe os orzamentos da institución provincial que ascenden ate 152,4 millóns de euros o que representa un 0,3 por cento máis que o ano 2016. O orzamento consolidado, sumando a Fundación da Escola Universitaria de Enfermaría, o Consorcio Provincial Contra Incendios e o Consorcio contra incendios Deza-Tabeirós acada a cifra de 155,4 millóns de €.
A Presidenta destacou que o orzamento é o instrumento para o desenrolo das políticas do novo goberno provincial no que son catro os eixos principais que vertebran a xestión da Deputación de Pontevedra: os concellos, o emprego, a igualdade e a cohesión social.
O vicepresidente César Mosquera sinalou, pola súa banda, que o feito de que a Deputación sexa a primeira institución da provincia que presenta os orzamentos para o ano 2017 é unha demostración de que o goberno ten "unha saúde de ferro", así como indicador de "solvencia, boa xestión e facilidade de entendemento".
En canto ó primeiro obxectivo, os concellos, Carmela Silva subliñou que o novo goberno da Deputación "recuperou o protagonismo dos concellos, cun trato de igual a igual, de colaboración, apoio e asistencia no desenvolvemento das súas competencias, respectando sempre a autonomía local e baseado na cooperación municipal para garantir a sustentabilidade económica-financiera dos mesmos". Silva engadiu que "no 2017, ó igual que no 2016, non vai haber reparticións discrecionais senón criterios obxectivos, claros e transparentes".
Neste contexto, o Plan Concellos 2017 contará cun orzamento de 41,2 millóns de €, 1,2 millóns de € máis, para garantir a sostenibilidade económica dos concellos con menos de 50.000 habitantes, "ó que – tal e como engadiu Silva – hai que sumar todo o financiamento das diversas áreas que repercuten directamente nos mesmos. De feito, o 27% do total de gastos do orzamento da Deputación no 2017, un 1% máis que no 2016, destínase directamente ós concellos e o Plan Concellos triplica esta media".

Como novidade,  este ano contémplanse máis recursos para os concellos máis pequenos. A Presidenta da Deputación  manifestou ó respecto que "se ben no 2016 se destinaba un 30% ós concellos de menos de 10.000 habitantes, un 40% ós de entre 10.001 e 20.000 e un 30% ós de entre 20.001 e 50.000, no 2017 o reparto será do 40% para os concellos de menos de 10.000 habitantes, do 35% para os que teñan entre 10.001 e 20.000 e o 25% para aqueles que teñan poboacións comprendidas entre os 20.001 e 50.000 habitantes".
Así mesmo, Mosquera destacou que se están a cumprir os compromisos adquiridos cos concellos porque "temos un programa de goberno que marca a nosa folla de ruta que imos executando cos orzamentos de cada ano". Nese sentido, o nacionalista recoñeceu que as contas para 2017 son "profundamente continuístas" porque buscan a aplicación duns eixos de goberno polos que se aposta claramente: "Malo sería se houbera un cambio de liña, xa que remataría todo nun desastre. Estamos contentos de ir resolvendo os problemas que nos transmiten os concellos e seguiremos sendo continuístas en que non haxa fondos de libre disposición e en desenvolver a estratexia de turismo, compostaxe ou mobilidade, porque atenden necesidades".
En demostración do compromiso do goberno provincial cos concellos, Mosquera explicou que deixando a un lado os gastos propios de persoal (nóminas), o gasto corrente (luz, auga, pago de facturas), fondo de continxencia e pago de débedas  -que supoñen 80 millóns de euros-, a institución provincial dispón de 70 millóns para organizar e distribuír. "Hai 28 millóns en transferencias correntes e 32 de transferencias de capital para os concellos. É dicir, 60 millóns van para os concellos e o gasto propio queda en apenas dez millóns para actuacións de Mobilidade e seguranza viaria nas estradas de titularidade provincial. De 70 dispoñibles, 60 van aos concellos: máis imposible, xa que só quedarían non pagar a luz para poder aportar máis aos municipios. Son cifras ‘gordas' e inapelables", salientou.
Tamén se incrementan os recursos para axudar ós concellos na sustentabilidade do seu medio natural, destinado case 4 millóns de € para o tratamento e xestión de residuos, para o subministro de composteiros, para a mellora dos montes e dos sistemas produtivos agropecuarios e pesqueiros. Silva manifestou que "ampliamos nun 44,2% as axudas para acompañar ós concellos na formación, orientación e despegue destes traballos, con persoal experto pero tamén con recursos económicos necesarios. Amais, a investigación que se desenvolve en Mouriscade e Areeiro recibirá un 1,3% máis de financiamento que no 2016".
En canto á asistencia municipal, destinarase un 89% máis para ampliar os medios humanos e materiais para que os concellos poidan avanzar nas prestacións de servizos e xestionar administrativamente nas mellores condicións. Tamén se investirá un millón de € no programa de anticipos que seguirá sen xuros e sen comisións.
O segundo dos obxectivos da Deputación é o fomento do emprego e da actividade económica.  Neste eido, as liñas para o fomento do emprego medran o 6,34% ata acadar 4,1 millóns de € ós que hai que engadir 9 millóns destinados ó emprego a través do Plan Concellos. En total, tal e como deu a coñecer a Presidenta da institución, "falamos de 13 millóns de €, o 8,5% do orzamento, para o fomento do emprego e a aposta pola formación e inserción laboral, ós que hai que engadir máis dun millón de euros para a modernización, innovación e maior competitividade das pemes da provincia e 500.000 € para rematar as infraestruturas de solo industrial e dotar ós polígonos de Barro e Lalín de maior atractivo para a implantación de empresas".
Carmela Silva tamén informou que 16,2 millóns de e se destinarán á mellora das infraestruturas provinciais, dotando de maior accesibilidade á provincia e de estradas de calidade para a veciñanza.
En canto ó turismo, a Deputación de Pontevedra destinará 4 millóns de euros, un 10,7% máis que no 2016, a apostar por esta actividade para, en palabras de Silva, "continuar reforzando un modelo de atracción turística que permita o desenvolvemento económico da provincia".
O terceiro obxectivo dos orzamentos da Deputación de Pontevedra para o 2017 é a igualdade, co fin de incrementar estruturas que desenvolvan políticas de igualdade e xeren recursos suficientes para o seu funcionamento. A Presidenta da institución provincial fixo fincapé en que "a igualdade entre mulleres e homes é unha das liñas de actuación prioritaria do goberno, xa o demostramos coa creación do servizo de igualdade pero agora queremos reforzar os seus medios destinando máis dun millón de €, un 41,3% máis que no 2016, para incorporar o principio de igualdade como un factor de cohesión social".
O cuarto grande obxectivo é acadar unha maior cohesión social, apostar polos servizos, a xuventude, a cultura e o deporte. Neste campo, o servizo de cohesión social contará cun orzamento de 5,5 millóns de € para o impulso dos servizos sociais municipais, un 7,4% máis que no 2016. Tamén a xuventude, a través do centro da Lanzada contará cun 6% máis de orzamento e 10,9 millóns de € se destinarán ó Centro Príncipe Felipe.
En canto ós servizos lingüísticos e promoción cultural, se destinarán 3,7 millóns de €, un 6,5% máis que no 2016, e a xestión do Museo e o patrimonio documental e bibliográfico recibirá máis de 6 millóns de e. O Museo recibirá un 4% máis que no 2016 e a Escola de Cantería tamén incrementará un 4,5% o seu orzamento. Pola súa banda, o deporte recibirá máis de 4 millóns de €, un 47% máis que no 2016.
Para finalizar, o vicepresidente manifestou a súa esperanza por que se consolide a liña de traballo do actual goberno, apostando por proxectos e financiamento claros, "e que os cantos de serea" que piden un cambio para "que se volva a funcionar cos cheque non volvan". "Os cartos son dos cidadáns e nós estamos de paso. Temos que gastalos para maior aproveitamento e beneficio dos administrados", insistiu.
Mosquera rematou a súa intervención cun "Parabéns, presidenta!" en recoñecemento do traballo e o acordo polos orzamentos, palabras que foron seguidas dun apertón de mans entre ambos dirixentes.
En conclusión, e en palabras da Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, "este orzamento e estes obxectivos, que veñen a incrementar as políticas dirixidas ás persoas, se poden resumir nun 30% do orzamento do gasto destinado ós concellos, con 41,2 millóns máis 3,3 millóns en liñas de axuda noutras áreas; nun 22,6% ó emprego, actividade económica e infraestruturas, con 34,5 millóns dirixidos a este fin; e 32,4 millóns para a igualdade, cohesión social, cultura, xuventude e deportes, un 21,1% do orzamento. En total, o 85,6% do orzamento de gastos da Deputación de Pontevedra no 2017 destinarase a estes grandes obxectivos globais".



