Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta A MERCED. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta A MERCED. Mostrar todas las entradas

30 de noviembre de 2019

O CUARTEL DA GARDA CIVIL NO PAZO DE TORRADO



Un rumor mal intencionado anda circulando por Cambados e propagado por non se sabe quen, que conta que o concello ofrecera todo o Pazo Torrado á Garda Civil para que instalaran alí o cuartel e cesar o esPazo Torrado como lugar de exposicións. Algo totalmente infundado e desmentido tanto desde o Concello como pola Benemérita.

O Cuartel da Garda Civil de Cambados trasládase ao edificio multiusos da Merced. Faino porque as actuais dependencias non están en condicións e á espera de que se constrúa un novo cuartel. A construción do futuro edificio implicará a demolición do actual e levará aparellada un incremento de capacidade, dado que as previsións que se manexan é reforzar a dotación de persoal en Cambados ata alcanzar os cen axentes.
Desde que se supo que o actual Cuartel da Garda Civil de Cambados non podería ser reformado debido ao mal estado da estructura do actual, e que mentras non hubera un novo a Benemérita tería un cuartel provisional, moito se especulou con cal sería o lugar idóneo. O estado do actual non aconsellaba facer unha reforma nun edificio ruinoso.
O concello proporcionou a Garda Civil unha lista de locais propios e algúns que incluso se poderían alugar. Os baixos de Torrado, o Salón Peña, A Merced ou a nave de Gráficas Salnés xunto a rotonda de Vilariño, foron lugares que a Garda Civil revisou para estudar cal era o lugar máis axeitado ao que este corpo require. Finalmente decantáronse polas oficinas da Merced.


A Garda Civil ocupará as tres plantas do edificio mentres a planta baixa resérvarase para usos municipais: local da asociación de xubilados e sala para cursos (taekuondo e zumba). A oficina de información xuvenil (OMIX) xa se trasladou a Torrado (ao local que ocupaba o quiosco) e a do animador deportivo, no pavillón de O Pombal. O garaxe quedará ao dispor da Garda Civil e nestes intres estanse a facer obras necesarias (troco nas instalacións de internet e eléctricas) de carácter menor para adecualas ás necesidades da Garda Civil,


2 de mayo de 2017

CLAUSURA DOS CURSOS DE GLOBOFLEXIA E RECICLAXE E PRÓXIMO COMEZO DOS OBRADOIROS QUEROTE+










A Concellería de Xuventude do Concello de Cambados quere agradecer aos alunmos e alumnas a súa participación nos talleres monográficos de tempo libre que se desenvolveron no centro sociocultural da Merced durante o mes de abril, adicados á globoflexia e á creatividade con materiais de reciclaxe.
Ademáis, infórmase de que se amplía unha semana máis o prazo de inscripción para os talleres de primeiros auxilios impartidos pola Cruz Vermella, ata completar o número suficiente de inscricións.
Tamén se informa de que continúa aberto o prazo de inscrición para os obradoiros Querote+, os cales se impartirán de maneira gratuíta e tratarán os seguintes temas:

  •   -Imaxe corporal e autoestima (23 de maio, de 11 a 13h)
  •   -Ciberseguridade (25 de maio, de 11 a 13h)









  • 11 de abril de 2017

    O CENTRO DE "A MERCED" AFORRARÁ UN 25% EN ENERXÍA GRAZAS A UNHA CALDEIRA DE BIOMASA












    O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís visitou esta mañá o concello de Cambados para comprobar a instalación cunha caldeira de biomasa nun edificio público executada grazas a unha axuda da Consellería de Economía, Emprego e Industria. 
    O delegado territorial estivo acompañado nesta visita polo concelleiro de Enoturismo de Cambados, José Ramón Abal. 
    O concello de Cambados instalou unha caldeira de biomasa no centro sociocultural da Merced a través dunha axuda solicitda ao Instituto Enerxético de Galicia (Inega) de máis de 33.000 euros, a través da liña de axudas para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa. En total, o investimento superou os 44.000 euros.
    No ano 2016 beneficiáronse destas subvencións, na provincia de Pontevedra, 12 concellos, os de Vila de Cruces, Cuntis, Forcarei, Dozón, Cambados, Silleda, Bueu, Illa de Arousa, Lalín, Porriño, Meis e Covelo, destinando o INEGA un montante total de 565.622 euros para a execución de un total de 28 caldeiras. Estes proxectos supuxeron un investimento global de 780.000 euros.
    Por outra banda, tamén está aberta unha liña de axudas para persoas físicas, agrupacións privadas ou propietarios de inmobles do sector residencial de cara a poñer en marcha pequenas infraestruturas de equipamentos térmicos de biomasa. Neste caso, a contía global da convocatoria ascende a 2,2 millóns de euros.
     






