Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

16 de junio de 2016

BASES SUBVENCIÓNS ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO 2016









Xa podes consultar as bases que rexiran a convocatoria de axudas a entidades sociais sen fins lucrativos. 
As presentes bases publicaranse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e con posterioridade remitiráselle a convocatoria á Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS), que será a que lle dea traslado ao BOPPO do seu extracto.
As entidades interesadas poderán solicita-las subvencións no prazo de trinta días naturais, contados a partir do día seguinte da publicación do extracto da convocatoria no BOPPO.

As bases teñen por obxecto establece-los criterios e o procedemento para concede-las subvencións municipais, de acordo cos principios de publicidade, libre concorrencia e igualdade para a realización de actividades que complementen ou suplan ás atribuídas á competencia municipal, ou que, en xeral contribúan ó fomento dos intereses xerais ou sectoriais dos veciños do municipio de Cambados.
A finalidade desta convocatoria é promover, fomentar e apoiar as asociacións, entidades e clubs deportivos na realización de actividades culturais, deportivas, asociativas, sociais, asistencias e educativas durante o ano 2016.

Estas axudas divídense en varias modalidades e cada unha dela ten consignada unha cantidade de euros, que aumenta respecto do ano anterior en 4.000 euros. que agora detallamos.
Entidades benéfico-asistenciais                      40.000,00 €
Actividades complementarias de educación        5.100,00 €
Entidades culturais                                        5.700,00 €
Ocio e tempo libre                                         6.200,00 €
Festas populares                                           3.000,00 €
Entidades deportivas                                    70.000,00 €











No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.