10 de marzo de 2016

APROBACIÓN DEFINITIVA CRÉDITO EXTRAORDINARIO E SUPLEMENTO DE CRÉDITO








O Pleno do Concello de Cambados, en sesión celebrada o día 28.01.2016, aprobou con carácter provisional o expediente de crédito extraordinario e suplemento de crédito nº 1/2016 con cargo a baixas por anulación.

De conformidade co disposto nos artigos 169 e 177.2 do RDL 2/2004 de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, e 20 e 38 do R.D. 500/1990, de 20 de abril, o expediente foi exposto ó público durante un prazo de 15 días hábiles, prazo no que os interesados puideron examinalo e presentar reclamacións ante o Pleno.
Ó non terse presentado reclamacións contra a devandita modificación de crédito, esta considerarase definitivamente aprobada.
Faise público que unha vez realizada as modificacións obxecto deste expediente, o orzamento deste Concello para o exercicio 2015, prorrogado na actualidade, presenta a seguinte distribución por capítulos:







7 de marzo de 2016

OS ORZAMENTOS MUNICIPAIS DE CAMBADOS A EXPOSICIÓN PÚBLICA







Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación, en sesión do 25.02.2016, o Orzamento Municipal para o exercicio 2016, en aplicación do disposto no artigo 169 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, anúnciase a súa exposición pública durante 15 días hábiles, contados dende o seguinte ó da publicación do anuncio No BOOPO, a efectos de exame e reclamacións. De non formularse estas, entenderase elevado automáticamente a definitivo o referido acordo de aprobación inicial.

Orzamentos do Concello

Nese mesmo Pleno tamén foi aprobada inicialmente a modificación da Relación de postos de Traballo (RPT) do Concello de Cambados, en aplicación do disposto no artigo 202 da Lei 2/2015 de 29 de abril do Emprego Público de Galicia, anúnciase a súa exposición pública durante 20 días hábiles, contados dende o seguinte ó da publicación do presente anuncio, a efectos de exame e reclamacións. De non formularse estas, entenderase elevado automaticamente a definitivo o referido acordo de aprobación inicial.



