Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

23 de julio de 2015

CAMBIOS SIGNIFICATIVOS E IMPORTANTES NA FESTA DO ALBARIÑO






O Concello non financiará o acto de investidura e destinará os 20.000 euros que costaría o evento para as arcas municipais á mellora dos servizos de limpeza durante os días da Festa do Albariño.
Polo tanto, o Acto de Investidura de Cabaleiros e Donas do Albariño deste ano será financiado íntegramente por parte do Capítulo Serenísimo con fondos privados.
Eso sí o Concello organizará o Desfile previo á investidura e o Xantar do Albariño.
O goberno local insiste en despolitizar a Festa e por eso incluen algunhas modificacións, que detallou o primeiro teniente de alcalde o nacionalista Victor Caamaño.
Unha delas será que no desfile estarán ausentes as autoridades políticas, e só participarán as agrupacións e colectivos invitados ó evento.
Os cargos políticos esperarán directamente en Fefiñáns para entrar xuntos ó Patio de Armas do Pazo.
Outra novidade será que únicamente serán convidados ó Xantar do Albariño as Damas e Cabaleiros que sexan nomeados este ano, e non os de edicións anteriores como viña ocorrendo ata o de agora.
Tamén se realizará unha importante restricción dos cargos políticos convidados ó xantar, limitando a presenza dun único representante por organismo ou departamento administrativo.
Asimesmo, na súa pretensión de que a Festa do Albariño teña maiores connotacións veciñais, o goberno local require que os adegueiros teñan maior presenza no Xantar.
Por certo que, a partir do luns, calquera veciño que desexe asistir ó Xantar poderá achegarse ó Concello para recoller a inscripción para o pago do menú, que este ano será de 40 euros, 10 menos que o ano pasado.
O Concello quere xa, para de 2016, é que a Festa do Albariño estea organizada por un Padroado.

En canto ó custe, o tradicional Xantar do Albariño será, segundo o goberno de Cambados, máis austero que en anos anteriores, reducindo considerablemente o número de convidados.
Segundo as cifras ofrecidas polo concelleiro de Economía, Xurxo Charlín, o

Xantar costoulle ás arcas municipais o pasado ano máis de 32.000 euros. Gastarónse máis de 12.000 euros no cátering, preto de 10.000 no alquiler de mesas, sillas e cubertería, 6.000 euros custou a instalación da carpa e gastáronse preto de 5.400 euros na pulpada.
No 2014, o concello tan só recaudou 9.000 euros do custe do Xantar, xa que de 678 invitacións que se repartiron, só 194 persoas aboaron o seu menú de 50 euros, e as 484 persoas restantes foron convidadas a cargo do concello.
Nesta nova edición, o actual goberno local quere reducir en torno a 100 o número de convidados ó Xantar e o custe do menú será de 40 euros, 10 euros menos que o ano pasado.
Ademais, do aforro de 20.000 no Acto de Investidura, o Concello de Cambados tamén vai a deixar de gastar o redor de 60.000 euros que era o que viña costando a celebración da habitual Gala do Albariño.
En canto a loxística e limpeza, foi o concelleiro de Obras e Servizos, José Ramón Abal, o encargado de explicar os pormenores.
Cos 20.000 euros de aforro procedentes do acto de investidura, este ano a Festa do Albariño poderá contar con máis baños portátiles, maior número de contenedores para a recollida de lixo e botellas e máis operarios do servizo de limpeza.

Asimesmo, tamén se alugará un camión de baldeo de maior tamaño e unha segunda máquina barredoira.
Respecto a seguridade, crearase un grupo de coordinación formado por un membro de protección civil, outro da Garda Civil, un axente da policía local, un representante do Concello, un responsable da empresa Celta Prix, encargada da recollida de lixo e un operario municipal do servizo de limpeza.
Por último, o goberno fai un chamamento ós usuarios e ós veciños porque “a limpeza é cuestión de todos”.




ROLDA DE PRENSA





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.