Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta EDUC. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta EDUC. Mostrar todas las entradas

16 de junio de 2016

BASES SUBVENCIÓNS ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO 2016









Xa podes consultar as bases que rexiran a convocatoria de axudas a entidades sociais sen fins lucrativos. 
As presentes bases publicaranse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e con posterioridade remitiráselle a convocatoria á Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS), que será a que lle dea traslado ao BOPPO do seu extracto.
As entidades interesadas poderán solicita-las subvencións no prazo de trinta días naturais, contados a partir do día seguinte da publicación do extracto da convocatoria no BOPPO.

As bases teñen por obxecto establece-los criterios e o procedemento para concede-las subvencións municipais, de acordo cos principios de publicidade, libre concorrencia e igualdade para a realización de actividades que complementen ou suplan ás atribuídas á competencia municipal, ou que, en xeral contribúan ó fomento dos intereses xerais ou sectoriais dos veciños do municipio de Cambados.
A finalidade desta convocatoria é promover, fomentar e apoiar as asociacións, entidades e clubs deportivos na realización de actividades culturais, deportivas, asociativas, sociais, asistencias e educativas durante o ano 2016.

Estas axudas divídense en varias modalidades e cada unha dela ten consignada unha cantidade de euros, que aumenta respecto do ano anterior en 4.000 euros. que agora detallamos.
Entidades benéfico-asistenciais                      40.000,00 €
Actividades complementarias de educación        5.100,00 €
Entidades culturais                                        5.700,00 €
Ocio e tempo libre                                         6.200,00 €
Festas populares                                           3.000,00 €
Entidades deportivas                                    70.000,00 €











5 de marzo de 2015

NIN CINCO DIAS DE MARXE







Nin cinco dias durou o conxunto escultórico bautizado como "ESCONDITE" sin ser "tocado" polos enemigos da civilización.

O conxunto instalouse na zona verde situada na confluencia das rúas San Roque e Olmos,  un conxunto escultórico en pedra que representa a catro nenos xogando o tradicional “escondite”.


Catro figuras infantís esculpidas en pedra, que complementan a alegoría escultórica do mundo do ensino que se estableceu na rotonda reguladora do tráfico na rúa Olmos. Os operarios instalaron alí diversas pezas pétreas, que representan libros, lápices, un afialápiz, canicas e cubos referentes á actividade escolar.
Pois ben unha desas figuras, a que está apoiada nunha árbore apareceu hoxe cun debuxo dos xenitáis como se pode apreciar na imaxe.