20 de febrero de 2016

AUMENTO DO GASTO SOCIAL NOS PRESUPOSTOS DE CAMBADOS







O cuatripartito de Cambados xa ten listos os seus primeiros orzamentos. Para este 2016, o Concello contará con 9,4 millóns de euros, que supoñen 800 mil máis respecto das contas de 2015. Para o equipo de goberno son unhas contas austeras e transparentes, marcadas polas da lexislatura pasada. A súa intención é levalas ao vindeiro pleno.

O concello de Cambados disporá de 9,4 millóns de euros para este 2016. Supón  un incremento de 800 mil euros respecto dos orzamentos de 2015, e xa contempla a designación de 900 mil euros que achega a Deputación de Pontevedra, destinados ás obras da Praza de Abastos e investimentos en infraestruturas, vías públicas ou saneamento. As contas incrementan a partida de servizos sociais. Destinaranse 20 mil euros máis para o servizo de axuda no fogar, e 15 mil a maiores para o fondo de emerxencia social. Por primeira vez, a área de igualdade contará con 5.000 euros. As partidas para as asociacións benéficas e as becas para os estudios recibirán 40 mil e 18 mil euros respectivamente. 
A que se mantén é a partida de festexos, que acada os 275.000 euros. Aínda que o goberno asegurara que é excesiva, explicaron que está marcada por contas pendentes do anterior executivo, como o xantar do albariño de 2014. Unha partida que aumenta é a de gastos de persoal. 5.000 euros máis que compensan coa eliminación dos gastos en protocolo e das horas extra do persoal de confianza. Si recoñeceron que non se trata dos orzamentos participativos que buscaban ao principio da lexislatura. Aseguran que se debeu ao pouco tempo que tiveron para realizalos, e á falta de mecanismos xa deseñados para canalizar a participación veciñal. O cuatripartito trasladará a documentación ao Partido Popular o vindeiro luns. O orzamento levarase á aprobación do pleno de febreiro e, despois, publicaranse tanto no Boletín Oficial do Estado como na páxina web do concello.






11 de febrero de 2016

APROBACIÓN INICIAL EXPEDIENTE DE CRÉDITO EXTRAORDINARIO E SUPLEMENTO DE CRÉDITO






O Pleno do Concello de Cambados, en sesión celebrada o día 28.01.2016, aprobou con carácter provisional o expediente de crédito extraordinario e suplemento de crédito nº 1/2016 con cargo a baixas por anulación.
De conformidade co disposto nos artigos 169 e 177.2 do RDL 2/2004 de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, e 38 do R.D. 500/1990, de 20 de abril, o expediente exponse ó público durante un prazo de 15 días hábiles contados a partires do seguinte á data de inserción do presente anuncio no B.O.P, prazo no que os interesados poderán examinalo e presentar reclamacións ante o Pleno.
A devandita modificación de crédito considerarase definitivamente aprobada, se durante o período indicado non se presentan reclamacións. En caso contrario, o Pleno disporá do prazo dun mes para resolvelas, contado a partires do seguinte á finalización da exposición ó público.



25 de octubre de 2015

O PSOE ACUSA AO PP DE DEIXAR DE LADO A CAMBADOS NOS PGE








O PSOE critica que o goberno de Rajoy impida importantes inversións para Cambados ao rexeitar as enmendas presentadas aos Presupostos do Estado


No trámite parlamentario dos Presupostos Xerais do Estado para o ano 2016, o Partido Popular rexeitou tódalas enmendas presentadas polos grupos da oposición, entre as cales figuran unha serie de inversións que os socialistas de Cambados reclaman para a nosa vila.

Medidas para a rexeneración da ría, tan necesaria para os nosos mariñeiros, ou o saneamento da rede de sumidoiros, non serán levadas a cabo durante o vindeiro ano pola negativa do PP a dialogar. Tamén se impide a construcción dun novo cuartel para a Garda Civil, algo que dende o PSOE local levan reclamando dende fai moitos anos, ou a continuación e a rehabilitación da senda fluvial do Umia.

Tamén foron rexeitadas medidas de ámbito maior e que tamén afectan a Cambados, como a reclamación dunha aportación financieira para un Plan Integral de Emprego de Galicia, ou un Plan de Reindustrialización e Apoio á Competitividade Industrial de Galicia.

Dende o PSOE cambadés lamentan que as presas por querer ter listo o orzamento antes do remate da lexislatura, leven ao goberno a aplicar o rodillo e non dialogar con ninguén, algo impropio cando faltan tan só dous meses para as eleccións xerais.

A alcaldesa de Cambados, a socialista Fátima Abal, sinala que “lamentablemente, esta é a forma de facer política á cal nos ten acostumados o Partido Popular, usando as maiorías absolutas para impoñer, para evitar dialogar. Fixeron o mesmo en Cambados, e a sociedade fartouse, e o mesmo vai pasar co goberno central o próximo 20 de decembro. Por eso teñen tanta presa por aprobar estes orzamentos antes do final da lexislatura”

“É un completo despropósito –sinala Fátima Abal- que un goberno impoña uns presupostos desta forma, sen dialogar e sen aceptar ningunha das enmendas da oposición, sobre todo coas eleccións xerais á volta da esquina. A actitude autoritaria do Partido Popular pretende que o goberno resultante das eleccións teña as mans atadas durante o seu primeiro ano por culpa destes orzamentos. Fronte á imposición, os socialistas apostaremos sempre polo diálogo e polo acordo, xa que é a forma de favorecer os intereses de tódolos cidadáns.”

