Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta PLENO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PLENO. Mostrar todas las entradas

3 de octubre de 2020

CAMBADOS NOMEARÁ A DOLORÈS DEL VALLE BECHADE FILLA ADOPTIVA


O xoves 8 de outubro se celebrará un Pleno extraordinario  para facer Filla adoptiva de Cambados a Título Póstumo a Dona María Dolorès del Valle Béchade, "A Francesa" pola súa xenerosidade co pobo de Cambados, saldando así unha débeda histórica coa gran benfeitora da nosa vila.

Desde o ano 2016, o parque infantil de enfrente ao Concello leva o seu nome, pero non é suficiente como para recoñecer a labor que esta muller fixo ao longo da súa vida (foi voluntaria como enfermeira durante a I Guerra Mundial en Angôuleme,  durante a Guerra Civil facendo o voluntariado no hospital improvisado na Toxa,  viviu na súa casa en Francia con nazis evitando que se apropiasen da súa casa...


Fixo moito pola mocidade cambadesa, donou os terreos para un campo de fútbol,  de cuio clube foi a presidenta (a primeira muller presidenta dun clube de fútbol) e que levaba o nome do seu irmán falecido (Merced), un espazo para a xuventude (Praza de a Xuventude), para unha granxa escola (pazo Serantellos, onde faleceu o 11/10/1967), daba clases e ensinaba a ler e a escribir a xente maior analfabeta da época, pintaba cadros, tocaba o piano, escribía sobre Cambados nun periódico francés... Está enterrada xunto cos seu pais e a súa irmá María no cemiterio de Santa Mariña. 

Bea Laya fixo unha reportaxe á súa única parente viva, a súa sobriña Lucía Vidal  de 104 anos. 

Tras esa reportaxe, non se pode esperar máis para facerlle un recoñecemento en nome do noso pobo.

Ademáis a praza de A Xuventude pasarase a chamar  "Praza de A Xuventude de Dolorès del Valle " e será acondicionada para a mocidade cambadesa para q aquel sexa o seu lugar de lecer, como era o desexo de "A Francesa".


MOCIÓN

O 24 de abril de 1885 foi unha data importante para o pobo de
Cambados por un feito ocorrido a algo máis de 1000 km de distancia,
en Angôuleme, ao suroeste de Francia.
E é que aquel día viu ao mundo María Dolorès del Valle Béchade, unha
figura moi importante para o desenvolvemento da nosa vila,
especialmente da súa mocidade, durante o século XX.
Coñecida como “A Francesa”, nunca deixou de selo, pois a pesares do
agarimo que sentía polo noso pobo e as importantes raíces que
botara nel, nunca renunciou á súa nacionalidade francesa.
O seu contacto con Galicia debeuse a motivos familiares, xa que a
amizade de seu pai, Leon-Manuel-Anatole del Valle co profesor Manuel
Burillo, descubriulles á familia del Valle Béchade os encantos do sur
da Ría de Arousa, a onde acudían dende finais do século XIX a tomar
os baños na Toxa. Aquí comezou a relación dos “franceses” con
Cambados, mercando no 1895 a casa natal de Francisco Asorey, e no
1902 o fermoso Pazo de Serantellos, o cal xa levaban tempo tratando
de facerse con el.
Cando Dolores del Valle contaba con tan só dezaoito anos, publica
unha serie de artigos no xornal francés L’Univers nos que describe a
comarca do Salnés. Grazas a eles podemos coñecer un pouco máis
sobre A Lanzada e a Armenteira a comezos do século XX, e zonas de
Cambados que naquelas datas xa estaban en posesión da familia: a
finca da Regueira, a zona de Tragove ou o Pazo de Serantellos. Tamén
nos permite coñecer de primeira man a festividade da romaría da
Pastora, con todo luxo de detalles. Grazas a estes escritos, publicados
tamén en castelán en varios xornais galegos, podemos apreciar o
profundo agarimo que Dolorès sentía pola nosa vila e a súa contorna,
como demostrará algúns anos despois.
Segundo os xornais da época, e tal e como recorda a súa familia, seu
pai xa mostrara interese por mellorar as condicións tecnolóxicas da
agricultura da zona, moi atrasada por entón en comparación coas
innovacións que se estaban a producir en Europa, finalidade coa que
mercara o pazo de Serantellos, e que finalmente se veu frustrada polo
prematuro falecemento do primoxénito da familia e irmán maior de
Dolorès, Merced. Tamén a comezos do século, abriron a ostreira do
Pombal, aínda que sen grande éxito, tendo que pechar ao pouco
tempo.
De Dolorès del Valle sabemos que destacaba polas súas habilidades
artísticas, tanto no eido da música como da pintura. Pero tamén pola
súa traxectoria vital, xa que foi testemuño das tres grandes guerras
que asolaron Europa durante a primeira metade do século XX. Na I
Guerra Mundial exerceu como enfermeira no hospital de Angôuleme, durante a Guerra Civil española presentouse como voluntaria para atender aos feridos do bando nacional no hospital aberto no Hotel da
Toxa, e durante a II Guerra Mundial volveu a Angôuleme para protexer
a súa casa, por aquel entón ocupada polos nazis. Sen dúbida, estes
feitos fálannos da valentía dunha muller cunha clara vontade de
tomar parte na realidade daqueles tempos.
Pero o feito que nos ocupa, nomeala co recoñecemento de filla
adoptiva de Cambados, débese a outras circunstancias, as cales
están vinculadas coa xenerosidade que amosou cara a vila de
Cambados a partir da década do 1930.
Grazas a ela, os mozos da época puideron contar cun campo de fútbol
no que desenvolver actividades deportivas, trala cesión no 1932 dos
terreos que tiña a familia na zona do Pombal, fronte a Tragove, ás
Juventudes Católicas. O campo de fútbol de A Merced, nome en
recordo do seu irmán falecido, foi inaugurado cun partido de fútbol do
Juventud Fútbol Club, equipo que, segundo recolle o xornal El Pueblo
Gallego, por aquel entón estaba presidido por Dolorès, feito que de
ser certo, a convertería na primeira muller en acadar tal cargo nunha
entidade deportiva. Daquel campo de fútbol tan só queda o recordo
na memoria de boa parte dos veciños e veciñas de Cambados.
Dous anos despois, no 1934, Dolorès del Valle promoveu a construción
dun dos edificios máis importantes para a mocidade naquel entón e na
actualidade: o auditorio de Cambados, que nun primeiro momento foi sede da Juventud Católica. Grazas á súa intercesión ante María Izquierdo
Zárate, Marquesa de Figueroa, conseguiu que ésta finalmente doase
os terreos para que se puidese construír o edificio, financiado en boa
parte pola propia Dolorès.
Coñecedora da dificultade do acceso das mulleres á educación ou ao
ocio naqueles tempos, na mesma data mercou o edificio situado
fronte ao parque Torrado para abrir nel a Juventud Femenina de
Acción Católica, e que trala Guerra Civil sería convertida en escola,
onde a propia Dolorès e a súa sobriña Lucía Vidal daban clase a xente
maior para ensinarlles a ler, matemáticas e incluso gramática.
Poucos anos despois, xa no 1947, Dolorès del Valle, xunto coa súa
familia, tomou a decisión de levar a cabo a súa última gran doazón:
entregar á congregación salesiana o pazo e finca de Serantellos, para
converter así en realidade o soño de seu pai de facer del unha
institución educativa, sendo nun primeiro momento seminario, e dez
anos despois o colexio salesiano que hoxe coñecemos.
Os seus últimos anos de vida seguiu habitando o pazo de Serantellos
durante as súas estancias en Cambados. Na súa habitación do pazo é
onde falecerá o 11 de outubro de 1967, aos 82 anos de idade, e foi
enterrada no panteón familiar de estilo neogótico que se atopa aos
pés das ruínas de Santa Mariña, a carón de seu pai
Leon-Manuel-Anatole del Valle, da súa nai Lucie-Margarite-Amèlie
Béchade, e da súa irmá María del Valle Béchade.

