Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta HOTEIS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta HOTEIS. Mostrar todas las entradas

29 de noviembre de 2019

QUE VAI PASAR CO BELÉN DO HOTEL OS PAZOS? A RESPOSTA NO ARTIGO


Non vai poder ser. A pesares de que moitos amigos animamos a Carmelo Frenández a que cumplira coa sua propia tradición de facer o BELÉN nos baixos do seu hotel, non o vai facer.
Nin siquera o apoio recibido na enquisa que se fixo no grupo de facebook "CAMBADOS NOTICIAS", na que opción favorable a que un ano máis volvera a facer o Belén gañou cun 97 % foi decisiva.
So un miragre de última hora, fará que Carmelo mude de idea.

Resultado final da enquisa

A decisión de non montar o Belén,  foi tomada por Carmelo tralas declaracións inoportunas e falsas dun politiquiño. 

Cada ano ía incorporando pezas novas e o deste Nadal xa supera unha superficie de 25 metros cadrados e máis dun cento de figuras, o pasado ano.

Carmelo  Fernández, o autor e dono do Belén, ten  máis duascentas figuras así como adornos e pezas sobre unha superficie de máis de 25 metros cadrados. Carmelo leva case 30 anos facéndoo e cada vez inclúe máis novidades. Desde a presenza do Refugio de Animales ou o Teatro Caracol, destaca tamén un lugar privilexiado para a asociación GaliciAME e unha referencia á República de Beleco.

É un traballo meticuloso para o que Carmelo conta coa axuda da familia e de veciños que aportan pezas.


Este ano, como dixemos, non vai ser posible salvo un cambio imprevisto.
Agardaremos ao 2020.




22 de noviembre de 2019

ARMOUSE O BELÉN, E DESTA VEZ VAI MOI EN SERIO


Un ano máis o Belén do Hotel os Pazos xa está para poder ser visto por todos. 

Pois non, parece que a decisión de non montar o Belén, tomada en quente tras as declaracións inoportunas e e falsas dun politiquiño, segue na mente de Carmelo Fernández.
Para "obrigalo" ou presionalo un pouco acábase de colgar unha enquisa en Cambados Noticias.


Cada ano ía incorporando pezas novas e o deste Nadal xa supera unha superficie de 25 metros cadrados e máis dun cento de figuras, o pasado ano.

Carmelo  Fernández, o autor e dono deste Belén, ten  máis duascentas figuras así como adornos e pezas sobre unha superficie de máis de 25 metros cadrados. Carmelo leva case 30 anos facéndoo e cada vez inclúe máis novidades. Desde a presenza do Refugio de Animales ou o Teatro Caracol, destaca tamén un lugar privilexiado para a asociación GaliciAME e unha referencia á República de Beleco.


 É un traballo meticuloso para o que Carmelo conta coa axuda da familia e de veciños que aportan pezas.


Se queredes velo este ano de novo no Hotel "OS PAZOS" de Cambados detrás da igrexa parroquial, tedes que votar na enquisa de Cambados Noticias.

Pica aquí para votar











29 de noviembre de 2018

NOVAVILA, DE NOVO NA GOLD LIST DE TRAVELER. OUTROS DOUS HOTEIS DA COMARCA ENTRAN NOUTRAS CATEGORÍAS

O Hotel Novavila (Meis, Pontevedra) sitúase, por terceiro ano consecutivo, na prestixiosa Gold List que elabora Condé Nast Traveler. Nesta ocasión, o hotel pontevedrés é un dos nomeados na categoría de Hoteis con Encanto, sendo o único establecemento galego nesta categoría.
Outros tres hoteis galegos entraron nesta nómina cos mellores de 2019, os tres no apartado de Hoteis de Benestar. Trátase do Augusta Spa Resort (Sanxenxo), o Eurostars Gran Hotel A Toja (O Grove) e A Quinta da Auga (Santiago de Compostela).




12 de abril de 2015

DURÍSIMAS DECLARACIÓNS DUN HOSTELEIRO CAMBADÉS



Durísimo comentario no Facebook do hosteleiro Carmelo Fernández nun artigo de A TI MEU CAMBADOS

"Reproducímolo tal cual para que non se perda nada do exposto.

Eu pola miña parte xa tiña ganas de encontrarme un articulo que falara de este tema ,espero que nadie se sinta aludido ,a min personalmente ningun alcalde do PP me pode botar en cara en todos estos anos que eu como persona , a miña familia e o Hotel como actividad empresarial nos hayamos portado mal co Concello , o contrario sempre ,pero sempre estuvemos en todos os mitines que via whasap nos mandaban desde o Concello para asistir a eles ,que levante a man o primer alcalde que dija o contrario de que non asistimos a eles .Pero despois do suceso que tuven este ano por o tema dun embargo que me quixeron colar pola basura da cafeteria ,..en esos dias despois de moverme e preguntar e falar tanto co secretario ca interventora e co teniente alcalde foi cando me din conta como se conta en este articulo que hay Cambadeses que pajan por todo e hay outros que pajan o que queren ,e despos hay quen non paja porque desde o Concello non queren que pajen (non sei si me explico )... ( si aljien me chama desde o Concello ño explico personalmente ).

