Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta MENTIRAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MENTIRAS. Mostrar todas las entradas

11 de julio de 2015

REDE DE MENTIRAS







    REDE DE MENTIRAS

A sesión constitutiva do Pleno do Concello de Cambados non defradou a naide. Escenificouse  o que vai ser unha loita sen cuartel entre a oposición capitaneada por Luis Aragunde e o Grupo de Goberno encabezado por Fátima Abal. O primeiro punto da orde do día foi a aprobación do carácter da sesión e  provocou o primeiro enfrontamento dialéctico entre Fátima e Luis. Este último queixouse amargamente do pouco tempo que tivo para preparalo mesmo, vinte e pico horas nada máis, e que non lle parecía serio. A Alcaldesa de Cambados lle deu as grazas pola súa suxerencia, a súa recomenda, pero tivo a ben  lle lembrar o que a lei reflicte para a convocatoria dunha sesión extraordinaria urxente:  non ten periodicidade preestablecida e todos e cada un dos concelleiros electos fóron debidamente notificados mediante cédula de notificación.

Foi o primeiro dos “sopapos” en sentido metafórico que recibiu por parte do equipo de goberno unha vez descoñecer este extremo  é un erro de “principiante” por moito que na Prensa os días anteriores quixera manipular á opinión pública. Esta última estaba expectante por comprobar que ocorría neste primeiro enfrontamento político e encheu quince minutos antes o Salón de Plenos. A orde de colocación dos membros da mesma se estipula por lei, e o grupo máis votado escolle onde se sentar, mentira o que publica algún Blog da Dereita de que se faltou o respeto desde un principio ao grupo da oposición, ao contrario: os veciños e o grupo de goberno recibiron en canto o reloxo daba ás 9 da noite ao Grupo da Oposición cun silenzo reverencial, co máximo respeto que lle corresponde ao partido no que depositaron a súa confianza milleiros de Cambadeses.

Os soldos e as liberacións do Grupo de Goberno era a némese deste Pleno e non defraudou. Luis cargou con todo, bravo, directo pero mentindo, e xa van dúas veces e isto non levaba nin 10 minutos. Anunciou coma no anterior punto de que ían  votar en contra porque este grupo de goberno lle sae máis caro aos Cambadeses que o del (cando prometeron en campaña o contrario). Que son 4 liberados e polo  tanto era o doble de gasto. Cedeu a palabra Fátima ao Concelleiro de Economía e Facenda Xurxo Charlín Trigo que lle deu cumprida resposta sinalando de que non se pode falar destas cuestións unha vez o Orzamento do ano 2014 non ten remate  ata o día 31 de Nadal, algo que tamén “ignora” polo que se ve Luis Aragunde. En todo caso  lembrou que os liberados do actual equipo de goberno foron todos e cada un escollidos un polos veciños cos seus votos e que él cos dous asesores que levaba superaba o umbral do que falaba. Aragunde pediu a palabra e dixo que tanto Benito Leiro coma Mané Galiñanes non eran políticos e que sacou a ámbolos dous das listas do INEM … eu quedei absorto nese intre e pensei para os meus adentros coma máis da metade dos veciños que alí estaban e por qué eses dous e non outros ? Pos porque va a ser, porque son os teus amigos. O público escarallouse coa ocurrencia do ex-alcalde.

Xa ían  dúas mentiras e aínda non pasaramos o Ecuador do Pleno. Chegou o intre de estabelecer a periodicidade das Sesións do Pleno no que o Equipo de Goberno propuxo facer un Pleno mensual, non cada dous meses coma se viña facendo ate agora. Aquí pediu a palabra Aragunde e dixo que co volume de traballo que había nun Concello coma Cambados  era excesivo facelo deste xeito,  que abondaba cada dous meses e que segundo él os veciños non tiñan porque soportar ese gasto (dietas de asistencia). De novo, e lóxicamente por seren materia económica Xurxo respostou  que había que correxir de xeito inmediato cousas do anterior goberno, coma a transparencia (da que facían caso omiso) e o secretismo das súas decisións ían facerse cada mes para velar pola democracia, e que a asistencia masiva dos veciños entre o Público así o manifestaba. Comparto o pensar do responsable de Finanzas e non me penso perder nin un Pleno porque quero saber que o que fai cos nosos cartos, e moito máis despós do que hoxe publican os dous principais xornais da Comarca,  do que parece ser un “asalto” ás Contas Públicas perpetrado polo “primeiro dos Cambadeses” na súa derradeira lexislatura.
ENLACE



