Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

23 de mayo de 2018

ÉXITO DOS RAPACES DO MAGARIÑOS NA SUA EXPERIENCIA COMO EMPRESARIOS




O mercado ambulante de Cambados tivo está mañá uns postos moi especiais: un grupo de nenos de  5º curso do colexio Antonio Magariños que crearon a súas propias cooperativas acudiron a vender os seus produtos ao mercado dos mércores. Os alumnos montaron dous postos. Sobre eles, despregaron a súa variada mercadoría, na que abundaban os xogos e os artigos de artesanía. Todos os artigos foron confeccionados polo propio alumnado.
Unha d que recauden coa venta dos seus produtos irá destinado a AECC (Asociación Esoañola Contra o Cancro) e ao Refugio de Animales de Cambados.
A experiencia forma parte do proxecto “Depoemprende”, da Deputación, e o seu obxectivo é fomentar o espírito emprendedor entre os nenos e os adolescentes. O Magariños cambadés foi un dos centros seleccionados para participar na experiencia, e desde hai meses, as súas dúas clases de quinto de Primaria traballan na posta en funcionamento da cooperativa.
Os alumnos tiveron que dar todos os pasos aos que estaría obrigada calquera outra entidade similar, como crear e aprobar uns estatutos, pedir un CIF en Facenda, solicitar a licenza municipal para exercer a venda e pagar as taxas por ocupación de espazo no mercado.
Este é o segundo ano que o Magariños participa no programa da Deputación “Depoemprende”.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.