Eu desde o ano 2000 ando detras do Concello para que arreglen a calle Eduardo Pondal ou si non a acera que teño diante do Hotel , que fajan unha ordenacion e aparcamiento pos autobuses de carja e descarja de turistas para que non haija problemas ,por aqui hay varios Hoteles xuntos ( como unha vez que chjeou un autobus portugues e aparcou no carga e descarga frente as Casas Baratas e veñen os Municipales e ñe poñen unha multa de 150 euros ) ,pois ese empresario portugues xa non volveu mais a Cambados cos seu turistas ,donde por certo a xente gastaba nas tiendas de Fefiñans ..,Coloquin un letreiro pagado por min de 1500 euros donde na fachada do Hotel ñe indicaba os turistas donde estan as ruinas de Santa Mariña e os metros de distancia (pois nada desde o Concello a dia de hoxe nin as gracias me deron... ,no xardin que hay diante da iglesia puxeron xa hay tempo unhas luces cuadradas no chan (solo dijo que as veñan a ver para que vexan como estan ¡¡DE PENA !! ,solo falta que un rapas meta un pe dentro.....Cortaron os pinos non sei porque.....Nas Casas Baratas pola parte de arriba non teñen acera e os nenos que se dirijen a escola van polo medio da carretera,porque a acera que esta a dereita da carretera ten as dimensions dun plato....De noite e de pena o alumbramiento que hay.....
Adonde quero chejar ..pois quero chejar porque son moi libre de expoñer esto... porque NUNCA tuvemos ningunha axuda do Concello .., NUNCA nos diron ningunha subvencion ,(e temolas presentado.. ,como non levabamos marisco ) ..NUNCA observamos por parte do Concello ningunha actitud para arreglar a puta acera Como cando ñe tiraron a Buhardilla do Hotel a meu pai ( solo polo capricho de que tiña a Paco Trigo de aparejador ) Cantas Buhardillas ilegales se fixeron en ese anos e estan en pe...,E despois ves que poñen a unha persona Cabaleiro do albariño (que aljien me dija os meritos )porque se queria
marchar da corporacion municipal ,.. Que con unha gran subvencion van a faser unha senda para que Martin Codax poida estar mellor conectada e asi poida faser actos musicales na sua terraza con vistas... ,Que un iluminado daseñe por faser Pousadas de 4 estrellas jastando o que ñe sale do carallo os cartos de todos sin ningun motivo aparente e que ñas alquile a unha empresa que ñe pagara sempre que teña beneficios (TOCATE O CARALLO )...( e eu non son capaz de comprar ni unha tella po Hotel ) ...,Que hasta o dia de hoxe me sentin manipulado polo Concello como unha vez que asistin invitado a unha cena do Bloque en Martin Codax e botaran unhas imaxes por TeleSalnes e me viron (Carallo como me chamou o alcalde para decirme que fasia ali ) ,o como outra vez que me mandaron a Fernando o Parido cos votos porque faltabamos para ir a votar,,...o dito NUNCA PERO NUNCA podrei decir que o Concello me apoyou en aljo ..SOLO A PAJAR CADA DIA MAIS IMPOSTOS.......
Eu sei porque o sei que unha gran Agencia de Viaxes comentoume un dia que estabamos reunidos que como Fefiñans nonse fixera peatonal deixaria de mandar turistas porque tiñan medo de que algun dia se producise un atropello ,e aparte e vergonzoso que moitos autobuses teñan a Cambados de destino turistico solo para duas horas (SOLO A PLAZA DE FEFIÑANS ) e despois ves que se marchan para outro destino ....,Cando solo con ver que Combarro cando os autobuses chegan ali os turistas botan toda unha mañan ou toda unha tarde porque se sinten mais a gusto sin coches e a xente gastando moito mais nas tiendas.....(o dia que por desgracia atropellen a un turista na Plaza de Fefiñans ) e as Axencias se neguen a ir ,quero ver canto tardaria o alcalde en poñela peatonal (Porque Fefiñans quedaria vacia de xente ),solo hay que ver a cantidad de autobuses que hay aparcados no vran pola zona do Pombal ....E o mais penoso que a estes turistas si se ñes fixera outro planteamiento de visitas tanto a Torre de San Saturnino , como as Ruinas de Santa Mariña , a Calzada, os museos (Que nadie sabe os horarios ,ou si estan cerrados ou si estan abertos )..os monumentos, en vez de botar 2 horas botarian 5 horas......O dito sintome libre de votar eu mais a miña familia a quen queiramos ,penso ir a todos os mitines que haija no pueblo sean do partido que sean ,escoitarei a todos por igual.....Solo pido que nadie me de unha palmada na espalda ,estou harto de ser o tonto que vos ten que reir as gracias (para eso tendes os que ñe dades axudas ) estou moi harto de ver que sejun te apellides pajas de mais ou non pajas nada....
Pois eu son fillo de Carmelo o Chirijoto que o home morreu co voto do PP no bolsillo pensando que aljun dia o alcalde de Cambados ñes iba a arreglar a acera e se iba aportar como un caballero,nunca pensou o home que o alcalde señes iba a reir os seus filos na cara e telos de tontos solo para aplaudir......Que pena non apellidarme de outra maneira porque sejuro que habria consejido arreglar a calle Eduardo Pondal ....pero son o fillo de
Carmelo o Chirijoto e no Concello solo nos queren para aplaudir ou para faser de bulto.........Boas Noites con esto que acabo de escribir nin quero quedar ben nin quero quedar coma un amarjado ,solo quero non quedar coma un tonto e si sodes listos e honestos , pensade por un momento que coma min hay mais xente que pensa o mismo...Ahora solo falta que nonme saludedes pola calle e baixedes a cabesa ....Si queredes o meu voto mirarme a cara e decirme que eu como veciño merezco o mismo cos outros que se apellidan de outra maneira.........e ahora si Boas Noites"