Unha vez pasado o Ecuador do Pleno chegou o intre de aprobar as Comisións Informativas Permanentes e  deuse  lectura á
ENLACE
composición das mesmas polo actual equipo de goberno. Luis dixo que neste punto  ían votar en contra namentras escoitaba desencaixado a composición das mesmas. Entre a Alcaldesa e o Responsable de Finanzas desmontaron unha por unha tódalas súas “suxestións” coa máxima educación, con cifras e datos, e a alxebra aínda que a inventaron os árabes a súa práctica se estuda e se pon en práctica cando detrás hai unha preparación,  e tanto Fátima coma Xurxo están sobradamente preparados e Luis pos que queredes que vos diga: os datos están no anterior enlace, só abonda con ler, e xa o levan denunciando os Blogs perante toda a anterior lexislatura, concretamente Alza La Voz Cambados, Cores de Cambados e A Ti Meu Cambados.

ENLACE

Estaba  desquiciado Luis a estas alturas. Fátima xa lle mandara dous capotes ao lle lembrar que eran un só equipo de goberno (o que levantou os vítores do público asistente) e que “tranquilidade, tranquilidade, tranquilidade, Luis”, agora quen  modera os debates e da o turno de palabra son eu por moito que te pese. O que escribe estas liñas, e tódolos medios se fixeron eco de que esto é outra cousa con Fátima Abal ao fronte: esta moza ten educación,  cultura e aplomo e levou a sesión para ser a primeira vez que conduce un Pleno de xeito maxistral. Imaxinade o aturdido que estaba Luis que vai e se abstén cando dixo que ía votar en contra. Todas e cada unha das mentiras que tiña preparadas foron desmontadas unha por unha polo actual equipo de goberno.

O Director de Cine Ridley Scott  fai no fime Rede de Mentiras un tratado filosófico e moral sobre a responsabilidade humana e as compulsións emocionais e fai desta un vehículo definitivo para as estrelas. O embaixador Xordano lle di a Leonardo di Caprio “eu teño unha regra se vamos a colaborar xuntos: nunca me minta”. Pos se colle a Luis Aragunde non te digo coma ía quedar o tipo, porque minte máis do que fala;  presuntamente xa o facía de neno e de maior sigue igual. As árbores cando se torcen non hai xeito de enderezalas e o de Luis non ten arreglo e nin mentar a tropa que leva con él.

Un artigo de Óscar Manuel Núñez.-





4 de julio de 2015

DE MENTIRAS, FACHERÍO E SUBVENCIÓNS







Andan os acólitos do PP a divulgar unha nova falsa como outras moitas que saen dos "plumillas" e páxinas do facebook cercanos a oposición, sobre unha subvención que perdeu o Concello de Cambados.

Todo esto veu porque CORES DE CAMBADOS desvelou onte o aforro que gracias as xestións do novo equipo de goberno se consigueu. O artigo non debeu sentar ben que a maquinaria afín ao PP, púxose de inmediato a inventar.

Pois é verdade, o Concello de Cambados perdeu unha subvención de uns 25.000 euros que serviría para afrontar os gastos da xornada de hoxe do Congreso Internacional sobre Enoturismo.
Pero claro os que difunden a nova en primeiro lugar son fontes do anterior equipo de goberno que queren ocultar a sua ineptitude e culpabilizar ao actual grupo de goberno. E despois van os "acólitos" propagando coma un virus as mentiras.
A razón pola que lle foi denegada esta subvención e bastante sinxela, pero quenes se encargaron de poñer o ventilador non explican nada. O anterior goberno por presentala tarde al ser por concorrencia competitiva. Por sorte o novo equipo pudo arranxar o problema e programar todo como estaba a coste cero e así evitar un desenvolso de cartos inhecesario as depauperadas "arcas locais"




20 de mayo de 2015

PROMESAS INCUMPRIDAS DO PP 2011-2015









Sanidade e servizos sociais.
-Posta en servizo o Centro de Día en San Tomé. Non está feito
-Reforzo do servizo de axuda a domicilio. Problemas das traballadoras coas empresas contratadas.
-Adaptación e eliminación de barreiras arquitectónicas. Non se arranxaron nin o 10%

Xuventude e deporte.
-Nova cuberta da piscina municipal. Despois de anos, licítase en plena campaña electoral.
-Pistas de pádel no complexo deportivo do Pombal. Non hai
-Renovación das pistas de tenis do Pombal. Non se renovaron, so se limparon.
-Novas dotacións deportivas en todas as parroquias. Seguimos como estábamos.
-Local de ensaio e estudo de gravación para grupos locais de música.  Cada un que se busque a vida.
-Potenciar Salnés Party informática. Nin rastro.