    23 de septiembre de 2015

    CONVOCATORIA PARA EMPRESAS DO SECTOR HOSTELEIRO DO CONCELLO DE CAMBADOS PARA PARTICIPAR NO PLAN DE PRACTICA LABORAL









    O Concello ten previsto poñer en marcha un Plan de Práctica Laboral do curso AFD, Operacións Básicas de Restaurante e Bar, subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar HOTR0208, que se está a celebrar no Centro Cultural A Merced .
    OBXECTO.-
    Estas bases teñen por obxecto regular as condicións polas que se rexerá a convocatoria pública, en réxime de concurrencia competitiva, da selección de empresas do sector hosteleiro, para a adjudicación de 15 bolsas de práctica laboral dos alumnos participantes no curso. 
    FINALIDADE DO PLAN.-
    A finalidade  é a realización das prácticas previstas no programa formativo do curso e o mesmo tempo  poñer en práctica os coñecementos adquiridos durante o curso, contanto cos coñecementos e experiencia de  profesionales do sector hosteleiro, do noso municipio.
    CONDICIÓNS DO PLAN
    A duración das prácticas é de 80 horas en total, e desarrollaránse entre o 14 de outubro ó 3 de novembro de 2015.
    Os alumnos contarán con un seguro de accidentes, que cubrirá as continxencias  no desenrolo destas prácticas  que poidesen acontecer, durante a duración das mesmas.
    DOCUMENTACIÓN E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.
    Os establecementos interesados en participar no Plan de Práctica Laboral, deberán presentar unha instancia, que será facilitada polo concello,  no Rexitro do mesmo e dende o 23 de setembro  do 30 de setembro,  aportando a seguinte documentación:
    • Fotocopia do D.N.I. ou C.I.F.
    • Certificado de estar o corrente coa Axencia Tributaria.
    • Certificado de estar o corrente coa Tesoureria Territorial da Seguridade Social
    ADXUDICACION DAS MESMAS.
    Unha vez finalizado o plazo de presentación das solicitudes, faráse a adjudicación das mesmas por concurrencia competitiva.




    28 de agosto de 2015

    CURSOS CELGA EN CAMBADOS E VILAGARCÍA






    CURSOS CELGA


    Están convocados  cursos de formación de lingua galega, con carácter gratuito.
    Destinatarios:  Todas as persoas maiores de dezaseis anos, ou que os  cumpran neste ano. Cada persoa  só  poderá  presentar  solicitude para un  único curso
    Prazo:  O prazo para solicitar o curso  remata  o 9 de setembro.

    Desenvolvemento do curso:
    O curso terá unha duración de 70 hoas lectivas,  distribuidas en sesión de dúas horas cada día. Debe contar cun número mínimo de 15 participantes .
    Cursos  previstos:

    • CELGA 2  En Vilagarcia no IES Aramando Cotarelo Valledor do 19 de  outubro ao 9 de decembro, en horario de 20 a 22 h, de luns a venres

    • CELGA 4  En Cambados, no IES Francisco Asorey, do 19 de outubro ao 9 de decembro, en horario de 18:30 a 20:30 h, de luns a venres.

    Máis información:
    DOG do 21 de agosto de 2015
    Na páxina web http:// www.xunta.es/linguagalega
    OMIX, Centro “La Merced” do Concello de Cambados



    12 de marzo de 2015

    ÁBRESE INSCRIPCIÓN PARA NOVOS CURSOS NO CENTRO DE A MERCED







    O centro sociocultural de A Merced abriu o prazo de inscripción para as persoas que desexen participar nos seguintes cursos formativos:
    Informática básica  (abril–maio)
    Coaching para emprendedores     (15 h.  – días: 11-12-13 maio)
    Monográficos de  animación: globoflexia e maquillaxe  - ( 27-28 abril)
    Monográfico:  Animación no medioambiente ( 25-26 de maio )
    Curso de alerxias e intolerancias alimentarias   (20 maio )
    En colaboración Concello de Cambados - Zona Centro
    Alzheimer e estimulación cognitiva  ( 23-24-25-26 marzo)
    -Información e inscricións na Omix, centro A Merced 1º andar.

    O curso de conductor de carretilla vaise desenvolver esta fin de semana: venres e sábado.


    23 de julio de 2013

    SEGUE ABERTO O PRAZO PARA APUNTARSE A OS CURSOS DA OMIX DE CAMBADOS







    Aínda está aberto o prazo de inscrición para os seguintes cursos:

    Manipulador de alimentos - 20 € 29 de xullo  de 10 a 13 h)  

    Primeiros auxilios   - Cruz vermella – 60 €
          Estaba previsto para os días (15-16-17-22 e 23 de xullo /  De 9:30 a 13:30)
            Aprazouse  para os días 5-6-7 e 8 de  agosto de 9 a 14 h.

     Monográfico de tempo libre:  Xogos predeportivos e  deportes alternativos     ( 29 e 30  de xullo de 9:30 a 13:30 h.)

    Horario de atención ao público no verán: de 9:30 a 13:30, de luns a venres.

     
    Oficina Municipal de Información Xuvenil -Concello de Cambados
    Centro sociocultural “La Merced” – 1º piso.
    Teléfono 986542663