Dende entón o seu recordo foi caendo no esquecemento para o pobo
de Cambados, coñecendo dela pouco máis que as doazóns que
efectuara á igrexa e que logo boa parte delas se converteron en
públicas para o desfrute da veciñanza. Facendo memoria entre os e
as cambadesas, coinciden nos bos momentos de ocio pasados ao
longo da súa vida nestes lugares. E case sempre, repetindo que
Cambados mantiña unha débeda pendente coa “Francesa”.
O feito de convertela en filla adoptiva ben a poñer fin a esta inxustiza,
a recoñecer a boa labor e a xenerosidade de Dolorès del Valle
Béchade coa vila de Cambados e cos seus veciños e veciñas,
especialmente entre a mocidade que puido desfrutar e segue a facelo
dos espazos doados por ela, e a axudar a facer pública e a difundir a
súa historia para que non volva a quedar no esquecemento.
A Corporación Municipal do Concello de Cambados agradece a Bea Laya a súa labor de investigación sobre a vida de Dona María Dolorès del Valle Béchade e á Asociación Cen Follas, da que forma parte, pola divulgación e publicación da reportaxe "Dolorès del Valle Béchade. A Historia da Francesa" polo enriquecemento que supón para toda a veciñanza cambadesa o coñecemento e o recordo desta gran muller de carácter altruista, bondadosa, prolífica nas artes, moderna, valente e sobre todo da súa condición de gran benfeitora da nosa vila.
Agradecemos infinitamente á súa familia a súa xenerosidade con Cambados ao compartir momentos íntimos da súa tía, as súas vivencias persoais e mesmo fotografías da súa vida, para poder coñecer máis profundamente a súa figura.
Agradecemos públicamente tamén, a bondade de toda a familia del Valle Béchade co pobo cambadés e adquirimos o compromiso de saldar a débeda, da que durante tantos anos escoitamos falar, con Dolores del Valle "A francesa".
Por todo o exposto, en virtude das competencias atribuídas ao Pleno polo artigo 9 do Regulamento da Medalla da Vila e Honores e Distincións do Concello, e polo que se propón a adopción do seguinte, ACORDO:
1.Nomear a Dª María Dolores del Valle Béchade como "Filla Adoptiva” do Concello de Cambados a título póstumo.

2.Que a “Praza de A Xuventude” pase a denominarse "Praza A Xuventude de Dolorés del Valle" descubríndose unha praca co seu nome e acondicionándose para o lecer da mocidade cambadesa, tal e como era o desexo de Dona María Dolorés del Valle.

