Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de junio de 2018

XA PODES ANOTAR AOS TEUS FILLOS NO PLAN MADRUGA DOS COLES DE CAMBADOS



Dende a Concellaría de Cultura do Concello de Cambados volverá a poñerse en marcha, un ano máis, o Plan Madruga “Os primeiros do cole” neste curso 2018-2019. Este programa vai dirixido a aquelas familias que debido as súas obrigas teñen dificultades para poder deixar aos seus fillos e fillas á hora de entrada no colexio.
O Plan Madruga “Os primeiros do cole” iniciarase co comezo do curso escolar, o vindeiro 12 de  setembro e desenvolverase durante todo o curso lectivo. Realizarase en colaboración coas direccións de cada centro educativo no que se acade un mínimo de 10 nen@s. Terá un horario de inicio de 7:45 horas ata o comezo das clases. Durante este tempo, os monitores recibirán aos nen@s e realizarán actividades e xogos. A utilización deste servizo terá un custo para o/a usuario/a  de 4 € ao mes.
Para acollerse a esta actividade será condición indespensabele cubrir unha solicitude que está  a disposición de todas  as familias interesadas no Rexistro do Concello de Cambados ou na Biblioteca Municipal Luís Rei. O prazo de presentación de ditas solicitudes será do 20 de xuño ao 31 de xullo, e realizarase atendendo ás seguintes indicacións:
  • A persoa interesada deberá achegarse á Oficina da Tesourería no primeiro andar da Casa Consistorial. Alí fará efectivo o primeiro pagamento de 4€ para que a súa solicitude sexa admitida a trámite, emitíndose o correspondente recibo.
  • A continuación presentarase coa solicitude cuberta e a documentación requerida, na Oficina do Rexistro, sita na planta baixa do Concello. O horario de atención ao público será de luns a venres de 8:30 a 14:30 horas.
De entre a documentación que se solicita destaca un certificado de empresa que acredite a necesidade de facer uso deste servizo, aínda que tamén se poderán atender, de no cubrirse as  prazas, aquelas peticións puntuais nas que as circunstancias familiares así o esixan, como ter persoas maiores ao cargo, ou atencións médicas continuadas, debendo achegar igualmente a xustificación correspondente.
O ingreso económico non faculta ás persoas interesadas para acceder á actividade; porén deberán agardar ao 21 de agosto, data na que se publicarán as solicitudes admitidas. Darase prioridade a aquelas familias, nas que traballen os dous proxenitores e precisen deixar aos seus fillos todo o curso escolar dende as 7:45-8:00 horas. A aquelas persoas non admitidas reembolsaráselles na conta aportada na inscrición o pagamento realizado.
Para maior comodidade, a partir do segundo mes de uso do servizo, permitirase o pagamento a través de domiciliación bancaria de novembro a xuño, ou trimestralmente. Tamén poderá realizarse na Oficina de Tesourería. O pagamento deberá efectuarse nos 5 días anteriores ao comezo do mes para o que se inscriba ao nen@.
Documentación de obrigada aportación xunto con esta solicitude:
Fotocopia do recibo do primeiro pagamento de 4€ efectuado na Oficina de Recadació.
Fotocopia do DNI do pai/nai/titor@ legal do nen@ e do libro de familia ou DNI do nen@.
Certificado de empresa, entidade ou organismo que acredite a ocupación laboral incompatible co horario de apertura do colexio.
Fotocopia do número de conta bancaria no que desexa domiciliar o pago (se é o caso).
Fotocopia do número de conta bancaria no que solicita o reembolso do pagamento de 4€ inicial (se é o caso).
De ser necesario o servizo por motivos de saúde, circunstancias familiares ou atencións médicas continuadas aportarase documentación xustificativa.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.