Asemade, Fátima Abal quixo resaltar que "seremos os socialistas os que defendamos Cambados no Congreso dos Deputados, presentando emendas aos PXE reclamando inversións por un valor total de 1,7 millóns de euros."
"O Grupo Parlamentario Socialista presentará unha emenda reclamando unha vez máis a construción dun novo cuartel da Garda Civil en Cambados, aínda que sabemos que o Partido Popular non o quere facer, pois non quixo cando o anterior goberno o orzamentou e non quere agora ao non aceptar as emendas presentadas ano tras ano polo PSOE", sentenciou a voceira socialista en Cambados.
"Ademais do cuartel da Garda Civil, obra cun orzamento de 1 millón de euros, os socialistas pediremos que o Goberno central aporte 500 mil euros para o saneamento da nosa vila, pois, segundo palabras de Luis Aragunde no último pleno, o Concello non dispón do orzamento necesario para facelo; unha mostra máis da súa mala xestión", afirmou Fátima Abal.
A terceira emenda dos socialistas adicada a Cambados trátase da cuberta da piscina municipal, pois segundo a voceira socialista "é fundamental arranxar a cuberta que ano tras ano provoca que o Concello asuma unhas facturas en enerxía elevadísimas, ademais de así garantir a viablidade do complexo do Pombal para o futuro".
Fátima Abal concluíu afirmando "os socialistas estaremos sempre en tódalas administracións defendendo inversións para Cambados e colaborarei man a man con todos os deputados socialistas para conseguir que o PP invista en Cambados".

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.