Horas despois de publicar esto outra persoa fixo un comentario digno de ler e que amosa que o medo estase a perder. Suxerimos que o leades abaixo de todo.


4 de abril de 2015

POUSADAS DO SALNÉS: LISTAS PARA ABRIR PERO SEN PERMISOS






Fontes próximas ao PP veñen de confirmar a este blog que as Pousadas do Salnés non teñen os permisos suficientes para abrir.
Ao parecer unha inspección de Sanidade e Industria denegara os permisos por carecer as cociñas de saídas de fume. Aínda que pode que o problema non se produza en todas as Pousadas alomenos unha delas si o tería e non sería de bo gusto que so abriran as aptas, si as houbera, e quedaran ao descuberto as deficiencias das outras pois terían que explicar como obras de tanto custo carecen de cousas esenciais. A construción dos edificios tivo un custo duns 16 millóns de euros, aos que hai que sumar en torno a 1,4 máis en acondicionamento.
Pero xa sabemos que o PP é amigo de obras faraónicas inútiles, aeroportos sen avións, museos sin contido, e moitas máis.

A esto hai que sumar outras cousas como publicamos no artigo de abaixo.

PORQUÉ NON ABREN AS POUSADAS DO SALNÉS NA SEMANA SANTA




1 de abril de 2015

PORQUÉ NON ABREN AS POUSADAS DO SALNÉS NA SEMANA SANTA





A continuación podedes ler dous fragmentos de duas novas publicadas na web da Deputación Provincial sobre as Pousadas Do Salnés. Nestas novas non queda dúbida de que as Pousadas estarían abertas antes da Semana Santa. Visto que non será así so queda facer preguntas de cal é a razón do retraso.

A proximidade das eleccións municipais fai que se inauguren obras, se adianten convenios, se prometan novas obras. Pero se retrásase a apertura destes establecementos que costaron millóns de euros para que os establecementos privados non vexan mermadas as suas reservas de cara a estas datas?

Os datos de ocupación nas vísperas non son moi favorables, coa apertura das Pousadas poderían ser peores e visto o malestar que causan estas Pousadas en empresarios hoteleiros, é mellor retrasar a apertura para o verán ou despois de pasadas as eleccións?.