Cultura e turismo.
-Declaración da Festa do Albariño de Interés Internacional. Despois de criticar que a pediran os Socialistas de Cambados o PP anunciouno pero non moveu ficha.
- Exposición internacional da LX Festa do Albariño. Nin rastro.
- Fomento de actividades nos centros culturais do municipio. Todo o que se fomentou era algo do que xa había, engadindo algún acto máis en datas determinadas.
-Creación dun Consorcio para impulsar e desestacionalizar o turismo. Non se creou nin se tentou.

Medio Ambiente.
- Posta en Marcha da depuradora Edar no Umia. Problemas aos veciños e non se solucionaron os malos cheiros.
- Dotación de colectores subterráneos. Si, algún máis hai.
- Paseo litoral entre San Tomé-Couto de abaixo e ponte Castrelo-Pontearnelas. Nada de nada.
- Saneamento integral do Saco de Fefiñans. Nin rastro
- Rexeneración do litoral Tragove-Corvillón. Igual que o anterior.
- Continuar co mantemento sostible do monte da Pastora e protexer a súa identidade histórica e ambiental. A Pastora so se limpa cando as festas ou cando hai Obradoiros de Emprego. Prometeuse unha tala selectiva para a zona do Mirador e non se fixo.
- Finalizar o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Calquer ano de estos ..... se fará
- Recuperación da praia do Pombal. Nin se fixo, nin se fará e agora prometen 2 praias fluviais.   
- Creación dunha sección de conservación e mantemento de cada parroquia. As parroquias as grandes abandonadas polo PP. En época electoral reciben a visita de moitos operarios.

Mar e medio rural.
-Instalación das comportas no Saco e impulso do marisqueo. Nin comportas, coas que as mariscadoras non estaban de acordo nin impulso do marisqueo.
-Nave de servizos múltiples no porto de Tragove, con instalacións para manter o marisco vivo e cámaras frigoríficas. A nave existe, pero non sirve para nada.
-Creación dunha oficina comarcal en Exposalnes de asesoramento ao sector agrícola. Oficinas hai pero non para o sector agrícola nin de maneira continuada.

Educación.
-Máis servizos e infraestruturas nos colexios. Os colexios siguen igual, as típicas reparación ou renovacións de edificacións antiguas, en catro anos apenas se avanzou.
-Comedor escolar no colexio Magariños. Despois de moito esforzo da comunidade escolar hai un comedor que non é suficiente.
-Ampliación de espazos recreativos da gardaría. Apenas se tocou e na zona o parcamento é imposible.
-Implantación de internet no medio rural. Non hai internet gratis para os veciños. E nos edificios onde hai está continuamente fallando. Internet Rural é un programa a nivel Galicia.
-Convenio IES Cabanillas para crear unha área recreativa, pista deportiva e mellora do ámbito da Torre dá Homenaxe. Un pabellón arranxado é todo o que hai feito e sen rematar.
-Acondicionamento dos espazos exteriores no IES Asorey e dotación de vestiarios no pavillón. Os exteriores continúan igual.

Fomento do emprego, industria e comercio.
-Ampliación do polígono industrial con espazos para mozos emprendedores. Ampliar o Polígono sin empresas non vale de nada. Hai naves alquiladas que non pagan o alquiler.
-Apoiar a instalación de novas empresas. Non se fomenta a creación de empresas.
-Creación de novas prazas de aparcadoiro. Hai máis prazas que hai catro anos pero siguen a ser insuficientes.

Seguridade cidadá.
- Novo cuartel da Garda Civil. A culpa é dos outros. Pois non!! a culpa de que non haxa novo Cuartel é única i exclusivamente do PP
- Ampliación das dependencias do xulgado. Non hai nada neste sentido.
- Reforzo da Policía Local. No verán e non se sustitueu a o Xefe cando pideu o traslado.
- Nova situación para Protección Civil no porto de Tragove. Protección Civil vai para Santa Mariña por estar máis céntrica pero para un galpón moi pequeno.

Nas imaxes podedes ver o programa electoral do PP do ano 2011 e comprobaredes que do prometido moi, moi pouco.