 

28 de mayo de 2020

NOVO PLENO EN CAMBADOS MOI IMPORTANTE


Esta noite celébrase o segundo pleno "on line" do Concello de Cambados.
Tanto BNG como Cambados Pode presentan mocións para seren tratadas, desta volta o PP non presenta nada. Decir que poden incluírse mocións de urxencia ao ser un pleno ordinario e non como o anterior que era extraordinario e non se podían tratar outros temas diferentes ao que ocasiona o Pleno.
Agardemos que o exalcalde como o resto da oposición aprenderan como se deben facer os plenos, porque é unha vergoña que un exalcalde non o supera tras os anos que botou no cargo.
ASUNTOS DA CONVOCATORIA
A) Parte resolutiva
1. Aprobación das actas das sesións sesións celebradas os días 30/xaneiro/2020, 09/marzo/2020 e 12/marzo/2020 (Exptes.PLN/2020/1, PLN/2020/2 e PLN/2020/3).-
2. Expediente 313/2020. Proposta de Cambados Pode en apoio ao sector do viño, ao sector enoturístico e en defensa do interese xeral de Cambados.-
3. Expediente 314/2020. Proposta de Cambados Pode solicitando a inclusión do Proxecto de “Mellora de Servizos Urbanísticos de Manuel Murguía” no Plan Concellos 2020.-
4. Expediente 1676/2020. Proposta do BNG instando á Xunta de Galicia á aprobación dun Plan galego de reactivación económica por mor da pandemia da Covid-19.-
5. Expediente 1627/2020. Proposta de Cambados Pode interesando a reapertura gradual do mercadillo.-
6. Expediente 1685/2020. Proposta de Cambados Pode instando a aprobación dun convenio de colaboración e unha Comisión de seguimento de reconstrucción económica e social para afrontar a
crise derivada do Covid-19.-
B) Actividade de control
7. Expte. 1725/2019 – Dación de conta do informe de morosidade relativo ao cuarto trimestre de 2019.-
8. Expediente 1498/2020. Dación de conta do informe de morosidade relativo ao primeiro trimestre do 2020.-
9. Dación en conta das Resolucións dictadas pola Alcaldía.-
10.Mocións de urxencia.-
C) Rogos e preguntas
—


21 de mayo de 2020

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DO CONCELLO DE CAMBADOS

“Declaración Institucional e medidas relacionadas coa crise sanitaria do Covid19”

-Para comezar o pleno de hoxe solicitado polo Partido Popular de Cambados a alcaldesa Fátima Abal fixo unha declaración institucional no nome da Corporación local.

"Arrancou, dando o máis sentido pésame da Corporación local de Cambados ás familias de todas as persoas falecidas, moi especialmente á familia do noso veciño de Vilariño, o Sr Núñez, especialmente á súa muller e ao seu fillo Benito. Por todas as persoas falecidas as bandeiras do Concello de Cambados ondean a media asta desde hai dous meses e ademáis neste momento  imos gardar un minuto de silencio na súa honra.

-Asímesmo queremos manifestar públicamente o noso inmenso agradecemento a todas as persoas que arriscando a súa saúde e as súas vidas, e as das súas familias, están a loitar de xeito incansable por poñerlle freo a esta pandemia mundial.  Queremos agradecer tamén de xeito singularizado á plantilla do Concello de Cambados que desde o primeiro día están a traballar nos servizos esenciais de luns a domingo, a aqueles que seguiron realizando a súa labor municipal mediante o teletraballo coas dificultades que elo supón, poñendo medios propios a disposición do Concello de Cambados, e a todas aquelas persoas que asumiron competencias e tarefas que non lles correspondían, para que en ningún momento desde o día 12 de marzo, este Concello se vise paralizado e toda a veciñanza pudera dispor de seguridade, diferentes servizos, axudas, e se proseguise coa tramitación de expedientes, cunha atención telefónica, telemática e mesmo a domicilio". 


Todos os grupos sumáronse a este comunicado no momento da sua intervención.

30 de abril de 2020

NOTA DE PRENSA DA XUNTA DE PORTAVOCES DOS GRUPOS POLÍTICOS DO CONCELLO DE CAMBADOS

Nota de prensa sobre a xuntanza telemática de Portavoces  dos grupos municipais do Concello de Cambados. 
Inclúe o paquete das principais medidas adoptadas durante o estado de alarma e incluso as medidas preventivas  que se levaron a cabo antes de que fose decretado o Estado de Alarma polo goberno central.

O GOBERNO DE CAMBADOS INFORMA Á OPOSICIÓN DAS MEDIDAS TOMADAS DENDE O COMEZO DA PANDEMIA POLO COVID-19
Durante esta mañá na xunta de Portavoces celebrada telemáticamente, onde se enumeraron máis de 150 medidas aplicadas e se recolleron as aportacións dos voceiros dos grupos da oposición.