A pesar do rexeitamento do PP ás enmendas, Fátima Abal afirma que “seguiremos loitando pola defensa de Cambados en tódalas institucións, polo que varias das enmendas voltarán a reclamarse na tramitación dos presupostos xerais da Xunta de Galicia” e agarda que un próximo cambio no Goberno Central “veña acompañado dunha forma de facer política aberta e de cara aos cidadáns, e non de costas a estes como sucedeu nos últimos anos”.




12 de septiembre de 2015

O PSOE CAMBADÉS PIDE COMPROMISO AO PP LOCAL










O PSOE de Cambados pídelle ao PP que esixa aos seus deputados que apoien as enmendas que favorezan a Cambados nos Presupostos do Estado. Avanzan que o grupo socialista apoiará todas as enmendas que vaian a favor de Galicia, independentemente de quen as presente. Durante estes días estanse a tramitar no Congreso dos Deputados os Presupostos Xerais do Estado para o vindeiro 2016, uns presupostos para os cales os socialistas levan presentadas unha serie de enmendas que afectan, ben de forma directa ou ben de forma indirecta, a Cambados. 

Sen embargo, a maioría absoluta que ostenta o Partido Popular nas Cortes, e da cal se queren servir para aprobar estes orzamentos en vísperas das eleccións xerais, fai que o voto favorable do PP sexa imprescindible para poder aprobar calquer tipo de enmenda. É por esto que dende a formación que encabeza Fátima Abal lle piden ao PP de Cambados que esixa aos seus deputados e senadores o apoio para esas enmendas, Á vez que avanzan que os deputados e senadores socialistas sí apoiarán calquera enmenda que vaia a favor de Galicia, e polo tanto tamén de Cambados, presente quen a presente, demostrando así altura de miras e un auténtico compromiso coa nosa vila. Os socialistas lembran que entre as súas enmendas figuran medidas para a rexeneración da ría de Arousa, tan necesaria para os nosos mariñeiros, ou o saneamento da rede de sumidoiros. 
Tamén se presentan enmendas para a construcción dun novo cuartel da Garda Civil ou para a continuación e rehabilitación da senda fluvial do Umia. Tamén serán presentadas polos socialistas medidas de ámbito maior pero que afectan a Cambados, como son a reclamación dunha aportación financieira para un Plan Integral de Emprego de Galicia, ou un Plan de Reindustrialización e Apoio á Competitividade Industrial de Galicia. Os socialistas temen que, unha vez máis, o Goberno que preside Mariano Rajoy volva a marxinar a Cambados, e por eso lle reclaman aos populares “que, por unha vez, antepoñan o interese xeral de Cambados aos intereses de partido”. Fátima Abal afirma que “ocorra o que ocorra, os socialistas estaremos sempre en tódalas administracións defendendo inversións para Cambados, colaborando man a man con todos os deputados e senadores socialistas para conseguir inversións para a nosa vila”.



12 de julio de 2015

DE FIERAS, HERDANZAS E OUTRAS MANIPULACIÓNS





"El PP aconseja al Concello que gestione y no busque excusas"   ou

"Aragunde asume que dejó partidas casi sin dinero, pero insta al gobierno "a gestionar"" son dous titulares que onte podíamos leer na prensa comarcal e recollen as palabras de Luís Aragunde e onde viña a decir que sí gastou cartos sen control, como o acusou o xoves o actual Goberno Municipal.

Antes de saír estas declaracións medios a fíns como cans de presa e acólitos varios saíron as redes coma si dunha estampida se tratase para defender a "limpeza" e "bo facer" de Aragunde e o seu equipo. Toda a "familia popular" xenros e noras tamén.

O argumento de Aragunde para esto é que "....as inversións quedaron mermadas pola crise nos últimos anos". Non se da conta que o presuposto está para cumprir co máximo rigor. Unha familia normal cuns recursos normais sabe xestionar todo esto pero a "familia popular" debe nadar na abundancia e non lle importa gastar todo o presuposto para un ano en cinco meses. Seguramente despois viría a empurrar do carro a Deputación ou a Xunta. E si non aparecen?.

Luis Aragunde remitiu o venres pola tarde un comunicado para respostar ao cuatripartito, pero faino con afirmacións xeralistas e sen rebater as acusacións con cifras nin negar a existencia desas partidas que quedaron practicamente baleiras. O líder da oposición formula en primeiro lugar que a esquerda só conta medias verdades, porque "na contabilidade quedan subvencións xestionadas polo equipo de Luis Aragunde e tamén se encontran agora con elas (o novo goberno), pero diso non lles interesa dicir nada". Pero non explica que esas subvencións non están aprobadas polo tanto non se poden contar como ingresos, cousa que si fixo el con cartos que varias empresas deben ao concello e que serán moi difícil de cobrar pois estas están en concurso de acreedores.

Acusa a o novo Goberno Municipal de usar o término "herdanza" algo que deben creer exclusivo porque pasamos anos escoitando ese termo nas bocas populares incluso no debate de TeleSalnés usou para referirse ao goberno de Xoan Antonio Pillado cando moitos nin nos iniciáramos no antiguo Bacharelato. E xa non digamos escoitar a herdanza que recibeu Feijóo ou Mariano Rajoy.

