Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

23 de mayo de 2018

PRESENTACIÓN DO POEMARIO DE RAMONA GIRALDEZ: TARDES DE DOMINGO



O venres 25 de maio ás 20 horas en ExpoSalnés terá lugar a presentación do novo poemario de Ramona Giraldez titulado "Tardes de Domingo". No recital de poesía e música ademáis da autora participarán: Luz Arufe, ilustradora do libro e a música de Modesta Padín
Aínda que nacida na Cañiza só viviu nesta vila uns meses, debido a que seu pai, mestre republicano, tiña alí a praza. Despois dun periplo por diversos lugares a familia instálase definitivamente en Santiago de Compostela cando a autora ten nove anos, onde estuda Bacharelato no IES Rosalía de Castro.
Licenciouse en Filoloxía Hispánica, e posteriormente na subsección de Galego-Portugués da Universidade de Santiago de Compostela. Profesora agregada de Lingua e Literatura Galega desde 1983 e catedrática da mesma materia desde 1996, impartiu clases en institutos de Vilagarcía de Arousa e Cambados; e desde os anos 1990 no IES Monte das Moas da Coruña.
Neste 2018 publicou o libro de poemas Tardes de domingo, con ilustracións de Luz Arufe.
A temática da súa poesía é intimista, con elementos paisaxísticos que ocupan un segundo plano, ambientando o desamor e a melancolía, e con matices de saudade e desacougo.
En A modo de introdución dise:
As tardes dos domingos.
As tardes dos domingos son poemas sobre a saudade e a soidade.
Sobre o amor e o desamor. Sobre a nostalxia dos amoresperdidos e dos nuca consumados.
Tardes de rúas solitarias, ventás sobre terrazas e tellados, sobre tendais de roupa ao vento e antenas parabólicas.
Tardes de chuvia esvarando nos cristais ou de solpores luminosamente vermellos no mar.
E sempre constante a presencia dunha ausencia.
A presencia dunha ausencia que é, realmente, o sentido último da saudade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.