Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

11 de abril de 2017

O CENTRO DE "A MERCED" AFORRARÁ UN 25% EN ENERXÍA GRAZAS A UNHA CALDEIRA DE BIOMASA












O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís visitou esta mañá o concello de Cambados para comprobar a instalación cunha caldeira de biomasa nun edificio público executada grazas a unha axuda da Consellería de Economía, Emprego e Industria. 
O delegado territorial estivo acompañado nesta visita polo concelleiro de Enoturismo de Cambados, José Ramón Abal. 
O concello de Cambados instalou unha caldeira de biomasa no centro sociocultural da Merced a través dunha axuda solicitda ao Instituto Enerxético de Galicia (Inega) de máis de 33.000 euros, a través da liña de axudas para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa. En total, o investimento superou os 44.000 euros.
No ano 2016 beneficiáronse destas subvencións, na provincia de Pontevedra, 12 concellos, os de Vila de Cruces, Cuntis, Forcarei, Dozón, Cambados, Silleda, Bueu, Illa de Arousa, Lalín, Porriño, Meis e Covelo, destinando o INEGA un montante total de 565.622 euros para a execución de un total de 28 caldeiras. Estes proxectos supuxeron un investimento global de 780.000 euros.
Por outra banda, tamén está aberta unha liña de axudas para persoas físicas, agrupacións privadas ou propietarios de inmobles do sector residencial de cara a poñer en marcha pequenas infraestruturas de equipamentos térmicos de biomasa. Neste caso, a contía global da convocatoria ascende a 2,2 millóns de euros.
 






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.