Non vai poder ser. A pesares de que moitos amigos animamos a Carmelo Frenández a que cumplira coa sua propia tradición de facer o BELÉN nos baixos do seu hotel, non o vai facer.
Nin siquera o apoio recibido na enquisa que se fixo no grupo de facebook "CAMBADOS NOTICIAS", na que opción favorable a que un ano máis volvera a facer o Belén gañou cun 97 % foi decisiva.
So un miragre de última hora, fará que Carmelo mude de idea.
![]() |
Resultado final da enquisa |
A decisión de non montar o Belén, foi tomada por Carmelo tralas declaracións inoportunas e falsas dun politiquiño.
Cada ano ía incorporando pezas novas e o deste Nadal xa supera unha superficie de 25 metros cadrados e máis dun cento de figuras, o pasado ano.
Carmelo Fernández, o autor e dono do Belén, ten máis duascentas figuras así como adornos e pezas sobre unha superficie de máis de 25 metros cadrados. Carmelo leva case 30 anos facéndoo e cada vez inclúe máis novidades. Desde a presenza do Refugio de Animales ou o Teatro Caracol, destaca tamén un lugar privilexiado para a asociación GaliciAME e unha referencia á República de Beleco.
É un traballo meticuloso para o que Carmelo conta coa axuda da familia e de veciños que aportan pezas.
Este ano, como dixemos, non vai ser posible salvo un cambio imprevisto.
Agardaremos ao 2020.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.