O Concello de Cambados foi dos primeiros en adoptar medidas para paliar os efectos da pandemia do Covid-19, incluso antes de decretarse o estado de alarma. Este Concello adoptou máis de cento cincuenta medidas neste último mes e medio, das cales unha trintena foron antes do decreto do estado de alarma. Todas e cada una das medidas adoptadas, foron sempre tendo en conta os criterios e recomendacións sanitarias e de seguridade publicadas polo BOE, DOGA, BOP, FEMP, FEGAMP.
As medidas prioritarias adoptadas polo concello foron as de prevención en contaxios de persoas do grupo de risco (maiores de 65 anos, e persoas con enfermidades crónicas ou contaxiadas), atender as necesidades de alimentos de familias en risco de exclusión social, limpeza e desinfección de zonas onde se producen aglomeración de persoas, fogares con nenos con dificultades, vítimas de violencia de xénero que conviven cos agresores...
Ademais tamén se levaron a cabo medidas de protección medioambiental, labores de atención aos escolares dos centros educativos de primaria, medidas para impulsar o comercio de proximidade e medidas de bonificación fiscal para a veciñanza.
Todos os portavoces municipais coincidiron que este non é un momento de pensar en cores políticas, senón de traballar en conxunto polo ben da veciñanza para saír canto antes desta situación, e poder levar a cabo medidas de prevención actuando con prudencia, para que no caso de que a situación varíe dacordo coas circunstancias que se poidan producir nos vindeiros días.
A veciñanza cambadesa, en xeral cumpríu de xeito efectivo as medidas de confinamento e de aí que o número de casos de positivos no noso municipio fose  relativamente baixo, de 30 persoas, aínda que desgraciadamente houbo un falecido.
Os portavoces municipais amosaron o seu apoio ao goberno en canto a seguir as recomendacións que vaian dando as autoridades sanitarias e as administracións supramunicipais, para actuar dun xeito coordinado e en colaboración coas demáis institucións. En vindeiros días seguirase falando para adoptar medidas sobre a desescalada e a volta a unha situación o máis normalizada posible, buscando o consenso.
Pola súa parte, o goberno agradece as aportacións e o talante a todos os portavoces municipais, nun momento como éste no que nos atopamos e no que a crítica sempre debe ser constructiva.
Facemos un chamamento a todas aquelas persoas e entidades que queiran colaborar, que non fagan directamente as entregas de material para o cal non están autorizados, e as entreguen á unha administración para que reparta de xeito coordinado.
Toda a corporación municipal quere amosar o seu agradecemento a todos os empregados municipais que estiveron traballando todos os días da semana, sábados, domingos e festivos para atender todas as urxencias acaecidas durante este tempo de alarma, así aquelas persoas e institucións que fixeron aportacións e doazóns altruístas.