Por esto e por máis os acólitos, cans de presa ou medios afíns que primeiro consulten con Aragunde antes de facer esa defensa do indefendible. Que aprendan a xestionar, que remedio co que deixaron nas arcas municipais non toca outra.



11 de julio de 2015

REDE DE MENTIRAS







    REDE DE MENTIRAS

A sesión constitutiva do Pleno do Concello de Cambados non defradou a naide. Escenificouse  o que vai ser unha loita sen cuartel entre a oposición capitaneada por Luis Aragunde e o Grupo de Goberno encabezado por Fátima Abal. O primeiro punto da orde do día foi a aprobación do carácter da sesión e  provocou o primeiro enfrontamento dialéctico entre Fátima e Luis. Este último queixouse amargamente do pouco tempo que tivo para preparalo mesmo, vinte e pico horas nada máis, e que non lle parecía serio. A Alcaldesa de Cambados lle deu as grazas pola súa suxerencia, a súa recomenda, pero tivo a ben  lle lembrar o que a lei reflicte para a convocatoria dunha sesión extraordinaria urxente:  non ten periodicidade preestablecida e todos e cada un dos concelleiros electos fóron debidamente notificados mediante cédula de notificación.

Foi o primeiro dos “sopapos” en sentido metafórico que recibiu por parte do equipo de goberno unha vez descoñecer este extremo  é un erro de “principiante” por moito que na Prensa os días anteriores quixera manipular á opinión pública. Esta última estaba expectante por comprobar que ocorría neste primeiro enfrontamento político e encheu quince minutos antes o Salón de Plenos. A orde de colocación dos membros da mesma se estipula por lei, e o grupo máis votado escolle onde se sentar, mentira o que publica algún Blog da Dereita de que se faltou o respeto desde un principio ao grupo da oposición, ao contrario: os veciños e o grupo de goberno recibiron en canto o reloxo daba ás 9 da noite ao Grupo da Oposición cun silenzo reverencial, co máximo respeto que lle corresponde ao partido no que depositaron a súa confianza milleiros de Cambadeses.

Os soldos e as liberacións do Grupo de Goberno era a némese deste Pleno e non defraudou. Luis cargou con todo, bravo, directo pero mentindo, e xa van dúas veces e isto non levaba nin 10 minutos. Anunciou coma no anterior punto de que ían  votar en contra porque este grupo de goberno lle sae máis caro aos Cambadeses que o del (cando prometeron en campaña o contrario). Que son 4 liberados e polo  tanto era o doble de gasto. Cedeu a palabra Fátima ao Concelleiro de Economía e Facenda Xurxo Charlín Trigo que lle deu cumprida resposta sinalando de que non se pode falar destas cuestións unha vez o Orzamento do ano 2014 non ten remate  ata o día 31 de Nadal, algo que tamén “ignora” polo que se ve Luis Aragunde. En todo caso  lembrou que os liberados do actual equipo de goberno foron todos e cada un escollidos un polos veciños cos seus votos e que él cos dous asesores que levaba superaba o umbral do que falaba. Aragunde pediu a palabra e dixo que tanto Benito Leiro coma Mané Galiñanes non eran políticos e que sacou a ámbolos dous das listas do INEM … eu quedei absorto nese intre e pensei para os meus adentros coma máis da metade dos veciños que alí estaban e por qué eses dous e non outros ? Pos porque va a ser, porque son os teus amigos. O público escarallouse coa ocurrencia do ex-alcalde.

Xa ían  dúas mentiras e aínda non pasaramos o Ecuador do Pleno. Chegou o intre de estabelecer a periodicidade das Sesións do Pleno no que o Equipo de Goberno propuxo facer un Pleno mensual, non cada dous meses coma se viña facendo ate agora. Aquí pediu a palabra Aragunde e dixo que co volume de traballo que había nun Concello coma Cambados  era excesivo facelo deste xeito,  que abondaba cada dous meses e que segundo él os veciños non tiñan porque soportar ese gasto (dietas de asistencia). De novo, e lóxicamente por seren materia económica Xurxo respostou  que había que correxir de xeito inmediato cousas do anterior goberno, coma a transparencia (da que facían caso omiso) e o secretismo das súas decisións ían facerse cada mes para velar pola democracia, e que a asistencia masiva dos veciños entre o Público así o manifestaba. Comparto o pensar do responsable de Finanzas e non me penso perder nin un Pleno porque quero saber que o que fai cos nosos cartos, e moito máis despós do que hoxe publican os dous principais xornais da Comarca,  do que parece ser un “asalto” ás Contas Públicas perpetrado polo “primeiro dos Cambadeses” na súa derradeira lexislatura.
ENLACE



Unha vez pasado o Ecuador do Pleno chegou o intre de aprobar as Comisións Informativas Permanentes e  deuse  lectura á
ENLACE
composición das mesmas polo actual equipo de goberno. Luis dixo que neste punto  ían votar en contra namentras escoitaba desencaixado a composición das mesmas. Entre a Alcaldesa e o Responsable de Finanzas desmontaron unha por unha tódalas súas “suxestións” coa máxima educación, con cifras e datos, e a alxebra aínda que a inventaron os árabes a súa práctica se estuda e se pon en práctica cando detrás hai unha preparación,  e tanto Fátima coma Xurxo están sobradamente preparados e Luis pos que queredes que vos diga: os datos están no anterior enlace, só abonda con ler, e xa o levan denunciando os Blogs perante toda a anterior lexislatura, concretamente Alza La Voz Cambados, Cores de Cambados e A Ti Meu Cambados.

