Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

16 de octubre de 2014

DIA DE MOITO TRABALLO PARA PROTECCIÓN CIVIL DE CAMBADOS



Foto: Facebook


Protección Civil tivo esta mañán unha desas típicas xornadas de inverno nas que unha tras outra se repiten as chamadas provocadas polas incidencias que afectan a Cambados.
Saliron varias veces da sua base para tratar de eliminar bolsas de auga formadas pola cantidade de choiva e pola suciedade na rede de sumidoiros que provoca acumulación de auga en diferentes puntos de Cambados e case sempre son os mesmos. En concreto na Ribeira de Fefiñáns,  na Avenida de Vilagarcia e  na  Avenida de Castrelo.                 
Xunto a Praza de Abastos,  polo levantamiento dunha tapa dun sumidoiro. 
A Avenida do Salnés acudiron alertados pola Policía Local pola perda de carga dun camión.
Foto: @Pc_Cambados

Xa a primeira hora da tarde unha dotación acudeu a petición do 112 SOS Galicia,  a un accidente, sen feridos graves, de tráfico na Avenida de Vilariño, moi preto da rotonda, onde outro accidente tamén con feridos que tivo lugar onte.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.