Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

25 de julio de 2019

DURÍSIMO COMUNICADO DO PSOE LOCAL CONTRA A OPOSICIÓN


A PINZA PP-BNG VOLVE DEIXAR SEN ADICACIÓN NEN SOLDO ÓS CONCELLEIROS DO GOBERNO DE CAMBADOS

Ambos grupos rexeitaron a proposta de alcaldía e votaron conxuntamente unha moción para asignarlle adicación tan só a alcaldesa



No pleno celebrado onte, o grupo de goberno presentou unha nova proposta na cal se recollían algúns dos aspectos propostos polos grupos políticos da oposición na sesión anterior, como é a redución das horas das adicacións parciais, baixando de 25 a 20 horas semanais, e dos importes de 23800 € a 21200 € brutos anuais, cunha única adicación exclusiva, a da alcaldesa. Consideramos que estas horas están por debaixo do tempo mínimo imprescindible para poder realizar todas as xestións que o cargo require, pero o resto detraerémolo do noso tempo libre, pois non queremos que isto sexa escollo para poder aprobalas.
Todos os voceiros dos grupos que hoxe están na oposición, estiveron no goberno con adicacións exclusivas para poder desenvolver o seu traballo, polo tanto saben que para facer un traballo ben feito fai falta dedicación e tempo. Non é unha cuestión de diñeiro, este goberno é o máis barato de todos os que calquera dos que onte estaban presentes formou parte, mais o primeiro xeito de dignificar un traballo é con un salario digno. 
Apelamos, sen éxito, á coherencia e á responsabilidade dos concelleiros e concelleiras, para que permitisen que este goberno poidese desenvolver as súas funcións en condicións axeitadas, votando favorablemente a proposta, cousa que non sucedeu, pois o grupo popular presentou unha enmenda á nosa proposta para que só a alcaldesa percibise soldo, a cal foi apoiada polos nacionalistas. 
Claramente foi unha maniobra pactada para poder limpar a súa conciencia e aliviar a presión social á que estaban sometidos, especialmente o BNG, cuxos votantes non comprenden a postura dun partido de esquerdas que impida que os membros dun goberno non poidan percibir un salario digno polo seu traballo. A esto hai que engadirlle que unha soa persoa con adicación é insuficiente para xestionar o volume de traballo que existe no noso concello, como así recoñeceron todos os voceiros cando afirmaron que eles lle teñen adicado moitas horas ó desempeño das súas funcións. Cabe destacar que o salario aprobado para a alcaldesa, de 40.000€ brutos anuais, é inferior ó que percibía Aragunde fai 4 anos e inferior ó que percibía Víctor Caamaño fai apenas un mes.
Consideramos, polo tanto, que esto non é oposición, é bloqueo, oposición é facer labor de control e fiscalización do goberno, debater iniciativas e propoñer alternativas; pero para iso teñen que deixarnos gobernar. Por iso apelamos á coherencia (algo por desgraza moi escaso na vida política) dos que tiveron ocasión de formar parte dun goberno cobrando un salario; e á responsabilidade de non deixar o pobo sen un goberno dedicado, porque votando non, non están castigando a estes concelleiros e concelleiras, están castigando ós veciños e veciñas de Cambados a ter un goberno limitado por falta de tempo, que non de ideas nin de capacidade.

Reiterarlle tamén ó BNG que a nosa oferta segue en pé, e que ten as portas abertas para formar parte do goberno mantendo a adicación exclusiva dun concelleiro e xestionando as mesmas áreas de goberno que viña ostentando, pero se por motivos persoais, estratéxicos, ou políticos non desexa entrar, polo menos deixe gobernar ós que sí están, e logo faga toda a labor de oposición que considere.



3 comentarios:

Toño Fernández dijo...

Señores e señoras do PESOE, ver un pacto BNG-PP e ver fantasmas, non vale o de, eles tamen cobranban cando estaban no governo, eses soldos foron negociados e acordados polos 4 partidos que xuntos tiña maioria que son 9 agora non se pacta nin se fala cos demais, 4 mais 3 son 7

Toño Fernández dijo...

Por certo, Yo nunca governare con SOMOS ni loca y dejar la Alcaldia a Tino cuando yo no este F,A.R
Hoxe si governa con SOMOS

CORES DE CAMBADOS dijo...

-Ver pactos BNG-PP non é ver fantasmas, xa hai algún aínda que non sexa "oficial".
-Si en vez de decir o que disque dixo F.A.R (cando o pos así, sóame a invención) porque non dis o que dixeron os do BNG hai catro anos ou hai unhas semanas?

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.