ENLACE

Estaba  desquiciado Luis a estas alturas. Fátima xa lle mandara dous capotes ao lle lembrar que eran un só equipo de goberno (o que levantou os vítores do público asistente) e que “tranquilidade, tranquilidade, tranquilidade, Luis”, agora quen  modera os debates e da o turno de palabra son eu por moito que te pese. O que escribe estas liñas, e tódolos medios se fixeron eco de que esto é outra cousa con Fátima Abal ao fronte: esta moza ten educación,  cultura e aplomo e levou a sesión para ser a primeira vez que conduce un Pleno de xeito maxistral. Imaxinade o aturdido que estaba Luis que vai e se abstén cando dixo que ía votar en contra. Todas e cada unha das mentiras que tiña preparadas foron desmontadas unha por unha polo actual equipo de goberno.

O Director de Cine Ridley Scott  fai no fime Rede de Mentiras un tratado filosófico e moral sobre a responsabilidade humana e as compulsións emocionais e fai desta un vehículo definitivo para as estrelas. O embaixador Xordano lle di a Leonardo di Caprio “eu teño unha regra se vamos a colaborar xuntos: nunca me minta”. Pos se colle a Luis Aragunde non te digo coma ía quedar o tipo, porque minte máis do que fala;  presuntamente xa o facía de neno e de maior sigue igual. As árbores cando se torcen non hai xeito de enderezalas e o de Luis non ten arreglo e nin mentar a tropa que leva con él.

Un artigo de Óscar Manuel Núñez.-





9 de julio de 2015

ARAGUNDE HIPOTECOU O ANO PARA TENTAR SER REELEXIDO





Esta mañá en rolda de prensa os Concelleiros de Economía e Cultura, Xurxo Charlín e Victor Caamaño acompañados da alcaldesa, Fátima Abal amosaron a situación económica delicada no Concello de Cambados.


O novo equipo de goberno asegura, tras realizar o estudo contable, que a situación económica do municipio non é nada boa tal e como aseguraba o anterior executivo presidido por Luís Aragunde.
Segundo o novo grupo de goberno, o superavit de 500.000 euros co que contaba o Concello, non é real debido ás debedas que dúas empresas en concurso de acreedores teñen coa administración e será moi dificil recuperar eses cartos.
Segundo o novo grupo de goberno, en tan só os primeiros meses de este ano, o anterior mandato de Luis Aragunde gastou todo o orzamento destinado a cultura.
Dos 44.200 euros previstos para actividades culturais para o ano, nestes momentos as cifras rexistran un negativo total de -1.000 euros.
 Das cifras que manexa o novo goberno despréndese que, por algunhas das áreas, da partida de 30.000 euros destinada ó mantemento de centros escolares, só quedan 1.386 euros.
Para actividades de ocio e tempo libre, dun crédito de 17.000 euros tan só se dispón de 4.826 euros. E para o mantemento de instalacións deportivas, de 28.000 euros quedan
-10.556 euros.
En canto ó orzamento de 317.000 euros para festexos, en catro meses gastáronse 135.000 euros, co que, segundo o cuatripartito, este ano a festa do Albariño tera que organizarse con 100.000 euros menos que nos anteriores anos.
A nova administración municipal amosase moi sorprendida con esta situación, que, aseguran, non deixa de empeorar xa que aínda esta semana estan chegando as facturas sen pagar do Xantar do Albariño do ano pasado.
Entende o cuatripartito que o modelo de xestión de Luis Aragunde foi un perigo para a economía do concello, destinou partidas nos últimos meses con fins electorais, e esta obrigando ó novo executivo a paralizar as actividades do municipio.
Díxose no pleno se investidura que había un 843.000 € en tesoureiría, pero dias despois había que pagar 138.000 €. 
Ao que hai que engadir 1.177.558,32 € pendientes de pagar. E as facturas do ano pasado continuan a chegar.


INFO-AROUSA SI RADIO.
IMAXES- A TI MEU CAMBADOS E AROUSA SI RADIO.




3 de marzo de 2015

A MENTIRA COMO RUTINA NA XESTIÓN DO NOSO CONCELLO




A mentira como rutina na xestión do concello

Artigo de Víctor Caamaño
portavoz do B.N.G. en Cambados

A pasada semana tivemos a ocasión de comprobar como o PP non entende en que consiste iso do que tanto fala e chama transparencia. E sobre todo á transparencia referida á utilización dos cartos de todos e todas, que está a manexar. Estamos a falar do asunto das contas da Festa do Albariño que solicitamos o pasado mes de agosto, que se nos entregou no mes de novembro e que no mes de febreiro comprobamos como, ao BNG, se lle ocultou a verdade; é dicir, se lle mentiu. No seu momento, a petición de información económica (contas do Albariño 2014) era moi clara e o BNG a repite todos os anos considerando, ademais, que por falar de cartos públicos, a referida documentación  debería estar á vista de todos os veciños e veciñas.

