Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

23 de mayo de 2018

PRESENTADA NA DEPUTACIÓN A VI RUTA DO ALBARIÑO




A Deputación amosa o seu apoio ao deporte na presentación da VI Ruta do Albariño que discorrerá polo Salnés e polo Concello de Poio


A proba de ciclismo, que terá lugar os días 26 e 27 de maio, está destinada ás categorías de Júnior e Sub 20


A Deputación de Pontevedra, xunto a Federación Galega de Ciclismo, o concello de Meaño e Cambados e o Club Ciclista de Cambados presentaron hoxe, a VI Ruta do Albariño destinada a ciclistas das categorías Júnior e Sub 20, procedentes de Galicia, España e Portugal. A actividade, que se levará a cabo nas comarcas do Albariño, conta con tres etapas que serán recorridas os días 26 e 27 de maio. O acto de presentación asistiron o Presidente da Federación de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz; a alcaldesa de Meaño, Lourdes Ucha; o concelleiro de Deportes de Cambados, Víctor Caamaño; e o presidente do Club Ciclista Cambados, Ernesto Falcón.
A alcaldesa de Meaño agradeceu a Deputación a súa colaboración para o desenvolvemento desta proba ciclista o traballo conxunto das dúas administracións para a promoción do deporte e a dispoñibilidade para facer a presentación da proba no Pazo Provincial. Igualmente, o presidente da Galega subliñou a importancia da colaboración da Deputación nunha proba adicada a rapaces e rapazas. Ernesto Falcón, pola súa banda, detallou os tramos máis difíciles que vai ter o percorrido da proba que "é moi esixente"  pero que gusta moito aos máis pequenos e pequenas. Pola súa banda, Víctor Caamaño destacou que para o Concello de Cambados está proba ciclista é importante pero que o mesmo tempo é un escaparate para toda a comarca do Salnés.
Durante a presentación, que tivo lugar no Pazo Provincial da Institución Provincial, a deputada de deportes, Chelo Besada, amosou o seu orgullo e compromiso coas actividades deportivas da provincia sinalando que "dende a Deputación traballamos a diario para poñer en marcha actividades que promovan o deporte nos distintos ámbitos da sociedade, converténdoo deste modo nun eixo prioritario para a Institución". Besada tamén resaltou a importancia que teñen este tipo de eventos para destacar o atractivo turístico da provincia.
O grupo de ciclistas iniciarán a ruta o sábado as 11 de mañá cunha primeira etapa de tres quilómetros entre Meaño e o alto do Busto. A segunda etapa, que terá lugar ese mesmo día pola tarde, será de 63 quilómetros nos que percorrerán os concellos de Meaño, O Grove, Sanxenxo e Poio. O domingo porase fin a esta actividade cunha última etapa de 92 quilómetros, que terá o seu inicio e a súa fin no concello de Cambados.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.