Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

23 de septiembre de 2019

ENQUISA DA GAIN SOBRE INNOVACIÓN PARA XÓVENES


Desde a Axencia Galega de Innovación solicitan a colaboración na difusión dun cuestionario realcionado con innovación entre a xente nova.

A Axencia Galega de Innovación (GAIN), que é responsable de fomentar e vertebrar as políticas de innovación en Galiciaestá levando a cabo o proceso de avaliación intermedia da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia para o período 2014-2020 (RIS3). Esta estratexia utiliza a innovación como o piar a través do cal responder aos retos aos que Galicia se enfronta como sociedade e como economía.

Neste sentido, a participación da sociedade no proceso é clave, dado o impacto que a innovación ten na sociedade e o seu potencial para axudar a afrontar os seus retos. A información recibida servirá para definir as prioridades das futuras políticas públicas de innovación.

Para iso, GAIN solicita a colaboración da cidadanía a través da resposta ao seguinte cuestionario online e a súa difusión a través da ligazón.

A duración do cuestionario é de 3-4 minutos, e estará aberto ata o 27 de setembro.

Moitas grazas pola vosa contribución.

Ligazón ao cuestionario:



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.