Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta DESFILE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DESFILE. Mostrar todas las entradas

14 de noviembre de 2019

ZONA CENTRO PRESENTOU A QUINTA EDICIÓN DO SEU DESFILE DE MODA


Cambados Zona Centro presentou onte a quinta edición do desfile de moda que contará coa participación dunhas vinte tendas que mostrarán as súas novidades para a campaña outono-inverno. O evento celebrarase no Salón José Peña o día 24 de novembro, a partir das 18.00 horas.
O desfile contará cun pase especial que conmemora a Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Ademais do desfile, haberá outras actividades como unha ludoteca para os máis pequenos.
O evento foi presentado no salón de plenos do Concello de Cambados polo presidente de Zona Centro, Juan Rey, acompañado do concelleiro de Economía, Xurxo Charlín.

9 de octubre de 2015

I DESFILE DE MODA CAMBADOS ZONA CENTRO









O próximo Domingo 18 de outubro as 18:00 h. organiza Cambados Zona Centro no Salón de Exposicións Jose Peña de Cambados o I Desfile de Moda Cambados Zona Centro no que máis de 20 establecementos asociados mostrarán as últimas novidades de moda infantil, moda home e muller, moda xuvenil, moda naútica, calzados, complementos e perruquería.

ESTABLECEMENTOS PARTICIPANTES:
  • MODA INFANTIL
- El Baúl de Sara

  • MODA
- Orza Naútica
- D Mercedes Moda
- Coqueta
- Meninas
- Lenceria Siana
- Entre2
- Kaau´s
- Abiti
- Deportes Piñeiro
- Dream
- Mi Princesita Kuki

  • CALZADO Y COMPLEMENTOS
- Calzados Losada
- Libraria Contos
- Cousiñas

  • PERRUQUERÍAS
- Perruquería Charo García
- Perruquería Conchi Vázquez
- Peluqueria Bea Torres

  • FLORISTERÍAS
- Floristería Hedra




23 de julio de 2015

CAMBIOS SIGNIFICATIVOS E IMPORTANTES NA FESTA DO ALBARIÑO






O Concello non financiará o acto de investidura e destinará os 20.000 euros que costaría o evento para as arcas municipais á mellora dos servizos de limpeza durante os días da Festa do Albariño.
Polo tanto, o Acto de Investidura de Cabaleiros e Donas do Albariño deste ano será financiado íntegramente por parte do Capítulo Serenísimo con fondos privados.
Eso sí o Concello organizará o Desfile previo á investidura e o Xantar do Albariño.
O goberno local insiste en despolitizar a Festa e por eso incluen algunhas modificacións, que detallou o primeiro teniente de alcalde o nacionalista Victor Caamaño.
Unha delas será que no desfile estarán ausentes as autoridades políticas, e só participarán as agrupacións e colectivos invitados ó evento.
Os cargos políticos esperarán directamente en Fefiñáns para entrar xuntos ó Patio de Armas do Pazo.
Outra novidade será que únicamente serán convidados ó Xantar do Albariño as Damas e Cabaleiros que sexan nomeados este ano, e non os de edicións anteriores como viña ocorrendo ata o de agora.
Tamén se realizará unha importante restricción dos cargos políticos convidados ó xantar, limitando a presenza dun único representante por organismo ou departamento administrativo.
Asimesmo, na súa pretensión de que a Festa do Albariño teña maiores connotacións veciñais, o goberno local require que os adegueiros teñan maior presenza no Xantar.
Por certo que, a partir do luns, calquera veciño que desexe asistir ó Xantar poderá achegarse ó Concello para recoller a inscripción para o pago do menú, que este ano será de 40 euros, 10 menos que o ano pasado.
O Concello quere xa, para de 2016, é que a Festa do Albariño estea organizada por un Padroado.

En canto ó custe, o tradicional Xantar do Albariño será, segundo o goberno de Cambados, máis austero que en anos anteriores, reducindo considerablemente o número de convidados.
Segundo as cifras ofrecidas polo concelleiro de Economía, Xurxo Charlín, o

Xantar costoulle ás arcas municipais o pasado ano máis de 32.000 euros. Gastarónse máis de 12.000 euros no cátering, preto de 10.000 no alquiler de mesas, sillas e cubertería, 6.000 euros custou a instalación da carpa e gastáronse preto de 5.400 euros na pulpada.
No 2014, o concello tan só recaudou 9.000 euros do custe do Xantar, xa que de 678 invitacións que se repartiron, só 194 persoas aboaron o seu menú de 50 euros, e as 484 persoas restantes foron convidadas a cargo do concello.
Nesta nova edición, o actual goberno local quere reducir en torno a 100 o número de convidados ó Xantar e o custe do menú será de 40 euros, 10 euros menos que o ano pasado.
Ademais, do aforro de 20.000 no Acto de Investidura, o Concello de Cambados tamén vai a deixar de gastar o redor de 60.000 euros que era o que viña costando a celebración da habitual Gala do Albariño.
En canto a loxística e limpeza, foi o concelleiro de Obras e Servizos, José Ramón Abal, o encargado de explicar os pormenores.
Cos 20.000 euros de aforro procedentes do acto de investidura, este ano a Festa do Albariño poderá contar con máis baños portátiles, maior número de contenedores para a recollida de lixo e botellas e máis operarios do servizo de limpeza.