Os datos sobre as contas do Albariño que nos facilitaron novembro, mostraban uns gastos totais de 251.082´62 € e o BNG sinalaba, naquel momento, que lle semellaba moi raro que non constaran, por exemplo, os gastos da habitual empresa de catering do Xantar do Albariño, o que nos levaba a desconfiar que, tal vez, tamén se “esqueceran” de apuntar outros gastos relacionados coa citada festa. E así foi. No pleno da pasada semana demostrouse que o PP ocultaba datos, pois  de súpeto apareceu un novo gasto de 42.256 € en festexos, onde a factura de máis de 5000 € de Pulpería Aurora, certas actuacións típicas desta festa e finalmente a resposta do alcalde, confirmaron as nosas sospeitas de que ao BNG non se lle entregou toda a información referida aos verdadeiros gastos ocasionados pola festa. Calquera se fía de gobernantes así…
O BNG non pode entender como o PP fai unha ocultación tan burda de datos que, ademais, sabe van ser públicos; mostran poucas luces nisto. Este modo de actuar non é casual e, polo tanto, demostra, por unha banda, un comportamento infantil, indigno da responsabilidade que esixe ser un  representante político elixido democraticamente e, por outra banda, o PP con este tipo de comportamentos está pedindo a berros deixar o goberno municipal do concello de Cambados.


27 de febrero de 2015

A FALLA DE PREVISIÓN DE ARAGUNDE DÓELLE AOS NOSOS PETOS







Previsión, cero

Un artigo de Víctor Caamaño protavoz 
do B.N.G. no Concello de Cambados.

No pleno Ordinario de decembro  aprobamos o Orzamento Municipal para o ano 2015 e,  hai poucos días, se lle deu o aprobado definitivo co exclusivo voto a favor do PP. Onte, tamén co único voto a favor do PP, aprobouse un expediente de creto por valor de 211.137 €. A razón para a presentación deste  foi que, a día de hoxe, xa non existe creto suficiente nas partidas correspondentes do Orzamento 2015, que se ven de aprobar. Ante esta situación non é de estrañar que o BNG, no correspondente pleno, dixera que o Orzamento 2015 carecía totalmente de previsión e planificación e en moi poucos días pasou a demostrarse. E non estamos a falar de que hai que pagar gastos inesperados, senón que, por exemplo, aí temos os gastos de mantemento de centros escolares, gardería e conservatorio con case 30.000 €, cando o BNG leva anos (nesta ocasión tamén) dicindo que se debe ampliar a partida para mantemento de centros escolares xa que todos os anos se queda tremendamente escasa. O mesmo ocorre co mantemento de distintas instalacións municipais e os seus consumos enerxéticos; gastos que se repiten todos os anos e que, polo tanto, non se deben contemplar como un gasto imprevisto. 

E que se pode dicir dos 42.256 € en festexos, cando o BNG ten criticado que xa a partida orixinal de preto de 300.000 €,  está sobredimensionada. Por certo, eses 42.256 €, foron gastos que non aparecen entre os que o Concello entregou ao BNG na solicitude de gastos da Festa do Albariño (se lles esqueceu?). Pero ademais, como é posible que te collan por sorpresa os gastos de  máis de 5.000 € da Pulpería Aurora (xantar do Albariño) ou os máis de 8.000 € das actuacións de D´Tacón? Se estes son os gastos de todos os anos, non poden ser imprevistos para quen leva no concello un cuarto de século. 


O máis gracioso é saber que os cartos para pagar os gastos de 211.137 € sairán do remanente de tesourería. É lóxico que se nos orzamentos non teñen en contas todos os gastos que deben pagar, que lle sobre un remanente de cartos, pero un remanente que non é real xa que no orzamento debéronse ter en conta os gastos totais do concello e non unha parte. Doutro xeito, se non tes en contra todos os teus gastos é moi doado dicir que che van a sobrar cartos. É doado pero non real; e o PP debe axustarse á realidade xa que é o responsable da boa  xestión dos cartos de todos os veciños e veciñas de Cambados e con este tipo de actuacións non está a cumprir co seu cometido.
Como se pode comprobar, non resulta aceptable dar a aprobación a un expediente deste tipo. Porque se isto no fose suficiente, o expediente vai acompañado dun informe de Intervención onde se afirma que estamos diante de facturas que non contan coa previa proposta de gasto nin do preceptivo certificado de existencia de creto emitido pola Intervención municipal, estando en presenza de contratacións verbais non admitidas no sector público e prohibidas pola lexislación vixente. Tamén afirma que para algunhas facturas non constan nin os orzamentos das obras, nin a aprobación previa do gasto e carecen da sinatura do técnico municipal. Igualmente,  tendo en conta as repercusións económico-orzamentarias e legais derivadas da realización de gastos non contabilizados, reitérase a urxente necesidade de rematar coa realización de calquera tipo de gastos que carezan de orzamento, pois segundo o Tribunal de Contas e o Consello de Contas isto debe ser excepcional, extraordinario, puntual e para algún gasto de escasa contía. É dicir, que non é o caso do concello de Cambados, que só se pode xustificar como unha penosa xestión municipal.



25 de febrero de 2015

O CONCELLO DE CAMBADOS SEMELLA UN BARCO Á DERIVA






Os socialistas de Cambados atribúen á pésima xestión de Aragunde o feito de que se pretenda aprobar un recoñecemento extraxudicial de crédito de máis de 200.000€ tan só dúas semanas despois da aprobación dos presupostos.