DESGLOSE DE MEDIDAS ADOPTADAS POLO CONCELLO DE CAMBADOS

As primeiras medidas adoptadas polo Concello de Cambados, foron o xoves día 12 de marzo, no que se fixo un envío de 2.000  dípticos informativos sobre o Coronavirus a todos os colexios de Cambados. Ese mesmo día procédese á firma dun Bando municipal polo que desde o día 13 se suspendían todas as actividades deportivas, educativas, culturais, sociais organizadas ou autorizadas polo Concello de Cambados; o peche da Biblioteca “Luís Rei”, o “Auditorio da Xuventude”, a piscina municipal e as demáis instalacións deportivas, as casas de cultura e os recintos nos que se prestaban  este tipo de servizos; peche da oficina de turismo e museos; suspendeuse o mercado dos mércores e dos sábados e a venda ambulante en todo o Concello. Se informaba ademáis a toda a veciñanza que a atención ao público nas Oficinas Municipais se  limitaría a casos estrictamente necesarios recomendándose a realización trámites a través da sede electrónica informando da dirección electrónica da sede, así como dos números de teléfono, se cancela o evento do Desmarket e a campaña comercial do Día do Pai.
 A seguinte medida adoptada nese día 13, foi una Resolución de alcaldía de carácter interno para a protección aos nosos traballadores e traballadoras, dotándoos de material para poder teletraballar, e de equipos de protección individual mercados polo propio Concello para policía  local, protección civil e operarios, básicamente. Estando xa instalados con anterioridade dispensadores de hidroxel en diferentes instalacións municipais para a desinfección de mans. Nesta Resolución se facía referencia á flexibilidade horaria para dar cobertura á corresponsabilidade familiar no fogar.
Simultáneamente comezouse, dende o primeiro día, a realizar labores de limpeza e desinfección de xeito manual, con máquinas portátiles, de espazos públicos susceptibles de aglomeracións de persoas.
Decretouse ese mesmo día 13 a suspensión da concesión administrativa da piscina, convocouse ao Comité de Seguridade e Saúde do Concello de Cambados, ademáis creouse un grupo de comunicación interno cos xefes de todos os departamentos municipais. Contactouse cos representantes sindicais e se lles dou traslado das medidas que se ían a adoptar por parte do Concello de Cambados por se querían facer alguna aportación a maiores, así como coa Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos, e tamén se acorda a suspensión do Obradoiro de Emprego por causa do Covid 19
O día 16 de marzo, fírmase a resolución da suspensión de traballo presencial, instaurando o teletraballo como práctica preferente, e se resolve supender a celebración dos órganos colexiados municipais (Pleno, Xunta de Goberno Local e Comisións Informativas) a excepción da Comisión Municipal de Seguimento doCovid-19. 
Ao día seguinte se lles informa aos usuarios o servizo de axuda no fogar (SAF), que este servizo se seguirá prestando a aqueles que o desexen, e dótase de material de protección ás traballadoras da empresa que presta o servizo. Tamén se reparte material doado entre as traballadoras de axuda a domicilio e as persoas que traballan no Asilo de Cambados, xunto con Hidroxel. Así como á residencia de anciáns Domus Vi.
Dada a prohibición de saír á rúa e pensando nas persoas con maior risco de contaxio de adoptan varias medidas: Sacamos un listado do padrón municipal de persoas que viven soas que son maiores de 65 anos, para que non teñan que saír á rúa baixo ningún concepto, nin supermercados nin farmacia e para que sexan os voluntarios de protección civil os que lle fagan esas labores, se non teñen familiares que poidan facelo. Se xeito complementario se puxo en marcha a campaña “Axúdanos a axudar” creando un formulario para que os veciños e veciñas de Cambados se puxesen en contacto co Concello e informasen se tiñan coñecemento dalgunha persoa maior ou enferma que vivise soa e que precisase axuda. Por outro lado, pensamos en medidas para persoas que por estar seguindo algún tipo de tratamento médico podían estar en risco de ser máis vulnerables fronte ao coronavirus, e facilitáronse mascarillas confeccionadas de xeito caseiro e donadas ao Concello.
A raíz desto promoveuse facer un grupo de costureiras ás que se lles facilita todo o material (teas, fío, gomas, agullas para as máquinas de coser, etc), e se comeza a ofrecer mascarillas a toda aquela persoa que a solicitase e a diversas entidades que as solicitaron: Residencia Divina Pastora, novamente ao Asilo, Asociación Bata, lonxa, redeiras, praceiras, repartidores a domicilio, Idades, supermercados, depuradoras, conserveiras, etc. Compróuselle material sanitario tanto aos profesionais do centro de saúde (40 batas) como aos de sanitarios das ambulancias do 061 (25 traxes de protección).
Posteriormente se mercaron máis de 30.000 mascarillas quirúrxicas non reutilizables e se chegou a un acordo con Correos para facer un reparto casa por casa, con información de uso.
Tamén dicir que recibimos nesa primeira semana doazón de material de limpeza, desinfección, guantes, equipos de protección, etc. por parte empresas privadas.  Nas seguintes semanas recibimos tamén material de protección da Xunta de Galicia, Subdelegación de goberno, a asociación Solidariedade galega co pobo saharaui, Adinfo, e mesmo recibimos doacións de alimentos por parte de entidades privadas. 
En canto á situación do programa de alimentos e de cubrir necesidades de persoas en risco de exclusión social, dicir que se creou un grupo de coordinación de emerxencia para establecer protocolos de actuación e atender ás necesidades máis urxentes por orden de prioridade, xa que nestes momentos de confinamento aumentaron tamén situacións graves respecto a menores e violencia de xénero. Contratouse a través da bolsa de emprego do Concello de Cambados coa subvención da Deputación de Pontevedra a una traballadora social a maiores. Fíxose desde o primeiro día o reparto de alimentos a través do programa de alimentos (279 vales)e a maiores se dou tamén cobertura a 24 repartos máis, en domicilios, tanto de alimentos como de productos de hixiene, mascarillas e productos farmacéuticos. Fíxose por parte do departamento un seguimento de persoas do municipio de máis de 65 anos para saber cómo se atopaban, concretar as súas necesidades e poder darlle axuda ben para facerlles a compra, ou ofrecerlles calquera outro servicio que puidesen precisar ademáis de facer un control dese xeito, para saber se atopaban en bo estado de saúde, este mesmo seguimento foi reforzado tamén co servizo de Teleasistencia da Deputación de Pontevedra que pasou a facer as chamadas telefónicas de xeito diario. 
Este servizo de seguimento por parte das traballadoras sociais municipais se ampliou para dar cobertura non só para os maiores, senón tamén a persoas que viven soas e que teñen enfermidades graves tanto físicas, como psiquiátricas, adiccións e tamén en domicilios onde hai menores ou persoas contaxiadas por coronavirus.
Reforzouse tamén o seguimento de axudas a domicilio onde hai uns 60 usuarios. Finalmente déronse de baixa voluntaria temporal 9 usuarios/as por ter familiares na casa que se poden facer cargo mentres dura o confinamento.
Se atenden multitude de chamadas nas que a xente demanda información en xeral: sobre o covid, axudas de aluguer, prazos de pago en entidades bancarias, presentación de documentación no SEPE, Tesoureria da Seguridade Social, prestacións ás que teñen dereito  ou calquera dúbida que lles xurda respecto á situación actual.