13 de julio de 2013

A GRAN MENTIRA DA FESTA DO ALBARIÑO







Así se nos presenta dende a páxina web oficial, pagada cos nosos cartos, do Concello de Cambados o calendario de festas e actividades varias a celebrar durante o verán. Presentouse onte 12 de xullo e algunhas xa se celebraron.

Tamén se vota en falta algunha como a festa de Castrelo con cubatas a un euro na que o Concello participou pero como as queixas foron abundantes non queren agora presumir desa colaboración. Dentro duns dias sairá o libriño no que o único que fai o concello son festas durante todo o verán. 

Como veredes nalgunhas das festas o Concello  pouco ten que ver agás que colabora poñendo un palco, prestando un local e dando permisos.
 Algúns cambadeses botarían "sapos e culebras pola boca" si algún concello veciño se lle dira por meter todas as actividades que hai nesa vila no mesmo lote que a festa a o seu glorioso patrón.

Dende aquí pedimos a o alcalde e acólitos que diferencien entre as festas do albariño e o resto de festas e actividades. Parecen apropiarse do traballo das comisións de festas, algunhas delas a o servicio do Concello.


O ALCALDE PRESENTA O PROGRAMA E O CARTEL DA 61 FESTA DO ALBARIÑO DESEÑADO POR EDUARDO BAAMONDE                                                                                                                           

O AL

Como cada ano unha programación ambiciosa e orientada a todos os públicos e tendencias darase cita na Capital do Albariño, así pois, concertos, actividades formativas, culturais, deportivas e lúdicas terán un protagonismo especial na decana das festas enogastronómicas de España. 
Xunto co Alcalde o debuxante Eduardo Baamonde, cambadés de adopción, tamén presentou o cartel desta 61 edición cun aire colorista, menos institucional e máis festivo inspirado en aspectos fundamentais da vida cambadesa como son o mar, o campo o patrimonio e a Festa do Albariño.
-CONCERTOS: 
OPEN AIR DE MÁXIMA FM. XIRA NACIONAL CON 3 DJ´S, GO-GOS E PERFORMANCES (20 XULLO). 
ROI CASAL EN CONCERTO (31 XULLO). 
GALA DO ALBARIÑO. CHENOA, DAVID CIVERA E KARINA EN CONCERTO (01 DE AGOSTO). 
ESCUCHANDO ELEFANTES, CORNELIUS E SIDONIE, EN DIRECTO (02 AGOSTO). 
ELADIO Y LOS SERES QUERIDOS E JULIETA VENEGAS, EN CONCERTO
(03 AGOSTO). 
O ALBARIÑO DOS MÁIS PEQUENIÑOS: SHOW DOS BOLECHAS (DOMINGO 4 AGOSTO). 
ACTUACIÓNS MUSICAIS: 
Festival Con de Xido (xuño). Mostra da Canción Mariñeira (18 xullo). Festival Folclórico da Vieira (19 xullo). Curso de Piano a cargo de Olga Baranova e Yuri Popov (20-21 xullo). Omar Percussion Group (1 e 2 agosto).   Charanga Os Rouba Bicos 
(31 xullo e 1 agosto). Charanga Os Jaláticos (2-3 agosto). Xuntanza de Coros Xuvenís (18 agosto). Concerto Anos 60 e 70 do Coro Xuvenil Clave de Sol (23 agosto). XI Festival folclórico Xironsa (31 agosto). Concertos da Banda de Música de Castrelo e outras.
EVENTOS NOVIDOSOS:
I FEIRA ECOLOGICAL GALICIA: Exposición, xornadas de formación e venda de produtos ecolóxicos galegos (16 ó 18 agosto). FESTIVAL PROXECTA 2013, con proxección de fotografías de fotógrafos internacionais (17 agosto, Fefiñáns). Mercadiño PROXECTADO para profesionais e amadores da fotografía. 
VUELTA CICLISTA A ESPAÑA. Paso da espectacular 1ª etapa contrarreloxio por equipos (23 agosto). EXPOSICIÓN ó aire libre de fotos de ciclismo: Tour de Francia e Vuelta a España (agosto). 
ACTOS SOCIAIS e PROMOCIONAIS:
