Un rumor mal intencionado anda circulando por Cambados e propagado por non se sabe quen, que conta que o concello ofrecera todo o Pazo Torrado á Garda Civil para que instalaran alí o cuartel e cesar o esPazo Torrado como lugar de exposicións. Algo totalmente infundado e desmentido tanto desde o Concello como pola Benemérita.
O Cuartel da Garda Civil de Cambados trasládase ao edificio multiusos da Merced. Faino porque as actuais dependencias non están en condicións e á espera de que se constrúa un novo cuartel. A construción do futuro edificio implicará a demolición do actual e levará aparellada un incremento de capacidade, dado que as previsións que se manexan é reforzar a dotación de persoal en Cambados ata alcanzar os cen axentes.
Desde que se supo que o actual Cuartel da Garda Civil de Cambados non podería ser reformado debido ao mal estado da estructura do actual, e que mentras non hubera un novo a Benemérita tería un cuartel provisional, moito se especulou con cal sería o lugar idóneo. O estado do actual non aconsellaba facer unha reforma nun edificio ruinoso.O concello proporcionou a Garda Civil unha lista de locais propios e algúns que incluso se poderían alugar. Os baixos de Torrado, o Salón Peña, A Merced ou a nave de Gráficas Salnés xunto a rotonda de Vilariño, foron lugares que a Garda Civil revisou para estudar cal era o lugar máis axeitado ao que este corpo require. Finalmente decantáronse polas oficinas da Merced.
A Garda Civil ocupará as tres plantas do edificio mentres a planta baixa resérvarase para usos municipais: local da asociación de xubilados e sala para cursos (taekuondo e zumba). A oficina de información xuvenil (OMIX) xa se trasladou a Torrado (ao local que ocupaba o quiosco) e a do animador deportivo, no pavillón de O Pombal. O garaxe quedará ao dispor da Garda Civil e nestes intres estanse a facer obras necesarias (troco nas instalacións de internet e eléctricas) de carácter menor para adecualas ás necesidades da Garda Civil,

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.