Estase facendo un especial seguimento en tema de violencia de xénero  e de temas relacionados con menores en coordinación co CIM.
Tamén se está a facer un seguimento a persoas sen  fogar e moi especialmente as persoas con problemas psiquiátricos  en coordinación cos sanitarios que os tratan xa que estos últimos pertencen a un colectivo moi vulnerable e que nesta situación anómala e excepcional, tenden a desestabilizarse moi fácilmente, chegando incluso a situacións de tentativas de suicidio.
En canto á limpeza e desinfección, pasados os primeiros días nos que se desinfectaba e limpaba de xeito manual, con equipos de limpeza e desinfección portátiles, adegas da comarca nos facilitaron atomizadores de 400 litros para poder levar a cabo una limpeza máis exhaustiva naqueles lugares nos que nos deron instruccións directas de que poderían ser foco de contaxio. Dado que o Coronavirus é un virus que non perdura no ambiente máis que una horas, senón que onde se aloxa e perdura é nas propias persoas, se estableceu una especie de protocolo para desinfectar con productos especiais os lugares nos que diariamente se produce aglomeración de persoas. Esto é: entradas e lugares próximos aos supermercados, farmacias, entidades bancarias, etc Tanto do centro de Cambados como das parroquias, non sendo efectiva a desinfección de camiños onde non existe afluencia de persoas. De todos os xeitos as tarefas de limpeza de camiños, retirada de herbas e de xardinería foron retomadas hai dúas semanas no centro de Cambados e nas parroquias.
Tamén se comezou un programa de limpeza e desinfección de contedores do lixo, un por un, en todo o municipio.
Ademáis a Brilat veu desinfectar a Residencia de Anciáns A Nosa Señora da Valvanera, se deinfectou a Praza de Abastos e diferentes instalacións e vehículos municipais. Se mercou unha máquina cun canon de ozono para a desinfección de espazos e materiais, e un novo sistema de descontaminación portátil, se adaptou un vehículo de Protección civil para levar a cabo labores de limpeza, se solicitou  o camión de mantemento de estradas do Ministerio de Transporte, Movilidad y agenda urbana para a fumigación de carreteras, e nos concedeu prestar o servizo no día de hoxe.
Na primeira semana de abril, o Concello de Cambados a través do departamento da OMIX e do de Deportes xunto con protección civil, se encargaron de fotocopiar e repartir polos domicilios desas familias necesitadas, todas as actividades e tarefas que o alumnado tiña que facer durante as vacacións de Semana Santa para non quedar en desvantaxe respecto do resto do alumnado que sí podía facer as tarefas a través da aula virtual. Posteriormente volvemos a poñernos en contacto con equipos directivos de primaria para ofrecerlles ás familias en risco de exclusión social equipos informático e tarxetas SIM que actuasen como routers nos seus domicilios. Este servizo xestionouse de forma conxunta entre os centros educativos, as familias e servizos sociais do Concello. 
En canto as medidas de seguridade levadas a cabo pola policía local, dicir que foron levadas a cabo conxuntamente os controis coa Garda civil, e as diferentes medidas habituais con protección civil ( que tamén se encargou de facer reparto de alimentos, accidentes de tráfico, tarefas a persoas en cuarentena, ir recoller material, ir comprar material, ir recoller alimentos a Pontevedra para o Asilo de Cambados, para que non tivese que desprazarse ninguén do Asilo alí).
A policía local levou a cabo diferentes actuacións encomendadas tanto por subdelegación como polo concelleiro delegado de seguridade cidadá . 
Datos de intervencións de protección civil ata o 7/4
-Reparto de alimentos dos servizos sociais 57, tarefa que foi compartida cos operarios municipais que non podían teletraballar.
-Desinfeccións integrais 24
-Procura de material 19
-Procura de material para o Asilo de Cambados 9
-Información co vehículo de protección civil, informando por megafonía que non se debe saír dos domicilios, 7.000 km percorridos
Ademáis o servizo de emerxencias  felicitou o cumpreanos a nenos e nenas para animalos no seu día, baixo demanda e aos maiores de 65 que viven sós, número de intervencións deste tipo, 181
Se contrataron a dous policías auxiliares como reforzo neste momento excepcional, número que será ampliado na tempada de verán e se incrementou a vixiancia con medios ténicos. Para elo, se utilizan dúas aeronaves pilotadas por persoal cualificado baixo a supervisión e dirección da Xefatura de Policía de Cambados.
Estánse a levar a cabo dispositivos especiais en zonas de especial afluencia de persoas durante este estado de alarma. 
Respecto ás medidas adoptar de cara aos vindeiros días, dicir que xa se mantiveron reunión con diferentes colectivos para establecer medidas de seguridade e medidas fiscais de cara a unha pronta recuperación económica dos sectores máis perxudicados nesta pandemia.
Ás medidas a adoptar, xiran primordialmente en torno a 4 eixos principais:
Comercio e bonificacións municipais
Hostelería e bonificacións municipais
Turismo 
Cultura
Nas reunión mantidas cos comerciantes de Cambados acordamos levar a cabo a promoción do comercio de proximidade. 
O Concello de Cambados creou una campaña de información sobre medidas de hixiene de prevención do comercio minorista de cara a una recente apertura e se lles suministrará hidroxel desinfectante e mascarillas para o uso da súa clientela cando entren no seu comercio.
Asimeso se comezou  a campaña de dinamización comercial co motivo da celebración do Dia da Nai, xunto con Zona Centro.
Apstaremos tamén por levar a cabo una campaña de consumo de productos de proximidade (horta, mar, viño, etc) A partir de maio se comezará coa dinamización do comercio comarcal a través de Deputación e do municipal a través do Concello. En Cambados vaise levar a cabo una promoción do comercio de xeito audiovisual na televisión local e en redes sociais. 
Respecto ás bonificacións estanse a estudar xunto con intervención e tesourería porque nos casos dalgunhas tasas ao non existir feito impoñible é posible non pasar o recibo, pero no caso de tasas obrigatorias en recaudación, como pode ser a recollida do lixo, ésta é de carácter obrigatorio, podendo únicamente cobrar o importe mínimo que satisface calquer outro cidadán que ten una vivenda ou local, vacío, é dicir, 29€ ao trimestre. O mesmo ocorre co recibo da auga.
Por ausencia de feito impoñible, no caso de comerciantes estaría xustificada a ausencia de tasa por ocupación do mercado, e de igual xeito, o Concello lle reclamará á Xunta de Galicia a exención desa tasa xa que non houbo ocupación de terreo portuario, e no caso de hosteleiros a de ocupación de terrazas.
Respecto aos empresarios, reseñar varias cousas. Durante este tempo excepcional se tramitaron facturas por importe de 1,200.000€, polo que se intentou axilizar ao máximo a tramitación de expedientes para o pago a pequenos proveedores conseguindo que o período medio de pago a proveedores se estableza en 14 días, con cargo aos propios fondos municipais. Imos ofrecerlles aos pequenos empresarios e autónomos información de cómo tramitar as axudas, subvencións, etc ás que poden acollerse, a través dun servizo ao que nos imos a adherir da Deputación de Pontevedra, imos formar parte tamén dos novos servizos que vai ofrecer SmartPeme creando una rede con asesores, informátricos, os COVID makers.
