- O Concello de Paradela convoca o XXV Certame Literario Manuel-Oreste Rodríguez López.
Categorías: Narrativa, poesía y especial Camiño de Santiago:
O prazo de entrega stará aberto ata o 30 de novembro de 2019.
http://www.paradela.es/sites/ default/files/Bases_Certame_ Literario-castelan.pdf
O prazo de entrega stará aberto ata o 30 de novembro de 2019.
http://www.paradela.es/sites/
Poderán concorrer anualmente ao Certame Literario Manuel-Oreste Rodríguez López, todos os autores que o desexen, calquera que sexa a súa nacionalidade, admitíndose unha soa obra por categoría e autor.
Categorías e requisitos das obras.
Narrativa:
Os relatos terán unha extensión máxima de vinte folios, sen mínimo, mecanografadas (ou a ordenador) e a dobre espazo.
Poesía:
As obras de poesía terán unha extensión máxima de 100 versos.
En ambas categorías, deberán ser orixinais, inéditos, non premiados en calquera outro tipo de concurso e estar escritos en galego ou en castelán, debendo estar rematadas con carácter previo á convocatoria.
Especial Camiño de Santiago:
Cos mesmos requisitos sinalados nos parágrafos anteriores, tendo en conta a celebración da XXV Edición do Certame, o paso do Camiño Francés por Paradela e a celebración no Ano 2021 do Ano Xacobeo, créase para esta Edición unha modalidade relativa ao Camiño de Santiago, en especial referida ao Camiño Francés ao seu paso por Paradela.
Presentación das obras.
O prazo de entrega estará aberto ata o 30 de novembro de 2019.
Enviarase un único exemplar, sen sinatura e cun lema, ao seguinte enderezo:
CONCELLO DE PARADELA
Certame literario
(Modalidade Poesía/Narrativa/Especial Camiño de Santiago)
Rúa Cabaleiros de Santiago, nº 15
27611 Paradela. Lugo
Os arquivos PDF referenciaranse do seguinte xeito:
- Datos persoais ou plica, co título da obra.
- O título da obra.
Premios.
Modalidade narrativa:
1º Premio: 1.000 €
2º Premio: 500 €
Modalidade poesía:
1º Premio: 1.000 €
2º Premio: 500 €
Modalidade especial Camiño de Santiago:
1º Premio: 1.000 €
- Concello de Betanzos convoca V Certame de Monólogos Cómicos
Os/as interesados/as en participar deberán realizar a súa inscrición enviando un email ao enderezo: omix@betanzos.gal
O prazo estará aberto ata o 21 de outubro de 2019.
O prazo estará aberto ata o 21 de outubro de 2019.
Para a valoración desta interpretación os actores ou actrices deberán presentar o seu monólogo no transcurso dun espectáculo ou gala de carácter público que se celebrará en Betanzos o 25 de outubro de 2019.
Poderán concorrer a este certame tódolos actores e actrices que o desexen, se ben a organización reservase o dereito de facer no seu caso unha selección previa. En todo caso o número de participantes non poderá ser superior a seis.
O tema do monólogo é libre e a duración da súa representación non poderá ser superior a 12 minutos.
Premios:
1º Premio: 500 €
2º Premio: 380 €
3º Premio: 350 € (outorgado polo público das galas)
Os/as interesados/as en participar deberán realizar a súa inscrición enviando un email ao
enderezo: omix@betanzos.gal
O prazo estará aberto ata o 21 de outubro de 2019.
Máis información no BOP da Coruña do 11 de outubre de 2019
- A Fundación Ibercaja convoca o concurso Reporteiros na Rede para fomentar a investigación e o uso da tecnoloxía.
O concurso Reporteiros na Rede é unha proposta de ámbito nacional para fomentar a investigación e o uso da tecnoloxía. Os alumnos interesados poderán optar por participar nunha ou varias das temáticas, podendo usar
unha das modalidades ou ambas.
Dirixido a: profesores e alumnos de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos Básico e Medio. A idade máxima do alumnado será de 20 anos.
Os traballos pódense presentar en dúas modalidades: artigo escrito e vídeo.
Áreas temáticas:
Ciencia e tecnoloxía. O contido dos traballos presentados dentro desta área deberá estar relacionado co desenvolvemento do pensamento cinetífico e aboradar os saberes ou coñecementos científicos relativos á física, a química, a bioloxía, a xeoloxía, as matemáticas e a tecnoloxía.
Mobilidade. O contido dos traballos presentados dentro desta área deberá estar relacionado coa mobilidade do futuro: intelixente, conectada e sustentable.
Educación financieira. Traballos relacionados con coñecementos, habilidades, comportamentos, valores e aptitudes que permitan ás persoas tomar decisións financeiras na súa vida diaria.
Os obxectivos deste concurso son:
- Complementar a formación e a educación dos alumnos participantes a través do uso e manexo das Tecnoloxías
da Información e Comunicación (TIC).
- Incentivar e adestrar aos estudantes no labor de investigación e na procura da información, dos coñecementos e conceptos necesarios para levar a cabo un traballo divulgativo aplicando a metodoloxía colaborativa e por proxectos.
- Mellorar a destreza do alumno no bo uso da internet como fonte de información útil para os seus estudos curriculares e outros coñecementos que complementen a súa formación.
Inscrición: ata o 17 de xaneiro de 2020.
www.fundacionibercaja.es/reporterosenlared
Inscrición: ata o 17 de xaneiro de 2020.
MÁIS
VOLUNTARIADO
- A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia convoca probas de avaliación de carácter libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática.
Requisitos: persoas maiores de 16 anos.
As persoas que desexen participar nas probas presenciais deberán inscribirse a través da internet na páxina web de CeMIT http://cemit.xunta.gal.
O prazo estará aberto ata o 21 de outubro.
Máis información no DOG do 14 de outubro de 2019.
Máis información no DOG do 14 de outubro de 2019.
- A Concellería de Normalización Lingüística, a través do CIOV, continúa cos cursos de achegamento á improvisación oral.
Os curso son gratuítos
Para inscribirse: a través da páxina web https://snl.vigo.org/ inscricion
- A Academia Galega de Seguridade Pública convoca probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co código de procedemento PR471A.
O prazo estará aberto ata o 6 de novembro de 2019.
Máis información no DOG do 8 de outubro de 2019 e na Academia Galega de Seguridade Pública:
formacion.agasp@xunta.gal
Teléfono: 886 206 110
VOLUNTARIADO
- A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca accións formativas de carácter presencial dirixidas ás persoas profesionais do tempo libre, en materia de ocio inclusivo e en materia de violencia de xénero.
Cambio de datas en Ourense: do 14 ao 17 de outubro, cambia a súa data para o 18 ao 21 de novembro.
Máis información en xuventude.net
- A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da Consellería de Política Social, convoca un campo de voluntariado transfronteirizo no marco do proxecto europeo Eurocidade_2020.
Destinatarios/as: mozos e mozas galegos/as e portugueses/as con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos, ambas inclusive.
Prazo de inscrición: do 9 ao 23 outubro de 2019, ambos inclusive.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.