II XORNADA TÉCNICA  e de Exaltación dos Produtos do Agro do Salnés (14 xullo). 
SHOWCOOKING con Yayo Daporta e Tonino Botana.
EXALTACIÓN DA VIEIRA  a cargo de Luis del Olmo (20 xullo).
 IRMANAMENTO do ALBARIÑO coa Cofradía de Amigos de la Viña y del Vino de Baena-Córdoba (3 agosto, Torrado).  
VI FEIRA de ARTESANÍA e COMERCIO (10-11 agosto). 
VIII Encontro Internacional de PALILLEIRAS (11 agosto). 
III XUNTANZA de CETREIROS, organizada pola Asoc. Galega de Cetrería (21 xullo, Torrado). 
“MOTOS VELLAS DO SALNÉS” Concentración (11 agosto). 
TUNEL PROFESIONAL DO VIÑO, organizado polo Consello Regulador (Catas en salón Peña dende o 1 de agosto). 
EXPOSICIÓN RIAS BAIXAS “Vino del Mar”, organizado polo Consello Regulador (26 xullo, en Peña).
ACTOS INSTITUCIONAIS: 
Elección da Raíña e Damas do Albariño (Fefiñáns, 28 xullo). 
Gala do Albariño coa entrega dos premios Folla de Prata con Albariña de Ouro (1 de agosto). 
Irmanamento do Capítulo Serenísimo do Albariño con Amigos de la Viña y el Vino de Baena.
Catas do Concurso dos Viños: Prima e Derradeira (3-4 agosto).
Proclamación de Cabaleiros e Donas, no Patio de Armas do pazo de Fefiñáns (4 agosto). 
Xantar e Pregón do Albariño, no Parque de Torrado (4 agosto). 
ACTOS CULTURAIS: 
Exposicións principais (4). Exposición Facultade de Belas Artes Pontev. (Pazo Torrado, ata 21 de xullo). 
Exposición Fotografía “Mil Rios” (Exposalnés, 10 xullo-11 agosto). 
Mostra “Premio Fotojornalismo 2012-Estaçao Image Mora” 
(Torrado, 17 agosto a 22 setbro.). 
Exposición Fotográfica sobre Ciclismo: “Paisaje desde el Arcén”, de Francis Tsang (Rúas Real e Príncipe,18 agosto a 6 setembro). 
Presentación da Asociación Francisco Asorey (2 xullo). Feira Medieval Pontearnelas (12-14 xullo). Rastro de Antigüidades (28 xullo, A Calzada). Curso de Verán da UNED. Curso de Verán UIMP (xullo).
ACTIVIDADES INFANTÍS: 
Campamentos Urbáns. Clases Tenis de Mesa. Contacontos. Cursos de debuxo e pintura, artes marciais. Taller Banda Deseñada. Taller de Xadrez. Ludotecas e Obradoiros. Xogando cos ordenadores e actividades nos centros culturais das parroquias. Idiomas: Inglés e Francés. Taller DIY (Faino ti mesmo), un toque persoal. Animación con inchables.
Albariño dos máis Pequeniños: “Show dos Bolechas” (4 agosto).
Rutas e EXCURSIÓNS: Excursión a Aquapark de Cerceda (25 xuño). Sendeirismo.                                        
(En total participan máis de 1.500 escolares).
CINE NA RÚA:
Parque de Torrado. Proxección de: “Piratas” (23 xullo). “Hotel Transilvania” (20 agosto). Animación infantil.
COMPETICIÓNS DEPORTIVAS:
 Carreira Popular. Escola de Verán de Vela. BTT. Milla Urbana. Torneo Internacional de Xadrez. Motonáutica. Ergómetro Kayak. Trofeo Ciclista. Torneo Baloncesto. Trofeo Vila de Cambados Fútbol. Trofeo do Albariño Fútbol. Piragüismo. Tenis (2 torneos). Tenis de Mesa. Rally do Albariño. Iniciación ó Golf. Natación-Waterpolo, e Regata de Dornas a Vela. (Participan máis de 1.400 deportistas).
FESTAS:
Relixiosas: San Telmo, San Cristóbal, San Benito, San Antonio, O Carme, Santa Mariña, Santa Margarita, San Roque, Romaría A Pastora, San Mamede, Os Dores e A Valvanera.  Laicas:  Albariño, Exaltación da Vieira, Festa do Xurel e da Xuventude (Vilariño). Festa dos Fideos con Ameixas, da Xuventude e da Colleita en Castrelo.
VERBENAS:. Orquestras: 34. Bandas de Música: 10. Actuacións Folclóricas: 12. Grupos en Concerto: 10