En canto ao Servizo do ORAL, existe una prórroga para o pago voluntario de tasas, supensión de pagos, así como a suspensión do calendario fiscal, se establecerá un plan personalizado que poderá solicitarse ata o 15 de xuño para o pago dos impostos (IBI,IAE,IVTM) para aqueles que os teñen domiciliados.
Ademáis o Concello de cambados se acollerá ao asesoramento ofrecido por Deputación de Pontevedra para a modificación de ordenanzas se así o suxiren os nosos técnicos municipais.
En canto ás medidas adoptadas na Praza de Abastos, ademáis da desinfección, de proporcionarlles material de seguridade e desifectante, se pon en marcha xunto con elas o servizo de reparto de mercancías a domicilio. Se elabora un plan para elo e se lles facilita a creación do cartel promocional e o reparto da cartelería e a promoción da medida.
En canto ao sector hosteleiro e o turístico, dicir que estamos totalmente coordinados co disposto desde a Secretaría de estado para o Turismo, coa Consellería de Cultura e Turismo de Galicia e con Turismo Rias Baixas, e de feito a semana pasada formamos parte da Mesa provincial sectorial de turismo, na que tamén estivo presente Nava Castro. Se está xa traballando nun plan conxunto entre todas as administración, un plan estratéxico 2021-23, noutro Plan de estudo de impacto do Covid 19 no Turismo, con resultados e cifras actualizados, a partir da semana que ven se nos facilitarán os protocolos de funcionalidade das oficinas de turismo, sistemas de protección limpeza, desinfección e atención aos visitantes, e o protocolo de garantía sanitaria en praias, zonas fluviais, museos, etc
 En canto ás Festas, vaise emitir con carácter xeral un protocolo polas autoridades sanitarias como segundo os pran estratéxicos de turismo que se aproben, tanto para as de interese turístico internacional, como nacional (Albariño Vieira,) como para o caso dos Festivais, polo que a decisión de cómo se van desenvolver éstas, está claro que non serán únicamente decisión do Concello de Cambados, nin do Consello Regulador, nin da Cofradía de Pescadores, nin dos promotores dos festivais… seguiremos as indicacións dese proxecto en común que se vai levar a cabo pola Xunta de Galicia e pola Deputación de Pontevedra, xunto cos Concellos. O Concello de Cambados está emprazado para ter unha reunión sobre este tema, sobre o cal segundo vaian evolucionando os datos dos contaxios, se poderá ir modificando a maneira de actuar , seguindo sempre as recomendacións e protocolos de seguridade das autoridades sanitarias. Motivo polo cal vos adianto celebraremos unha Xunta de Portavoces dentro dun mes e medio. Tamén estamos en contacto directo co Presidente do Consello Regulador, e escoitando e apoiando as súas aportacións, que no caso da Festa do Albariño, ata o momento, cremos que eran totalmente coherentes, e compartidas polo equipo de goberno: mantemento da Cata e dos premios ás mellores colleitas do 2019 .
Veremos como transcorren os acontecementos, e actuemos con prudencia á hora de determinar decisións sobre temas que neste momento é imposible dilucidar posto que a situación pode variar dun día para outro.
En canto á cultura o Concello segue a apoiar o sector, se manteñen as subvencións , tamén o Musigal e o Pontegal, pero mantendo todas as recomendacións e protocolos sanitarios como dixen antes para priorizar a saúde dos nosos veciños e veciñas, sen que a cultura deixe de recibir apoios sobre todo económicos.
Ademáis o Concello de Cambados iniciou a actividade “Tes un conto…” con motivo da celebración do día do libro. No que se poderán presentar relatos curtos que serán presentados en torno a tres catergorías : infantil, xuvenil e de adultos. Todas as persoas poderán participar e os gañadores de cada categoría serán agasallados cun premio. O prazo de entrega de solicitudes e contos, será ata o 8 de maio.
En canto a temas medioambientais, dicir que se reforzaron os servizos de limpeza e sobre todo desinfección de contendores do lixo, posto que son repostos e non volven ser colocados ata que están desinfectados por completo. Se fixo una recomendación á cidadanía para que éstos permanezan abertos e non se pechen, e así que non haxa que manipulalos coas mans. Se está levando a cabo una labor informativa de cómo desfacerse dos residuos das persoas que deron positivo do Covid 19, que teñen que meter os residuos da persoa contaxiada nunha bolsa de plástico aparte.
En canto á organización interna do Concello, foron colocadas xa mamparas de protección nalgunhas instalación municiapis, un servizo con telefonillo na porta da policía, reorganización de estructuras no departamento de servizos sociais por ter un servizo directo e presncial, ademáis de confidencial para a veciñanza, e aínda que temos en mente moitas medidas, como alguna que xa se adiantou na prensa, estaremos ás recomendacións que nos transmita o técnico de prevención de riscos laboráis que virá facer un estudo das nosas instalacións a vindeira semana e que en canto formule o seu informe se reunirá coa concelleira de réxime interior e co concelleiro de obras, para acometer as medidas que sexan necesarias.
A tramitación de expedientes segue o seu curso natural e case todas as obras do Plan Concellos 2019 están xa en fase de licitación como se pode comprobar no taboleiro de anuncios do Concello. Ademáis  se tramitaron desde o 16 de marzo ata o 13 de abril, un total de 28 expedientes. A día de hoxe, están en curso outros 40.
A reincorporación do persoal administrativo do Concello, que é o que está teletraballando dispón legalmente dunha prórroga de dous meses para reincorporarse definitivamente ao seu posto, polo que faremos esa incorporación de xeito gradual e alterno para minimizar situacións de risco.
Ademáis a través da empresa de Prevencion de riscos laboráis coordinada coa empresa sanitaria Quirón, se mercaron test de detección do coronavirus para traballadores/as municipais que deberán achegarse ao centro sanitario para levarse a cabo o informe médico correspondente, coa máis estricta confidencialidade.
O Concello de Cambados levou tamén a cabo labores de información e freo de bulos e noticias falsas, como a do caso positivo no Asilo de Cambados, que era totalmente incerta, e que foi orixinada por una interpretación incorrecta dos datos cruzados entre a traballadora social do Asilo de Cambados e a Consellería de política social da Xunta de Galicia, erro que foi rectificado pola propia Xunta aclarando así o tema.
Respecto ao número de casos, segundo os datos que nos facilitaron ao Concello de Cambados, tivemos 30 persoas que deron positivo desde que comezou a pandemia, case todos cumpriron a corentena na casa, salvo 3 persoas que tiveron que ingresar, das cales 2 xa foron dadas de alta, e una persoa falecida por Coronavirus.
Para dar maior axilidade á comunicación coa vecindade o Concello de Cambados puxo en funcionamento una aplicación móbil na que todos os veciños /as que o desexen poden suscribirse de xeito gratuito para estar ao tanto de todas anovidades que se vaian producindo diariamente. A aplicación é TokApp e é necesaria a súa suscripción para o seu acceso
Facemos un chamamento a todas aquelas entidades que queiran colaborar, que non fagan entregas de material para o cal non están autorizados e as entreguen á administración para que reparta.




