Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

19 de junio de 2018

VERÁN PLETÓRICO DE ACTIVIDADES EN MARTÍN CÓDAX



A programación de verán que Martín Cód
ax acollerá nas súas instalacións de Cambados fará da adega uno dos puntos quentes do Salnés durante a tempada estival. Prevense actuacións musicais, actividades culturais e gastronómicas das que gozarán veciños da contorna, pero tamén numerosos turistas que elixen a comarca para as súas vacacións e adoitan sumarse ás actividades que se programan na adega. Ademais da música, co ciclo de concertos de Os Xoves de Códax (que xa esgotou as entradas dispoñibles para os catro concertos de xullo), a fotografía tamén terá unha forte presenza este verán en Martín Códax. Será da man da fotógrafa coruñesa Cris Andina que instalará unha exposición da súa obra nas instalacións da adega. Outra das actividades que organiza Martín Códax para este verán serán unhas catas-maridaxe nas que se acompañarán os viños da adega con pratos “que se afastan un pouco do concepto tradicional de maridaxe, apostando polo concepto fusión e os matices asiáticos”, avanzan desde a adega. Iago Pazos e Marcos Cerqueiro, propietarios de Abastos 2.0. e Loxe Mareiro; Ruth Mesoneros, formada como chef en Singapur e propietaria do restaurante Chao Dá en Vigo; Alejandro Montes, propietario da Quesería Marqués de Valladares en Vigo; e a conserveira Frinsa, de Ribeira, serán algúns dos invitados a estas catas-maridaxe que dirixirá Katia Álvarez, enóloga de Martín Códax.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.