Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de diciembre de 2024

Nota de prensa de Noelia Gómez Fabello







Con respecto á nota de prensa do Partido Popular de Cambados, quero deixar claro que ás entidades deportivas ás que lles detectamos un erro de asignación (detectado antes das notas de prensa da oposición), corresponderíanlles esas cantidades segundo as puntuacións das bases, pero o importe solicitado polas mesmas era inferior. Por iso, consideramos que o xusto era rectificar e facer un reparto equitativo entre o resto das entidades.
 
É comprensible a inquina de Sabela Fole e o Partido Popular pola miña persoa e por Somos Cambados, xa que dende a irrupción de Somos Cambados na política local, despois de 28 anos gobernando o PP,  pasaron á oposición e xa non poden facer ‘repartos’ baixo o seu dispar criterio, tal como os realizaban eles antes.
 
Como concelleira de deportes asumo o erro cometido e pido desculpas. Dende o meu cargo sempre vou traballar por igual para todos os clubs cambadeses, como así veño facendo dende fai un ano e catro meses, tempo no que se fixeron o maior número de eventos deportivos de máximo nivel na historia deportiva de Cambados, en practicamente todas as modalidades e sen discriminación algunha.


Noelia Gómez Fabello.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.