Agradecemento polas aportacións e o talante a todos os portavoces municipais, nun momento como éste no que nos atopamos.
Recoñecemento e agradecemento ante os portavoces municipais, da plantilla municipal que desde o primer momento mostraron a súa colaboración para adoptar medidas urxentes para saír adiante nesta crise sanitaria, tanto a través do seu traballo presencial, como o de todos e todas que modificaron as súas tarefas diarias, que teletraballaron e que estiveron activos e dispoñibles todos os días da semana, sábados, domingos e en todos os festivos que houbo durante este estado de alarma.





1 de febrero de 2020

J.R. ABAL EXPULSADO DO PLENO DO XOVES E AS PERLAS DE ARAGUNDE


Desde que pasou a oposición José Ramón Abal amosa un carácter máis belixerante que cando estaba no governo, i eso que ten demostrado en ocasións ese punto de agresividade, pero nunca tan vehemente coma no pleno do pasado xoves. Desde o 2009 non se recorda un pleno no que algún edil fose expulsado do salón de Plenos do Concello de Cambados. Tivo que aparecer a Policía Local na sala para que Abal finalmente deixara o Pleno por orde da alcaldesa. Fátima Abal incluso fixo un receso para tentar apacigüar os ánimos pero nin así o consigueu. Precisamente debatíase unha moción presentada por Cambados Pode relativa aos roubos que están a sufrir desde ha máis de 4 anos (últimamente con máis asiduidade) nas casas da Pedreira. Todos os grupos ían a aprobar, así estaba xa decidido. A pesares dese consenso e cecáis para non perder protagonismo e tensar o debate Abal quixo manter unha actitude impropia nun debate no que todas as partes estaban de acordo. A alcaldesa chamouno á orde en dúas ocasións e tras eso chegou a petición do receso no pleno. Nese momento Abal non abandou a sala e prosigueu coa sua pantomima incluso increpando a alcaldesa a quen acusou de falta de democracia no Concello.
Nese momento a alcaldesa e na creencia de que dese xeito era imposible seguir celebrando o pleno deu a orde aos axentes da Policía Local para que acompañasen a J.R. Abal fora da sala. Abal fíxose o "remolón" pero finalmente abandonou o pleno.
Luís Aragunde, sin percatarse de que tiña o micro aberto, pois estaba no uso da palabra, decía (podes escoitalo no vídeo da dereita) cousas como "non saias José Ramón, ost...", "un pouco esaxerado, pero está quedando ben" "ía ben, ía ben"e "marcharnos con el ..., non sei eu", "temos mocións que defender", "me cago en ..." ata en duas ocasións, e unhas risiñas cómplices coa número dous Isabel Fole, todo nun perfecto castelán. Finalmente os cinco edís presentes do PP mantivéronse no pleno, Luís Aragunde, cualificaba a actitude de José Ramón Abal de esaxerada, e considera que a alcaldesa tampouco soubo manexar a situación. «Había outros xeitos de relaxar ou pleno», apunta o líder popular. Coma sempre xogando a duas bandas. A alcaldesa obtou polo receso para tentar calmar a Abal i este non ía a calmarse, Abal non estaba disposto a presentar unha proposta e que finalmente lle "roubaran" o protagonismo, polo que optou por acadar esa relevancia doutro xeito menos educado.



O resto dos puntos abordados foi aprobado incluíndo a toma de posesión de Mila Martínez do PSOE e a dimisión de Carol Laya de Somos.


Vídeo completo do pleno