A formación que lidera Fátima Abal considera extremadamente grave que o concello utilice de forma recurrente os recoñecementos extraxudiciais de crédito para tratar de tapar a súa mala xestión. Lembran que esta é unha fórmula que se debe aplicar só con carácter excepcional, pero que o equipo de goberno de Luis Aragunde convirte nunha práctica habitual, seguindo a liña de improvisación que tanto caracteriza a este goberno municipal.
Fátima Abal considera “esperpéntico que despois de aprobarse uns presupostos municipais, os cales foron aprobados definitivamente no pasado pleno extraordinario do 10 de febreiro, tan só dúas semanas despois se pretenda aprobar este recoñecemento extraxudicial de crédito. Desgraciadamente, este goberno municipal xa nos ten acostumados a este tipo de improvisacións, posto que no pasado ano 2014 foron aprobados cinco recoñecementos extraxudiciais, os cales suman un total de 621.822,56€.  Esta é a forma de gobernar de Luis Aragunde, convertindo o que debería ser excepcional en algo habitual.”
O recoñecemento extraxudicial que o Partido Popular pretende aprobar no vindeiro pleno, impoñendo o rodillo da súa maioría absoluta, consiste nun crédito extraordinario de 85.306,46€ (é dicir, que non está consignado no orzamento) e un suplemento de crédito de 125.830,74€ (é dicir, que complementa a un gasto que sí está presupostado pero que a cantidade consignada resulta insuficiente), sumando en total 211.137,20€.
Os socialistas explican ademáis que o propio informe de intervención municipal é moi claro neste asunto, xa que califica como deficiente a xestión do gasto municipal. Dito informe especifica que ningún dos gastos incluidos no expediente foi obxecto de fiscalización previa pola intervención, incorrendo en causa de nulidade de pleno dereito polo que todos son obxecto de reparo por parte de intervención.
A maior parte do crédito extraordinario vai parar a contratos menores, que sen embargo foron realizados saltándose todos os trámites, polo tanto estamos ante contratacións verbais, algo que está terminantemente prohibido por lei no sector público salvo en casos de emerxencia, o cal non parece ser o caso posto que se está facendo de forma habitual. Así, con esta forma de xestionar, estase obviando todo control do gasto público xa que non hai nin orzamentos de obras nin aprobación previa do gasto, nin informe técnico, simplemente coa firma do alcalde e do capataz de obras é suficiente para realizar estes pagos, o cal vai en contra de calquera política de transparencia.
“É obvio –sinala Fátima Abal- que, en calquera situación, pero con máis motivo agora que a cidadanía esixe cada vez máis, con toda a razón do mundo, unha absoluta transparencia e un control riguroso do gasto público, estas prácticas resultan cando menos sospeitosas. É intolerable que este tipo de gastos públicos se tramiten desta forma. Esiximos que se acabe dunha vez o escurantismo, e que o diñeiro dos cambadeses sexa xestionado con rigor e con seriedade.”
“Seguramente o alcalde trate de excusarse argumentando que se saltan pasos para así poder axilizar os pagos, sen embargo as débedas acumuladas en facturas sen pagar dentro dos 30 días de plazo legal, ascenden a final de 2014 a 168.074,87€, algo que só se explica por unha chapuceira forma de xestionar. Estes atrasos no pago das facturas, froito da nula capacidade de previsión do goberno municipal, significan que agora, ademáis do custe propio das facturas, o concello tería que pagar os intereses de demora e as indemnizacións polos custes de cobro. As continuas improvisacións de Aragunde custan cartos, os cales saen dos bolsillos de todos os cambadeses”.



8 de octubre de 2014

OS SOCIALISTAS PIDEN MÁIS INVERSIÓN DESDE MADRID PARA CAMBADOS





Fátima Abal, voceira do PSdeG-PSOE en Cambados, denunciou que "unha vez máis o Partido Popular esquécese de Cambados nos Presupostos Xerais do Estado". "Dende que Mariano Rajoy é Presidente do Goberno, Cambados está nunha situación de marxinación da que Luis Aragunde é responsable directo por non defender o seu concello ante o seu propio partido", engadiu a voceira socialista.

Asemade, Fátima Abal quixo resaltar que "seremos os socialistas os que defendamos Cambados no Congreso dos Deputados, presentando emendas aos PXE reclamando inversións por un valor total de 1,7 millóns de euros."

"O Grupo Parlamentario Socialista presentará unha emenda reclamando unha vez máis a construción dun novo cuartel da Garda Civil en Cambados, aínda que sabemos que o Partido Popular non o quere facer, pois non quixo cando o anterior goberno o orzamentou e non quere agora ao non aceptar as emendas presentadas ano tras ano polo PSOE", sentenciou a voceira socialista en Cambados.


"Ademais do cuartel da Garda Civil, obra cun orzamento de 1 millón de euros, os socialistas pediremos que o Goberno central aporte 500 mil euros para o saneamento da nosa vila, pois, segundo palabras de Luis Aragunde no último pleno, o Concello non dispón do orzamento necesario para facelo; unha mostra máis da súa mala xestión", afirmou Fátima Abal.

A terceira emenda dos socialistas adicada a Cambados trátase da cuberta da piscina municipal, pois segundo a voceira socialista "é fundamental arranxar a cuberta que ano tras ano provoca que o Concello asuma unhas facturas en enerxía elevadísimas, ademais de así garantir a viablidade do complexo do Pombal para o futuro".


Fátima Abal concluíu afirmando "os socialistas estaremos sempre en tódalas administracións defendendo inversións para Cambados e colaborarei man a man con todos os deputados socialistas para conseguir que o PP invista en Cambados".