Asimesmo, tamén se alugará un camión de baldeo de maior tamaño e unha segunda máquina barredoira.
Respecto a seguridade, crearase un grupo de coordinación formado por un membro de protección civil, outro da Garda Civil, un axente da policía local, un representante do Concello, un responsable da empresa Celta Prix, encargada da recollida de lixo e un operario municipal do servizo de limpeza.
Por último, o goberno fai un chamamento ós usuarios e ós veciños porque “a limpeza é cuestión de todos”.




ROLDA DE PRENSA





17 de diciembre de 2014

DESFILE DE MODA EN CAMBADOS




O PUB "ARENA" NA RÚA PONTEVEDRA PROPÓN UN DESFILE DE MODA NO QUE PARTICIPAN VARIAS TENDAS DE CAMBADOS.

VENRES 19 ÁS 0:00 ENTRADA GRATUITA
TODOS OS PARTICIPANTES ENTRAN NO SORTEO DE BONOS DE COMPRA NOS ESTABLECEMENTOS PARTICIPANTES
NON O PERDAS !!!




29 de agosto de 2014

DESFILE DE EVA SOTO E CONCERTO DE MARÍA DO CEO HOXE



Eva Soto presenta a colección “Diálogo con el Arte” organizado polo Concello de Cambados coa colaboración do Pazo de Fefiñáns. Ao remate,  actuación da fadista Maria do Ceo dentro do programa “Cultura no Camiño”.
Lembremos que este evento fora adiado no seu dia polo mal tempo.
Varios modelos elixidos pola cantante Lady Gaga para a gravación do seu próximo vídeoclip formarán parte do primeiro desfile individual que a deseñadora Eva Soto Conde vai presentar en Cambados este venres, a partir das 22 horas, no histórico marco do patio de armas do pazo de Fefiñáns.



7 de agosto de 2014

GALA BENÉFICA CONTRA O CANCRO








Unha peluquera de Cambados e unha xornalista madrileña que veranea en Rías Baixas organizan mañá venres unha gala benéfica para a delegación provincial de Pontevedra da Asociación Española contra o Cancro
Sara Fariña, dona de "A Pelu de Sara", xa organizou un desfile fai dous anos xunto á comunicadora e gerente de Transmedia Branca Sánchez, e en 2013 fíxose moi coñecida por gañar o concurso de peluquería "Trend Vision" no norte de España e quedar subcampeona na final internacional celebrada en Praga (República Checa).
A gala é ás 21,30 horas, no salón de Peña, e a entrada custa 10 euros. Sara Fariña invita a veciños e visitantes a acudir a este evento, xa que todo o diñeiro que se recaude será doado á Asociación contra o Cancro, que desenvolve tanto programas de investigación sobre a enfermidade como de axuda a afectados e familiares.

As entradas poden adquirirse de forma anticipada na Peluquería de Sara Fariña, situada na rúa Beleco de Cambados, ou o día do espectáculo á entrada do salón. Sara Fariña estudou Imaxe na Coruña e a súa carreira caracterízase por explorar novas tendencias e estilos no mundo da peluquería.
 

26 de junio de 2014

O CONCELLO DE CAMBADOS NON DA MARCHA ATRÁS






Denunciábamos onte as poucas luces deste goberno municipal de Cambados para organizar actos. Tendo a maravillosa praza de Fefiñáns para celebrar alí o desfile de moda de Eva Soto e posterior concerto de María do Ceo seguen empeñados en facelo no patio de armas do palacio de Fefiñáns.
Acotar a cultura non é unha boa idea.
Agora aumentan de 400 a 600 as cadeiras para poder ver ambos eventos. Seguirán a quedarse cortos e ademáis canto máis xente  máis incómodo será para os asistentes, polo reducido espazo. A verdade seguimos a non entender nada.









24 de junio de 2014

A PRESENZA DE LADY GAGA RONDARÁ NO DESFILE DE EVA SOTO






Varios modelos elixidos pola cantante Lady Gaga para a gravación do seu próximo vídeoclip formarán parte do primeiro desfile individual que a deseñadora Eva Soto Conde vai presentar en Cambados este venres, a partir das 22 horas, no histórico marco do patio de armas do pazo de Fefiñáns.
Eva Soto estivo acompañada polo alcalde, Luis Aragunde, e polo presidente do consello regulador da DO Rías Baixas, Juan Gil Araújo, na presentación dun evento novidoso que vai contar cunha pasarela de 22 metros, pola cal desfilarán modelos de Cambados.
O desfile leva por título Diálogo con el Arte e vai amosar diversos detalles alusivos ó mundo do viño en prol da denominación de orixe Rías Baixas. En total, a xove deseñadora ten previsto presentar 30 vestidos para muller, de dúas coleccións distintas (algunhas xa presentadas na Mercedes Fashion Week), e outros cinco modelos de papel para nenos da súa colección infantil.
A deseñadora Eva Soto é unha das artistas emerxentes que está levando o nome de Cambados por todo o mundo e que deste xeito convértese en embaixadora do seu pobo e da súa terra, gracias ós éxitos que obtén nas pasarelas nacionais e internacionais.