30-04-2014
A Deputación recibirá, en concepto de canon, o 11% dos beneficios que a empresa obteña da xestión das Pousadas, que abrirán como establecementos de 4 estrelas e baixo unha dirección única.
As catro Pousadas están xa completamente rematadas e só quedan pendentes pequenos detalles de acondicionamento do entorno dun dos centros, así como o amoblamento, no que a Administración provincial investirá 1,4 millóns de euros.
A adquisición do mobiliario sairá a concurso público e deberá ser publicado no Boletín da Unión Europea. Unha vez adxudicado e instalado, a empresa comprométese á apertura dos centros nun prazo máximo de 2 meses.
19-12-2014
As Pousadas do Salnés estarán completamente listas para a súa posta en funcionamento antes de Semana Santa. Así o manifestou o presidente da Deputación, Rafael Louzán, que anunciou a adxudicación, na Xunta de Goberno desta mañá, do mobiliario para estes establecementos.
A unión temporal de empresas, integrada por Suministros Técnicos de Galicia (SUTEGA) e Novavila Rías Baixas S. A., foi a gañadora do concurso, cun orzamento de 1.411.939,10 euros e un prazo de subministración do equipamento de 70 días.
Tendo en conta estes prazos e que nestes momentos están en execución os últimos traballos de acondicionamento e alumeado dos accesos, agárdase que antes de Semana Santa estean completas todas as infraestruturas e acondicionado o contorno para a súa posta en marcha por parte da empresa adxudicataria, do Grupo Hotusa.
Así mesmo, Louzán lembrou que na actualidade 42 mozos e mozas están formándose en hoteis de Alemaña e España no marco dos ciclos de FP Dual postos en marcha pola Administración provincial, a Consellería de Educación e a empresa, de xeito que tamén se disporía de persoal perfectamente formado para traballar nestes centros.



5 de febrero de 2015

AS EXPLICACIÓNS DESDE O CONCELLO SOBRE AS TAXAS DO LIXO NON CONVENCEN



Hoxe leemos na prensa en palabras da interventora municipal que os hoteis con cafetería aberta ao público en xeral e non só para uso exclusivo dos seus hóspedes han de pagar tamén a taxa de recollida e tratamento de lixos por esta actividade, pero que en ningún caso deuse unha duplicidad no cobro de impostos de lixos.  
A nova saltou trala publicación de CORES DE CAMBADOS da nova sobre duplicidade de taxas que afectaba a varios establecementos hoteleiros e que o Psoe levara as queixas ao Concello.
Desde a administración local defenderon onte a lexitimidade do cobro do imposto, sinalando que así o recolle a ordenanza de recolleita de lixo a cal regula o cobro da taxa por actividades económicas e destacando que así tamén se recolle nas normativas da maioría de concellos pontevedreses.

Sigue explicando a interventora, algo que chama a atención dos hoteleiros, é que todo esto procede dunha inspección realizada en 2013 na que se detectaron hoteis con cafetería de acceso ao público en xeral e que só estaban pagando a recollida de lixos como hotel. É algo extrano siguen decindo os hoteleiros contrarrestando a información dada desde o Concello, que os embargos que chegan aos hoteis sexa de anos anteriores ao 2013 e que non se recibiran esas facturas nin as posteriores en tempo e forma ata o de agora. A partir de aí e, segundo fontes municipais, nomeando á Intervención municipal, comunicóuselles por escrito aos propietarios que debían abonar esa taxa tamén pola cafetería. Algo que os hoteleiros negan.

Esixir o pago deste imposto a uns hoteis con cafetería aberta e non a outros suporía un agravio comparativo e unha inxustiza?, engadiron desde o Concello, algo lóxico e que todo o mundo entende ou debería de entender.

Respecto ao cobrador, o Concello indicou que a xestión do imposto está delegada no Oral e "...non existe duplicidade algunha non cobro do mesmo. Unha actividade, un pago; dúas actividades dous pagos". Como exemplo puxeron o caso dunha bodega con restaurante, que suma dúas actividades ou o dun hotel con salón de banquetes, mentres que un hotel con comedor exclusivo para hóspedes, CONTA como unha actividade.



Resulta extrano tamén que na ORAL informen de que os recibos estén pagos e remitan aos hoteleiros ao Concello e o Concello diga que os cobros fainos a ORAL. En que quedamos? pregúntanse os propietarios.

Estas non son as primeiras queixas da hostelería cambadesa, so hai que lembrar a problemática das terrazas no Albariño, na que segundo os hosteleiros algúns teñen que pagar, aparte do que pagan todo o ano, as terrazas neses dias de festa.



11 de enero de 2013

O HESPERIA ISLA DE LA TOJA CERRA POR REFORMAS ATA MARZO








A dirección do Hotel Hesperia, na illa da Toxa, anuncia que pechará provisionalmente os seus postos o vindeiro domingo, para levar a cabo unha serie de reformas internas, para mellorar o funcionamento das instalacións, tanto as hoteleras, como as balnearias.


As obras prolongaranse ata o día 28 de febreiro, segundo o calendario que manexa a dirección do hotel, para poder renovar a actividade o 1 de marzo.

Fontes consultadas esta mañá descartaban calquera repercusión colateral destas melloras no persoal de traballadores; despexando así algunhas sospeitas que especulaban con algúns recortes na nova explotación do Hesperia.

Antes de pechar temporalmente o hotel, dixeron estas fontes, garantiuse aos delegados sindicais, a continuidade de todos os seus empregados.