16 de septiembre de 2013

EVA SOTO CONDE NA MBFW MADRID 2013




A cambadesa de adopción mostra mañán a sua colección na Mercedes-Benz Fashion Week Madrid.

Eva Soto Conde nace en Vilagarcia de Arousa en 1984.

Licénzase en Belas Artes e en Estudos Superiores de Deseño e Moda de Galicia (ESDEMGA). En 2009 realiza prácticas no equipo de deseño da empresa "JESUS PEIRO", Barcelona. Presenta o seu proxecto fin de carreira na pasarela "DEBUT 09".

A continuación amplía os seus estudos cursando un máster de profesorado na Facultade de Belas Artes (Pontevedra).

Imparte un taller "ORIGAMI APLICADO Á MODA" no programa Debut 2011 (ESDEMGA). En 2010 presenta a súa colección no desfile #Almacén de Ideas# en Pasarela Aberta. 


Gaña o 1º premio ao mellor complemento e ao mellor traxe de baño na Mostra Nacional de Xóvenes Deseñadores de Cantabria. No mesmo ano tamén obtén o 1º premio de deseño de xoias no programa "Xuventude Crea". 
En 2011 gana o 1º premio no concurso Internacional de vestidos de papel. Tamén gaña o 1º premio no Concurso de Mozos diseñadores de Noiva organizado por FIMO e o 1º premio no Concurso Nacional de vestidos de papel de Mollerusa.




En 2012, presenta a colección Primavera/Verán 2013 na pasarela Mercés Benz Fashion Week Madrid.

Liñas da colección

A miña colección recolle os estilismos que foron creados a partir do estudo do patronaje, a matemática e a geometría expresadas en diversos medios e técnicas.

Doblez tras doblez, hora tras hora van trascurrindo para materializarse en obras de arte compostas por tecido de algodón e lino que parece avanzar ata o infinito.

A colección parece subscribirse á procura dunha impecabilidad estética e ten a capacidade de xerar unha presenza case insonable a través dunhas estruturas que realizan percorridos imposibles: en espiral, en círculos ou en formas inimaginadas.


Así define Eva o seu traballo:

A miña inspiración baséase no corpo humano, os seres vivos e a natureza, con todo, as miñas pezas, parecen ás veces querer desafiar a realidade, paradógicamente a través dunha profunda procura representativa.

Trato de representar as cousas que dun xeito ou outra captan a miña atención, integrar, dalgún xeito, as linguaxes que manexo nunha forma de expresión.

Apaixóname o tecido e a multiplicidad de formas que poden xurdir dun plegado. Cores claras con pinceladas de cor dominan a colección.





Martes, 17 - 17:00
Pasarela Bertha Benz







13 de febrero de 2013

DESFILE DO MARTES DE ENTROIDO EN CAMBADOS






Os cambadeses retaron onte á choiva e tomaron as rúas máis céntricas para gozar do desfile de Carnaval. E é que había moito nivel pero o xurado non puido resistirse á montaxe dun vello coñecido e concedeulle os 500 euros do primeiro. Tratábase do grupo local que o ano pasado arrasou cun xigantesco cabalo de Troya e que este ano  sorprendeu cun tema moi cambadés e cunha montaxe incrible. O seu nome: "Cambados sabe a festa" e os seus complementos: vieiras a tamaño humano, unha enorme botella de albariño e unha recreación da Torre de San Sadurniño que deixou pampos a máis dun. 
Algunha grupo amosou o seu enfado porque o xurado considerara coma carroza o que a o seu parecer e polas medidas que se establecían nas bases poderíanse considerar maquetas. Pero este enfado non foi "oficial polo que todo quedou en nada.



"Mira quen soña" de Sanxenxo, para o que escribe o mellor, levouse o segundo (400 euros) por un logradísimo circo. Moi ben caracterizados; e o terceiro (300 euros) recaeu noutro grupo cambadés que tratou con gran humor un tema un tanto delicado. Baixo o nome de "aerored", os seus membros presentáronse vestidos de rosa, mostrando grandes barrigas e cargando enormes pastilleiros deste coñecido fármaco. Iso si, foron moi elegantes, representando o problema que padecían con pompas de xabón.

No desfile tamén se puideron ver outras grandes ideas e deseños, como uns pequenos tiroleses, personaxes de "Alicia no País das Marabillas".

  O público tampouco defraudó e moitos acudiron disfrazados á cita aínda que fóra con abrigo e paraguas.

O Entroido despídese hoxe co descafeinado enterro do "Ecce Homo de Borja". A partir das 17:30 horas haberá doces e a comitiva fúnebre partirá ás 19 horas.



Podes ver máis fotos aquí